Sentencia Penal Nº 186/20...re de 2008

Última revisión
07/10/2008

Sentencia Penal Nº 186/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 579/2008 de 07 de Octubre de 2008

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Penal

Fecha: 07 de Octubre de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 186/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008100418

Resumen:
APROPIACION INDEBIDA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00186/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000579 /2008 M.J.

Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 2 de PONTEVEDRA

Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO n? 0000091 /2007

SENTENZA NÚM.186

=============================================================

ILMOS SRES. MAXISTRADOS:

Don José Juan Barreiro Prado, presidente

Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

==============================================================

Pontevedra, a sete de Outubro de dous mil oito.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 91/2007, o recurso de apelación interposto polo

procurador Don Rafael Barrios Pérez , en representación de Fidel , contra a sentenza ditada polo Xulgado do

Penal nº 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é

propia, e actuou como relator o maxistrado DON José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse sentenza con data 15/04/08 dictado polo Xulgado do Penal nº 2 de Pontevedra, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo condenar y condeno a Fidel como autor de una falta de apropiación indebidad prevista y penada en el artículo 623,4 del Código Penal , a la pena de 2 meses de multa con una cuota diaria de 5 euros, con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código Penal para el caso de impago, así como al abono de las costas procesales causadas en la parte correspondiente a un juicio de faltas, debiendo indemnizar a Claudia y Jose Manuel en la cantidad que se determine en ejecución de sentencia, teniendo en cuenta la depreciación por el uso y las características y marcas en su caso, por el valor de un televisor, un video, una impresora, un sofá cama, ropa de cama, una almohada, una batería de cocina, una cafetera, una freidora, una rinconera, una silla de dormitorio, un espejo de baño, dos alfombras, una bombona, un microondas, un extintor y una enciclopedia.

Que debo absolver y absuelvo a Fidel del delito de apropiación indebida previsto y penado en el artículo 252 del Código Penal y del delito coacciones previsto y penado en el artículo 172 del Código Penal por los que compareció como acusado, declarando de oficio la parte correspondiente como acusado, declarando de oficio la parte correspondiente de las costas procesales causadas."

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"HECHOS PROBADOS.- UNICO.- Resulta probado y así se declara que entre los meses de agosto y septiembre de 2002, Fidel tenía su domicilio en la vivienda sita en la CALLE000 NUM000 , en Ponteareas, vivienda que había sido su domicilio conyugal hasta el mes de agosto con su esposa María Inmaculada . La vivienda y la mayor parte del ajuar y mobiliario que la componía era propiedad de los padres de María Inmaculada , Claudia y Jose Manuel , que adquirieron la vivienda y colocaron el mobiliario y ajuar permitiendo a su hija y a Fidel su uso.

Una vez que los cónyuges cesaron la convivencia y Claudia pretendió vender la vivienda, Fidel se marchó del domicilio conyugal llevándose consigo los siguientes bienes propiedad de Claudia y Jose Manuel : un televisor, un video, un sofá cama, ropa de cama, una almohada, batería de cocina, una cafetera, una freidora, una rinconera, una silla de dormitorio, un espejo de baño, dos alfombras (una de salón grande y otra de pasillo larga), una bombona, un extintor, un microondas y una enciclopedia; sin que procediera a la devolución de todos ellos en el estado en que se encontraban cuando se los llevó de la casa para sí.

Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual de Fidel interpuxo recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.- O Ministerio Fiscal respecto a imposición de pena soliticitou a confirmación da sentencia, en cuanto a responsabilidade civil interesa a estimación do recurso de conformidade co disposto no art. 111 del Código Penal debendo procederse sempre que sea posible restitución da cousa.

Cuarto.- O Xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.

Fundamentos

Primeiro.- O acusado Fidel foi absolto na instancia do delito de apropiación indebida do artigo 252 do Código penal , así como do delito de coaccións do artigo 172 do mesmo texto legal , para ser condenado pola falta de apropiación indebida prevista e penada no artigo 623.4 do Código penal .

