Sentencia Penal Nº 287/20...re de 2011

Última revisión
17/10/2011

Sentencia Penal Nº 287/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 3/2010 de 17 de Octubre de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 25 min

Orden: Penal

Fecha: 17 de Octubre de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 287/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011100292

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:2710

Resumen:
LESIONES CUALIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00287/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 2

Rolo: PO 3/2010 C

Órgano de procedencia: Xulgado de Instrución núm. 3 de Ponteareas

Procedemento de orixe: Sumario 1/2010

Acusados: Esteban , Hilario

Procuradores: LUCIA RODRÍGUEZ GESTO, ANTONIO D. RIVAS GANDASEGUI

Letrados: ALFREDO RODRÍGUEZ VARELA,CESAREO FERNÁNDEZ BOUZAS

Acusado-Acusación particular : Obdulio

Procurador: SENEN SOTO SANTIAGO

Letrado: VICENTE FERNÁNDEZ VICTORIA

SENTENZA NÚM. 287

==========================================================

Presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado

Maxistradas:

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a dezasete de outubro de dous mil once.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 1/2010, procedente do Xulgado de Instrución núm.3 de Ponteareas , e seguida polo trámite de procedemento sumario, polo delito de Lesións, contra Esteban , con DNI número NUM000 , nado o día 29/09/1962, en Mondariz Balneario, fillo de Vicente Julio e de Cristina, con domicilio en c/ DIRECCION000 nº NUM001 , portal NUM001 (Pontecesures-Pontevedra), cuxos antecedentes penais non constan, solvente parcial, en situación de liberdade por esta causa, representado polo procurador Sr. Senen Soto Santiago e defendido polo letrado Sr. Alfredo Rodríguez Varela, contra Hilario , con DNI número NUM002 , nado o día 13/07/1987, en Vigo, fillo de Fernando e de María Jesús, con domicilio en c/ DIRECCION000 nº NUM001 , portal NUM001 (Pontecesures-Pontevedra), con antecedentes penais non computables, solvente parcial, en situación de liberdade por esta causa, representado polo procurador Sr. Antonio D.Rivas Gandasegui, e defendido polo letrado Sr. Cesáreo Fernández Bouzas, contra Obdulio , con DNI número NUM003 , nado o día 3/11/1948, en Vigo, fillo de Cándido e de Aleira, con domicilio en AVENIDA000 , nº NUM004 , NUM005 NUM006 , (Vigo-Pontevedra), cuxos antecedentes penais non constan, solvente, en liberdade por esta causa, representado polo procurador Senen Soto Santiago e defendido polo letrado Sr. Fernando Camba Rodríguez, exercitando tamén a Acusación Particular. É parte acusadora o Ministerio Fiscal en representación do cal intervén dona Carmen Díez García, e como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro.- O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que elevou a definitivas no acto de xuízo oral, cualificou os feitos como constitutivos de a)dun delito de lesións, previsto e penado no artigo 149.1 do código penal ; b)dunha falta de lesións prevista e penada no artigo 617.1 do código penal .

Os procesados Esteban e Hilario son responsables como coautores do delito de lesións.

O procesado Obdulio é responsable da falta de lesións.

Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade penal respecto a ningún dos procesados.

Procede impor aos procesados polo delito de lesións Esteban e Hilario á pena de 8 anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena e custas, e ao procesado Obdulio pola falta de lesións á pena de 45 días de multa cunha cuota diaria de 10 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago dun día de privación de liberdade por cada dous cuotas diarias insatisfeitas e custas.

En canto a responsabilidade civil os procesados, Esteban e Hilario, conxunta e solidariamente indemnizarán a Obdulio na cantidade de 1.780 ,16 euros polas lesións causadas, en concepto de secuelas a suma de 40.000 euros e como prexuízo estético a cantidade de 15.000 euros, así como os gastos médicos e farmacéuticos debidamente acreditados , e o procesado Obdulio indemnizará a Esteban na suma de 96 euros pola curación das súas lesións. Coa aplicación para as referidas cantidades dos xuros que prevé o artigo 576 da Lei de Axuizamento Civil .

