Sentencia Penal Nº 22/201...ro de 2016

Última revisión
21/09/2016

Sentencia Penal Nº 22/2016, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 36/2016 de 01 de Febrero de 2016

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 01 de Febrero de 2016

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 22/2016

Núm. Cendoj: 36038370022016100003

Resumen:
FALSO TESTIMONIO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00022/2016

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

21310

N.I.G.: 36038 43 2 2014 0012327

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000036 /2016

Delito/falta: FALSO TESTIMONIO

Denunciante/querellante: Modesta

Procurador/a: D/Dª FRANCISCA MARIA RODRÍGUEZ AMBROSIO

Abogado/a: D/Dª RAFAEL ALONSO FERNANDEZ

Contra: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 22/2016

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra a, dous de febreiro de dous mil dezaseis

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 36/16, o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Rodríguez Ambrosio, en representación de Modesta contra a sentenza ditada no procedemento PA: 304/2015 do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes a mencionada recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 03 de Novembro de 2015 , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

' Que debo condenar y CONDENO a Modesta , como autor criminalmente responsable de un delito de falso testimonio en pleito civil, a la pena de NUEVE MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de INHABILITACIÓN ESPECIAL PARA EL EJERCICIO DEL DERECHO DE SUFRAGIO PASIVO DURANTE EL TIEMPO DE LA CONDENA, así como a la pena de CUATRO MESES DE MULTA a razón de una cuota diaria de SEIS EUROS, haciendo un total de SETECIENTOS VEINTE EUROS (720 EUROS), bajo apercibimiento de incurrir en una responsabilidad personal subsidiaria, en caso de impago, de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias de multa no satisfechas, y con imposición de las costas procesales.'

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

'UNICO.- Probado y así se declara que la acusada Modesta , mayor de edad y sin antecedentes penales, compareció ante el Juzgado de Primera Instancia nº 2 de Pontevedra el día 4 de diciembre de 2014 para declarar como testigo en el juicio verbal 170/2014, y sin bien quedó acreditado en la sentencia firme de fecha 5 de diciembre de 2014 que la acusada, al volante del vehículo de su propiedad, marca Hyundai matrícula ....-VLV , causó daños a otro vehículo en el parking del Hospital Montecelo, tal acusada, en el acto del juicio y a pesar de declarar bajo juramento o promesa de decir la verdad y de las prevenciones que le fueron efectuadas de la responsabilidad en que incurrirían si faltase a la verdad en sus manifestaciones, haciendo caso omiso a las mismas, manifestó no ser cierto que dicho vehículo estuviera el día 25 de noviembre de 2013 en el estacionamiento del Hospital Montecelo'.

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 02/02/2016.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.- A acusada, Modesta , foi condenada na instancia como autora responsable dun delito de falso testemuño, previsto e penado no artigo 458.1 do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. A fiscala oponse a que acollamos o recurso.

Segundo.- O delito de falso testemuño, definido no artigo 458 do Código penal , cométese cando unha persoa chamada a prestar declaración nunha causa xudicial se aparta substancialmente da verdade, tal como esta se lle presenta, é dicir, mente no que sabe e se lle pregunta (por todas, a STS 318/2006, do 6 de marzo ). A máis recente aínda STS, Penal, Sección 1ª, do 24 de abril de 2014 (ROJ: STS 1708/2014 - ECLI:ES:TS:2014:1708), logo de subliñar que a verdade é un deber moral sen cuxo cumprimento a vida social, baseada na confianza mutua, se fai ben difícil, senta a seguinte doutrina:

