Sentencia Penal Nº 19, Au...ro de 2000

Última revisión
16/02/2000

Sentencia Penal Nº 19, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1009 de 16 de Febrero de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 16 de Febrero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 19

Resumen:
    Se notifica a devandita sentencia as partes polo acusado interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento ó establecido no artigo 795. 5ª da L.A. Criminal solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polo Ministerio Fiscal solicituose a confirmación da sentencia recorrida.Na actualidade o Código Penal  de 1995 incrimina no seu artigo 381 a conducta do que conducise un vehículo a motor ou un ciclomotor con temeridade manifesta e púxese en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas de xeito semellante a como anteriormente o facía o derrogado texto do Código Penal de 1973 no seu artigo 340 bis a).A concorrencia de tales requisitos e, xa que logo, o encadramento que dos feitos axuizados se ten efectuado na instancia, non admite o máis mínimo xénero de dúbida por canto que a conducta observada polo agora recorrente en apelación D non atopa explicación algunha que non sexa o seu máis absoluto desprezo para coa integridade física dos peóns que deambulaban pola rúa cando el circulaba ós mandos dun automóbil.    

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

APELACION PENAL

Rolo  1009/00

Asunto            P.ABREVIADO 211/99

Procedencia: XULGADO DO. PENAL NUMERO 1 DE PONTEVEDRA.

 

Iltmos. Sres.

Presidente

DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO

DOÑA ANGELA DOMINGUEZ-VIGUERA FERNANDEZ

DON JAIME ESAIN MANRESA

 

      A SECCION SEGUDA DA. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por DON JOSÉ JUAN BARREIRO PRADO, Presidente, Dª ANGELA DOMINGUEZ-VIGUERA FERNANDEZ, e DON JAIME ESAIN MANRESA Maxistrados, pronunciaron

 

NO NOME DE EL-REI

 

a seguinte

 

S E N T E N C I A N. 19

 

Pontevedra, a dezaseis de Febreiro do dous mil.

 

      No presente recurso de apelación interposto fronte a sentencia dictada nas precedentes Dilixencias Previas do Procedemento Abreviado que o marxe se referencia, contra o acusado D no dito recurso e parte apelante o mencionado acusado, e duotra parte como apelado o MINISTERIO FISCAL; e foi relator o Maxistrado ILTMO. SR. D. JOSÉ JUAN BARREIRO PRADO quen expresa o parecer da Sala.

 

ANTECEDENTES DE HECHO

 

 Acéptanse os da sentencia apelada.

      PRIMEIRO. Con data dezaseis de Novembro de mil novecentos noventa e nove o SR. MAXISTRADO-XUÍZ DO. XULGADO DO PENAL NUMERO 1 DE PONTEVEDRA, dictou sentencia, os feitos probados da cal literalmente din:

      "Que sobre las 4,00 horas del día 9 de agosto de 1998, el acusado D, hijo de J D y M, nacido en Moraña el día 14 de Marzo de 1976, sin antecedentes penales, circulaba conduciendo el vehículo opel Corsa P de propiedad de su madre M, y con autorización de esta última, asegurado en la Compañía aseguradora M S.A., póliza n., por la Cl Pe en dirección a la plaza de Galicia, y al llegar a las proximidades de la confluencia que tal vía forma con C/ H, observó como por tal lugar caminaban un grupo de jóvenes, y, con ánimo de asustarlos, dio un volantazo hacía ellos, acercándose peligrosamente pero sin alcanzarlos, continuando su marcha, para detenerse unos metros más adelante y dando marcha atrás, a fuere velocidad, se acercó nuevamente a los jóvenes caminantes y efectuando un brusco giro hacía la izquierda hizo que la parte delantera de su coche describiera un arco, invadiendo parcialmente la acera y arrollando a la joven N de 21 años de edad, lanzándola contra una pared inmediata para caer sobre la acera donde quedó inconsciente, siendo trasladada al Hospial General de Galicia, en donde fue asistida de traumatismo craneal, así como traumatismo en hombro derecho y muñeca izquierda, invirtiendo en su curación 30 días, uno de los cuales estuvo hospitalizada. La perjudicada renunció al ejercicio de las acciones civiles por haber sido indemizada"

      SEGUNDO. Polo Xulgado dictouse sentencia que conten a seguinte parte dispositiva:

      "Que debo condenar y condeno a D como responsable en concepto de autor de un delito de conducción temeraria del art. 381 del Código Penal, en concurso con una falta de lesiones del art. 617.1º C.P., punible del 383 del mismo Cuerpo Legal, a la pena de UN AÑO DE PRISION Y PRIVACION DEL DERECHO A CONDUCIR vehículos a motor por tiempo de UN AÑO Y TRES MESES y al pago de las costas.

