Sentencia Penal Nº 249/20...re de 2015

Última revisión
01/02/2016

Sentencia Penal Nº 249/2015, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 955/2015 de 28 de Octubre de 2015

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Penal

Fecha: 28 de Octubre de 2015

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 249/2015

Núm. Cendoj: 36038370022015100248

Resumen:
FALSO TESTIMONIO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00249/2015

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36038 43 2 2013 0001889

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000955 /2015CR

Delito/falta: FALSO TESTIMONIO

Denunciante/querellante: Luis Carlos

Procurador/a: D/Dª TERESA REDONDO SANDOVAL

Abogado/a: D/Dª LETICIA PEREZ LORENZO

Contra: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA Nº 249

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRASPresidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistrados/asDª.ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, a vinte e oito de outubro de dos mil quince.

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 955/15, o recurso de apelación interposto polo apelante Luis Carlos , representado polo procurador Teresa Redondo Sadoval e defendido polo letrado Leticia Pérez Lorenzo, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 2 de Pontevedra Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do cuxa parte dispositivaé do teor literal seguinte: ' Que condeno a Luis Carlos , como autor dun delito contra a Administración de xustiza, de falso testemuño do artigo 458.1 do Código penal , coas seguintes penas:

1. Nove meses de prisión e accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo. Non procede a suspensión desta pena de prisión.

2. Multa de 4 meses cunha cota de 3 euros diarios; en total fan 360 euros, que aboará no prazo de 10 días desde a firmeza da sentenza, con responsabilidade persoal en caso de non pagamento.

Impónselle as custas a Luis Carlos . '

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

' Primeiro. O día 6 de novembro de 2012 foi o xuízo oral do procedemento 280/2012do Xulgado do Penal nº 2 de Pontevedra, no cal Cayetano foi acusado da comisión dun deito de lesións.

Neste xuizo declarou como testemuña Luis Carlos , quen coñecendo que mentía, declarou que o señor Cayetano no agrediu a ninguén e que estivo ao seu carón durante a estancia na discoteca.

Segundo. O día 6 de novembro de 20123 ditouse una sentenza na mencionada causa que declarou y como feito probado o seguinte: ' resulta probado y así se declara que el día 12 de septiembre de 2009, sobre las 5,30 horas, Cayetano se encontraba en el interior de la discoteca Queen, sita en Sanguiñeda, Mos; y cuando Epifanio , trabajador de la discoteca, trataba de evitar un altercado, Cayetano le propinó un cabezazo que provocó que Epifanio cayera al suelo con el golpe, y ya estando en el suelo, Cayetano le golpeó. '

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse polo Miinisterio Fiscal escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso, previa deliberación.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.- O acusado, Luis Carlos , foi condenado na instancia como autor responsable dun delito contra a Administración de xustiza, na modalidade de falso testemuño do artigo 458.1 do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo.- Unha vez máis cómpre lembrar que resulta incompatible a manida mestura das alegacións da parte apelante. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba o acusado, o erro por parte do maxistrado xuíz da instancia na valoración da proba, e a suposta existencia de dúbidas que abocarían o autor da resolución xudicial que se combate ao inexorable pronunciamento absolutorio. A pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- supoñería a inexistencia de probas de cargo contra o acusado. E o erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Mentres que o principio in dubio pro reonon resulta de aplicación cando, precisamente, o xuíz non albisca dúbidas verbo do resultado do material probatorio practicado perante el coa súa insubstituíble inmediación. Pero ningunha das tachas que o apelante lle apón á resolución contra a que recorre concorren no presente caso.

O que revela a alegación do motivo de impugnación consistente no suposto erro en que incorreu o maxistrado xuíz a quoá hora de avaliar o material probatorio practicado na súa presenza ( artigo 741 da Lei de axuizamento criminal ) é, única e exclusivamente, a discrepancia da parte apelante para cun pronunciamento xudicial frontalmente adverso aos seus intereses. E ren máis, xa que por ningures resulta posible albiscar onde é que o xulgador da instancia errou no desenvolvemento da súa función de análise da proba.

Obtívose e practicouse proba de cargo máis que suficiente como para poder entender validamente desvirtuada a presunción de inocencia - artigo 24.2 da CE - que, nun principio, amparaba o acusado. Así se colixe da súa propia declaración, da da testemuña Epifanio , e da gravación da vista oral realizada no procedemento abreviado 280/2012 do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, e da sentenza nel pronunciada o 6 de novembro de 2012 . Na avaliación dos devanditos medios probatorios por parte do maxistrado xuíz a quoao abeiro do artigo 741 da Lei de axuizamento criminal , non albiscamos nin o máis mínimo erro que debamos corrixir nesta alzada. Mesmo o que se alega no recurso de apelación ao respecto son meros pareceres e especulacións da parte no seu lexítimo interese como tal, pero nin por asomo logran ensombrecer o recto, obxectivo e imparcial criterio xudicial. E, non facéndoo o xulgador, non pode a parte impoñerlle que dubide do resultado das referidas probas de cargo. O único certo é que o agora apelante mentiu á mantenta de xeito clamoroso nun procedemento anterior ao negar que o acusado neste último, que sempre estivera ao seu carón, agredira a un terceiro.

