Última revisión
01/02/2016
Sentencia Penal Nº 267/2015, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 54/2015 de 03 de Noviembre de 2015
Relacionados:
Tiempo de lectura: 26 min
Orden: Penal
Fecha: 03 de Noviembre de 2015
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 267/2015
Núm. Cendoj: 36038370022015100252
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00267/2015
AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION SEGUNDA DE PONTEVEDRA
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
N85860
N.I.G.: 36039 41 2 2012 0004962
PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000054 /2015CR
Delito/falta: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Denunciante/querellante: BANCO POPULAR ESPAÑOL, S.A., Raquel , MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a: D/Dª JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO, MERCEDES DE MIGUEL GONZALEZ ,
Abogado/a: D/Dª SAGRARIO CADENAS RUIZ, MARIA CRISTINA ROMA BALSEIROS ,
Contra: Vicente
Procurador/a: D/Dª SARA DACAL RUIZ
Abogado/a: D/Dª DAVID RODRIGUEZ GROBA
SENTENZA Nº267
==========================================================
ILMOS/AS SR./SRAS
Presidente/a: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO
Magistrados/as Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO
Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA
==========================================================
PONTEVEDRA, a tres de Novembro de dous mil quince.
VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 54/2015, procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 do Porriño e seguida polo trámite de procedemento abreviado, polo delito CONTINUADO DE ESTAFA, contra Vicente , con DNI número NUM000 , veciño de Caldas de Reis, con domicilio en DIRECCION000 nº NUM001 NUM002 , NUM003 , Caldas de Reis, cuxos antecedentes penais non constan, cuxa solvencia non consta, en situación de liberdade por esta causa, representado pola procuradora Sra. Sara Dacal Ruiz e defendido polo letrado Sr. David Rodríguez Groba. Como acusación particularintervén Raquel , representada pola procuradora Sra. Mercedes de Miguel González e defendida pola letrada Sra. Silvia Mariño Laíño; como actor civil,o BANCO POPULAR ESPAÑOL, S.A. representado polo procurador Sr. José Antonio Fandiño Carnero e defendido pola letrada Sra. Sagrario Candenas Ruiz; e como parte acusadora, o Ministerio Fiscal,na representación do cal interveu Dª .CARMEN NO VO. É relator o maxistrado D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO,quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
PRIMEIRO.-As presentes actuacións instruíronse polo presunto delito CONTINUADO DE ESTAFA e, practicadas as oportunas dilixencias, convocáronse as partes a xuízo oral, que tivo lugar o día 3 de novembro do 2015, ao cal compareceron as persoas indicadas na acta redactada para o efecto.
SEGUNDO.-O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito continuado de estafa dos artigos 248 , 249 e 250.1.4 º e 6º do Código penal .
Responde o acusado dos feitos narrados en concepto de autor, art. 28 do Código penal .
Non concorren no acusado circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.
Procede impoñer ao acusado a pena de seis anos de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena conforme o artigo 56 do Código penal e doce meses multa, cunha cota diaria de 6 euros, suxeito no caso de impago á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas conforme o artigo 53 do Código penal .
TERCEIRO.-Pola acusación particular, Raquel , no seu escrito de conclusión provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito continuado de estafa, dos artigos 248 , 249 e 250.1.4 º, 5 º e 6º do CP .
Responde o acusado en concepto de autor, art. 28 do Código penal .
Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade.
Procede impoñer ao acusado a pena de 6 anos de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena conforme o artigo 56 do Código penal e doce meses de multa, cunha cota diaria de 6 euros, suxeito no caso de impago a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas conforme ao artigo 53 do CP .
En canto a responsabilidade civil, solicítase o seguinte:
- Declárese a nulidade da escritura de constitución de hipoteca do 25 de febreiro do 2010 subscrita polo acusado co Banco Popular Español, e a súa cancelación rexistral.
- Así mesmo, declárese a nulidade da cláusula da fianza do contrato do arrendamento financeiro mobiliario do 3 de setembro do 2007, o que supón a restitución pola entidade Finanzia Banco Crédito, SA, na cantidade de 47.361,06 euros cobrados da prexudicada no procedemento xudicial.