Segundo.- A acusación particular cualificou os feitos como constitutivos dun delito de lesións previsto e penado no artigo 149.1 do CP . Do referido delitos os procesados son responsables en concepto de autores, conforme o art. 28 do CP . Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Procede impor a cada un dos procesados polo delito de lesións a pena de 12 anos de prisión con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivos durante o tempo da condena, así como a imposición das custas procesuais, incluídas as da acusación particular.

En canto á responsabilidade civil, os procesados indemnizarán solidariamente a Obdulio polos danos causados nas seguintes cantidades: polos días impeditivos e de ingreso hospitalario 5.500 euros, polas secuelas consistentes en perdida de globo ocular esquerdo e consistente perdida total da visión de dito ollo 290.000 euros, polo prexuízo estético importante 175.000 euros, polos gastos soportados 241,43 euros.

Estas cantidades deberán incrementarse nos xuros por mora correspondentes , computado dende a data do acaecemento dos feitos.

Terceiro.- A defensa dos procesados Esteban e Hilario, en idéntico trámite , mostraron a súa disconformidade co manifestado polo Ministerio Fiscal e a Acusación Particular, concorrendo a eximente de responsabilidade criminal prevista e penada no artigo 20.4 do vixente código penal o, no seu, caso a atenuante recollida no artigo 21.1ª do mesmo corpo legal , e concorre a circunstancia atenuante recollida no artigo 21.6º do CP ., solicitaron a libre absolución dos seus representados.

Fundamentos

Primeiro.- Os feitos declarados probados legalmente son constitutivos dun delito de lesións, previsto e penado no artigo 149.1 do Código penal, e dunha falta de lesións, prevista e penada no artigo 617.1 do mesmo texto legal .

É reiterada a doutrina que sinala que o ollo é un membro principal ( SSTS do 8 de marzo de 2002, do 3 de marzo de 2005 e do 29 de abril de 2008 -ROJ STS 1598/2008 -), sen que obste a esta conclusión o feito de que existan dous ollos ( STS do 3 de febreiro de 2009 -ROJ STS 882/2009 -). E á perda do membro principal equipárase a perda de funcionalidade do membro afectado que non debe entenderse en termos absolutos ao ser suficiente cun menoscabo substancial ( SSTS do 5 de marzo de 1993, 796/2005, 1728/2001, 1495/2005 e 715/2007 ). A perda , no presente caso, é total. Xa que logo, as lesións padecidas por Obdulio non se poden encadrar máis que no artigo 149.1 do Código penal .

E as padecidas por Esteban son constitutivas da falta do artigo 617.1 do Código penal por só precisaren da primeira e única asistencia médica para a súa curación.

Segundo.- Son autores ( artigos 27 e 28 do Código penal ) do delito de lesións do artigo 149.1 do Código penal, os procesados Hilario e Esteban .

É autor ( artigos 27 e 28 do Código penal ) da falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal o acusado Obdulio .

Terceiro.- Chegamos á declaración de feitos probados logo da valoración en conciencia dos medios probatorios practicados na presente causa, sobre todo, no acto da vista oral ( artigo 741 da Lei de axuizamento criminal ). As manifestacións que nel prestaron os tres acusados, a dona dun deles - María Virtudes -, a testemuña presencial dos feitos - Mauricio - e un dos axentes da Garda Civil de Ponteareas -número de carné profesional NUM007 - non nos merecen a máis mínima dúbida.