No siempre, sin embargo, la mentira -acto inmoral- recibe una respuesta punitiva porque en una sociedad plural y libre sólo un reducido núcleo de la moral debe estar respaldado por la coacción penal, siendo éste seguramente uno de los más certeros indicadores del grado de libertad garantizado en cada grupo social a sus miembros. La reacción penal frente a la mentira sólo es admisible -y obligada- cuando ésta lesiona concretos bienes jurídicos, individuales o colectivos, cuya salvaguarda es indispensable para una sana y pacífica convivencia. Así, por ejemplo, faltar a la verdad en la declaración que se presta como testigo en un procedimiento judicial es delito porque el testimonio es uno de los medios de prueba sobre los que se puede basar la convicción del juzgador sobre los hechos que han de constituir la premisa menor del silogismo judicial. Existe, pues, la posibilidad de que un testimonio falso, si induce a error al juez o tribunal ante el que se presta y es valorado como verdadero, provoque una resolución injusta, esto es, un pronunciamiento en que no se realice el valor superior de la justicia y se lesione un interés que debe ser protegido por el poder judicial. Esta es la razón fundamental por la que, en una sociedad democrática, el falso testimonio es tipificado como delito en la Ley penal. De acuerdo con esta «ratio», el CP 1995 ha prescindido de la casuística tipología que presidía la regulación del falso testimonio en los textos anteriores y distingue únicamente, en su art. 458, dos tipos delictivos según la importancia de los bienes jurídicos que pueden ser vulnerados como consecuencia de una alteración sustancial de la verdad en la declaración prestada por un testigo en causa judicial: el falso testimonio dado en contra del reo en causa criminal por delito -castigado con pena más severa en consideración a las privaciones o restricciones de derechos, incluso fundamentales, que podrían eventualmente derivarse de una condena provocada por la declaración falaz- y cualquier otro falso testimonio dado en causa judicial, que constituye el tipo básico. El tipo agravado, a su vez, figura en el apartado 2 del citado artículo acompañado de un subtipo aún más grave definido por la concurrencia de una condición objetiva de punibilidad: la de que, como consecuencia del testimonio, hubiera recaído sentencia condenatoria (véase la STS 1624/2002, de 21 de octubre ).

A falsidade das declaracións debe referirse a aspectos esenciais para o axuizamento, e non versar sobre cuestións intranscendentes, e a feitos e non a opinións ou sinxelos xuízos de valor. Non se trata da maior ou menor credibilidade da testemuña, senón de que falte substancialmente á verdade, que minta sobre o que é preguntada. O elemento subxectivo do delito de falso testemuño vén constituído polo dolo ínsito na conciencia da alteración da verdade e na vontade de emitir a falsa declaración, sen que se esixa a representación da transcendencia que poida ter na posterior resolución xudicial á cal a declaración serve como medio de proba. E o elemento obxectivo do amentado delito do artigo 458 do Código penal consiste na falta á verdade sobre feitos ou circunstancias substanciais ou esenciais, xa que as reservas ou meras inexactitudes ou reticencias na declaración, tamén substanciais ou esenciais, poden constituír outro tipo penal distinto (artigo 460 ).

Se cadra, como se alega, a apelante, Modesta , non se decatou de que causou danos nun coche aparcado no aparcadoiro do Hospital Montecelo, de Pontevedra. Mais non se trata diso, senón de que negou que o automóbil que como propietaria usa habitualmente causase os danos pola potísima razón de que no día e hora indicados non estivera no amentado lugar. E isto é a cerna do delito de falso testemuño que cometeu, xa que, dun xeito intencionado, prestou unha declaración falsaria, sen que resulte esixible ningunha intención adicional de prexudicar a Administración de xustiza, ou de actuar cunha especial animosidade ou intencionalidade de prexudicar algunha das partes no litixio en que se prestou o devandito falaz testemuño.

Se este se acredita mediante o xuízo de contraste do declarado pola testemuña coa verdade xudicial expresada na sentenza, no presente caso nin o máis mínimo asomo de dúbida cómpre abrigar. Abonda neste sentido o declarado pola testemuña presencial dos feitos Leoncio , e a fotografía que este tirou e que consta nas presentes actuacións. Mesmo a pretendida manobra exculpatoria que intentou a acusada na instancia (que estivera no hospital provincial coa súa nai, noutro aparcadoiro, etc.) foi contestada nuns termos contundentes polo maxistrado xuíz a quo( videasí o penúltimo parágrafo do fundamento de dereito primeiro da sentenza contra a que se apela) e xa non facemos un especial fincapé nela nesta alzada.

Xa que logo, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza da instancia.

Terceiro.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos REXEITAR o recurso de apelación interposto pola representación procesual de dona Modesta contra a sentenza ditada con data do 03/11/15 , no procedemento abreviado nº 304/2015, polo Maxistrado Xuíz de Penal nº 1 de Pontevedra, e CONFIRMAR esta sentenza. Impóndolle as custas ao apelante.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.