Sentencia Penal Nº 276/20...re de 2015

Última revisión
06/01/2017

Sentencia Penal Nº 276/2015, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 1074/2015 de 19 de Noviembre de 2015

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 5 min

Orden: Penal

Fecha: 19 de Noviembre de 2015

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 276/2015

Núm. Cendoj: 36038370022015100262

Núm. Ecli: ES:APPO:2015:2411

Resumen:
HURTO - ROBO DE USO DE VEHÍCULOS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00276/2015

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo:N54550

N.I.G.:36055 41 2 2014 0003059

RJ ROLLO: RJ APELACION JUICIO DE FALTAS 0001074 /2015 J

Juzgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.3 de TUI

Procedimiento de origen: JUICIO DE FALTAS 0000234 /2015

RECURRENTE : Abel , MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a: TANIA FRAGA GONZALEZ

RECURRIDO/A: Salome

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo./Ilma. Sr. donJosé Juan Ramón Barreiro Pradopronunciou,

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM. 276

Pontevedra, dezanove de novembro de dous mil quince

Neste rolo de apelación número 1074/15, dimanante dos autos de xuízo de faltas número 234/15, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 3 de Tui, por furto, son partes: como apelantes D. Abel e oMINISTERI FISCAL, e como apelado Dª Salome .

Antecedentes

Primeiro.-Con data do 20 de xullo de 2015 o/a maxistrado/a xuíz/a do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 3 de Tui, ditou sentenza nos autos orixinais dos que o presente rolo dimana. Osfeitos probadosda sentenza din literalmente:

'Se considera probado que Abel presentó denuncia ante la Guardia Civil de Tui en la que manifestaba haber sufrido entre las 18:00 horas del día 13 y las 12:00 horas del día 14 ambos del mes de noviembre de 2014 la sustracción de un perro (cachorro de pastor alemán) de su propiedad que se encontraba en el recinto no vallado de su empresa de transportes sita en Caldelas de Tui.

Se considera probado que la denunciada Salome cogió el perro que estaba atado a una cuerda en la explanada del recinto de la empresa y lo trasladó a una clínica veterinaria donde recibió atención, desconociéndose el paradero actual del animal'.

Segundo.-O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinteparte dispositiva:

'Que declarando de oficio las costas del juicio debo absolver y absuelvo a Salome de la falta de hurto de la que venía denunciada'.

Terceiro.-Notificada a mencionada sentenza ás partes, D. Abel interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal , adhirindose ao mesmo o MINISTERIO FISCAL. Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.


Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.


Fundamentos

Primeiro.- A denunciada, Salome , foi absolvida na instancia da falta de furto do artigo 623.1 do Código penal entón vixente. Contra a sentenza absolutoria do Xulgadoa quoformula un recurso de apelación Abel na procura da súa revogación e da condena da denunciada, como autora da devandita falta de furto, á pena e responsabilidade civil que especifica. A esta impugnación adheriuse o fiscal. E a denunciada oponse a que a acolla.

Segundo.- Resultan indiscutibles os feitos declarados probados pola sentenza pronunciada na instancia. Mesmo a denunciada-apelada, Salome , confesou que levou o can do denunciante-apelante, Abel . Deste xeito, o único que semella en discusión é se, como afirma este último, na acción da denunciada se pode apreciar un evidente ánimo de lucro e, xa que logo, se sería constitutiva da falta do artigo 623.1, en relación co artigo 234, do entón vixente Código penal e, hoxe en día, do delito leve do artigo 234.2 do mesmo texto legal . Ou se, pola contra, e como afirma a denunciada, non actuou con ánimo de lucro, senón tan só para poñer remedio á indebida situación e condicións en que, segundo ela, se encontraba o can. Esta foi finalmente a tese que acolleu a xuíza substituta autora do pronunciamento absolutorio da instancia. E as mesmas dúbidas que a levaron a isto compártoas plenamente nesta alzada, sen prexuízo, iso si, das correspondentes accións civís que, polo mesmo feito, o agora apelante pode utilizar contra a denunciada.

No sentido apuntado, a ausencia do ánimo de lucro que daría lugar ao reproche penal tírase non só da confesión da propia denunciada, senón tamén do testemuño de Jose Francisco , quen, na data dos feitos, mantiña unha relación sentimental con ela. Polo menos coinciden no relativo a que, logo de coller o can a denunciada, o levaron a unha clínica veterinaria da rúa Aragón, de Vigo, onde lle fixeron a correspondente cartilla. E se, despois, o can permaneceu no domicilio da devandita testemuña, se o levou a denunciada e, en fin, onde é que está na actualidade, xa non resultou posible sabelo por, entre outras cousas, a referida testemuña e a denunciada poñeren remate á súa relación, existindo incluso unha orde de afastamento entre eles. Por outra banda, os testemuños dos Sres. Cesareo e Jacobo en nada contribuíron ao esclarecemento dos feitos.

Deste xeito, semella que o ánimo inicial non foi o do furto do can aínda que, polas razóns indicadas, o seu dono fose privado del. Por iso, e como adiantei, descartado o ánimo de lucro que faría posible o reproche penal, a única vía ao alcance do agora apelante para resarcirse de todo o relacionado coa privación da posesión do can por mor da conduta da apelada é a civil, e non esta sempre restritiva penal.

Terceiro.- As custas que se puidesen xerar nesta alzada declároas de oficio.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Quedesestimo o recurso de apelacióninterposto por Abel , ea adhesióndo MINISTERIO FISCAL, econfirmoa sentenza con data do 20 de xullo de 2015, ditada polo/a maxistrado/a xuíz/a do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 3 de Tui nos autos do xuízo de faltas núm. 234/15.

Decláranse de oficio as custas xeradas na presente alzada.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ao xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Deste xeito o pronuncio, mando e asino, por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao rolo.

PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza,nodía da data, polo Ilmo. Sr. Magistrado Ponente en Audiencia Pública, do que dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.