Sentencia Penal Nº 221/20...re de 2014

Última revisión
13/01/2015

Sentencia Penal Nº 221/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 813/2014 de 30 de Septiembre de 2014

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Penal

Fecha: 30 de Septiembre de 2014

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 221/2014

Núm. Cendoj: 36038370022014100221

Resumen:
INJURIA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00221/2014

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

664250

N.I.G.: 36024 41 2 2013 0001249

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000813 /2014-A

Delito/falta: INJURIA

Denunciante/querellante: Alicia

Procurador/a: D/Dª CAYETANA MARIN COUCEIRO

Abogado/a: D/Dª IVAN M. SANMARTIN EIRIN

Contra: Plácido

Procurador/a: D/Dª MARIA BELEN ALVAREZ SANCHEZ

Abogado/a: D/Dª CARLOS ALBERTO COLLAZO FERNANDEZ

Rolo:RP (86/14-a)

Órgano de procedencia:Xdo.de lo Penal nº 2 de Pontevedra.

Procedemento de orixe: Procedimiento Abreviado 147/2014.

SENTENZA NÚM. 221

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Dona Rosa del Carmen Collazo Lugo.

Ilma. Don.Rosario Cimadevila Cea.

==========================================================

En Pontevedra a 30 de setembro de dous mil catorce.

Visto, pola Sección 2º desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número RP 813/14 o recurso de apelación interposto pola procuradora DONA CAYETANA MARIN COUCEIRO, en representación de DONA Alicia y letrado D. IVAN M. SANMARTIN EIRIN contra a sentenza ditada polo Xuzgado do Penal nº 2 de Pontevedra, e como apelado DON Plácido representada pola procuradora DONA MARIA BELEN ALVAREZ SANCHEZ e letrado DON CARLOS ALBERTO COLLAZO FERNANDEZ e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data 3 de xunio de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

'Que debo absolver y absuelvo a Alicia del delito de calumnias previsto y penado en los artículos 205 y 206 del Código Penal y del delito de injurias previsto y penado en los artículos 208 y 209 del Código Penal por los que compareció como acusada, declarando de oficio la parte correspondiente de las costas procesales causadas.

Que debo condenar y condeno a Alicia como autora de una falta de injurias prevista y penada en el artículo 620,2 del código Penal , a la pena de 20 días de multa a razón de 10 euros día, con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código Penal para el caso de impago; así como al abono de la parte de las costas procesales correspondiente a un juicio de faltas, incluidas las de la acusación particular; debiendo indemnizar a Plácido en la suma de 900 euros por los daños morales causados.'

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

'Resulta probado y así se declara que día 5 de marzo de 2013, Alicia presentó denuncia contra Plácido en la Guardía Civil de Silleda por la comisión de uns presuntos daños, denuncia que finalizó por sentencia absolutoria dictada por el Juzgado de Instrucción 1 de Lalín en fecha 6 de junio de 2013 .

En dicha denuncia, Alicia manifestó en referencia a Plácido que problemas de alcoholismo, maltrato familiar y antecedentes de problemas mentales.'

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual dos recorrentes interpuxeron recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse escritos de impugnación.


Acéptanse os da sentenza contra a que se apela.


Fundamentos

Primeiro.- Alicia foi absolvida na instancia dos delitos de calumnias e inxurias previstos e penados, respectivamente, nos artigos 205 e 206 e 208 e 209 do Código penal , polos que fora acusada por Plácido . E foi condenada, como autora dunha falta de inxurias do artigo 620.2º do Código penal , á pena e ás responsabilidades de todo tipo que se reflicten no segundo dos parágrafos da parte dispositiva da sentenza da instancia, contra a que agora apela perante esta alzada. Solicita a súa libre absolución e, subsidiariamente, a imposición da pena mínima de dez días de multa, coa cota diaria mínima legalmente posible, e sen ningún tipo de pronunciamento no relativo á indemnización por responsabilidade civil posta ao seu cargo e a prol do amentado acusador particular. Este oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo.- Coincidimos coa apelante no particular relativo a que a formulación dunha denuncia sempre pode resultar pexorativa para a persoa denunciada. E tamén compartimos que o emprego dunha vía legal -a mera denuncia duns feitos- pode excluír a intromisión no dereito ao honor ( artigo 18.1 da Constitución española ). Mais a sintonía coa parte recorrente remata aquí neste particular.

O 15 de marzo de 2013 a acusada, Alicia , acudiu ás dependencias oficiais da Garda Civil de Silleda para formular unha denuncia por uns supostos danos (en esencia, que no seu domicilio na parroquia de Lamela, do referido concello, se encontrara cunhas tuias desarraigadas e secas e que lle faltaba a malla antiherba e os seus soportes). Dicía que non vira quen fora o autor, pero que desconfiaba dun veciño con quen tiña problemas dende que morrera o seu marido. Deseguido, aclarou que se trataba de Plácido , e que tiña unha empresa de remolques a carón da súa propiedade. E, dun xeito totalmente innecesario e gratuíto para todos os efectos, no atestado incoado por mor da súa devandita denuncia consta o seguinte: La denunciante quiere añadir que se cree propietario de sus fincas y que tiene problemas de alcoholismo, maltrato familiar y antecedentes de problemas familiares.

