Última revisión
17/09/2017
Sentencia Penal Nº 225/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 941/2019 de 05 de Noviembre de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Penal
Fecha: 05 de Noviembre de 2019
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 225/2019
Núm. Cendoj: 36038370022019100224
Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2455
Núm. Roj: SAP PO 2455:2019
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00225/2019
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Equipo/usuario: PA
Modelo: 213100
N.I.G.: 36005 41 2 2019 0000733
RJR APELACION JUICIO RAPIDO 0000941 /2019-P-
Delito/falta: TENENCIA DE ARMAS SIN LICENCIA O PERMISO
Recurrente: Fabio
Procurador/a: D/Dª SONIA AGRA PIÑEIRO
Abogado/a: D/Dª MARIA JOSE GARRIDO MONTEAGUDO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
SENTENZA NÚM. 225/2019
=================================================== =======
MAXISTRADO/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
=================================================== =======
Pontevedra, cinco de novembro de dous mil dezanove.
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 941/19, o recurso de apelación interposto pola procuradora dona Sonia Agra Piñeiro, en representación de Fabio, contra a sentenza ditada no procedemento Juicio Rápido nº 248/2019 do Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 31 de xullo de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
'Que debo condenar y CONDENO a Jorge, como autor criminalmente responsable de un delito contra la seguridad vial (conducción sin permiso), del artículo 384.2 del Código Penal, concurriendo la agravante de multirreincidencia del art. 22.8ª del CP en relación con el art. 66.1.5ª, a la pena de 6 MESES Y 1 DIA de PRISIÓN, inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, con imposición de las costas procesales.'
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
'Probado y así se declara, que sobre las 08:35 horas del día 10 de julio de 2019, Fabio con DNI NUM000, mayor de edad, nacido el día NUM001/1988 y con varios antecedentes penales computables y no cancelables, puestos que fue condenado por sentencia de 4-07-2017 (firme el mismo día) del Juzgado de lo Penal nº 3 de Pontevedra a la pena de 12 meses de multa con una cuota diaria de 4 euros, la cual cumplió definitivamente el día 13/11/2018; por la sentencia de 19-04-2018 (firme el mismo día) del Juzgado de lo Penal nº 17 de Madrid a la pena de 12 meses de multa con una cuota diaria de 2 euros, la cual aún no cumplió; por la sentencia de 19-06-2018 (firme del mismo día) del Juzgado de lo Penal nº 1 de Pontevedra a la pena de 18 meses y 1 día de multa con una cuota diaria de 2 euros; por sentencia de 2-07-2018 (firme el mismo día) del Juzgado de lo Penal nº 1 de Orense a la pena de 61 días de trabajos en beneficio de la comunidad, la cual cumplió definitivamente el día 02-11-2018 y, por la sentencia de 19-03- 2019 (firme el día 26-03-2019) del Juzgado de lo penal nº 2 de Santiago de Compostela a la pena de 61 días de trabajos en beneficio de la comunidad, en todos los casos por delitos contra la seguridad vial consistentes en conducir vehículos a motor o ciclomotores sin permiso de conduciro una vez retirado cautelar o definitivamente el permiso de conducir; condujo el vehículo turismo Volkswagen Golf matrícula ....-HTG, del cual no es su titular, por la Carretera Nacional N-640 (Vegadeo-Vilagarcía de Arousa en el sentido de la marcha hacia Vilagarcía de Arousa y lo hizo pese a que sabia que no podía conducir vehículos a motor porque estaba cumpliendo una condena impuesta en la sentencia de 15-12-2017 (firme el mismo día) del Jzugado de Instrucción nº 1 de Vigo a la pena de 4 años de privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores (también fue condenado a una pen ade 6 meses de prisión) por un delito contra la seguridad vial consistente en conducir vehículos a motor o ciclomotores bajo los efectos o con la presencia de bebidas alcohólicas.
Fabio condujo el vehículo Volkswagen Golf con matrícula ....-HTG por la Carretera Nacional N.640 hasta llegar al kilómetro 229,100 de esta vía pública del término municipal de Caldas de Reis el día 10 de julio de 2019 sobre las 08:35 horas pese a que fue condenado por la sentencia de 15-12-2017 (firme el mismo día) del Juzgado de Instrucción nº 1 de Vigo a la pena de 4 años de privación del derecho oa conducir vehículos a motor y ciclomotores por la comisión de un delito contra la seguridad vial de conducción bajo los efectos del alcohol y a que la liquidación de condena relativa a la pena de privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores practicada por al Juzgado de lo Penal nº 2 de Vigo, según la cual inició el cumplimiento de esta pena privativa de derechos el día 15-12-2017 y finalizará su cumplimiento el día 13-12-2021, le fue notificada personalmente el encausado y con el apercibimiento expreso de las consecuencias de incumplir dicha pena.'
Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.-Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da súa data.
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- O acusado, Fabio, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito contra a seguridade viaria, na modalidade de condución dun vehículo de motor sen o correspondente permiso, previsto e penado no artigo 384, parágrafo segundo, do Código penal. Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución e, subsidiariamente, para que se lle impoña, en lugar da pena de prisión, a de multa ou a de traballos en beneficio da comunidade. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación así formulada.
