Última revisión
05/02/2010
Sentencia Penal Nº 20/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 16/2010 de 05 de Febrero de 2010
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Penal
Fecha: 05 de Febrero de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 20/2010
Núm. Cendoj: 36038370022010100069
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00020/2010
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000016 /2010 A
Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 2 de PONTEVEDRA
Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO n? 0000262 /2009
APELANTE: Baldomero
PROCURADOR: PEDRO SANJUAN FERNÁNDEZ
LETRADO: JOSÉ IGLESIAS ARES
APELADOS: Julieta Y Edemiro
PROCURADOR: DANIEL RIVAS GANDASEGUI
LETRADO: SRA. HERNÁNDEZ GARCÍA
SENTENZA NÚM. 20
=============================================================
ILMOS/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS
Don José Juan Barreiro Prado, presidente
Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
==============================================================
Pontevedra, a cinco de febreiro de dous mil dez
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída con número 262/09, o recurso de apelación interposto polo
procurador PEDRO SANJUAN FERNÁNDEZ, en representación de Baldomero , contra a sentenza ditada
polo Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente (como acusado), o
Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e Julieta e Edemiro , como acusación
particular; actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 14 de outubro de 2009, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
"Que debo condenar y condeno a Baldomero como autor de un delito de allanamiento de morada previsto y penado en el artículo 202,2 del Código Penal , a la pena de 1 año y 1 mes de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y multa de 7 meses con una cuota diaria de 8 euros, con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código Penal para el caso de impago; como autor de un delito de realización arbitraria del propio derecho previsto y penado en el artículo 455,1 en relación con el artículo 238,4 y 239,2 del Código Penal , a la pena de 6 meses de multa con una cuota diaria de 8 euros, con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código penal para el caso de impago y como autor de un delito de hurto de uso previsto y penado en el artículo 244,1 del Código Penal , a la pena de 6 meses de multa con una cuota diaria de 8 euros, con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código Penal para el caso de impago; así como la parte correspondiente de las costas procesales causadas, incluidas las de la acusación particular, debiendo indemnizar a Julieta en la suma de 2.000 euros.
Que debo absolver y absuelvo a Baldomero del delito de robo previsto y penado en el artículo 237 del Código Penal por el que compareció como acusado, declarando de oficio la parte correspondiente de las costas procesales causadas".
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
"Resulta probado y así se declara que Baldomero había prestado a Edemiro un ordenador de su propiedad para que éste lo reparase, pasado el tiempo y como no conseguía contactar con Edemiro , pese a los reiterados intentos de ponerse en comunicación con él, para que le devolviera el mencionado ordenador, el día 17 de enero de 2008, sobre las 9,45 horas, acudió al domicilio de Edemiro , sito en la CALLE000 , NUM000 , en Darbo para hablar con aquel.
Tras llamar a la puerta, quien salió fue la madre de Edemiro , Julieta , que le manifestó a Baldomero que su hijo no estaba en casa insistiendo él en que si estaba y ella en que no; pese a lo cual, Baldomero entró en el interior de la vivienda empujando a Julieta , yendo hacia la habitación en la que se encontraba Edemiro durmiendo, le preguntó por el ordenador y observando que estaban allí las llaves del vehículo de Edemiro en cuyo interior estaba el ordenador, las cogió y se marchó, abandonando la casa rápidamente seguido por Edemiro y su madre.
El 19 de enero de 2008, entre las 5 y las 8.30, Baldomero volvió al domicilio de Edemiro y Julieta , estando en el exterior del mismo estacionado el vehículo Audi A 3 matrícula .... BKS propiedad de Julieta , lo abrió con la llave que había cogido dos días antes de la habitación de Edemiro y para recuperar el ordenador que estaba en uno de los asientos del coche, se llevó el vehículo para usarlo temporalmente.
El vehículo está valorado en más de 400 euros.
Esa misma mañana el vehículo fue hallado sin el ordenador en su interior, indicando Baldomero a los agentes de la policía el lugar en el que había escondido las llaves, que fueron recuperadas.
