Última revisión
Sentencia Penal Nº 25, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1119 de 07 de Marzo de 2000
Sentencia
Orden: Penal
Fecha: 07 de Marzo de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 25
Nº de recurso: 1119
Resumen
O Ministerio Fiscal á hora de elevar as súas provisionais
a definitivas cualificou os feitos como constitutivos dun delicto contra a
saúde pública, na súa modalidade de tenencia de droga que causa grave dano á
saúde destinada ó tráfico, penado n artigo 368 do Código Penal, do que
consideraba responable en cncpeto de autor ó acusado conforme o artigo 28 do
Código Penal, apreciando a concorrencia da circunstancias agravante de
reincidencia do art. 22-8 do Código Penal, e a atenuante de grave adicción a sustancias estupefacientes do art. 21.2 do Código Penal, procede impor ó acusado a pena de cinco años de prisión e multa dun millón de pesetas, comiso da droga íntervida,
así como o pagamento das custas.A defensa do acusado mostrou a súa
disconformidade co manifestado polo Ministerio Fiscal, solicitando a libre
absolución do seu representado. Sobre as 19'08 horas do día 15 de agosto de
1997 o acusado MANUEL, das circunstancias persoais que xa constan, foi detido
por axentes da policía local de Bueu na rúa …, da mesma vila, cando saía do
automóbil Seat Ibiza, que conducía, momento no cal intentou fuxir portando na
súa man unha bulsa de plástico que, a súa vez, contiña outras catro bolsas máis
pequenas cunha substancia que, convenientemente analizada, resultou ser
heroína, cun peso de 19'780 gramos netos, unha pureza do 52'64%, e un valor
aproximado de 489.750 pts.A intervención da policía local de Bueu veu motivada
polo feito de que dous axentes da mesma decatáronse da presencia dun vehículo a
motor ó conductor do cal tiñan asociado co consumo e posible venda de
estupefacientes, así como que proviña o mesmo da estrada de Cangas do Morrazo
lugar ó que, segundo aqueles funcionarios, se soe ir a busca-la droga para o
seu posterior trapicheo.O conductor do amentado automóbil resultou ser o
acusado MANUEL que, ó saír daquel, intentou fuxir cunha bolsa de plástico na
man que, a súa vez, contiña outras catro máis pequenas, nas que se inserira a
droga que foi incautada (19'780 gramos netos de heroína, cunha pureza do 52'64
%, e un valor aproximado de 489.750 pts). Pois ben, ante a radical negativa do
acusado de orientar a posesión da droga que lle foi incautada ó tráfico ou
consumo de terceiras persoas alleas a el mesmo, haberá que pescudar se ós autos
se achegou a cumprida demostración de tal predicada actividade ilícita tal e
como así o viña preconizando a acusación pública. E por enriba, non deron
especificado en que datos concretos se baseaban para soster tal hipotética
sospeita, non acreditándose sequera que relación gardaba o acusado con aquel
automóbil, nin mesmo quen era o seu lexítimo propietario. E por último, a
intervención policial paralizouse con tal actividade, isto é, a posta do
acusado a disposición da garda civil, e ren máis, non téndose interesado nin,
xa que logo, practicado máis pescudas ó respecto (entrada e rexistro no
domicilio daquel para ver de se nel se podían atopar obxectos reveladores da
autoría delictiva que se lle imputa, etc), sendo de subliñar que ó acusado só
se lle ocupou a droga e ningún outro trebello ou instrumento (diñeiro en
efectivo, pesas, balanzas, navallas ou coitelos con restos, substancias para
corta-la droga, palliñas, papel de aluminio, recortes das esquinas de bolsas,
ovos de plástico, cadernos ou follas con anotacións, etc).Só se podería
sustentar entón a acusación na cantidade de droga aprehendida, na súa pureza, e
no importe económico que podería terse acadado coa súa venda. Mais considérase
que tales circunstancias non abondan para enervar a constitucional presunción
de inocencia. Do mesmo xeito a STS do 30 xuño 1989 lembraba que "La
sentencia de 20 de abril de 1988, con referencia a la heroína, recuerda que la
Sala ha venido considerando, como demostrativa de la tenencia tendencial del
tráfico ulterior, los casos de posesión o tenencia de droga de las cantidades
siguientes: 150 gramos -sentencia 11 de noviembre de 1983-, 15 gramos
-sentencia 29 de octubre de 1983-, 17 gramos -sentencia de 23 de febrero de
1984-, 34 gramos -sentencia de 12 de diciembre de 1984-, 11,774 gramos -sentencia
de 8 de octubre de 1986-, 3,3 gramos -sentencia de 7 de febrero de 1986-,
31,051 gramos -sentencia de 26 de febrero de 1987-, e 43,6 gramos -sentencia de
16 de septiembre de 1987-, cantidades límites con los módulos exigidos por este
Tribunal para la apreciación del subtipo, y que, por tanto, han de servir, con
mayor razón, para la deducción del hecho básico, para la apreciación de la
prueba de cargo directa o indiciaria; en tanto que el concepto de exigüidad,
que debe servir para distinguir en el consumidor habitual de drogas la cantidad
que puede suponerse destinada al propio consumo y la que está orientada al
tráfico deben ser objeto de interpretación estricta y rigurosa.Se absulve a
Manuel.
Voces
Drogas
Heroína
Estupefacientes
Presunción de inocencia
Reincidencia
Grave adicción a sustancias tóxicas
Atenuante
Decomiso
Contrabando
Sentencia firme
Acusación pública
Actividad delictiva
Indicio probado
Prueba de indicios
Metadona
Toxicomanía
Valoración de la prueba
Prueba de cargo
Se ha alcanzado el límite semanal de acceso por IP a 5 sentencias
Para poder acceder al doble de documentos semanales regístrese de manera gratuita:
Registro Gratuito¿Necesita un acceso ilimitado?
Vea aquí nuestras tarifas de suscripciónSi es usted cliente o ya se ha registrado, introduzca sus datos de acceso.
Acceder