Segundo.- Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, o apelante, Fabio, alega a ausencia de certificación na causa da notificación do requirimento de privación do dereito a conducir vehículos de motor ou ciclomotores o 15 de decembro de 2017, e a improcedencia da pena de prisión e da aplicación de calquera agravante, a todo o que, como dixemos, se opón o fiscal.
Consta nas actuacións que o recorrente foi condenado do seguinte xeito:
a) O 15 de decembro de 2017, por uns feitos do mesmo día, como autor responsable dun delito contra a seguridade viaria do artigo 379.2 do Código penal, á pena de prisión e á de privación do dereito a conducir vehículos de motor e ciclomotores por 4 anos, cuxo cumprimento comezou o referido día e non remataba ata o 15 de decembro de 2021.
b) O 19 de abril de 2018, por uns feitos do 9 de novembro de 2016, polos delitos contra a seguridade viaria dos artigos 379.2 e 384 do Código penal, ás penas de multa e privación do dereito a conducir vehículos de motor e ciclomotores por 1 ano e 1 día, que rematou o 22 de xuño de 2019.
c) O 19 de xuño de 2018, por uns feitos do 2 de marzo de 2017, como autor responsable dun delito de falsificación de documentos públicos do artigo 390 do Código penal e doutro contra a seguridade viaria do artigo 384 do mesmo texto legal, a determinadas penas de prisión e multa.
d) O 2 de xullo de 2018, por uns feitos do 14 de marzo de 2017, como autor dun delito contra a seguridade viaria do artigo 384 do Código penal, á pena de traballos en beneficio da comunidade.
e) O 19 de marzo de 2019, por uns feitos do 23 de setembro de 2017, como autor responsable dun delito de estafa do artigo 248 do Código penal e, outra vez, dun delito contra a seguridade viaria do artigo 384 do mesmo texto legal, ás penas de multa e traballos en beneficio da comunidade, respectivamente.
f) Agora, na presente causa, por uns feitos do 10 de xullo de 2019, o 31 de xullo de 2019 foi condenado, outra vez como autor responsable do amentado delito do artigo 384 do Código penal, á pena de prisión.
Repárese así en que, de acordo coa primeira das nomeadas condenas, o agora recorrente non podía conducir ningún vehículo de motor nin ciclomotor ata o ben afastado aínda 15 de decembro de 2021. En relación coa segunda condena, rematado o cumprimento da pena de privación do dereito a conducir vehículos de motor e ciclomotores o 22 de xuño de 2019, en menos dun mes, máis en concreto o 10 de xullo de 2019, o agora apelante foi interceptado de novo cando conducía un vehículo de motor sen o correspondente permiso para facelo legalmente. E, ademais das devanditas condenas no 2018, neste mesmo ano 2019, en concreto, o 19 de marzo, isto é, uns catro meses antes dos feitos que agora nos ocupan, volveu a ser condenado por seguir a conducir un vehículo de motor sen o correspondente permiso.
A documental consistente nos antecedentes penais do recorrente e no atestado e os seus anexos da Garda Civil de Tráfico e o testemuño no xuízo oral dos axentes NUM002 e NUM003 abondaron para concluír que o acusado conducía un vehículo de motor o 10 de xullo de 2019 a sabendas de que non o podía facer por carecer do correspondente permiso. Se cadra isto foi o que o levou a, sen antes prestar declaración en ningún momento, declararse culpable ao comezo da vista oral, se ben deseguido rectificou e se mantivo no seu dereito a non declarar. E, en todo caso, o día a que se refire a presente causa -o 10 de xullo pasado- do que non cabe dúbida é de que o agora apelante, Fabio, conducía un automóbil sen o correspondente permiso para tal efecto; e a condena na instancia xusto foi por ese motivo, velaí a corrección do encadramento dos feitos no artigo 384 do Código penal.
Noutra orde de cousas, vista a morea de condenas que reflectimos e o nulo efecto disuasorio doutro tipo de penas -multas e traballos en beneficio da comunidade-, a agora imposta de prisión amósase como axeitada. Dentro dela, o fiscal solicitou a de nove meses a teor do artigo 66.1.5ª do Código penal e a maxistrada xuíza substituta fixouna en seis meses e un día de prisión, cuxa individualización non menos adecuada se amosa, precisamente, polas mesmas devanditas circunstancias.
En conclusión, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.
Terceiro.- Impoñemos as custas procesuais á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos REXEITARo recurso de apelación interposto pola representación procesual de Fabio, contra a sentenza ditada con data do 31-xullo- 2019, no procedemento Xuízo Rapido nº 248/2019, pola maxistrada xuíza do Penal nº 3 de Pontevedra, e CONFIRMAResta sentenza. Impóndolle as custas ao apelante.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da LACrim, cabe interpoñer un recurso de casación, que deberá prepararse mediante un escrito formalizado por avogado/a e procurador/a, que se presentará perante este Tribunal dentro dos cinco díasseguintes á ultima notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da LACrim.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.
