Sentencia Penal Nº 221/20...re de 2015

Última revisión
01/02/2016

Sentencia Penal Nº 221/2015, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 818/2015 de 07 de Octubre de 2015

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 12 min

Orden: Penal

Fecha: 07 de Octubre de 2015

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 221/2015

Núm. Cendoj: 36038370022015100219

Resumen:
QUEBRANTAMIENTO CONDENA O MEDIDA CAUTELAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00221/2015

AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION SEGUNDA DE PONTEVEDRA

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36038 43 2 2014 0002014

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000818 /2015CR

Delito/falta: QUEBRANTAMIENTO CONDENA O MEDIDA CAUTELAR

Denunciante/querellante: Joaquín

Procurador/a: D/Dª JOSE PORTELA LEIROS

Abogado/a: D/Dª TOMAS BALTAR PASCUAL

Contra: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA Nº 221

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRASPresidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistrados/asDÑA. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

Pontevedra, sete de outubro do dous mil quince.

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 818/15, o recurso de apelación interposto por Joaquín , representado polo procurador José Portela Leiros e defendido por Tomás Baltar Pascual, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do cuxa parte dispositivaé do teor literal seguinte: 'Que debo condenar y condeno a Joaquín en quien no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, como autor penalmente responsabale de un delito de quebrantamiento de condena en grado de tentativa a la pena de tres meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena; como autor de un delito de resistencia a la pena de seis meses de prisión con la misma accesoria legal; y como autor de una falta de lesiones a la pena de un mes multa con una cuota diaria de seis euros con la responsabilidad personal subsidiaria del artículo 53 del Código Penal en caso de impago, con imposición de costas.

Y en concepto de responsabilidad civil, indemnizará al agente de la guardia Civil NUM000 en 1300 euros.'

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: ' Probado y así se declara que el acusado, Joaquín , mayor de edad,el día 27 de febrero de 2014, sobre las 09,15 horas se encontraba en el interior del furgón de la Guardia Civil en el recinto de los Juzgado de A Parda a donde había sido conducido para la práctica de diligencias desde el Centro penitenciario de La Lama, en el que se encontraba como preso preventivo en virtud de auto de fecha 30 de abril de 2012 dictado por el Juzgado de Instrucción número tres de Cambados en el procedimiento del tribunal del Jurado 540/12. Y en el momento de ser bajado del furgón, aprovechando que tenía suelta una ade las esposas, arrojó una cazadora a uno de los ageantes de la Guardia Civil que lo custodiava e inició la fuga logrando salir del recinto de los Juzgados, siendo perseguido por los Guardias Civiles NUM000 y NUM001 . Este último fue el primero en darle alcance, llegando seguidamente el otro agente, produciéndose un forcejeo con el acusado que se oponía a que lo detuvieran, cayendo al suelo, siendo finalmente reducido el acusado.

Como consecuencia del forcejeo del acusado con los agentes, el guardia Civil NUM000 sufrió dolor a la palpación en costado izquierdo, dolor en primer dedo y brazo izquierdo, dolor en rodilla derecha y dolor en hombre derecho, precisando para su sanidad una única asistencia facultativa y necesitando pra su curación cuarente día no impeditivos. Y al Guardia Civil NUM001 se le rompió la cazadora del uniforme, no reclamando por la misma.'

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse polo Ministerio Fiscal escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso previa deliberación.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.- O acusado, Joaquín , foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de quebrantamento de custodia en grao de tentativa, dos artigos 468.1 , 16 e 62 do Código penal , dun delito de resistencia do artigo 556 do Código penal , e dunha falta de lesións do artigo 617.1 do mesmo texto legal na redacción entón vixente. Formula agora un recurso de apelación perante esta alzada na procura da absolución polo delito de resistencia e pola falta de lesións e, subsidiariamente, solicita a aplicación da modificación do Código penal que entrou en vigor o 1 de xullo de 2015 por resultarlle máis favorable, e, en todo caso, que se rebaixe de 6 a 3 € a cota diaria de multa. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo. Dentro do título XXII (delitos contra a orde pública) do Código penal, no seu capítulo II, regúlanse os delitos de atentados contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos e da resistencia e desobediencia. Por iso, cremos pertinente a cita da doutrina xurisprudencial adoptada tanto para os casos de atentado como de desobediencia cando concorren co tamén delito de quebrantamento de custodia do artigo 468.1 do Código penal .

A sentenza do 13 de xuño de 1994 desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra -Sección 1ª- razoaba o seguinte:

El mencionado delito de quebrantamiento de condena, en la modalidad agravada cometida por el acusado, es compatible con el subtipo agravado del delito de atentado, puesto que como se dice por el Tribunal Supremo en Sentencia de 15 abril 1991 ( RJ 19912784), el bien jurídico protegido en uno y otro delito, es diferente, y hay perfecta autonomía de fin y de acción. Declarando asimismo el Tribunal Supremo, en Sentencias de 12 noviembre 1984 ( RJ 19845464 ), 27 mayo 1977 ( RJ 19772451 ), 28 diciembre 1974 ( RJ 19745261 ) y 15 abril 1991 , que cuando concurren varias modalidades agravatorias de las contempladas en el artículo 335, una de ellas servirá para cualificar el quebrantamiento y si alguna otra constituye otro delito, habrá dos delitos y concurso de infracciones. Y en el caso de autos, el acusado no sólo se lanzó sobre el funcionario del Ministerio Fiscal, suficiente ya de por sí para integrar la agravación en cualquiera de los dos delitos, sino que verificó la agresión con armas, circunstancia no exigida por el artículo 335, y que es bastante para dar lugar a la modalidad agravada del atentado.