- O acusado, en aplicación do artigo 576 da LACrim , indemnizará a entidade Finanzia Banco de Crédito, SA, na cantidade de 47.361,06 euros polo valor do retrocamión e na cantidade de 19.506,33 euros e 5.851 euros polas custas e xuros derivados da reclamación xudicial do prezo, e indemnizará o Banco Popular Español na cantidade de 85.000 euros.
A acusación particular, no acto do xuízo oral, muda as súas conclusións en definitivas.
CUARTO.-No acto do xuízo oral o Ministerio Fiscal retirou a acusación.
O actor civil compareceu só pola acción civil.
QUINTO.-A defensa do acusado, no acto do xuízo oral, muda as súas conclusións en definitivas. Solicita a libre absolución do seu patrocinado ao non ter participación ningunha nos feitos presuntamente delituosos.
Primeiro.- O acusado, Vicente , cuxas circunstancias persoais xa constan, casou con Raquel o 9 de maio de 1998 e tiveron dous fillos - María Rosa e Aurelio -. Por unha sentenza do 4 de febreiro de 2005, pronunciada pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Caldas de Reis , nos autos 405/2004, decretouse a separación de mutuo acordo do amentado matrimonio. Pola mesma sentenza aprobáronse as estipulacións da proposta de convenio regulador que formulaban os cónxuxes, do cal formaba parte a disolución e liquidación dos bens gananciais que, no relativo á vivenda situada no BARRIO000 , portal NUM004 , escaleira NUM004 , planta NUM002 , porta NUM003 , da localidade de Caldas de Reis, se atribuía a ambos cunha cota do 50% en réxime de copropiedade.
Segundo.- O 22 de novembro de 2005, nunha notaría de Pontevedra, Raquel , facendo constar que estaba separada xudicialmente, outorgoulle un poder xeral ao acusado, Vicente , coas máis amplas facultades de administración e disposición, sen facer mención expresa ningunha á finalidade ou propósito que a levou a tal xeito de obrar.
Terceiro.- O 3 de setembro de 2007 o acusado, Vicente , asinou coa entidade Finanzia Banco de Crédito, SA, un contrato de arrendamento financeiro mobiliario que tiña por obxecto un tractocamión, da marca Scania, modelo R164LA4X2NB, con número de chasis NUM005 . Comprometeuse a satisfacer 48 mensualidades de 1 008,49 €, cunha opción de compra final ou valor residual de 869,39 €. No devandito contrato figuraba Raquel como fiadora do cumprimento da obrigación grazas ao emprego por parte do acusado do poder xeral notarial que lle outorgara.
Ao non resultaren pagas as mensualidades pactadas, a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Caldas de Reis, no xuízo ordinario 140/2008, pronunciou unha sentenza firme o 20 de febreiro de 2009 , pola que se condenaba o acusado, Vicente , e a Raquel (declarados en rebeldía) ao pagamento de xeito solidario a prol da actora Finanzia Banco de Crédito, SA, de 47 361,06 €, mais os xuros e custas correspondentes.
O 30 de marzo de 2009 Raquel pagou o principal pola amentada cantidade de 47 361,06 €.
Por un auto do 13 de abril de 2010, a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Caldas de Reis aprobou, nos referidos autos de xuízo ordinario 140/2008, a taxación de custas practicada por importe de 6 796,67 € e a liquidación de xuros por importe de 9 938,06 € do exercicio 2008 e 2 771,60 € do exercicio 2009, cantidades a cuxo pagamento viñan condenados Raquel e o aquí acusado, Vicente . Polo total das cantidades anteriormente reflectidas (19 506,33 €) mais outros 5 851 € que se fixaban provisionalmente en concepto de xuros, despachouse execución contra Vicente e Raquel por un auto do 10 de novembro de 2010 na execución de títulos xudiciais 580/2010, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Caldas de Reis .
Cuarto.- O 25 de febreiro de 2010, Vicente (no seu propio nome e en representación de Raquel por mor do poder notarial que esta lle outorgara o 22 de novembro de 2005) e Natalia concertaron co Banco Popular Español, SA, un préstamo por importe de 85 000 €, coa garantía da constitución dunha hipoteca sobre a amentada vivenda que en réxime de copropiedade ao 50% tiña o acusado e a súa ex-esposa na localidade de Caldas de Reis e coa fianza solidaria da nai do acusado, Natalia .
