Sentencia Penal Nº 21/202...ro de 2020

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Penal Nº 21/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 85/2020 de 13 de Febrero de 2020

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Penal

Fecha: 13 de Febrero de 2020

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 21/2020

Núm. Cendoj: 36038370022020100027

Núm. Ecli: ES:APPO:2020:352

Núm. Roj: SAP PO 352:2020

Resumen:
ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00021/2020

-

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico:

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36060 41 2 2017 0000858

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000085 /2020-P-

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000336 /2019

Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Recurrente: Felicidad

Procurador/a: D/Dª JOAQUIN GABRIEL SANTOS CONDE

Abogado/a: D/Dª RAFAEL PEREZ FALCON

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Genaro

Procurador/a: D/Dª , JOSE LUIS GOMEZ FEIJOO

Abogado/a: D/Dª , JAVIER DURAN LAGARES

SENTENZA NÚM. 21/20

=================================================== =======

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Juan José Trashorras García

=================================================== =======

Pontevedra, a trece de febreiro de dos mil vinte.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación nº 85/20, interposto polo procurador don Joaquin Gabriel Santos Conde, en representación de dona Felicidad, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 336/19, do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes a mencionada recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 27-novembro-2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

'Que debo CONDENAR Y CONDENO a Felicidad, en quien no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, como autora penalmente de un delito de estafa del artículo 251.1 del Código Penal, a la pena de un año de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio durante el tiempo de la condena. Con imposición de costas.'

En concepto de responsabilidad civil, indemnizará a Genaro en la cantidad de 3.500 euros.

Queda sin efecto la intervención del vehíulo SEAT IBIZA matrícula ....KHD acordada mediante acta de intervención policial de fecha 23-3-2017 en relación con el atestado NUM000, quedando el vehículo a disposición de su legítimo propietario.'

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

'Probado y así se declara que la acusada, Felicidad, mayor de edad, sin antecedentes penales, con ánimo de obtener un enriquecimiento ilícito, vendió a Genaro, por un precio de 3500 euros, mediante contrato privado de fecha 20 de enero de 2017, el vehículo Seat Ibiza matrícula ....KHD, simulando ser propietaria del mismo, cuando en realidad pertenecía a la mercantil MURDERCRUZ SL, quien se lo había arrendado a la acusada mediante contrato de arrendamiento con opción de compra de fecha 17 de noviembre de 2016, tras habérselo enajenado la acusada a dicha mercantil.

La mercantidl MURDERCRUZ SL el 23 de marzo de 2017 procedió a retirar el vehículo adquiriendo de nuevo la posesión de hecho del mismo con las llaves que poseía como propietaria.

A consecuencia de estos hechos, Genaro ha sufrido una perjuicio económico de 3.500 euros por los que reclama.

El seat Ibiza matrícula ....KHD ha sido pericialmente tasado en 5.200 euros a fecha de la compraventa. '

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.- A acusada, Felicidad, foi condenada na instancia como autora responsable dun delito de estafa, previsto e penado no artigo 251.1 do Código penal, polo que acode agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O fiscal e a acusación particular exercida por Genaro opóñense a que acollamos esta impugnación.

Segundo.- Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, a apelante, Felicidad, alega no seu recurso o erro na apreciación da proba como único motivo de apelación, aínda que ao final tamén alude, sen máis, ao principio in dubio pro reoe á presunción de inocencia.

De entrada debemos lembrar que resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se reflicten no recurso de apelación da condenada na instancia do xeito indicado. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente a amparaba, o erro por parte da maxistrada xuíza da instancia na valoración da proba e a suposta existencia de dúbidas que abocarían a autora da resolución xudicial que se combate ao inexorable pronunciamento absolutorio. A pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra os acusados. O erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Mentres que o principio in dubio pro reonon resulta aplicable cando, precisamente, a xuíza non albisca dúbidas verbo do resultado do material probatorio practicado perante ela coa súa insubstituíble inmediación.

Só se xustifica o principio in dubio pro reonos casos en que o tribunal teña dúbidas ou recoñeza a existencia de dúbidas na valoración das probas sobre os feitos e as resolva en contra do acusado ( SSTS 999/2007, do 12 de xullo; 677/2006, do 22 de xuño; 1125/2001, do 12 de xullo; 2295/2001, do 4 de decembro; 479/2003 e 836/2004, do 5 de xullo; 1051/2004, do 28 de setembro). Segundo todas estas resolucións, o principio unicamente pode estimarse infrinxido cando, recoñecendo o tribunal sentenciador a existencia dunha dúbida sobre a concorrencia dalgún dos elementos integradores do tipo ou sobre a participación do acusado, opta pola solución máis prexudicial para este, pero non cando, como sucede no caso actual, o tribunal sentenciador non alberga dúbida ningunha.

