Sentencia Penal Nº 27/200...ro de 2007

Última revisión
23/02/2007

Sentencia Penal Nº 27/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 73/2007 de 23 de Febrero de 2007

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 16 min

Orden: Penal

Fecha: 23 de Febrero de 2007

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 27/2007

Núm. Cendoj: 36038370022007100104

Núm. Ecli: ES:APPO:2007:644

Resumen:
ROBO CON VIOLENCIA O INTIMIDACION

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00027/2007

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000073 /2007 A

Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA

Procedemento de orixe: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 209/2006

SENTENZA NÚM. 27

===========================================================

Maxistrados

Don JOSE JUAN BARREIRO PRADO , presidente,

Don LUCIANO VARELA CASTRO

Dona ROSARIO CIMADEVILA CEA

===========================================================

Pontevedra, vinte e tres de Febreiro de dous mil sete.

Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial na causa instruída co número 73/07, o recurso

de apelación interposto polo procurador don RAFAEL BARRIOS PEREZ E ANTONIO DANIEL

RIVAS GANDASEGUI, na representación de don Jesús E Matías ,respectivamente, fronte á sentenza ditada polo Ilmo. Sr. Maxistrado do

Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra ; é parte o Ministerio Fiscal e actúa como maxistrado relator

don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

Antecedentes

Primeiro.- Pronunciouse nos autos de referencia a sentenza con data do 23.11.06 , que na súa parte dispositiva di literalmente:

Que debo condenar y CONDENO a D. Jesús , como autor criminalmente responsable de un delito de robo con intimidación en las personas y uso medio peligroso, a la pena de CUATRO AÑOS DE PRISION, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, condenándolo asimismo al abono de la mitad de las costas del juicio. Que debo condenar y CONDENO a D. Matías , como autor criminalmente responsable de un delito de robo con intimidación en las personas y uso medio peligroso, concurriendo la circunstancia agravante de reincidencia, a la pena de CINCO AÑOS DE PRISION, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, condenándolo asimismo al abono de la mitad de las costas del juicio.

Jesús y Matías indemnizarán solidariamente a la Entidad Caixa Nova en la suma de CUATRO MIL CIENTO NOVENTA Y SEIS EUROS CON NOVENTA Y CINCO CÉNTIMOS DE EURO.

E como feitos probados expresamente recóllense os da sentenza contra a que se apela:

UNICO.- Sobre las 12:55 horas del día 23 de noviembre de 2005, Matías y Jesús , ambos mayores de edad, portando en la mano el primero una pistola cuyas características se desconocen y el segundo un objeto contundente, entraron en la Entidad Caixa Nova sita en la avenida de Vigo nº 60 de la Ciudad de Pontevedra. Jesús se ubicó detrás del cajero de la Entidad, Eduardo , a quien colocó en el costado un objeto punzante con el que le llegó a pinchar, mientras que Matías , con la pistola en la mano, impedía que las demás personas que se encontraban en ese momento en el interior de la oficina pudieran abandonarla. En tal situación, exigieron del empleado de la entidad bancaria el dinero que hubiera disponible, entregándole la cantidad de 4.196,95 euros.

Matías fue ejecutoriamente condenado por sentencia firme de fecha 14 de diciembre de 1988 , procedimiento 17/97, a la pena de 30 años de reclusión mayor por un delito de tenencia ilícita de armas y a la pena de 30 años de reclusión mayor por un delito de asesinato, y que extinguió el dia 16 de julio de 2006.

Segundo.- Contra a dita sentenza, a representación procesual do agora recorrente interpuxo o recurso de apelación que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se atopa unido ás actuacións.

Terceiro.- Tras lle dar a coñece-lo escrito de formalización do recurso ó Ministerio Fiscal, este presentou un escrito de impugnación no que solicita a confirmación da sentenza contra a que se recorre xa que se axusta a dereito.

Hechos

Acéptanse e danse por reproducidos os feitos que na sentenza obxecto de recurso se declaran probados.

Fundamentos

PRIMEIRO.- Recorre en apelación Matías a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de roubo con intimidación dos artigos 242.1 e 2 do Código Penal .

