Sentencia Penal Nº 239/20...re de 2011

Última revisión
13/09/2011

Sentencia Penal Nº 239/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 129/2011 de 13 de Septiembre de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Penal

Fecha: 13 de Septiembre de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 239/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011100247

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:2352

Resumen:
QUEBRANTAMIENTO CONDENA O MEDIDA CAUTELAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00239/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

2252AD86

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 664250

N.I.G.: 36038 51 2 2011 0000640

ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000129 /2011

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 4 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000045 /2011

RECURRENTE: Juan Luis

Procurador/a: NURIA SANABRIA DELGADO

Letrado/a: JOSE MANUEL CABADA VIVO

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

SENTENZA NÚM.239

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Dona Cristina Navares Villar.

Ilma. Don. Luís Carlos Rey Sanfiz.

==========================================================

En Pontevedra a 13 de setembro de dous mil once.

Visto, pola Sección 2º desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 129/11, o recurso de apelación interposto polo/a procurador/a D. Nuria Sanabria Delgado, en representación de Juan Luis , contra a sentenza ditada polo Xuzgado do Penal nº 4 de Pontevedra. Constituíronse como partes o/a mencionado/a recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator/a o/a maxistrado/a don/a José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 29 de marzo de 2011, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que condeno a Juan Luis como autor dun delito de quebrantamento de condena coa pena de 6 meses de prisión accesoria de inhabilitación especial para o exercicio de dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo.

Impóñenselle as custas a Juan Luis .

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

Primeiro: Por sentencia de 7 de novembro de 2007 o Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, condenou a Juan Luis, como autor dun delito de maltrato do artigo 153.1 e ameazas do artigo 171.4, con dúas penas, entre outras, de prohibición comunicarse e achegarse a Marí Luz polo período de 1 ano.

Dita pena comezou o seu cumprimento o día 7 de novembro de 2007.

Segundo: Por auto de 26 de xuño de 2008 o Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra , acordou a suspensión da execución da pena indicada, ante a solicitude de indulto polo señor Juan Luis .

Terceiro : Desde que ditouse a referida Sentencia, e comezou a execución da pena, o señor Juan Luis conviviu coa señora Marí Luz .

Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación. FTX .

Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos , sinalouse unha data para a súa deliberación.

Fundamentos

Primeiro.- O acusado Juan Luis foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de quebrantamento de condena do artigo 468.2 do Código penal . E contra a amentada resolución xudicial recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución cos inherentes pronunciamentos legais. Alega para tal respecto a incorrecta aplicación do referido precepto legal e a inaplicación do artigo 14.3 do Código penal relativo ao erro de prohibición. Porén non podemos acoller ningún dos amentados motivos.

A sentenza do 7 de novembro de 2007 do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra foi pronunciada coa expresa conformidade das partes (fs. 2 a 6 das presentes actuacións). Tamén consta que, adiantado o pronunciamento in voce, as partes expresamente manifestaron que non formularían recurso contra a sentenza. Xa que logo, no mesmo intre gañou firmeza ( artigo 787.6 da Lei de axuizamento criminal ). As dúas prohibicións dun ano cada unha de achegarse a Marí Luz comezaron o mesmo día 7 de novembro de 2007 e remataban o 5 de novembro de 2009, como así consta na correspondente liquidación de condena practicada o 28 de febreiro de 2008 e notificada ao penado o 16 de setembro de 2008 (fs. 22 e 24). Entre ambas as datas -o 27 de xuño de 2008- acordouse a suspensión da execución da pena ata que non se resolvese a solicitude de indulto. E unha vez denegado este, practicouse unha nova liquidación de condena (f. 122). Nesta aboouse o período abranguido entre o 7 de novembro de 2007 -data de inicio do cumprimento da condena- e o 27 de xuño de 2008 -data da suspensión pola tramitación do indulto- fixándose o que restaba por cumprir entre o 6 de febreiro de 2009 e o 16 de xuño de 2010. Durante os lapsos de tempo que a pena estivo vixente e non suspendida, o acusado e agora apelante confesa que conviviu coa súa compañeira sentimental Marí Luz , como esta tamén se encargou de recoñecer. E sabido é o tratamento que a libre e unilateral disposición das partes no relativo ao cumprimento da medida de afastamento vén merecendo por parte da xurisprudencia, aínda que conste o expreso consentimento daquela en beneficio e protección da cal se acordou.

Así a S.T.S. do 26 de novembro de 2010 (ROJ ST.S. 7295/2010 ) , con alusión á anterior STS 39/2009, do 29 de xaneiro, lembra a vixencia do acordado no Pleno non xurisdicional do 25 de xaneiro de 2008 no relativo a que o consentimento da muller non exclúe a punibilidade para os efectos do artigo 468.2 do Código penal . E como con evidente tino razoa o maxistrado xuíz a quo, carece de todo sentido aludir a un posible erro de prohibición por parte do acusado cando el mesmo consentiu unha sentenza de conformidade con data de cumprimento do mesmo día e no que chegou a solicitar e obter unha suspensión da execución da pena pola solicitude de indulto. Todas estas actuacións resultan incompatibles coa idea dun posible erro pola súa parte.

Segundo.- As custas da presente alzada declarámolas de oficio.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

En atención ao exposto ,

Fallo

Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Juan Luis, contra a sentenza ditada con data do 29/03/2011 do Xulgado do Penal nº 4 de Pontevedra, e confirmar esta sentenza, con declaración de oficio das custas desta alzada.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos , mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a don/a José Juan Barreiro Prado, durante a audiencia pública. Dou fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.