Cando se alega a infracción do dereito á presunción de inocencia, resulta ben conteste e reiterada a xurisprudencia segundo a cal a función do tribunal ad quemnon pode consistir en realizar unha nova valoración das probas practicadas en presenza do xulgador de instancia, porque só a este corresponde esa función valorativa. Pero o tribunal si pode verificar que, efectivamente, o xulgador a quocontou con suficiente proba de signo acusatorio sobre a comisión do feito delituoso e a participación nel do acusado para adoptar un pronunciamento de condena, asegurándose tamén de que esa proba se obtivo sen violar dereitos ou liberdades fundamentais e de que se respectaron as súas correctas condicións de oralidade, publicidade, inmediación e contradición, comprobando tamén que na preceptiva motivación da sentenza o xulgador expresou o proceso de raciocinio, cando menos nos seus aspectos fundamentais, que o levou a decidir sen infrinxir os criterios da lóxica e da experiencia (por todas, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 24 de xullo de 2019 -ROJ: STS 2668/2019 - ECLI:ES:TS:2019:2668 -).

A existencia de probas de cargo contra a acusada resulta indiscutible. Así, en esencia, as súas propias declaracións, as do acusador particular e agora apelado, Genaro, e a documental relativa a todo o relacionado coa propiedade e transmisións do vehículo da marca Seat, modelo Ibiza, matrícula ....KHD constituían proba de cargo máis que suficiente como para poder ter por alzada a inicial presunción de inocencia que amparaba a agora recorrente en apelación. Todas elas se obtiveron e practicaron sen a máis mínima tacha legal ou regulamentaria. E o seu nidio carácter incriminador para a apelante amósase fóra de toda dúbida, polo que tampouco se albisca por ningures nin o erro na apreciación das probas nin que logo se presentasen dúbidas que interpretar a prol da absolución da apelante.

A afirmación por parte de Felicidad de que Genaro coñecía -por razóns de amizade e laborais dela coa dona deste último- non só todas as súas circunstancias persoais, senón tamén todas as que afectaban ao devandito vehículo de motor, do cal ela era titular, e que, xa que logo, debía despregar máis dilixencia verbo da situación real do vehículo non resulta de recibo. Cando ambos realizaron o contrato de compravenda do coche o 20 de xaneiro de 2017 a agora apelante figuraba nel como a propietaria absoluta e en exclusiva do dito coche, libre de toda carga ou gravame de calquera especie, cando, como de sobra sabía, había dous meses que se desprendera da súa propiedade a prol dunha entidade mercantil.

A súa nova venda ao agora apelado abofé que se correspondía co tipo de estafa previsto no artigo 251.1º polo que correctamente foi condenada na instancia. O elemento nuclear do delito de estafa, é dicir, o engano, plásmase no feito de que o suxeito se atribúe falsamente sobre a cousa obxecto do delito facultades de disposición de que carece, ben porque nunca as tivo, ben por xa realizalas con anterioridade e, xa que logo, por carecer igualmente delas, falsa atribución determinante do erro no suxeito pasivo do delito e, inevitablemente, do prexuízo. Deste xeito, o engano típico na devandita modalidade de estafa concrétase na tipicidade, isto é, na maquinación insidiosa, na artimaña e en exercer facultades de disposición de que se carece (por todas, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 1 de outubro de 2019 -ROJ: STS 2957/2019 - ECLI:ES:TS:2019:2957 -).

Noutra orde cousas, o prezo da venda do turismo foi o que se documentou de 3500 €, sen que existan méritos para dubidar en tal sentido. Se ela mesmo o vendera dous meses antes por 1500 € e a taxación que, sen impugnación, consta nas actuacións foi por unha cantidade de 5200 €, todo menos dúbidas se poden abrigar ao respecto. A mera alegación da apelante de que o prezo que recibiu por mor daquel contrato, cuxa sinatura nel recoñece, tan só foron 300 € non deixa de amosarse como iso, unha mera manifestación na procura dunha inferior responsabilidade, penal e civil, polo seu propio xeito de actuar. Mesmo a suposición de que o prezo tan só fose o referido pola acusada de 300 € nos levaría a que o negocio semellaría, como di o fiscal, que se opón ao recurso, unha doazón encuberta.

Xa que logo, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos REXEITARo recurso de apelación interposto pola representación procesual de Felicidad, contra a sentenza ditada con data do 27/11/2019. no procedemento abreviado nº 336/2019, pola maxistrada xuíza do Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra, e CONFIRMAResta sentenza, impóndolle as custas a apelada.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da LACrim, cabe interpoñer un recurso de casación, que deberá prepararse mediante un escrito formalizado por avogado/a e procurador/a, que se presentará perante este Tribunal dentro dos cinco díasseguintes á ultima notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da LACrim.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.