Sentencia Penal Nº 247/20...re de 2017

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Penal Nº 247/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 934/2017 de 17 de Octubre de 2017

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Penal

Fecha: 17 de Octubre de 2017

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 247/2017

Núm. Cendoj: 36038370022017100236

Núm. Ecli: ES:APPO:2017:2104

Núm. Roj: SAP PO 2104:2017

Resumen:
HURTO - ROBO DE USO DE VEHÍCULOS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00247/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MM

Modelo: 213100

N.I.G.: 36042 41 2 2016 0000117

ROLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000934 /2017 P

Xulgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 DE PONTEVEDRA

Procedemento de orixen: PROCEDEMENTO ABREVIADO 165/2017

Delito/falta: HURTO - ROBO DE USO DE VEHÍCULOS

Recurrente: AXA SEGUROS GENERALES, Consuelo

Procurador/a: TICIANO ATIENZA MERINO, NIEVES FERNANDEZ SUAREZ

Abogado/a: BALTASAR MANUEL SILVEIRA SOLLA, ANTONIO JOSE ROMERO COSTAS

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Jenaro

Procurador/a: RAFAEL BARRIOS PEREZ

Abogado/a: MARIA JESUS GONZALEZ OJEA

SENTENZA Nº 247

=================================================== =======

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== =======

Pontevedra a, dezasete de outubro de dous mil dezasete.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 934/2017, o recurso de apelación interposto polos procuradores Sr. Ticiano Atienza Merino e Sra. Nieves Fernández Suárez, en representación de Axa Seguros Generales y Consuelo contra a sentenza ditada no procedemento PA: 165/2017 do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes os mencionados recorrentes e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator/a o/a maxistradodon José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do sete de xullo de dous mil dezasete, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

'Que debo ABSOLVER y ABSUELVO libremente a Jenaro de los hechos de los que se le acusaba, con declaración de las costas de oficio.'

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

'Probado y así se declara que en la madrugada del día diez de enero de 2016, en la carretera local EP 4001 de Ponteareas a Guillade, a la altura del punto Kilométrico 1.300 se produjo un accidente entre el vehículo Volkswagen Polo matrícula .... NKQ utilizado habitualmente por Agapito , hijo de la propietaria Consuelo , y el vehículo Ford Fieseta matrícula .... QGJ propiedad de Efrain .

No consta acreditado quien conducía el vehículo Volswagen Polo matrícula .... NKQ en el momento del siniestro, a consecuencia del cual fue declarado siniestro total, indemnizando a su propietaria la compañía AXA en 1563 euros correspondientes al valor venal del vehículo.'

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día dezasete de outubro de dous mil dezasete.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.- O acusado, Jenaro , foi absolvido na instancia dos delitos de furto de uso de vehículo de motor do artigo 244, de condución sen permiso do artigo 384, e de danos do artigo 263, todos eles do Código penal , que lle imputaban as acusacións particulares exercidas por Consuelo e pola entidade Axa Seguros Generales, SA. Recorren agora en apelación ambas as dúas acusacións particulares. O fiscal e o propio acusado opóñense a que acollamos a impugnación.

Segundo.- Resulta obrigado lembrar a profusa doutrina xurisprudencial constitucional pronunciada con motivo das impugnacións contra as sentenzas absolutorias. Así, a STC 172/2016, do 17 de outubro , lembra a súa consolidada xurisprudencia verbo das esixencias que debe reunir unha condena penal ou a súa agravación na segunda instancia para ser conforme co dereito a un proceso con todas as garantías ( artigo 24.2 da Constitución española ) do seguinte xeito:

Esta doctrina tiene su origen en la STC 167/2002, de 18 de septiembre (FFJJ 9 a 11), y se completa y reitera en numerosas resoluciones posteriores (entre las últimas, SSTC 88/2013, de 11 de abril, FFJJ 7 a 9 ; 205/2013, de 5 de diciembre, FJ 7 ; 105/2014, de 23 de junio, FFJJ 2 a 4 ; 191/2014, de 17 de noviembre, FFJJ 3 a 5 , o 105/2016, de 6 de junio , FJ 5).