Como razoa a xa na instancia citada STS, Penal, Sección 1ª, do 24 de abril de 2014 (ROJ: STS 1708/2014 - ECLI:ES:TS:2014:1708), na parte non transcrita na sentenza contra a que se apela:

[...]el delito de falso testimonio definido en el art. 458 del Código penal , se comete cuando una persona llamada a prestarlo en causa judicial se aparta sustancialmente de la verdad tal como ésta se le representa, es decir, miente en lo que sabe y se le pregunta. Decir la verdad es un deber moral sin cuyo cumplimiento la vida social, basada en la confianza mutua, se hace harto difícil. No siempre, sin embargo, la mentira -acto inmoral- recibe una respuesta punitiva porque en una sociedad plural y libre sólo un reducido núcleo de la moral debe estar respaldado por la coacción penal, siendo éste seguramente uno de los más certeros indicadores del grado de libertad garantizado en cada grupo social a sus miembros. La reacción penal frente a la mentira sólo es admisible -y obligada- cuando ésta lesiona concretos bienes jurídicos, individuales o colectivos, cuya salvaguarda es indispensable para una sana y pacífica convivencia. Así, por ejemplo, faltar a la verdad en la declaración que se presta como testigo en un procedimiento judicial es delito porque el testimonio es uno de los medios de prueba sobre los que se puede basar la convicción del juzgador sobre los hechos que han de constituir la premisa menor del silogismo judicial. Existe, pues, la posibilidad de que un testimonio falso, si induce a error al juez o tribunal ante el que se presta y es valorado como verdadero, provoque una resolución injusta, esto es, un pronunciamiento en que no se realice el valor superior de la justicia y se lesione un interés que debe ser protegido por el poder judicial. Esta es la razón fundamental por la que, en una sociedad democrática, el falso testimonio es tipificado como delito en la Ley penal. De acuerdo con esta «ratio», el CP 1995 ha prescindido de la casuística tipología que presidía la regulación del falso testimonio en los textos anteriores y distingue únicamente, en su art. 458, dos tipos delictivos según la importancia de los bienes jurídicos que pueden ser vulnerados como consecuencia de una alteración sustancial de la verdad en la declaración prestada por un testigo en causa judicial: el falso testimonio dado en contra del reo en causa criminal por delito -castigado con pena más severa en consideración a las privaciones o restricciones de derechos, incluso fundamentales, que podrían eventualmente derivarse de una condena provocada por la declaración falaz- y cualquier otro falso testimonio dado en causa judicial, que constituye el tipo básico. El tipo agravado, a su vez, figura en el apartado 2 del citado artículo acompañado de un subtipo aún más grave definido por la concurrencia de una condición objetiva de punibilidad: la de que, como consecuencia del testimonio, hubiera recaído sentencia condenatoria (véase la STS 1624/2002, de 21 de octubre ).

O que no outro procedemento declarou o aquí acusado-apelante non versaba sobre cuestións intranscendentes, ou sobre opinións ou simples xuízos de valor. O seu testemuño recaeu -contrariamente ao que alega- sobre un aspecto ben esencial para os efectos do axuizamento: se a persoa coa que durante todo o tempo estivo nun establecemento público agredira ou non a outra persoa. Non se trataba da maior ou menor credibilidade do seu testemuño, senón de que, como se demostrou, faltou substancial e maliciosamente á verdade, é dicir, mentiu cando contestou e narrou o sucedido. E ren máis.

Por último, e en canto á individualización da pena, non existe a desproporción que se alega no recurso de apelación. Non se pode falar de desproporción cando o maxistrado xuíz a aplica dentro do tipo da prevista polo lexislador para a figura delituosa de que se trata. A non imposición do mínimo legal previsto no artigo 458 do Código penal razóaa o xulgador a quono fundamento de dereito terceiro da súa sentenza. Mesmo a fixou ben preto da mínima -9 meses de prisión-. E, no relativo á pena de multa, tampouco se pode considerar desproporcionada, a de catro meses a razón de 3 € diarios.

Terceiro.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos desestimaro recurso de apelacióninterposto pola representación procesual de Luis Carlos , contra a sentenza ditada con data do 18 de agosto do 2015, no PA 208/15, polo Xulgado do Penal nº 2 de Pontevedra , e confirmaresta sentenza, coas custas ao apelante.

Notifíquese a presente sentenza as partes facéndoselle saber que a presente resolución e firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada nodía da data, polo maxistrado don JOSE JUAN BARREIRO PRADO, durante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.