Velaí o cerne do que na instancia motivou a condena da apelante pola falta de inxurias do artigo 620.2º do Código penal . Estas expresións obxectivamente consideradas constitúen un insulto, vexación e inxuria nidiamente desprezativas da persoa contra a que se profiren. A gratuidade da súa expresión perante os axentes da Garda Civil que recibiron a denuncia por danos formulada pola apelante queda fóra de toda dúbida. A explicación que agora pretende dar de que, se así procedeu, foi debido ao seu nerviosismo, porque pouco antes recibira ameazas de Plácido , tamén se fai inaceptable, ao non estaren estas acreditadas, e resultar ben paradoxal que quen acode a denunciar uns danos non denuncie tamén unhas supostas ameazas recibidas despois daqueles, e xusto antes de ela acudir ao cuartel da Garda Civil. A declaración do axente con número de carné profesional NUM000 , no sentido de que se nada se reflectiu no atestado sobre as supostas ameazas foi porque a agora apelante nada dixo ao respecto, abonda para concluír na inexistencia real daquelas ameazas e na pretensión excluínte do animus iniurandi.

E todo isto deriva na evidente improcedencia da apreciación na acusada dunha suposta anomalía ou alteración psíquica ou dun medo insuperable, como tamén pretende. Estas circunstancias mesmo semellan resultar incompatibles co descrito proceder da acusada que, sen xeito, tamén invoca unha suposta vulneración da súa presunción de inocencia do artigo 24.2 da Constitución española , dado o contundente e innegable contido incriminador da súa conduta, que se tirou dos medios probatorios practicados na instancia tras a obtención legal deles e logo avaliados en conciencia pola maxistrada xuíza a quoao abeiro do artigo 741 da Lei de axuizamento criminal .

No relativo á extensión e contía da pena de multa imposta na instancia, tamén rexeitamos a impugnación. A multa de 20 días é a máxima prevista no tipo penal polo que finalmente foi condenada a apelante ( artigo 620.2º do Código penal ) e como tal podía impoñela a maxistrada xuíza a quoao abeiro do artigo 638 do mesmo texto legal . E, no relativo á cota diaria, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 14 de marzo de 2014 (ROJ: STS 1223/2014 ) sinala ao respecto o seguinte:

El artículo 50.5 del Código Penal dispone que en la fijación de la cuota diaria de la multa se tendrá en cuenta exclusivamente la situación económica del reo, deducida de su patrimonio, ingresos, obligaciones y cargas familiares y demás circunstancias personales del mismo. La jurisprudencia ha señalado que no siempre es procedente la imposición de la cuantía mínima, que debe quedar para supuestos de indigencia, miseria o similares. Como señalan las sentencias núm. 175/2001, de 12 de febrero , y STS nº 1265/2005 , que la cita, 'con ello no se quiere significar que los Tribunales deban efectuar una inquisición exhaustiva de todos los factores directos o indirectos que pueden afectar a las disponibilidades económicas del acusado, lo que resulta imposible y es, además, desproporcionado, sino únicamente que deben tomar en consideración aquellos datos esenciales que permitan efectuar una razonable ponderación de la cuantía proporcionada de la multa que haya de imponerse'. En este sentido, STS nº 463/2010 .

O total da multa que a apelante debe pagar acada a cantidade de 200 €, pagamento que se fará do xeito que na fase de execución de sentenza se poida solicitar e acordar. Cotas diarias de dez euros son as que usualmente se veñen impoñendo dende hai tempo en supostos como os que nos ocupan (por todas, a STS 428/2009, do 28 de abril , e as moitas que nela se citan). E non só por ningures consta, afortunadamente, que estea sometida a unha situación de indixencia ou miseria económica, senón que na correspondente peza de responsabilidade civil da presente causa foi declarada solvente.

Por último, e no relativo á responsabilidade civil posta a cargo da apelante, a xulgadora a quocifrouna prudentemente en 900 €, en consideración ás expresións inxuriosas e ao seu ámbito de difusión. Coa mesma prudencia consideramos que procede a súa rebaixa a 150 €, xa que na propia sentenza contra a que se apela se reflicte que o coñecemento das expresións inxuriosas foi limitado e que só se conta, ao respecto, coa declaración do propio prexudicado no relativo a que os veciños lle preguntan por que está denunciado como maltratador, por alcolismo e problemas mentais, sen que, porén, se practicase proba no sentido de acreditar que terceiros alleos ás dilixencias o sabían (fundamento de dereito primeiro, penúltimo parágrafo, da sentenza).

Terceiro.- De oficio declaramos as custas que na presente alzada se puidesen xerar.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Acoller en parte o recurso de apelaciónformulado por Alicia contra a sentenza do 3 de xuño de 2014, pronunciada pola maxistrada xuíza do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra no procedemento abreviado 147/2014 (rolo de apelación RP 86/2014-A). E, en consecuencia, revogamos a amentada sentenzasó no relativo á cantidade que a citada apelante lle deberá pagar a Plácido en concepto de danos morais, e que, en lugar de 900 €, fixamos definitivamente en 150 €. No demais, expresamente confirmamos os restantes pronunciamentos da sentenza contra a que se apela e declaramos de oficio as custas da presente alzada.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a don/a José Juan Barreiro Prado, durante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.