El Pleno del Tribunal en la STC 88/2013, de 11 de abril , FFJJ 7 a 9, efectuó un extenso resumen de dicha doctrina y de su evolución a la luz de la jurisprudencia del Tribunal Europeo de Derechos Humanos, concluyendo que 'de conformidad con la doctrina constitucional establecida en las SSTC 167/2002 y 184/2009 vulnera el derecho a un proceso con todas las garantías ( art. 24.2 CE ) que un órgano judicial, conociendo en vía de recurso, condene a quien había sido absuelto en la instancia o empeore su situación a partir de una nueva valoración de pruebas personales o de una reconsideración de los hechos estimados probados para establecer su culpabilidad, siempre que no haya celebrado una audiencia pública en que se desarrolle la necesaria actividad probatoria, con las garantías de publicidad, inmediación y contradicción que le son propias, y se dé al acusado la posibilidad de defenderse exponiendo su testimonio personal' (FJ 9), lo que ha sido reiterado en las SSTC 157/2013, de 23 de septiembre, FJ 5 ; o 205/2013, de 5 de diciembre , FJ 7. La consecuencia de ello, como destaca la citada STC 88/2013 , FJ 9, es que la audiencia del acusado se configura con un doble propósito: de un lado, atender al carácter de prueba personal del testimonio del acusado, que exige de inmediación para ser valorada, y, de otro, garantizar el derecho a dirigirse y ser oído personalmente por el órgano judicial que va a decidir sobre su culpabilidad. Esta evolución de la doctrina constitucional reduce la posibilidad de condenar o agravar la condena sin vista a los supuestos en que el debate planteado en segunda instancia versa sobre estrictas cuestiones jurídicas, pues dicha audiencia ninguna incidencia podría tener en la decisión que pudiera adoptarse y la posición de la parte puede entenderse debidamente garantizada por la presencia de su abogado ( STC 88/2013 , FJ 8).

Al respecto, y de nuevo en los términos de lo afirmado por el Pleno del Tribunal en la STC 88/2013 , se ha subrayado que 'también el enjuiciamiento sobre la concurrencia de los elementos subjetivos del delito forma parte, a estos efectos, de la vertiente fáctica del juicio que corresponde efectuar a los órganos judiciales, debiendo distinguirse del mismo el relativo a la estricta calificación jurídica que deba asignarse a los hechos una vez acreditada su existencia. De este modo, si bien la revisión de la razonabilidad de las inferencias a partir de la cual el órgano a quo llega a su conclusión sobre la inexistencia de dolo -u otro elemento subjetivo del tipo- no precisará de la garantía de inmediación si tal enjuiciamiento no se produce a partir de la valoración de declaraciones testificales, sí deberá venir presidido, en todo caso, por la previa audiencia al acusado' (FJ 8 citando la STC 126/2012, de 18 de junio , FJ 4). Este segundo criterio, reiterado en las SSTC 157/2013, de 23 de septiembre, FJ 7 ; y 205/2013, de 5 de diciembre, FJ 5; traduce la consideración del Tribunal Europeo de Derechos Humanos de que, con carácter general, la revisión de los elementos subjetivos del delito es una cuestión de hecho y no una cuestión de calificación jurídica y, por ello, precisa la audiencia del acusado ( SSTEDH de 10 de marzo de 2009, caso Igual Coll c. España ; 22 de noviembre de 2011, caso Lacadena Calero c. España ; 13 de diciembre de 2011, caso Valbuena Redondo c. España ; 20 marzo 2012, caso Serrano Contreras c. España ; 27 de noviembre de 2012, caso Vilanova Goterris c. España ; 8 de octubre de 2013, caso Nieto Macero c. España ; 8 de octubre de 2013, caso Román Zurdo c. España ; 12 de noviembre de 2013, caso Sainz Casla c. España ; 8 de marzo de 2016, caso Porcel Terribas y otros c España; o 29 de marzo de 2016, caso Gómez Olmeda c. España ).