Quinto.- Por un auto do 14 de outubro de 2010, o Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Caldas de Reis , nos autos 612/2010, despachou a execución forzosa das medidas acordadas na referida separación matrimonial de mutuo acordo a solicitude de Raquel contra o acusado, Vicente , por un importe de 18 657,84 € de principal mais 5 500 € en concepto de xuros.
Sexto.- Raquel non revogou o poder xeral notarial que outorgara en favor de Vicente ata o 16 de decembro de 2010.
Fundamentos
Primeiro.- O Ministerio Fiscal, que nas súas conclusións provisionais consideraba o acusado, Vicente , autor dun delito continuado de estafa dos artigos 248 , 249 e 250.1.4 º e 6º do Código penal , retirou a amentada acusación no acto do xuízo oral. Pola contra, a acusación particular exercida por Raquel si que mudou as súas conclusións provisionais en definitivas e mantivo así a acusación contra aquel nuns termos idénticos aos da fiscala que definitivamente a retirou, co engadido do número 5º do artigo 250.1 do Código penal .
Segundo.- Os feitos declarados probados non son legalmente constitutivos do delito continuado de estafa que unicamente lle rematou imputando ao acusado, Vicente , Raquel .
Verbo do engano como elemento típico no tipo de estafa, debemos lembrar coa STS 413/2015 , do 30 de xuño, que é aquel que xera un risco xuridicamente desaprobado para o ben xurídico tutelado e concretamente o idóneo ou axeitado para provocar o erro desencadeante da inxusta diminución do patrimonio alleo (así, as SSTS 954/2010, do 3 de novembro ; 162/2012, do 15 de marzo ; 344/2013, do 30 de abril ; 539/2013, do 27 de xuño ; 42/2014, do 5 de maio ; e 228/2014 do 26 de marzo ). A estafa como elemento esencial require a concorrencia do engano, que debe ser suficiente, ademais de precedente ou concorrente co acto de disposición da vítima que constitúe a consecuencia ou efecto da actuación enganosa, sen a cal non se produciría o traspaso patrimonial, acto de disposición que realiza o propio prexudicado baixo a influencia do engano que move a súa vontade ( SSTS 1479/2000, do 22 de setembro ; 577/2002, do 8 de marzo ; e 267/2003, do 29 de febreiro ). A devandita consecuencia pode consistir en calquera acción do enganado que cause un prexuízo patrimonial propio ou de terceiro, entendéndose por tal tanto a entrega dunha cousa como a prestación dun servizo polo que se obtén a contraprestación. Mais cremos que nos exonera de moitos comentarios doutrinais e xurisprudenciais redundantes a sinxela transcrición da ben recente STS, Penal, Sección 1ª, do 1 de outubro de 2015 (ROJ: STS 4069/2015 - ECLI:ES:TS:2015:4069). Segundo esta:
El engaño ha sido ampliamente analizado por la doctrina de esta Sala, que lo ha identificado como cualquier tipo de ardid, maniobra o maquinación, mendacidad, fabulación o artificio del agente determinante del aprovechamiento patrimonial en perjuicio del otro y así ha entendido extensivo el concepto legal a 'cualquier falta de verdad o simulación', cualquiera que sea su modalidad, apariencia de verdad que le determina a realizar una entrega de cosa, dinero o prestación, que de otra manera no hubiese realizado ( STS. 27.1.2000 ), hacer creer a otro algo que no es verdad ( STS. 4.2.2001 ).
Por ello, el engaño puede concebirse a través de las más diversas actuaciones, dado lo ilimitado del ingenio humano y 'la ilimitada variedad de supuestos que la vida real ofrece' ( SSTS. 44/93 de 25.1 , 733/93 de 2.4 ), y puede consistir en toda una operación de 'puesta en escena' fingida que no responda a la verdad y, por consiguiente, constituye un dolo antecedente ( SSTS. 17.1.98 , 2.3.2000 , 26.7.2000 ).