O primeiro dos alegados que efectúa consiste no suposto erro cometido polo Xulgador a quo á hora de valorar as probas perante el practicadas, con especial énfase no relativo á autoría pola súa parte dos feitos axuizados. Arguméntase así que o mesmo día do atraco á entidade bancaria el atopábase disfrutando dun permiso ordinario de saída, incorporándose o mesmo día ao centro penitenciario, que malia coincidir neste último non mantiñan ningunha relación entre si e que, por iso, nin estiveron xuntos a mañá da comisión dos feitos, nin ningún outro día. Pois ben, ningún de tales alegados resulta atendible aos efectos de ter que negar, por imposible, toda relación do devandito apelante cos feitos axuizados, xa que perfectamente compatible se presenta, o disfrute do permiso ordinario de saída, a estancia en Pontevedra de Matías , a comisión do atracto á entidade bancaria, e o seu regreso ao centro penitenciario, con independencia de quen fose a segunda persoa que participou no roubo que, en todo caso, afectaría a esta última e non ao apelante de mención.

En canto aos obxectos dos que se valeron os autores do atraco para vencer toda posible resistencia dos empregados e persoas que se atopaban no interior da sucursal bancaria que roubaron dicir que ben claro quedou que se trataba dunha pistola e dun obxecto contundente que respectivamente portaban cada un dos dous autores. A pistola (que portaba o agora apelante) non se puido demostrar de que específicas características era, mais as testemuñas concordaron en que, efectivamente, se trataba dunha pistola, que con ela controlaba aos alí existentes de xeito que por tal medio obrigou a unha clienta a entrar cando estaba a retirar diñeiro do caxeiro e, a outra clienta, obrigouna a permanecer dentro cando trataba de irse da sucursal bancaria. Deste xeito, en nada importa que, como se pretende, o apelante non apuntase nin expresamente ameazase a ningún dos presentes no lugar dende o momento no que, coa sinxela exhibición e utilización da pistola foi quen de dobregar as vontades alleas daquelas dúas amentadas testemuñas obrigándoas a unha entrar e a outra non saír, amais da entrega do diñeiro por parte dos empregados do local que Caixanova posúe no número 60 da avenida de Vigo, nesta cidade de Pontevedra. Pero é que, a maior abastanza e a parte da potencial consideración da pistola como posible obxecto contundente, o certo é que o agora apelante veríase afectado da comunicabilidade da circunstancia de que o outro autor do roubo empregou un obxecto contundente e punzante que puxo ao costado do empregado bancario Eduardo para, ao tempo que o pinchaba sen mancalo, esixirlle que entregase o diñeiro, como así finalmente conseguiron os atracadores.

Que non se recuperasen os cartos, nin que no móbil do outro condenado-apelante Jesús non figurasen vestixios de contacto telefónico co recorrente Matías , tampouco empece á declarada probada autoría por parte deste último do delito de roubo con intimidación polo que foi condenado na instancia. Igualmente que no lugar dos feitos non se detectasen pegadas súas.

A impugnación e ataque que se efectúa ao informe fisionómico que rematou por concluír, ao cen por cen, que Matías era a persoa que aparecía nas gravacións da entidade bancaria unha vez cotexadas estas coa impresións dixitalizada das imaxes daquel, tampouco resiste a máis mínima crítica por, por unha banda, partir de apoñerlle a existencia de contradiccións a tal informe e, logo, obviar toda referenza ás mesmas e, por outra banda, porque aínda que prosperasen os desexos do apelante de inutilización de tal medio probatorio, existir en autos proba máis que de abondo demostrativa de que Matías foi unha das persoas que levou a cabo os feitos delituosos. Así, na ben traballada sentenza da instancia reflíctese ao respecto a declaración testemuñal de María Consuelo que, no acto da vista oral, sinalou e recoñeceu ao acusado-apelante de mención como a persoa que o día dos feitos levaba a pistola na man e coa que se veu compelida a non abandonar a sucursal cando, loxicamente asustada, pretendía facelo. E antes alúdese, na mesma resolución xudicial impugnada, á non menos fundamental declaración de Claudia que, tanto na correspondente rolda en fase de instrucción, como no acto da vista oral, sen ningún xénero de dúbidas recoñeceu a Matías como a persoa que levaba a pistola aludindo como razón fundamental de tal identificación, a parte da memoria, á forma da cara do apelante. E que esta última testemuña dixese que tiña un pouco de interese en que, de ser os autores do roubo, fosen á cadea, non deixa de ser máis que unha elemental reacción persoal ante tales tipos de feitos que en nada vician o resultado de tales recoñecementos en rolda e no xuízo oral. Por se todo o anterior xa non abondase, por enriba, un axente de policía á vista da gravación videográfica recoñeceu, iso si, despois de vinte anos sen velo, a Matías como unha das persoas que se vía naquela e, incluso, o Maxistrado-Xuíz autor da sentenza apelada identificou ao apelante de mención como a persoa que saía na filmación videográfica, logo da reproducción desta no xuízo oral, como o acusado que tiña no seu fronte, ao igual que lle resultaba notoriamente semellantes as fotografías dubitadas e indubitadas pertencentes ao informe fisionómico aludido.