A existencia dun previo pique automobilístico semella que foi o que deu orixe ao posterior incidente. Nun primeiro momento enleáronse Esteban e Obdulio . Este saíu do coche que conducía e o primeiro do posto de acompañante do automóbil conducido polo seu fillo Hilario . Esteban e Obdulio discutiron, agarráronse , agredíronse mutuamente e caeu ao chan Esteban . E logo de erguerse e dirixirse ao coche para coller unha lata de líquido de pulido mentres o seu fillo Hilario xa pelexaba con Obdulio, ambos agrediron a este con puñadas, patadas e golpes coa amentada lata. Así resulta do que sempre declarou a propia vítima das lesións máis graves, Obdulio, e do que confirmaron as testemuñas María Virtudes e Mauricio . Estas nun todo corroboraron a declaración incriminatoria do prexudicado. E , se da primeira testemuña se puidese dubidar por tratarse da dona da vítima que o acompañaba o día da liorta, da segunda nada se pode sospeitar.

Mauricio, sen ningunha relación cos acusados, presenciou o ocorrido como condutor do seu automóbil. E narra que, crendo que se trataba dun accidente, se detivo e chamou a Garda Civil. Deseguido, comprobou como, nun principio, se empurraban dúas persoas maiores e , despois , unha delas foi cara a un coche e colleu do seu interior unha lata coa que reiteradamente agredía ao outro en unión doutra persoa máis nova; mallaban así os dous naquel por medio de reiteradas puñadas, patadas e diversos golpes coa devandita lata, incluso cando a vítima xa se encontraba no chan. E que a lata se empregou na agresión corrobórao o feito de que o axente da Garda Civil co número de carné profesional NUM007 a retirou do interior do coche dos acusados Hilario e Esteban cando os presentes no lugar lle manifestaron que con ela bateran reiteradamente no lesionado.

A supresión polo lexislador da expresión de propósito que figuraba nos artigos 418 e 419 do Código penal de 1973, substituída nos artigos 149 e 150 do Código penal vixente pola máis xenérica causase a outro logrou o acordo da doutrina e xurisprudencia (por todas, as SSTS do 29 de abril de 2008 -ROJ STS 1598/2008, 316/1999, do 5 de marzo , 1160/2000, do 30 de xuño, 1564/2001, do 2 de maio , 2143/2001 , do 14 de novembro, 876/2003, do 31 de outubro, e do 20 de setembro de 2005 -) de que non se esixe agora nos devanditos tipos delituosos un dolo directo ou específico. É suficiente para a súa aplicación con que o resultado estea abarcado polo dolo eventual , ben entendido que, ao non ser admisible un delito de lesións cualificado polo resultado, non abonda para a aplicación dos amentados preceptos legais un dolo xenérico ou indeterminado de lesionar, senón que concorra, cando menos, un dolo eventual verbo do resultado agravado determinante da cualificación. Dun xeito máis nidio explica a citada STS do 29 de abril de 2008 que:

No podemos olvidar que el delito previsto en el art. 149 CP . -causar a otro la perdida o inutilidad de un órgano o miembro principal- es como todos los incluidos en el Título III del Libro II CP. , un delito de resultado. En esta clase de delitos tiene que existir, para la integración del tipo, una relación de causalidad entre la acción lesiva y el menoscabo de la integridad corporal o de la salud física o mental que ha sufrido el sujeto pasivo de la acción, de manera que dicha relación forma parte del tipo. En la definición legal del delito de lesiones la pertenencia al tipo de la relación de causalidad está tan gráficamente expresada que la acción típica es la de "causar".

No toda relación de causalidad entre una acción y un resultado es suficiente para que queda integrado el tipo. La doctrina científica y jurisprudencial han establecido mecanismos correctores. Esta funcionalidad correctora tienen en la actualidad teorías como la de la causalidad adecuada, la relevancia típica o la imputación objetiva, teoría esta última que está también detrás del criterio adoptado por la jurisprudencia de la llamada preterintencionalidad, y que permite calificar los hechos en concurso ideal entre el hecho doloso y el imprudente en casos en los que el autor crea un riesgo doloso y otro imprudente, y cada uno de ellos se realiza en un resultado diferente , que es el imputado. Línea jurisprudencial expresada en la STS. 887/2006 de 25.9, que casa la sentencia de instancia afirmando que el resultado más grave producido no era imputable al riesgo doloso creado por el autor. Ausencia de dolo respecto de éste que no puede subsumirse en el riesgo imprudente, dado que existe una conducta previa dolosa que debería castigarse por separado.

