Última revisión
14/11/2006
Sentencia Penal Nº 202/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 208/2006 de 14 de Noviembre de 2006
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 14 de Noviembre de 2006
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 202/2006
Núm. Cendoj: 36038370022006100346
Núm. Ecli: ES:APPO:2006:2619
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00202/2006
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000208 /2006 JV
Órgano de procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de VILLAGARCIA DE AROSA
Procedemento de orixe: JUICIO DE FALTAS nº 0000214 /2006
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo
maxistrado don Luciano Varela Castro, pronunciou,
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NÚM. 202
Pontevedra, catorce de novembro de dous mil seis
No presente rolo de apelación número 208/06 dimanante dos autos de xuízo de faltas número
214/06, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de Vilagarcía de Arousa, por
apropiación indebida, son partes: como apelante don Montserrat , e como
apelado don Sara , e o Ministerio Fiscal.
Antecedentes
Primeiro.- Con data do 11 de setembro de 2006, o maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de Vilagarcía, ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:
"Se estima probado, y así se declara, que el día 8 de mayo de 2006 Montserrat , formuló denuncia en nombre del videoclub DVD VILLAGARCÍA contra Sara por el incumplimiento de un contrato de alquiler lo que dio lugar al presente procedimiento contra la denunciada".
Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:
"QUE DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO A Sara de la falta de apropiación indebida que se le imputa sin perjuicio del ejercicio de las acciones civiles que en su caso correspondan.
Se declaran las costas de oficio".
Notificada dita sentenza ás partes, pola parte denunciante Montserrat formulouse o recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ó maxistrado relator para ditar resolución.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.
Fundamentos
Primeiro: O motivo do recurso
A sentenza absolve a acusada da falta de apropiación indebida. Como feito probado declara unicamente que a acusada alugou uns DVD de vídeo. Non afirma que a acusada intentase quedar cos DVD e facelos seus.
A denunciada asegurara que llelos prestou a terceiros e que foi a resistencia destes en devolvelos o que fixo que ela tamén se atrasara en restituírllos á denunciante no tempo pactado. Fíxoo máis tarde.
Pretende a parte apelante que a apropiación indebida existe aínda que non exista vontade de facer propio o recibido. Que a falta se cometeu porque existiu desviación de función ou destino a respecto da cousa recibida por alugamento.
Entende que, aínda non incorporando o ben ó seu patrimonio, actuou sobre el como se fose a dona. Abonda con que con iso se xere prexuízo ó verdadeiro dono.
Afirma ademais que a denunciada non tiña ánimo de devolución.
Segundo: Imposibilidade de modifica-los feitos probados na segunda instancia sen realizar unha proba cuxa avaliación reclama a inmediación na súa práctica
O TC lembra na Sentenza 24 de 2006, do 30 de xaneiro, unha xa consolidada doutrina constitucional segundo a que: "[...] Es jurisprudencia ya reiterada de este Tribunal, iniciada en la STC 167/2002, de 18 de septiembre (FFJJ 9 a 11) y seguida en numerosas Sentencias posteriores (entre las últimas, SSTC 307/2005 y 324/2005, de 12 de diciembre ), que el respeto a los principios de publicidad, inmediación y contradicción, contenidos en el derecho a un proceso con todas las garantías, impone inexorablemente que toda condena se fundamente en una actividad probatoria que el órgano judicial haya examinado directa y personalmente y en un debate público en el que se respete la posibilidad de contradicción, por lo que, cuando la apelación se plantee contra una Sentencia absolutoria y el motivo de apelación concreto verse sobre cuestiones de hecho suscitadas por la valoración o ponderación de pruebas personales de las que dependa la condena o absolución del acusado, resultará necesaria la celebración de vista pública en la segunda instancia para que el órgano judicial de apelación pueda resolver tomando un conocimiento directo e inmediato de dichas pruebas. De acuerdo con esa misma jurisprudencia, la constatación de la anterior vulneración determina también la del derecho a la presunción de inocencia si los aludidos medios de prueba indebidamente valorados en la segunda instancia son las únicas pruebas de cargo en las que se fundamente la condena [...]."
A tese da apelante pasa pola necesaria introdución entre os feitos probados de datos como a entrega pola denunciada do DVD alugado a outras persoas, a avaliación como probado, segundo alega a defensa, ou como non probado de que a denunciada tentaba devolve-lo DVD pero veuse impedida pola acción dos que o tiñan no seu poder, ou, á fin, a declaración de que a denunciada alugara o DVD para ela soa, con exclusión do goce por outras persoas. Mesmo debería engadirse a necesidade de que resultase probado se mediaron ou non requirimentos e as circunstancias en que o DVD foi efectivamente devolto.
Ben doado resulta deducir que tales declaracións sobre os feitos esixen a toma en consideración dos discursos de partes ou testemuñas no xuízo. E que tales medios de proba, por mor da súa natureza persoal, son tributarios, canto á forza de convencer, da inmediación na súa recepción, e, desde logo, da intervención da acusada na práctica de tales medios diante do xulgador.
