Sentencia Penal Nº 25, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1013 de 28 de Marzo de 2000
Sentencia Penal Nº 25, Au...zo de 2000

Última revisión
28/03/2000

Sentencia Penal Nº 25, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1013 de 28 de Marzo de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 28 de Marzo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 25

Nº de recurso: 1013

Resumen
  Acéptanse os da sentencia apelada, se ben da declaración de Feitos Probados suprímese a mención "apoderándose de varios efectos no recuperados, y cuyo valor no consta", que debe entender substituída pola de "non constando que do interior do local substraesen algún obxecto".Se condena a Victor Manuel y a Rafael como autores de un delito de robo con fuerza, previsto y penado en los arts.Notificada a devandita sentencia ás partes polos acusados e o Ministerio Fiscal interpuxose recurso de apelación,e emprazadas as partes deuse cumprimento ó establecido no artigo 795.5ª da L.A. Cr. Na inicial comparecencia efectuada pola dotación policial na Comisaría desta Cidade xa se advertia que unha das cristaleiras do local tiña un anaco roto. Mentres que o mesmo día do roubo ó practicarse a correspondente acta de inspección ocular o autor ou autores do roubo pinzaran a lúa do escaparte do establecemento, logrando rachar o seu cristal e o mesmo practicando un oco; asemade que, no interior do cubo do lixo situado en fronte do local se atoparan os anacos do cristal que foran reitados do escaparate, detectándose nos mesmos pegadas asentadas non sobre un cara, senón por sobre ambas caras dos cristais. E o día da vista oral á mesma compareceu aquel axente de policía (Ramón) que tiña practicado a inspección ocular e, despois, a pericial lofoscópica, relatando como a lúa do escaparate do local se fracturou e os cristais non caeran ó chan, senón que tiveron que extraerse directamente, de onde que, se sobre os mesmos só se detectaron as pegadas dos dedos das mans dos acusados, agora recorrentes, ben doado é de tal feito colixir a autoría do roubo que lles viñan imputando e moito máis aínda se ambos acusados recoñeceron ter pasado o día dos feitos polo lugar, comprobar como a lúa do escaparte estaba rota, altruísta e civicamente recoller os anacos de cristais e metelos no cubo do lixo e, no caso de Víctor Manuel, admitir que levaba un desaparafusador e non lembrarse de se metera ou non a man polo oco do cristal do establecemento e, no caso do acusado Rafael, notoriamente contradicirse sobre se ollara ou non a lúa do escaparate rota, e se tocara ou non os anacos daquela.Velaí polo que os máis detallados argumentos inseridos na sentencia apelada verbo da demostrada autoría dos agora recorrentes en apelación nun todo deben ser confirmados nesta alzada ó de abondo terse practicado, con tódalas garantías, proba de cargo enervadora da constitucional presunción de inocencia.Deste xeito, os feitos axuizados non acadaron o grao consumativo e se detiveron na mera tentativa do artigo 16 do Código Penal, coas lóxicas consecuencias punitivas previstas nos artigos 62 e 88 do mesmo texto legal.    

Voces

Robo con fuerza

Inspección ocular

Antecedentes penales

Delito de robo

Sentencia firme

Robo con violencia

Tentativa

Presunción de inocencia