Aludir á actitude cordial dos autores cando estes portaban unha pistola e un obxecto contundente e os feitos transcorreron do xeito descrito nos Feitos Probados da sentenza apelada non merece o máis mínimo comentario. O feito de que deixasen a unha das clientas sentarse e fumar a outra en nada empece, obviamente, á cualificación xurídica do ilícito penal.

Noutra orde de cousas e, en concreto, verbo da concreta subsunción que dos feitos axuízados se levou a cabo nos números 1 e 2 do artigo 242 do Código Penal , sen consideración da posibilidade atenuatoria do número 3 do mesmo precepto, é mester ratificar o pronunciamento da instancia. Neste sentido, en tal materia unha das últimas sentenzas do Tribunal Supremo ( STS 207/2006, do 7 de febreiro ) vén a lembrar que: "... se argumenta que no les sería aplicable el subtipo agravado del apartado 2º del artículo 242 CP , agravación por el uso de armas, en la medida que lo único que consta es que portaban una pistola y un palo y la mera exhibición de dichos objetos no es suficiente para la aplicación de la agravación. Sin embargo, este criterio es erróneo y no tiene en cuenta la doctrina Jurisprudencial según la cual debe entenderse por «uso de armas», no sólo su empleo directo sino también su exhibición o utilización conminatoria, por el riesgo que comporta. Así, la STS 367/04 expone que «la «exhibición» de la navaja con fines intimidatorios es hacer uso de un arma en la ejecución del hecho, como refuerzo comisivo para conseguir el éxito de la acción expoliatoria, desde el momento que su posesión y uso determina la introducción en el episodio criminal de un riesgo o peligro de producir males mayores que excedan del inicial propósito lucrativo del agente, sobre todo en casos de resistencia de la víctima». Tampoco puede prosperar la pretendida aplicación del subtipo atenuado del apartado 3º del artículo 242 CP , aun cuando excepcionalmente y en casos muy concretos haya sido considerado compatible con el anterior. No cabe hablar de la menor entidad de la violencia e intimidación cuando realizaron los hechos que hemos reflejado más arriba, siendo por ello intrascendente en este caso la cuantía del botín (además los acusados desconocían el contenido de la caja metálica). En primer lugar, la atenuación prevista en el párrafo tercero del artículo 242 CP , como ha señalado la Jurisprudencia de esta Sala, es una facultad discrecional del juzgador, fundamentada en la inmediación, y por ello mismo su ejercicio no es en principio revisable en casación, y sólo excepcionalmente cabe dicho control cuando, habiéndose solicitado en la instancia la aplicación de dicho subtipo atenuado, fuera denegada de manera arbitraria e injustificada ( SSTS 22/5/00 y las recogidas en la misma). En segundo lugar, también la Jurisprudencia ha caracterizado dicha regla especial como medio para la individualización de la pena de los delitos de robo con intimidación o violencia sobre las personas permitiendo una consideración de todas las circunstancias del hecho para atenuar la pena ordinaria del delito en los casos en los que la entidad del medio comisivo sea de menor importancia ( STS 30/5/00 ). En esta línea se ha señalado que la atenuación pretendida tiene que basarse en la menor entidad de la violencia o intimidación ejercidas, valorando además las restantes circunstancias del hecho, lo que significa su compatibilidad potencial con atenuantes de naturaleza personal. Ello significa que su apreciación está sujeta a una doble condición. Por una parte, la menor intensidad del ataque o coacción personal, pudiendo excepcionalmente compatibilizarse con el subtipo agravado del apartado segundo del mismo artículo, y, por otra, la escasa cuantía del perjuicio patrimonial irrogado, pues se trata de un tipo pluriofensivo frente a la persona y la propiedad de forma que deben ser valoradas ambas condiciones a la hora de apreciar la atenuante privilegiada que examinamos, debiendo cuidarse especialmente el principio de proporcionalidad ( STS 1568/01 ). En modo alguno, insistimos, la violencia e intimidación puede ser considerada de menor entidad y basta para ello la lectura del «factum»".