En aplicación desta doutrina, debemos concluír que non resulta posible realizar a valoración que reclaman os apelantes a prol das súas lexítimas expectativas de parte. Non podemos agora nesta segunda instancia efectuar unha nova análise das probas eminentemente persoais avaliadas en conciencia ao abeiro do artigo 741 da Lei de axuizamento criminal por quen coa súa insubstituíble inmediación xa as analizou dun xeito que, ademais, se presenta imparcial, obxectivo e profusamente razoado.

Así, o único que sen dúbida se puido ter por certo na instancia -e así se reflectiu nos feitos probados da sentenza contra a que se apela- foi o accidente de circulación en que participou o automóbil propiedade da agora apelante Consuelo , que habitualmente conduce o seu fillo Agapito e asegurado pola tamén agora recorrente entidade Axa Seguros Generales, SA. Mais, por mor da proba eminentemente persoal practicada na vista oral -declaracións do amentado Agapito , do acusado, Jenaro , e da testemuña Julia -, o que non se puido xustificar cunha mínima seguridade foi que, no intre do accidente de tráfico, quen conducía o referido automóbil era precisamente o acusado absolvido e agora apelado. Velaí a cerna da decisión que se combate perante esta alzada.

E, verbo da avaliación do declarado por aquelas tres persoas, non apreciamos que se cometese o máis mínimo erro, á marxe da discrepancia das partes -a dona e a aseguradora do coche- para cun pronunciamento xudicial adverso aos seus intereses. Ben sinxelamente, a incerteza sobre quen conducía o vehículo de motor parte do dato de que, xusto despois da colisión con outro coche, o seu condutor non se detivo e fuxiu do lugar. Amais, o seu usuario habitual - Agapito - declarou que o deixara aparcado, que non volvera a conducilo, e que lle entregara de madrugada as chaves ao acusado, Jenaro , por algunha razón (para que llas gardase, para que se puidese mudar de roupa, para reencher as copas co alcol que había no interior do coche, etc.). A entrega das chaves foi recoñecida polo propio acusado, gardounas e devolveullas o mesmo día pola tarde, e referiu que el non o conduciu xa que non ten o correspondente permiso para facelo. E a testemuña Julia , que puido observar como os dous ocupantes do vehículo accidentado mudaban de posición no seu interior -de condutor a acompañante e viceversa-, nunca recoñeceu o acusado como algún deles e no xuízo oral realizado na instancia só puido referir que o acusado era moi parecido ao rapaz que pasou do asento do condutor ao do acompañante.

Todo o anterior, unido ao ben asisadamente apuntado na instancia de que semella que o coche era utilizado polos amigos do fillo da súa propietaria comobasepara as súas saídas nocturnas, non constitúe un mínimo indicio serio do cal poder tirar unha proba incriminatoria para o acusado e agora apelado. E en nada obstan a todo o dito a hora concreta do accidente de circulación -a entidade aseguradora sostén que foi ás 16 horas do día 10 de xaneiro de 2016-, nin o feito de que o vehículo non presentase signos de forzamento para acceder ao seu interior e fose acendido de xeito normal, nin as particularidades relacionadas co suadoiro que, segundo a amentada testemuña, vestía un dos ocupantes do vehículo. Estes detalles, xunto co xeito de intercambiaren estes as súas posicións, a súa complexión e altura, etc., formaron parte das contradicións do testemuño de Julia reflectidas pola maxistrada xuíza na súa sentenza.

En conclusión, rexeitamos ambos os dous recursos de apelación e, xa que logo, non acollemos a anulación da sentenza pronunciada na instancia para que se pronunciase outra que colmase os intereses das partes recorrentes do xeito que especificamente xa solicitaron na instancia.

Terceiro.- As custas xeradas na presente alzada declarámolas de oficio.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos rexeitar o recurso de apelacióninterposto pola representación procesual de Axa Seguros Generales, Consuelo contra a sentenza ditada con data do 7 de xullo de 2017 no procedemento abreviado nº 165/2017, polo Maxistrado/a Xuíz/a do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra , e confirmar esta sentenza, declarando de oficio as custas.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistradodon José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.