      TERCEIRO. Notificada a devandita sentencia as partes polo acusado interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento ó establecido no artigo 795. 5ª da L.A. Criminal solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polo Ministerio Fiscal solicituose a confirmación da sentencia recorrida.

 

II.- FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

PRIMEIRO. Na actualidade o Código Penal  de 1995 incrimina no seu artigo 381 a conducta do que conducise un vehículo a motor ou un ciclomotor con temeridade manifesta e púxese en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas de xeito semellante a como anteriormente o facía o derrogado texto do Código Penal de 1973 no seu artigo 340 bis a) nº 2º.

      Consiste así pois a acción en conducir cunha temeridade manifesta; isto é, de xeito ben patente para a observación dos terceiros máis desapaixoados que, por isto, detecten na conducta do conductor un máis que evidente e absoluto desprezo para coas regras de tráfico máis elementais sen que, polo tanto abonde para tan específica subsunción legal no arigo 381 do Código Penal coa omisión ou quebrantamento das normas contidas ora, no Real Decreto Lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de vehículos a motor e Seguridade Vial, ora no Real decreto do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación, para a aplicación e desenrolo "temeridade manifesta" na conducción por dirección prohibida (STS 2 de xuño 1969) circular dun xeito desenfreado e todo polas rúas dunha populosa cidade (STS 27 de marzo 1970), por rúas de intenso tráfico desenrolando unha velocidade que dobraba a permitida, sorteando os vehículos e non respectando a sinalización semafórica (STS 22 decembro de 1971), ou facéndoo en inverno, de noite, sen levar aceso a luz dos faros do vehículo, a grande velocidade, e pola esquerda da estrada (STS 11 Decembro de 1982), etc.

      E como consecuencia de tan temerario comportamento ós mandos dun vehículo a motor ou ciclomotor exíxese ue se teña posto en concreto perigo a vida ou a integridade das personas.

      SEGUNDO. A concorrencia de tales requisitos e, xa que logo, o encadramento que dos feitos axuizados se ten efectuado na instancia, non admite o máis mínimo xénero de dúbida por canto que a conducta observada polo agora recorrente en apelación D non atopa explicación algunha que non sexa o seu máis absoluto desprezo para coa integridade física dos peóns que deambulaban pola rúa cando el circulaba ós mandos dun automóbil.

      Efectivamente, e segundo a propia atropelada N e as persoas que polo lugar a pé transitaban, o acusado, cando pola rúa Peregrina e cara á praza de Galicia (da vila de A Estrada) se dirixía conducindo o vehículo da súa nai, efectuou unha enguiñada cara a al grupo que xa obedécese a unha chanza, ou a un intento de inexplicable amedrentamento, non atoparía explicación plausible algunha toda vez que mesmo se descartou toda posibilidade de descoido ou despiste, non alegando polo acusado, e mesmo radicalmente contradito co manifestado polas testemuñas do grupo no sentido de que, en troques de pola atropelada la por outro rapaz" segundo expresión propia do acusado F

      Pero é que non contento con realizar tal enguiñada, o acusado de súpeto freou na sú marcha e, accionando a marcha atrás a unha velocidade ben excesiva, dado o ruido percibido e motivou que o turismo derrapase e describise coa súa parte frontal un xeito de abano que, determinou que coa parte lateral dereita do frontal do automóbil fose a atropelar a N na beirarrúa, causándolle así as lesións que, sen contestación algunha, se teñen descrito na sentencia apelada. E que esta última foi alcanzada na beirarrúa non admite dúbida de clase algunha dadas as propias manifestacións da víctima, das testemuñas que nas presentes actuacións declararón (agás as que acompañaban ó acusado no vehículo), do recollido no atestado confeccionado pola Policía Local, e do declarado por dos axentes desta no acto da vista oral. Por outra banda, o comportamento auténticamente antisocial do acusado reflectiuse no feito de que o atropelo tivo lugar na madrugada dun sábado para o domingo, nunha das rúas da movida nocturna de A Estrada, con numerosa afluencia de persoas, e na intersección dunha rúa peonil.

      Compréndese ben a formulación do recurso de apelación, mais evidente non se comparten as alegacións no mesmo expresadas verbo dun suposto erro na aprecición da proba ou a todas luces inexistente infracción de precepto legal que, en consecuencia, levan a rexeitar a impugnación e a confirma-la sentencia recorrida.

      TERCEIRO. Impóñense as custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.

      Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos outorga.

 

D E C I D I M O S

 

      Desestimamos o recurso de apelación interposto por D e confirmamos a sentencia de data 16.11.99, procedente do XULGADO DO. PENAL NUMERO 1 DE PONTEVEDRA, en Autos de PROCEDEMENTO ABREVIADO número 211/99, impoñéndolle as custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.

 

      Deste xeito, por esta sentencia nosa, a fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.