A consecuencia de estos hechos, Julieta ha venido padeciendo un trastorno ansioso depresivo reactivo, que será previsiblemente reversible con el tiempo".
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse por éste e pola representación procesual da acusación particular, escritos de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.
Fundamentos
Primeiro.- O agora recorrente en apelación Baldomero na instancia foi condenado como autor dun delito de violación de morada do artigo 202.2 do Código penal , dun delito de realización arbitraria do propio dereito do artigo 455.1 do mesmo texto legal , e dun delito de furto de uso de vehículos do artigo 244.1 tamén do Código penal .
No recurso de apelación que agora formula perante esta alzada, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, na procura da súa total absolución invoca un só motivo: o erro na apreciación das probas empregadas para condenalo polos tres amentados delitos.
Segundo.- Reflicten os feitos que se declararon probados na sentenza contra a que se apela que o acusado Baldomero petou na porta do domicilio de Edemiro ; que Julieta lle dixo que o seu fillo non se encontraba na casa, insistindo o acusado en que si estaba e a nai en que non; e que o acusado entrou na vivenda empurrando a Julieta , ata chegar ao cuarto en que se encontraba Edemiro durmindo.
A maxistrada xuíza a quo obtivo tal conclusión logo de analizar, fundamentalmente, as versións que do sucedido ofreceron tanto o acusado Baldomero , como Julieta . E así como esta de xeito contundente declarou que expresamente lle prohibiu a entrada ao acusado, este admite que se coou polo oco existente entre a porta semiaberta ou entreaberta e o marco da mesma, sen o permiso expreso de Julieta , mais sen a súa prohibición. Pois ben, aínda partindo de tal extracto que das declaracións de ambos se recolle no escrito de recurso de apelación, non cabe dúbida do acerto na instancia da subsunción de tales feitos no delito de violación de morada, previsto e penado no artigo 202.1 e 2 do Código penal .
A entrada do acusado no domicilio da vítima en contra da vontade desta, a quen apartou dun empurrón nada máis abrir ao oír a chamada na porta, non nos ofreceu ningunha dúbida verbo do seu encadramento no artigo 202.2 do Código penal nun suposto anterior xa axuizado ( SAP de Pontevedra 28/2007, do 6 de xullo ). E menos aínda a permanencia no interior da vivenda en contra da vontade da súa titular. A forma do acceso do acusado á vivenda, tras propinarlle un empurrón para botar a un lado a quen como moradora abriu a porta, constitúe así a violencia e intimidación típicas do número 2 do artigo 202 do Código penal , como diciamos na nosa anterior sentenza xa citada. E engadimos con tal ocasión que a actuación dolosa do acusado, é dicir, a conciencia e vontade de que entraba nunha morada allea sen o consentimento da moradora, e de que permanecía na mesma en contra da vontade daquela, coa conseguinte violación da súa intimidade, desprendíase de forma natural dos feitos axuizados.
Empurrar a moradora para acceder ao interior da vivenda, na que se permanece malia coñecer que quen previamente abriu a porta ao escoitar a chamada non lle deu permiso para entrar, tamén é encadrado no delito previsto e penado no artigo 202.1 e 2 do Código penal pola Audiencia Provincial de Sevilla (SAP Sevilla 199/2005, do 13 de abril ). Outro tanto cómpre dicir da, por exemplo, SAP de Valladolid 222/2001, do 26 de marzo , nun caso no que o acusado accedeu ao interior da vivenda logo de empurrar a súa moradora cara a dentro, ao supoñer este medio comisivo o emprego de violencia nas persoas. E para un caso no que o acusado tamén empurrou a súa muller e o seu fillo para penetrar na vivenda, a SAP da Coruña 41/2000, do 22 de novembro , concluíu que existía un delito de violación de morada do artigo 202.2 do Código penal .
A infracción do dereito á intimidade defendida polo artigo 202 do Código penal debe entenderse producida sempre que a privacidade resulte lesionada ou gravemente ameazada, e ocorre isto cando alguén entra na vivenda dunha persoa, calquera que sexa o seu móbil, sen o seu consentimento expreso ou tácito.