No recurso de apelación que o así condenado formula perante esta alzada, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, formula a súa discrepancia tanto con respecto á pena que se lle impuxo, como co pronunciamento relativo á responsabilidade civil.

O primeiro motivo da apelación conta coa frontal oposición do fiscal e, pola contra, coa súa adhesión o segundo.

Segundo.- A comisión dunha apropiación indebida en contía non superior aos 400 ? castígase no artigo 623.4 do Código penal cunha pena disxuntiva que, no caso da multa, vai dun a dous meses.

Na aplicación da devandita pena a maxistrada xuíza a quo podía proceder de acordo co seu prudente arbitrio, dentro dos indicados límites mínimo e máximo, atendendo ás circunstancias do caso e do culpable, sen necesidade de axustarse ás regras dos artigos 61 ao 72 do Código penal , por así permitilo o artigo 638 do mesmo texto legal.

Pois ben, plenamente compartimos a pena de dous meses de multa imposta pola maxistrada xuíza a quo ao agora recorrente, por canto que a cantidade de obxectos dos que se apropiou o apelante, o seu perfecto e cabal coñecemento de que pertencían á súa ex-muller ou sogros, así como o seu pouco interese en devolvérllelos a estes, e mesmo chegando a tirar aqueles que comprobaba que xa non funcionaban, abofé que non merecían o reproche mínimo previsto no artigo 623.4 do Código penal . E o feito de o culpable saber que vivía en precario na vivenda outrora conxugal, propiedade dos seus sogros que, amais, mercaran boa parte do enxoval e mobles que existían no seu interior, de parte dos cales se apropiou o acusado aproveitando que quedou só na vivenda, tampouco se configuran como circunstancias favorables ao apelante que se poidan ter en conta para os efectos dunha inexorable imposición no seu mínimo legal da contía da pena de multa.

Rexeitamos así a primeira das alegacións nas que se baseaba o recurso de apelación.

Terceiro.- Reclamaba o apelante que, en todo caso, na materia de responsabilidade civil posta do seu cargo pola sentenza da instancia, se impuxese como principal a súa obriga de facer entrega aos denunciantes dos obxectos que finalmente se relacionaban na propia sentenza do Xulgado a quo (fundamento de dereito cuarto). E que, só no suposto de que non fose posible a restitución, se establecese que debería aboar o seu equivalente económico, que se determinaría na fase de execución da sentenza consonte as bases e criterios xa sinalados no concreto particular da resolución xudicial obxecto de apelación.

Así se debe levar a cabo, pois, optando directamente a sentenza contra a que se recorre pola indemnización, abonda con remitírmonos aos artigos 109, 110 e 111 do Código penal para comprobar como en materia de responsabilidade civil, en primeiro lugar, prima a restitución sempre que sexa posible, con aboamento incluso das deterioracións e menoscabos que o xuíz determine. Do mesmo xeito o solicitou o Ministerio Fiscal ao adherirse a tal particular do recurso de apelación, e así o debemos acoller nesta segunda instancia.

Cuarto.- A parcial estimación do recurso de apelación motiva a declaración de oficio das custas que se puidesen ocasionar na presente alzada.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Estimar en parte o recurso de apelación formulado por Fidel contra a sentenza ditada o 15 de abril de 2008 pola maxistrada xuíza do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, no procedemento abreviado 91/07-R (rolo de apelación 579/08- MJ). Polo tanto, con parcial revogación da amentada resolución xudicial só no relativo á responsabilidade civil posta de cargo do devandito apelante, debemos condenar a este á restitución aos denunciantes dos obxectos dos que se apropiou e que están especificados no fundamento xurídico cuarto da propia sentenza obxecto de recurso, con aboamento das deterioracións e menoscabos que se determinen e, de non ser posible o anterior, ao pagamento do seu equivalente económico, que se fixará tamén na fase de execución. Declaramos de oficio das custas xeradas na presente alzada.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder judicial.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado don José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.