Ahora bien el concepto calificativo de 'bastante' que se predica en el precepto del engaño ha sido objeto tradicionalmente de gran discusión doctrinal, y en este sentido se ha considerado, de un lado, que tal elemento ha de interpretarse en términos muy estrictos entendiéndose que el engañador ha de representar una verdadera 'mise en scene' capaz de provocar error a las personas más 'avispadas', mientras que, de otro, se parte de un concepto más laxo entendiéndose que el engañado puede ser el ciudadano medio, con conocimientos normales, de inteligencia y cuidado también normal, e incluso puede entenderse bastante cuando el estafador ha elegido a sus víctimas debido precisamente a su endeble personalidad y cultura ( STS. 1243/2000 de 11.7 ).
La STS. 1508/2005 de 13.12 insiste en que la doctrina científica y la jurisprudencia coinciden en afirmar la dificultad para calificar de bastante una conducta engañosa. Suele afirmarse que la calidad del engaño ha de ser examinado conforme a un baremo objetivo y otro subjetivo. El baremo objetivo va referido a un hombre medio y a ciertas exigencias de seriedad y entidad suficiente para afirmarlo. El criterio subjetivo tiene presente las concretas circunstancias del sujeto pasivo. En otras palabras, la cualificación del engaño como bastante pasa por un doble examen, el primero desde la perspectiva de un tercero ajeno a la relación creada y, el segundo, desde la óptica del sujeto pasivo, sus concretas circunstancias y situaciones, con observancia siempre, de la necesaria exigencia de autodefensa, de manera que se exigirá en el examen del criterio subjetivo una cierta objetivación de la que resulta una seriedad y entidad de la conducta engañosa.
Por ello -hemos dicho en la STS. 918/2008 de 31.12 - que modernamente se tiende a admitir la utilización de cierto contenido de 'subjetividad' en la valoración objetiva del comportamiento con la idea de que no es posible extraer el significado objetivo del comportamiento sin conocer la representación de quien actúa. En el tipo de la estafa esos conocimientos del autor tienen un papel fundamental, así si el sujeto activo conoce la debilidad de la víctima y su escaso nivel de instrucción, engaños que en términos de normalidad social aparecen como objetivamente inidóneos, sin embargo, en atención a la situación del caso particular, aprovechada por el autor, el tipo de la estafa no puede ser excluido. Cuando el autor busca de propósito la debilidad de la víctima y su credibilidad por encima de la media, en su caso, es insuficiente el criterio de la inadecuación del engaño según su juicio de prognosis basado en la normalidad del suceder social, pues el juicio de adecuación depende de los conocimientos especiales del autor. Por ello ha terminado por imponerse lo que se ha llamado módulo objetivo-subjetivo que en realidad es preponderantemente subjetivo.
Pero además, en esta graduación del engaño, es preciso tener en cuenta la situación de peligro para el patrimonio sobre el que se desarrolla la conducta engañosa. Es decir, la valoración de la conducta engañosa difiere si ésta se desarrolla sobre un patrimonio en peligro, por su actuación en el mercado, o cuando éste no está en esa situación y la conducta engañosa, precisamente, supone su puesta en peligro, pues la misma se desarrolla contra un patrimonio que no tiene peligro alguno al tratarse de relaciones privadas entre autor y víctima del error con una proyección económica creada por la actuación del actor que utiliza la conducta engañosa ( STS. 2464/2001 de 20.12 ). Ahora bien debe también señalarse ( SSTS. 1195/2005 de 9.10 , 945/2008 de 10.12 ), que el concepto de engaño bastante, no puede servir para desplazar en el sujeto pasivo del delito todas las circunstancias concurrentes desplegadas por el ardid del autor del delito, de manera que termine siendo responsable de la maquinación precisamente quien es su víctima, que es la persona protegida por la norma penal ante la puesta en marcha desplegada por el estafador.
Quiere esto decir que únicamente el burdo engaño, esto es, aquel que puede apreciar cualquiera, impide la concurrencia del delito de estafa, porque, en ese caso, el engaño no es «bastante». Dicho de otra manera: el engaño no puede quedar neutralizado por una diligente actividad de la víctima ( Sentencia 1036/2003, de 2 de septiembre ), porque el engaño se mide en función de la actividad engañosa activada por el sujeto activo, no por la perspicacia de la víctima. De extremarse este argumento, si los sujetos pasivos fueran capaces siempre de detectar el ardid del autor o agente del delito, no se consumaría nunca una estafa y quedarían extramuros del derecho penal aquellos comportamientos que se aprovechan la debilidad convictiva de ciertas víctimas (los timos más populares en la historia criminal, estampita, engaño de la máquina de fabricar dinero o 'filo- mish', billete de lotería premiado o 'tocomocho', timo del pañuelo o 'paquero', etc...).