A máis recente aínda SAP da Coruña, Penal, Sección 6ª, do 27 de febreiro de 2015 (ROJ: SAP C 438/2015 -ECLI:ES:APC:2015:438), ante o cuestionamento da condena por un delito de atentado, por considerarse que non concorría o ánimo de acometer os axentes ou menosprezar o principio de autoridade, senón o de fuxir da situación de detención, razoou o seguinte:

El hecho físico ocurrido (un empujón intencionado y sorpresivo a un agente) es un acto de violencia física, que causó incluso lesiones, apto para integrar el tipo objetivo del art. 550 CP . El motivo que sin duda impulsó al acusado a realizar tal acto fue el de escaparse para eludir la detención y la decisión de ingreso en prisión que se le estaba notificando, pero ello no excluye que al acometer conscientemente a un agente de la autoridad que estaba llevando a cabo una actuación propia de su función estuviera atacando el bien jurídico protegido por ese precepto, pues como señala la STS 15-4-1991 , para un supuesto análogo, 'el acto es plenamente doloso y el que resultara medial para el propósito ulterior de la fuga no excluye su naturaleza directa, al menos con aceptación conocida y querida de la consecuencia necesaria, atentar contra el agente de la autoridad en desconsideración paladina a su potestad delegada. En doctrina de esta Sala ese ánimo se infiere ya del hecho del acometimiento al que la ostenta ( Sentencias de 22 de febrero de 1987 y 1 de junio de 1987 )'. En el mismo sentido, la STS 27-2-1989 proclama que el delito de atentado no está consumido en el de quebrantamiento de condena.

Es evidente que el delito de quebrantamiento de la medida cautelar puede cometerse sin realización de acto alguno de acometimiento o resistencia frente a los agentes de la autoridad, de forma que si, además de vulnerarse el bien jurídico constituido por la efectividad de los pronunciamientos judiciales que aquel precepto protege, se ataca al principio de autoridad que exige el respeto a la integridad de las personas que la encarnan o ejercitan, se están vulnerando intereses jurídicamente protegidos diferenciados, lo que justifica la duplicidad de la sanción penal.

No mesmo sentido se expresou anteriormente a STS 294/2012, do 26 de abril .

E abonda con ler os feitos probados e os fundamentos xurídicos da sentenza contra a que se apela para, sen dúbida ningunha, decatarse de que o acusado e agora apelante fuxiu dos axentes da Garda Civil no momento de baixar do furgón no recinto dos xulgados da Parda, nesta mesma cidade de Pontevedra, e, ademais, para detelo, un dos axentes tivo que abalanzarse sobre el. E non só caeron ambos ao chan, senón que o acusado forcexou cos dous axentes que lograron darlle alcance, e deu pancadas, puñadas e cobadazos ata tal punto que precisaron da axuda doutros dous axentes da Policía Nacional para poder reducilo definitivamente.

A versión do agora apelante, consistente en que non realizou a máis mínima resistencia aos axentes da autoridade por deterse cando se cansou de correr e que foi placadopor un deles, foi rotundamente desmentida polos referidos axentes e mesmo pola evidencia das lesións nun deles e pola rachadura da cazadora que vestía outro. Como xa reflectimos, o delito de quebrantamento de custodia puido cometerse sen o de resistencia e ambos protexen intereses xurídicos ben diferenciados.

O feito de que a redacción do artigo 556 do Código penal anterior á que ten na actualidade tras a entrada en vigor da Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, sinalase unha pena de prisión mínima de seis meses -que foi a imposta pola sentenza contra a que se apela- e agora se prevexa como mínima a de prisión de tres meses ou a de multa de seis a dezaoito meses non empece a corrección e pleno acerto da devandita resolución xudicial. Será o Xulgado a quoo que, en tal sentido, poderá acordar o que proceda, coa garantía así da dobre instancia no caso dunha revisión de tal particular que non encha as expectativas do agora apelante.

En canto á falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal pola que tamén foi condenado o apelante, abonda con remitirnos ao informe de sanidade da médica forense que consta nas actuacións (fs. 61 e 62). O mecanismo de produción das lesións referido resultou compatible co narrado polo propio axente cando foi recoñecido medicamente -dano ao reducir a un preso, caendo ao chan e durante a redución-. Só foi necesaria a primeira asistencia facultativa, sen necesidade de tratamento médico nin cirúrxico. E tardou en curar uns 45 días non impeditivos, todo isto segundo o amentado informe da médica forense, que non foi impugnado. Máis aínda, na quinta das alegacións das conclusións provisionais da defensa semella que, sen discusión, se admitía a comisión da falta de lesións referida.

Por último, verbo da fixación da cota diaria da pena de multa en seis euros, igualmente debemos confirmala. A frecuente carencia de datos para fixar as amentadas cotas determina que a súa fixación deba estar presidida pola moderación. E entendemos que cantidades sobre os seis euros, e incluso doce, son usuais e módicas, ante os repetidos déficits probatorios, sempre que non se acredite a concorrencia de situacións de indixencia ou miseria económica, para as cales estarían reservadas as cifras inferiores a seis euros (por todas, a STS 428/2009, do 28 de abril ).

Rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.

Terceiro.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos desestimaro recurso de apelacióninterposto pola representación procesual de Joaquín , contra a sentenza ditada con data do 11 de xuño do 2015, no P.A. 74/2015, polo Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra, e confirmaresta sentenza, con declaración de custas ao apelante.

Notifíquese a presente sentenza as partes facéndoselles saber que a presente resolución e firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada nodía da data, polo maxistrado don JOSE JUAN BARREIRO PRADO, durante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.