Sentencia Penal Nº 25, Au...zo de 2000

Última revisión
14/03/2000

Sentencia Penal Nº 25, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1087 de 14 de Marzo de 2000

Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 14 de Marzo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 25

Resumen:
  Mais é o feito de lle dar morte ao animal, por este ter matadas as ovellas do acusado, segundo unha versión que ninguén pon en tea de xuízo -nin aínda as partes acusadoras-, o que fai dubidarmos da realidade dese propósito definitivo do inculpado de quedar co animal, ou todo o contrario, sendo entón mester estimar que este foi collido polo acusado sen desbotar este último devolverllo ao seu dono de este aparecer.

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

AUTO: 10025/2000

      AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

      Sección nº 1

 

APELACIÓN PENAL

 

Rolo: 1087/99

P. Abreviado: 60/99

Orixe: XDO. DO. PENAL VIGO 3

 

Ilmos. Sres. Presidente:

D. LUCIANO VARELA CASTRO

Maxistrados:

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

D. JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO

 

      A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VARELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM. 25

 

Pontevedra, o 14 de marzo do año 2000..

 

      No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nas precedentes dilixencias previas do procedemento abreviado que á cima se amenta, contra do/dos acusado/s ANGEL, son partes: dunha beira, como apelante/s, o devandito acusado, e da outra, como apelado/s, e o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

Non se aceptan os feitos probados da sentencia contra a que se recorre; non se estima acreditado que o acusado tivese o propósito de se apropiar de xeito definitivo do animal.

 

PRIMEIRO. Con data 28 de abril de 1999, o xuíz do Xulgado do Penal Vigo 3 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a declaración de feitos probados da cal, rigorosamente, di:

      "Que debía absolver y absolvía a ANGEL del delito de apropiación indebida del que venia siendo acusado, declarando las costas de oficio y que debía condenar y condenaba a ANGEL, de una falta de apropiación indebida prevista y penada en el art. 623 del C. penal, a la pena de MULTA DE 2 MESES, a razón de una cuota diaria de 1000 pta, con responsabilidad subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas insatisfechas y con las costas correspondientes a un juicio de faltas.". ,

 

      SEGUNDO. Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, ANGEL, os apelados e o ministerio Fiscal solicitaron da sentencia recorrida.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

      PRIMEIRO. Despois de revisadas as probas practicadas no acto do xuízo oral, a Sala non chega á enteíra convicción, excluente de calquera dúbida racional, nin de que o acusado tivese a intención de se apropiar de xeito definitivo do animal, nin de que tivese enteiro, cabal e perfecto coñecemento de que este estaba sinxelamente perdido, e non abandonado. Pénsese neste último senso que o animal levaba xa algúns días vagando por diversas rúas e lugares, sen placa, colar, nin ningún elemento de identidade, segundo as declaracións testemuñais. Mais é o feito de lle dar morte ao animal, por este ter matadas as ovellas do acusado, segundo unha versión que ninguén pon en tea de xuízo -nin aínda as partes acusadoras-, o que fai dubidarmos da realidade dese propósito definitivo do inculpado de quedar co animal, ou todo o contrario, sendo entón mester estimar que este foi collido polo acusado sen desbotar este último devolverllo ao seu dono de este aparecer. O curto tempo que decorreu entre a collida do animal polo acusado, e o seu sacrificio polas razóns sinaladas, vén impedir cal era o obxectivo certo e final, desexado ou perseguido polo inculpado, o que, engadido ao ofrecemento feito por este ao dono do can, de aboarlle o seu valor, ten que levar, por aplicación do principio in dubio pro reo, a unha decisión absolutoria, sen prexuízo de ese valor poder ser esixido noutro eido, distinto do penal.

 

SEGUNDO. Decláranse de oficio as custas procesuais de ámbalas dúas instancias.

 

      Acae atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a constitución española nos outorga.

 

DECIDIMOS

 

      Que é mester nós acollérmo-lo recurso de apelación movido por ANGEL, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal Vigo 3, na data de 28 de abril do año 1999, e absolvemos libremente o acusado da falta pola que foi condenado na primeira instancia, declarando de oficio as custas procesuais de ámbalas dúas instancias.

 

      Con testemuño desta resolución, devólvanselle as actuacións ao xulgado de orixe, por quen se ha notificar recibimento.

 

Deste xeito, por esta a nosa sentencia, da que se achegará certificación ao rolo da Sala, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.