Sentencia Penal Nº 219, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 217 de 07 de Octubre de 1999
Sentencia Penal Nº 219, A...re de 1999

Última revisión
07/10/1999

Sentencia Penal Nº 219, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 217 de 07 de Octubre de 1999

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 07 de Octubre de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 219

Nº de recurso: 217

Resumen
    Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, ERUNDINO D interpuxo recurso de apelación que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Leí de axuizamento criminal e, téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.Rexéitase o recurso, pois a controversia formulada non merece reproche penal, sendo unha cuestión simplemente civil. Dunha beira, o denunciado formula a súa versión dos feitos: que ao corta-los oito eucaliptos obxecto da compravenda, como eran os máis altos e grosos, ao caeren, danaron os outros 17 máis cativos, cortando entón tamén estes últimos. E esa versión non e irracional e, polo tanto, desbotábel. Ainda máis, aparece refrendada pola declaración da testemuña, autora material da tronza. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.Deste xeito, por esta a miña sentencia, á fin xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.  

Voces

Autor material