Sentencia Penal Nº 196/20...re de 2006

Última revisión
31/10/2006

Sentencia Penal Nº 196/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 152/2006 de 31 de Octubre de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 31 de Octubre de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 196/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006100364

Núm. Ecli: ES:APPO:2006:2768

Resumen:
FALTA DE INJURIAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00196/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 152/2006 CR

Órgano de procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 1 de PONTEVEDRA

Procedemento de orixe: JUICIO DE FALTAS nº 0000180 /2006

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo

maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, pronunciou,

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM. 196

Pontevedra, trinta e un de outubro de dous mil seis

No presente rolo de apelación número 152/06 dimanante dos autos de xuízo de faltas número

180/06, procedentes do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra, por injurias, son partes: como

apelante/s doña Ana María y doña Camila , e como

apelado/a doña Elisa , doña Flora , doña Lidia y doña Nieves , e o Ministerio Fiscal.

Antecedentes

Primeiro.- Con data do 24 de Febrero de 2006, o maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra, ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:

"Único: Que en fechas imprecisas, pero de forma continuada en los últimos días, Dª Camila y Dª Ana María dirigen frases a sus vecinas, Dª Flora , Dª Elisa y Dª Lidia tales como "sois unas brujas, sois unas hijas de puta, tienes que trabajar de puta para mantener a tu marido" y a la menor, Nieves , "gorda, fea".

A los que son de aplicación los consecuentes."

Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

"Que debo condenar y condeno a Dª Camila y Dª Ana María como autoras responsables de 4 faltas ya indicadas de injurias, a la pena de 20 días multa a razón de 3 euros día para cada una de las acusadas y respecto a cada falta cometida. En caso de impago de la multa se cumplirá un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias insatisfechas. Impongo a las condenadas así mismo el pago de las costas si las hubiera."

Terceiro.- Notificada a mencionada sentenza ás partes, doña Ana María e doña Camila interpuxeron o recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ó maxistrado relator para ditar resolución.

Hechos

Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.

Fundamentos

Único.- A falta denunciada, e obxecto de decisión na sentenza, era de leve inxuria do artigo 620.2 do CP, que, segundo deriva do artigo 14 da LACr, é da competencia do Xulgado de Paz cando ocorre nun municipio diferente daquel no que ten sede o Xulgado de Instrución.

Este é o noso caso, xa que non se discute que ese lugar fose no municipio de Poio.

Por iso, de conformidade co artigo 238, concorre un suposto de notoria falta de competencia obxectiva determinante da nulidade non emendable do actuado.

En consecuencia,

Fallo

Que, sen entrar na cerna do recurso de apelación presentado por doña Ana María e doña Camila contra a sentenza de data 24 de febreiro de 2006, ditada polo maxistrado xuíz do Xulgado de Instrucción núm. 1 de Pontevedra, nos autos de xuízo de faltas núm. 180/06 (rolo de apelación núm. 152/06) debo declarar e declaro nulo todo o actuado, mandando que as actuacións lle sexan remitidas ó Xulgado de Paz para o axuizamento e deixando sen efecto ningún a sentenza contra da que se apelou con orixe deste rolo. Son de oficio as custas desta segunda instancia.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Deste xeito o pronuncio, mando e asino por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao Rolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.