En definitiva, en la determinación de la suficiencia del engaño hemos de partir de una regla general que sólo debe quebrar en situaciones excepcionales y muy concretas. Regla general que enuncia la STS. 1243/2000 de 11.7 del siguiente modo: 'el engaño ha de entenderse bastante cuando haya producido sus efectos defraudadores, logrando el engañador, mediante el engaño, engrosar su patrimonio de manera ilícita, o lo que es lo mismo, es difícil considerar que el engaño no es bastante cuando se ha consumado la estafa. Como excepción a esta regla sólo cabría exonerar de responsabilidad al sujeto activo de la acción cuando el engaño sea tan burdo, grosero o esperpéntico que no puede inducir a error a nadie de una mínima inteligencia o cuidado. Y decimos esto porque interpretar ese requisito de la suficiencia con un carácter estricto, es tanto como trasvasar el dolo o intencionalidad del sujeto activo de la acción, al sujeto pasivo, exonerando a aquél de responsabilidad por el simple hecho, ajeno normalmente a su voluntad delictual, de que un tercero, la víctima, haya tenido un descuido en su manera de proceder o en el cumplimiento de sus obligaciones. Esa dialéctica la entendemos poco adecuada cuando se trata de medir la culpabilidad del sometido a enjuiciamiento por delito de estafa, y que podría darse más bien en los supuestos de tentativa y, sobre todo, de tentativa inidónea'.
La sentencia 476/2009 de 7.5 , da respuesta a esta cuestión desde la construcción dogmática de la imputación objetiva, que permite afirmar que cuando se trata de delitos de resultado, el mismo es imputable al comportamiento del autor si éste crea un riesgo, jurídicamente desaprobado, y de cuyo riesgo el resultado (aquí el desplazamiento patrimonial perjudicial) es su realización concreta.
Esta sentencia analiza de forma minuciosa la hipótesis que pudiera calificarse de autopuesta en peligro. Es decir cuando la víctima no es ajena con su comportamiento a la producción del resultado. Supuesto en que surge la necesidad de decidir si la víctima pierde la protección del Derecho Penal, bajo criterios de autorresponsabilidad, o si, por el contrario, debe mantenerse la atribución de responsabilidad al autor que creó el riesgo. Lo determinante sería la existencia de ámbitos de responsabilidad diferenciados, con determinación normativa previa a la imputación.
Y en este sentido la citada sentencia 476/2009 , nos dice: 'Parece claro que no puede entenderse cometido el tipo penal de estafa, como cualquiera otro tipo de los que implican desplazamiento o sustracción patrimonial, a los que es común que la víctima sufra la pérdida de una cosa, si esa pérdida puede imputarse plenamente a quien -generalmente la víctima- era tenedor o poseedor de esa cosa.
Pero esa imputación a la víctima de la pérdida no cabe si el poseedor no ha tomado parte alguna en aquélla, ni de manera activa ni por omisión. Y tampoco si, habiendo tenido esa participación, concurre alguna causa obstativa de la imputación. Lo que puede ocurrir por encontrarse el poseedor en situación que le imposibilita intervenir o de desconocimiento de la eventualidad de tal desposesión. En algunos casos puede ser un tercero el que provoca el comportamiento de la víctima, privándole de autonomía o generándole un error. Entonces la imputación solamente podrá hacerse a quien ha puesto tal causa que obsta que pueda hacerse la misma a la víctima.
En el caso de la estafa no cabe imputar a la víctima el desapoderamiento que resulta, cuando no actúa voluntariamente. Y no cabe hablar de voluntariedad, en ese sentido, aun cuando el acto de desplazamiento sea voluntario, si esa voluntad es fruto del engaño, como si lo es de la violencia o de la ignorancia...
