Última revisión
17/09/2017
Sentencia Penal Nº 235/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 847/2017 de 10 de Octubre de 2017
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 10 de Octubre de 2017
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 235/2017
Núm. Cendoj: 36038370022017100221
Núm. Ecli: ES:APPO:2017:2068
Núm. Roj: SAP PO 2068:2017
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00235/2017
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Equipo/usuario: PA
Modelo: 213100
N.I.G.: 36005 41 2 2015 0000517
RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000847 /2017-P-
Delito/falta: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Recurrente: Marcos
Procurador/a: D/Dª OLGA CASABLANCA GARCIA
Abogado/a: D/Dª SEVERINO POTEL CALVO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
SENTENZA NÚM. 235/2017
=================================================== =========
MAXISTRADOS/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
=================================================== =======
Pontevedra a, dez de outubro de dous mil dezasete.
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, recurso de apelación número 847/17, interposto pola procuradora dona Olga Casablanca García, en representación de Marcos , contra a sentenza ditada, no procedemento PA: 00/00 do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 05-abril-2017 , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
'Que debo CONDENAR y CONDENO a Marcos en quien no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, como autor penalmente responsable de un delito de estafa a la pena de seis meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena. Con imposición de costas.
En concepto de responsabilidad civil, indemnizará a Bruno en 600 euros.'
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
'Probado y así se declara que el acusado, Marcos , mayor de edad, sin ancedentes penales, con el fin de obtener un beneficio económico ilícito, en fecha 21 de enero de 2015, anunciaba en la pagina web www.milanuncios..com la venta de un motor de un vehículo modo mini copoer y marca BMW por el precio de 600 euros, sin que tuviera intención alguna de vender el mismo. En este anuncio se hacían constar dos números de teléfono, uno fijo y otro móvil.
Confiando en los datos que constaban en el anuncio, Bruno , se puso en contacto con el acusado a través de los númros de teléfono indicados el día 22 de enero de 2015, así como a través del correo electrónico que le proporcionó el acusado. Y fruto de tales conversaciones acordaron que Bruno ingresara los 600 euros en el número de cuenta que le facilitó del banco de Santander asegurándole que recibiría el motor el viernes de esa misma semana en su domicilio sito en Porto de Gómez en Cuntis.
En cumplimiento de lo acordado Bruno hizo la transferencia de 600 euros el 26 de enero de 2015 a la cuenta designada por el acusado, quien apropiándose el dinero no envió el motor, y cortó toda comunicación con Bruno , no pudiendo éste ponerse en contacto con aquel a través de los teléfonos que le proporcionó previamente ni del correo electróico.'
Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.-O acusado, Marcos , foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de estafa, previsto e penado nos artigos 248 e 249 do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. A fiscala oponse a que acollamos a impugnación.
Segundo.-O único motivo de apelación que invoca o apelante no seu recurso, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal , consiste no erro na apreciación da proba ao que engade a mera cita, sen máis, do principio in dubio pro reo.
O erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha equivocación interpretativa, da cal se discrepa. Mentres que o principio in dubio pro reo non resulta aplicable cando, precisamente, a xuíza non albisca dúbidas verbo do resultado do material probatorio practicado perante ela coa súa insubstituíble inmediación. Pero, sexa como for, nin a maxistrada xuíza da instancia incorreu en erro á hora de avaliar o material probatorio perante ela practicado, nin reflicte a máis mínima dúbida verbo do seu notorio carácter e resultado incriminador no que respecta ao acusado e agora apelante.
Fiándose dun anuncio nun coñecido web de anuncios, Bruno chamou aos números de teléfono que figuraban alí e púxose en contacto, por medio do correo electrónico indicado no sitio web, con quen semellaba que ofertaba a venda dun determinado motor dun vehículo que estaba interesado en mercar. Logo deste contacto, vendedor e comprador concertaron a correspondente compravenda. Ás actuacións achegouse unha factura provisional de Desguace Cabrera Medina, de Las Palmas de Gran Canaria, do 24 de xaneiro de 2015, pola cantidade de 600 €. Aos dous días, isto é, o 26 de xaneiro de 2015, Bruno realizou unha transferencia bancaria onde se reflectía como concepto motor W11B16, polo mesmo importe de 600 € a prol de Desguace Cabrera Medina á conta ES22 0049 0359 99 2494894393. E a partir desa data resultaron imposibles os contactos que co vendedor intentou o comprador, e este quedou sen o motor e sen os cartos.
A explicación que deu o acusado na fase de instrución -xa que ao acto da vista oral non compareceu malia solicitar a súa intervención nela a través de videoconferencia, agardar por el máis de media hora, solicitar a fiscala a realización do xuízo na súa ausencia, ao abeiro do artigo 786.1, parágrafo segundo, da Lei de axuizamento criminal , e non opoñerse a defensa- foi que el nunca contactara con Bruno para venderlle un motor dun vehículo pois non puxera ningún anuncio en Internet. E aínda cando si que recoñeceu que a finais de xaneiro de 2015 recibira unha transferencia bancaria pola cantidade de 600 €, descoñecía o seu concepto, porque o seu número de conta bancaria llo facilitara a un tal Teodulfo , de quen ren máis sabía. Tamén recoñeceu que el quedara con parte dos 600 € e a outra lla dera ao tal Teodulfo e que recibira máis cartos do mesmo xeito -uns 5400 € en total- dos cales el quedou cuns 2000 € por mor da repartición indicada por el. E ren máis. Por maior abastanza, tamén consta nas actuacións un informe do banco Santander segundo o cal o número de conta mencionado figura a nome do acusado, Marcos , co mesmo DNI e domicilio en Telde, Gran Canaria, que figura na súa única declaración na fase de instrución.
Xa que logo, o que se deduce de todo o dito é que o agora apelante recibiu 600 € polo motor dun vehículo, nada lle estrañou ao respecto, non entregou aquel obxecto e quedou coa totalidade daqueles cartos, por moito que pretexte que os repartiu con outra persoa, da cal el mesmo di que ren sabe agás o seu suposto nome. Dada a obviedade e evidencia do resultado dos medios probatorios, non son necesarios máis argumentos explicativos da comisión, por parte do recorrente, do delito de estafa polo que, con toda corrección e xustiza, foi condenado na instancia. Nin o máis mínimo erro albiscamos na valoración probatoria realizada pola maxistrada xuíza a quo, e se ela, como este Tribunal, non abrigou a máis mínima dúbida da comisión e autoría por parte do acusado do amentado delito contra o patrimonio, mal podía representarse a posibilidade da aplicación do principio in dubio pro reo.
Todas as elucubracións que se puidesen realizar verbo da relación entre o acusado e a devandita empresa de desmantelamento de vehículos en nada afectan a todo o dito dende o momento en que foi o apelante quen, como confesou, recibiu os cartos polo aludido concepto, non os devolveu e nin tan sequera ofreceu esta posibilidade ou algunha explicación minimamente razoable verbo do seu proceder, notoriamente constitutivo dun engano que determina un desprazamento patrimonial ao seu favor tipificado como o delito previsto no artigo 248 Código penal .
Terceiro.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Quedebemos REXEITARo recurso de apelación interposto pola representación procesual de Marcos , contra a sentenza ditada con data do 05-abril-2017 , no procedemento 17/2017, polo Maxistrada Xuíza do Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra,e CONFIRMAResta sentenza. Impóndolle as custas aos apelantes.
A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistradodon José Juan Barreiro Prado,durante a audiencia pública. Dou fe.