E a STS do 14 de xuño de 2000 encárgase de subliñar:
[...] que el mero hecho de que la puerta de una vivienda esté abierta no puede ser interpretado, por sí solo, como un consentimiento tácito a la posible entrada de cualquier extraño, pues es llano que no es presumible el permiso cuando quien entra se propone, por ejemplo, llevar a cabo una sustracción u otra actividad ilícita.
E engade tal resolución que:
[...] la necesidad de que no quede parcialmente inatendida la ratio de la forma en cuestión, reduciéndose inmotivadamente los supuestos en que la inviolabilidad del domicilio debe ser penalmente protegida, obliga además a no exigir la concurrencia de un elemento subjetivo que en el tipo diseñado por el legislador no aparece por parte alguna. Nos referimos, naturalmente, a la supuesta forzosidad de que el invasor del domicilio ajeno tenga el ánimo específico de lesionar la intimidad de sus moradores o, lo que es igual, que actúe con dolo directo de primer grado. Para que el tipo subjetivo del allanamiento de morada de persona física se realice, es suficiente con que se ponga el tipo objetivo con conciencia de que se entra en un domicilio ajeno sin consentimiento de quienes pueden otorgarlo y sin motivo justificante que pueda subsanar la falta de autorización, pues dicha conciencia necesariamente comporta la de que se invade el espacio en que otras personas viven sin sujeción a los usos y convenciones sociales y ejerciendo su más íntima libertad.
Deste xeito, o empurrón propinado polo acusado a quen lle abriu a porta da vivenda para acceder ao interior da mesma significa a previa e expresa denegación do acceso ou, cando menos, o coñecemento por parte do invasor da intimidade allea de que se internaba na morada sen permiso e contra o desexo de quen xa se encontraba no seu interior. E tal xeito de proceder abofé que merece o referido reproche penal do que o agora apelante xa foi obxecto na instancia. En nada empece a esta conclusión que Julieta tivese a posibilidade de comprobar quen chamaba á porta e, xa que logo, negarse a abrila, ou que puidese presumir que quen pretendía entrar era o acusado porque chamou antes por teléfono á vivenda, pois, aínda que se representase que ao abrir a porta se encontraría co acusado, non tiña porque sufrir un empurrón e contemplar como, contra a súa vontade, un estraño penetraba na súa vivenda. Tampouco obsta que a persoa empurrada non padecese lesións, pois, tratándose a violación de morada dun delito autónomo e independente doutros, perfectamente con estes pode concorrer, incluso cando sexa medio para cometer estes últimos.
Terceiro.- Do xeito indicado o acusado entrou na morada allea. Xa no cuarto de Edemiro , preguntoulle a este polo seu ordenador. E decatándose de que estaban alí as chaves do vehículo da nai daquel, no interior do cal se encontraba o ordenador, colleunas e marchou do lugar, sen máis. Pero dous días máis tarde, volveu o acusado para abrir coas chaves así obtidas o automóbil, recuperando así o ordenador e levando o coche para o seu uso. Boa proba de todo isto é que o acusado era o único que posuía as chaves do vehículo e que incluso foi el quen lle dixo aos axentes da Garda Civil onde estaban as chaves, que apareceron non tiradas, senón agachadas debaixo dunha pedra, preto de onde se recuperou o vehículo e preto tamén da casa do agora apelante. Xa que logo, a condena deste polos delitos de realización arbitraria do propio dereito -artigos 455.1 en relación cos artigos 238.4 e 239.2 do Código penal - e de furto de uso - artigo 244.1 do Código penal - non menos fundada aparece, dada a contundencia do resultado das probas de cargo contra o acusado.
En consecuencia, rexeitamos o recurso de apelación e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.
Cuarto.- As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Baldomero , contra a sentenza ditada con data do 14 de outubro de 2009 no procedimento abreviado núm. 262/09, e confirmar esta sentenza, con imposición das custas desta alzada á parte recorrente.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder judicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