No existirá la imputación que la doctrina denomina 'de segundo nivel', cuando, aun pudiendo predicarse la voluntad del acto en el sujeto, éste actúa bajo error exculpante, que no sobre el tipo. Eso ocurre si no le era exigible una actitud de atención mayor que la desplegada. La víctima no puede entonces estimase 'culpable' del error padecido.
Pois ben, a recta aplicación que pretendemos da anterior conteste e exhaustiva doutrina xurisprudencial ao caso que agora nos ocupa abofé que nos aboca ao pronunciamento absolutorio que xa adiantamos.
A sentenza de separación de mutuo acordo do matrimonio formado polo acusado, Vicente , e Raquel pronunciouse o 4 e febreiro de 2005. Se a teor dos artigos 71 , 83 , 102.2 º e 106 do Código civil , quedaran revogados os consentimentos e poderes, resulta que uns nove meses máis tarde -o 22 de novembro de 2005- ela compareceu nunha notaría de Pontevedra para, facendo constar o seu estado de separada xudicialmente, outorgarlle a el un poder xeral coas máis amplas facultades de administración e disposición. Verbo dos motivos deste xeito de proceder diverxen ambos: segundo ela, o outorgamento do poder notarial era para poder liquidar os bens gananciais e, entre eles, a vivenda de Caldas de Reis que tiñan en réxime de copropiedade ao 50%; segundo el, o poder obedeceu a que quería montar unha empresa, como lle constaba e sabía ela. En todo caso, o certo é que, se a única finalidade do outorgamento do poder xeral notarial era a que afirma a poderdante, por ningures se fixo constar así.
Antes de cumprirse os dous anos do poder xeral notarial -en concreto, o 3 de setembro de 2007- o acusado, Vicente , realizou o aludido contrato de arrendamento financeiro mobiliario que tiña por obxecto un tractocamión. No contrato figuraba Raquel como fiadora do cumprimento da obrigación de pagamento ao empregar o acusado, para tal efecto, o poder que lle outorgara ao seu favor. Segundo o acusado, ela sempre estivo ao tanto da operación; e, segundo ela, non sabía absolutamente nada. E de ser así, dende logo que resulta ben estraño e nada lóxico o seu comportamento. Neste sentido, o xuízo ordinario incoado por mor da falla de pagamento das mensualidades pactadas polo arrendamento financeiro mobiliario seguiuse contra Vicente e Raquel , con ambos declarados en rebeldía e, segundo ela, por non ter coñecemento da súa existencia. E, en lugar de acollerse, ao abeiro dos artigos 500 e seguintes da Lei de axuizamento civil , á posibilidade de impugnar a sentenza pronunciada nunhas actuacións xudiciais das cales, segundo ela, nunca nada soubo, porén, pagou voluntariamente e sen protesta, o 30 de marzo de 2009, o principal de 47 361,06 €, cantidade que lle tivo que facilitar o seu irmán e que aínda hoxe ela non lle reclamou ao acusado.
Á marxe disto, e, se consideraba que fora obxecto dunha falcatruada por parte do seu ex-marido polo notorio uso indebido do poder que lle outorgara, ben puido aproveitar tamén a ocasión para revogarllo. Mais non o fixo así, nin nese intre, nin cando se decatou de que no mesmo procedemento xudicial se despachou unha execución contra ela -e tamén contra o acusado- polo importe da taxación das custas e dos xuros correspondentes. Tampouco revogou o poder por ela outorgado unha vez que soubo que o empregara o marido para a concesión dun préstamo bancario do xeito que reflectimos nos feitos probados desta mesma sentenza, nin con motivo da formulación da demanda de execución forzosa das medidas acordadas cando a separación matrimonial relativas ao pagamento das pensións alimentarias a prol dos dous fillos menores. Foi dous meses despois do referido despacho xudicial das medidas cando, o 16 de decembro de 2010, por fin Raquel revogou o poder notarial outorgado ao aquí acusado, Vicente .