Figura en autos que Matías foi condenado por sentenza firme do 14 de decembro de 1988 , por roubo con homicidio, á pena de 30 anos de reclusión maior, 3 anos por delito de tenza ilícita de armas, e 30 anos por delito de asasinato, e na data 3 de xaneiro de 1989, por un delito de roubo, á pena de 5 anos de prisión menor, non extinguíndose a condena ata o 17 de xullo de 2006, non estando así cancelados os seus antecedentes penais á data de comisión do presente feito delituoso o 23 de novembro de 2005, sendo así correctamente apreciada a agravante de reincidencia do artigo 22.8 do Código Penal .

Por último, despois de todo o dito, e máis polo miúdo razoado na sentenza apelada, soster que non mediou proba de cargo de abondo que permitise a enervación da presunción de inocencia ( artigo 24.2 da Constitución española ) non deixa de amosarse máis que como un retórico e manido argumento da defensa orfo de toda mínima base ao respecto.

SEGUNDO.- Tamén recorre en apelación Jesús a sentenza que na instancia igualmente o condenou como autor dun delito de roubo con intimidación dos artigos 242.1 e 2 do Código Penal .

Comeza por denunciar o quebrantamento de normas e garantías procesuais no relativo á identificación da que foi obxecto como autor do devandito feito delituoso. Pois ben, a STS 1284/2005, do 31 de outubro , encárgase de lembrar (con cita da anterior STS 968/1998, do 17 de xullo ) que os vídeos non supoñen unha proba distinta dunha percepción visual, en tanto que a gravación non fai outra cousa que perpetuar a de unha ou varias persoas. E se á vista de tales imaxes, o autor do informe fisionómico emitido pola unidade central de indentificación, sección de antropoloxía, da Dirección Xeral de Policía, non abriga a máis mínima dúbida de que un dos que alí saen precisamente é Jesús , se o propio Xulgador a quo decatouse e deixou expresa constancia da notoria e absoluta similitude a simple vista entre as fotografías que do acusado empregou a policía para o contraste e o vídeo da entidade bancaria, e se o mesmo autor da resolución xudicial recorrida trala reproducción do vídeo no acto do xuízo oral igualmente deixou constancia de que Jesús era unha das persoas que, con gafas de sol entraba na sucursal bancaria xunto co tamén acusado-apelante Matías , abofé que por plenamente identificado se pode ter a Jesús como autor do feito delituoso polo que foi condenado. Deste xeito, os recoñecementos que do mesmo fixeron os axentes de policía que se mencionan na sentenza apelada mesmo poderían xa ser obviados ao respecto e, en todo caso, teríanse por ex abundantia das anteriores identificacións.

Na restante argumentación que emprega o recorrente Jesús para instar a revogación da sentenza da instancia cómper remitirnos ao xa expresado con motivo da tamén apelación formulada por Matías , carecendo así de todo sentido toda necesidade de motivación verbo de que os cartos, a chilaba, os lentes, e as armas non apareceron, que non se detectaron pegadas súas no lugar do atraco, se o obxecto que el portaba era contundente, punzante, ou ambas cousas á vez, que mesmo non constando como era participaría da comunicabilidade da circunstancia de que Matías levaba unha pistola, que se practicou proba de cargo de abondo suficiente como para poder ter por enervada a presunción de inocencia ( art. 24.2 CE ), e que a tipificación delituosa dos feitos que se realizou na instancia perfectamente concorda coa realidade dos mesmos e a súa relevancia e transcendencia punitiva.

Só engadir, por último, que tampouco en Jesús se podía apreciar a atenuación da súa responsabilidade pola súa suposta drogadicción posto que por ningures se acreditou a influencia daquela na data e ocasión dos feitos, e sí só que no mesmo mes destes entrou en contacto coa unidade asistencia de drogodependencias pero non para tratarse senón para solicitar as axudas por aloxamento e emerxencia, e en solicitude dunha entrevista de búsqueda de emprego. A invocación do dito por unha testemuña de que tiña a voz tomada como a dun toxicómano, certamente que non abonda para apreciación de que estivese influenciado ou motivado por tal circunstancia aos efectos da atenuación penolóxica que se demandaba en último caso.

TERCEIRO.- Impóñense as custas da presente alzada ás partes apelantes por mor do rexeitamento dos seus recursos.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de Jesús E Matías , fronte á sentenza ditada con data do 23.11.06 dictada por o Sr. Maxistrado do Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra no procedemento abreviado nº 209/2006, debemos confirmar a mencionada sentenza. Impoñénselle as custas desta alzada aos dous apelantes.

Ó notifica-la sentenza, déaselle cumprimento ó disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por medio desta Sentenza, da que se achegará un testemuño ó Rolo de Sala. Anótese no rexistro correspondente.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.