Non sendo pedida a reiteración da proba, tal complemento da declaración de feitos probados resulta vetada, polo que o exame debe partir dos feitos probados na sentenza contra da que se recorre.
Terceiro: Inexistencia da infracción
Ten dito este Tribunal a respecto dos atrasos na devolución de cousas alugadas (vehículos de alugameto), como na sentenza do 12 de decembro de 2005, que: "[...] O delito de apropiación indebida dunha cousa específica, que se recibe coa obriga de devolvela, esixe a proba da incorporación desa cousa ó patrimonio do suxeito activo do delito. Ocorre que externamente a actividade posesoria de seu é compatible coa dobre alternativa: a do atraso na devolución sen incorporación patrimonial por parte do posuidor da cousa posuída, e a da incorporación definitiva, malia que logo se recupere a cousa, o que non evita o delito.
Daquela, o único xeito de diferencia-la conduta civilmente ilícita da penalmente tipificada é acudir a feitos indicadores da vontade do suxeito, para clarexar se este actuou ou non coa vontade de definitiva apropiación.
Esa é a razón dunha doutrina xurisprudencial que acode a outros datos, a maiores do atraso na devolución, para avaliar como razoable ou non a inferencia que imputa aquel propósito de apropiación penalmente sancionada.
A STS do 14 de marzo de 2001 manifestou: "[...] Precisamente este dato característico de la obligación de devolver «in natura», exige que para la existencia del delito concurra un evidente ánimo de lucro apropiatorio que evidencie el propósito del autor de transformar aquella posesión originariamente transmitida en virtud de un negocio jurídico lícito, en una propiedad definitiva que arranque la cosa del patrimonio de su titular para integrarla en el patrimonio del sujeto activo del delito. Solamente mediante la concurrencia del ánimo apropiatorio es posible incluir las conductas en las previsiones del tipo penal de la apropiación indebida.
A la vista de los hechos, que constituyen los antecedentes básicos de la conducta enjuiciada nos encontramos de manera clara e inequívoca como aparece el elemento objetivo que supone el desplazamiento material de la cosa desde el patrimonio del sujeto pasivo a la disponibilidad o tenencia por parte del sujeto activo. Ahora bien debemos examinar la totalidad del relato fáctico para comprobar si además nos encontramos con el elemento subjetivo básico de atentar contra la propiedad pretendiendo incorporar el automóvil definitivamente a su patrimonio.
Los hechos probados no perfilan de manera nítida la existencia de este ánimo apropiatorio en cuanto que el acusado después de alquilar el automóvil nunca abandonó su domicilio, que era perfectamente conocido por el titular de la agencia, y siempre se movió en el ámbito natural de su existencia cotidiana, sin dificultar la localización de la cosa arrendada que guardaba en el garaje de su propiedad anejo a su domicilio [...]."
Na sentenza do TS do 14 de xullo de 2000 tampouco admitiu o TS que o atraso na devolución do vehículo alugado, recuperado policialmente, constitúa de seu, sen máis, o delito de apropiación indebida: "[...] No consta la existencia de un ánimo de apoderamiento definitivo y, por el contrario se dispone de datos que ponen de relieve el propósito de establecer una relación contractual en condiciones de normalidad, facilitando todos los detalles y circunstancias necesarias para ser localizado en cualquier momento por la empresa arrendadora [...]."
E mesmo con anterioridade, o 18 de setembro de 1986, baixo o anterior CP, tamén dixera o TS na sentenza desa data que "[...] Si se estudia detenidamente el resultando de hechos probados, pronto se advertirá que el procesado tuvo legítimamente en su poder el vehículo hasta treinta y seis días antes de la fecha real de devolución del mismo a la casa locataria, aprovechándose tan sólo del disfrute del vehículo durante esos días, con el consiguiente rendimiento económico, que la sentencia de instancia fija en un montante de ciento treinta y una mil doscientas cincuenta y seis pesetas por los días indicados. Así las cosas, es evidente que no existe el delito de apropiación indebida, por lo que deben prosperar los dos motivos del recurso que por infracción de ley y por fondo se postulan al recusar la aplicación del delito de apropiación indebida tipificado en el artículo 535 del Código Penal ."
Debe notarse a diferenza cos supostos nos que o comportamento do acusado pon de manifesto o proxecto de definitiva apropiación, como no da sentenza do 15 de xaneiro de 2005, no que o acusado adopta unha identidade falsa cando o aluga e o vehículo ten que ser buscado ata atopalo nun lugar descoñecido para a entidade alugadora, ou a do 3 de maio de 2001, no que o ben alugado se agachou nunha localidade que foi necesario investigar e descubrir policialmente."
En consecuencia, ora porque os feitos probados non permiten a subsunción pretendida, ora porque a norma non pode ser interpretada no sentido que se pretende no recurso, este debe ser rexeitado.
Daquela,
Fallo
Que desestimo o recurso de apelación interposto por dona Montserrat e confirmo a sentenza de data 11 de setembro de 2006, ditada polo maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de Vilagarcía, nos autos de xuízo de faltas núm. 214/06. Impóñenselle as custas á parte recorrente en apelación.
Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
Deste xeito o pronuncio, mando e asino por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao Rolo.

