Última revisión
31/01/2007
Sentencia Penal Nº 2/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 35/2006 de 31 de Enero de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 31 de Enero de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 2/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007100051
Núm. Ecli: ES:AP PO:2007:416
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00002/2007
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENZA: 2/07
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección Segunda
CAUSA PENAL
Rolo: 35/06 CR
Órgano de procedencia: Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra
Asunto: Procedemento abreviado núm. 21/05 (Dilixencias previas
núm. 789/04)
SENTENZA NÚM. 2
=================================================== =======
Presidente
D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO
Maxistrados
D. LUCIANO VARELA CASTRO
Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA
=================================================== =======
PONTEVEDRA, trinta e un de xaneiro de dous mil sete
VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 35/06, procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra e seguida
polo trámite de procedemento abreviado, polo delito de apropiación indebida, contra don Narciso , con DNI número NUM000 , nado o día 14 de decembro de 1953, en
Pontevedra, fillo de Arturo e de Soledad, sen antecedentes penais, non constando a súa solvencia,
en situación de liberdade por esta causa, representado polo procurador don CÉSAR ÁNGEL
ESCARIZ VÁZQUEZ e defendido pola letrada dona MONTSERRAT MARTÍNEZ-ALMEIDA FLORES.
É parte como acusación particular dona Camila , representada pola
procuradora dona OLGA CASABLANCA GARCÍA (de oficio) e defendida pola letrada dona MARTA
GARCÍA REY (de oficio), e o MINISTERIO FISCAL en representación do cal interveu don BENITO
MONTERO PREGO. É relator o maxistrado D. LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o
parecer da Sala.
Antecedentes
PRIMEIRO: O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais negativas, relatou os seguintes feitos:
"No existir prueba suficiente de la entrega por la denunciante de los 3.000 euros que refiere haberle prestado al denunciado. Únicamente se pretende justificar un reintegro de efectivo que se efectuó el día 22 de junio de 2.004, por una cantidad que no coincide con la prestada, pero no se justifica de modo alguno que la cantidad de 3.000 euros haya sido entregada al denunciado. Los testigos ofrecido por la denunciante de la entrega no lo han corroborado."
Cualificou os feitos anteriores como non constitutivos de ilícito penal, non existindo delito, non hai autor, non concorren circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal, non procede impoñer pena ningunha ó acusado en concepto de responsabilidade civil, tampouco procede facer pronunciamento ningún.
SEGUNDO: A acusación particular no acto do xuízo oral retira a súa acusación, co perdón ó acusado.
TERCEIRO: O Ministerio Fiscal solicita a absolución do acusado.
CUARTO: A defensa do acusado non manifesta nada.
Hechos
UNICO: Foron obxecto de acusación particular o inculpado don Narciso , aínda que foi retirada no acto do xuízo oral. O Ministerio Fiscal non presentara cargos no seu escrito de conclusións provisionais negativo.
Fundamentos
UNICO: Principio fundamental no noso sistema penal é a prohibición absoluta de que os órganos xurisdicionais poidan impoñer unha condena por delito sen que ningunha parte manteña a acusación.
No presente caso, ao comezo da vista oral, a acusación particular retirou a imputación que fixera contra don Narciso .
En consecuencia, resulta obrigado ditar sentenza, único xeito de finaliza-lo proceso logo de aberto o xuízo oral, pola que se declare absolto a don Narciso do delito de apropiación indebida polo que viña sendo acusado.
VISTOS os preceptos legais citados e de xeral aplicación.
Fallo
Que é mester absolvermos, e absolvémolo, a don Narciso do delito de apropiación indebida polo que foi inicialmente acusado, cos inherentes efectos legais a tal tipo de declaración. Decláranse de oficio as custas.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer RECURSO DE CASACIÓN, ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo, por infracción de lei ou quebrantamento de forma, no prazo de CINCO DÍAS, que se contarán desde a última notificación.
Así, por medio desta nosa sentenza, da que se levará testemuño ao rolo de Sala, e se anotará nos rexistros correspondentes, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