Cómpre insistir así en que, se ela outorgou o poder o 22 de novembro de 2005 porque seguía a confiar no acusado, toda fe e credulidade lle debera desaparecer cando comprobou o uso daquel dun xeito desviado, contrario á presunta finalidade para o que o dera e mesmo con prexuízo económico para ela e a súa familia -foi o seu irmán quen, ao parecer, lle deu os cartos para pagar os 47 361,06 €-. E se ben xa lle foron reclamadas as custas e xuros do mesmo procedemento en que fixo o pagamento do principal, aínda que semella que non padeceu ningún prexuízo económico por mor do préstamo bancario -ao parecer foi para a refundición doutras operacións anteriores e as súas cotas correspondentes, ata o día de hoxe, nunca lle foron reclamadas-, resulta incomprensible que non fose ata case finais do ano 2010 cando revogou o poder, con posterioridade, tamén, a verse obrigada a esixir na vía xudicial o pagamento das pensións alimentarias para os seus fillos. Por outra banda nada aproveitable se tirou do testemuño que Carmen e Noelia realizaron a solicitude da acusación particular.
En todo caso, no poder outorgado malia, segundo o acusado, as advertencias legais por parte do notario das súas posibles consecuencias polo seu carácter amplísimo, non se reflectiu consecuentemente ningunha especialidade no relativo á súa finalidade e, moito menos, a aludida pola acusación particular no relativo á liquidación do réxime de copropiedade en que quedara a vivenda sita en Caldas de Reis. Nada impedía que así se fixese constar, e as manifestacións opostas do acusado e da súa ex-esposa no sentido xa aludido impiden toda conclusión contraria ao reo, tendo en conta, ademais, o xeito de proceder dela con posterioridade.
Noutra orde de cousas, se a acusación particular confiaba a súa tese inculpatoria á fundamental referencia a uns feitos que para ela eran semellantes aos da presente causa e que foran obxecto dunha sentenza condenatoria da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Cáceres (Sentenza 1/2007, do 12 de marzo ), resulta que esta foi revogada pola STS, Penal, Sección 1ª, do 4 de decembro de 2007 (ROJ: STS 8022/2007 - ECLI:ES:TS:2007:8022).
Terceiro.- En materia de custas, o artigo 123 do Código penal dispón que se entenderán impostas pola lei aos criminalmente responsables de todo delito ou falta. O artigo 239 da Lei de axuizamento criminal di que, nos autos ou sentenzas que poñan remate á causa ou a calquera dos incidentes, deberá resolverse sobre o pagamento das custas procesuais. O artigo 240.1º da LACrim sinala que a resolución pode consistir en declarar as custas de oficio. E, se ben o artigo 240.3º da Lei de axuizamento criminal prevé a posibilidade da súa imposición ao querelante particular, non existen méritos para isto no presente caso, por non apreciarmos temeridade ou mala fe na formulación da acusación. Neste sentido, se o recente ATS, Penal, Sección 1ª, do 11 de xuño de 2015 (ROJ: ATS 5252/2015 - ECLI:ES:TS:2015:5252A) alude a que a temeridade ou mala fe pode apreciarse cando a acusación careza de toda consistencia unha vez examinada na súa totalidade e cando a inxustiza da súa reclamación sexa tan patente que debera ser coñecida por quen a formulou, tamén engade que para estes fins pode operar como unha referencia válida a posición do fiscal, dada a súa configuración constitucional que suxeita as súas actuacións aos principios de legalidade e imparcialidade. E lembremos que a fiscala só se afastou da súa inicial acusación e, como tal, a retirou no intre da formulación das súas conclusións definitivas.
En consecuencia, declaramos de oficio as custas xeradas na presente alzada dada a absolución de Vicente .
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Absolver o acusado, Vicente , do delito continuado de estafa dos artigos 248 , 249 e 250.1.4 º, 5 º e 6º do Código penal , que lle imputaba a acusación particular formulada por Raquel , con todos os pronunciamentos favorables inherentes, e a declaración de oficio das custas xeradas na presente instancia.
A presente resolución non e firme e contra ela, cabe interpoñer RECURSO DE CASACIÓNante a Sala Segunda do Tribunal Supremo, preparándose mediante escrito autorizado por Avogado e Procurador, presentado ante este Tribunal dentro dos CINCO DÍASseguintes a súa notificación e que deberá conter os requisitos exisidos no art. 855 e seguintes da L.E. Criminal.
Así, por esta nosa Sentenza, da que se levará certificación ao Rolo de Sala, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