Podería pensarse así, con esta doutrina xurisprudencial transcrita , que o correcto sería que o traumatismo no ollo e incluso a necesidade da intervención cirúrxica entrase dentro das previsións dos acusados por dolo eventual, o que faría aplicable o tipo básico do delito de lesións - artigo 147 do Código penal - , mentres que o exceso constituído pola perda de visión total no ollo tería un encaixe forzoso na previsión do artigo 151.1.2º do Código penal, na relación que para ambos os preceptos legais establece o artigo 77 do mesmo texto legal . Mais non é así. Non se tratou dunha mera puñada no ollo na que o resultado queda máis aberto e fóra do control da vontade do seu autor, senón que se tratou de múltiples puñadas e patadas dadas polos dous acusados , tanto cando a vítima se encontraba de pé como cando xa caera ao chan, e de diversos golpes dirixidos e propinados na faciana da vítima cunha lata de metal. Nestes casos e noutros similares de golpes producidos cun obxecto tan perigoso como un vaso de cristal no rostro da vítima nos que a posibilidade de producir cortes no ollo nunca se pode descartar -no caso que nos ocupa causouse unha ferida ocular perforante circunferencial por mor do emprego da lata- á xurisprudencia non lle caben dúbidas verbo da procedencia do encaixe do suposto no artigo 149.1 do Código penal ( SSTS 1598/2008, do 29 de abril, 936/2006, do 10 de outubro , 683/2006, do 26 de xuño, 796/2005, do 22 de xuño, e 1760/2000, do 16 de novembro ).

E cómpre descartar todo carácter fortuíto da perda do ollo por mor dunha suposta caída e impacto da vítima contra o bordo da beirarrúa ou o enganche do remolque dun dos vehículos, xa que nin se acreditou suficientemente a existencia deste último , nin a ferida ocular perforante circunferencial cadra ben co amentado bordo e si cunha das esquinas da lata de líquido de pulido empregada na agresión , tal cal se pode constatar coa sinxela contemplación da súa fotografía que consta nos autos.

En relación coa concorrencia da voluntariedade da acción, partindo da voluntariedade do golpe e da zona afectada, así como da súa intensidade e a comisión por parte de dúas persoas contra unha, o resultado cómpre imputarllo aos acusados Hilario e Esteban, cando menos, a título de dolo eventual, mais doloso en todo caso. A previsibilidade do resultado causado -perda dun ollo- era máis que patente cando son dúas persoas as que agriden a outra con puñadas e patadas tanto cando se encontraba aínda de pé como cando xa caera ao chan por mor da agresión. E non só dirixiron as devanditas puñadas e patadas á cara da vítima, senón que tamén cunha lata de líquido de pulido directamente lle dirixiron os golpes á súa faciana.

A teor da teoría da imputación obxectiva , os acusados de forma consciente crearon un risco desaprobado pola lei e penalmente relevante, aceptando as súas consecuencias non obstante o risco creado , pois continuaron coa súa acción. Xa que logo, deben ser responsables das consecuencias normais e previsibles do seu actuar antixurídico cando o risco se materializa no resultado, sen que se lles esixa unha aprehensión intelectual ex ante de todas as consecuencias posibles , o que por unha banda sería de imposible acreditación agás unha improbable confesión do interesado, e sen que, por outra banda, existan desviacións do normal curso causal (neste sentido a STS do 3 de febreiro de 2009 ).

Noutra orde de cousas , aínda que con vocación de reforzo de todo o ata aquí exposto , aínda que fose un dos acusados o autor material e directo da lesión consistente na perda total da visión do ollo esquerdo da vítima, por ningures se lograría a exoneración de responsabilidade do outro. Segundo as manifestacións do agredido e das testemuñas presenciais, tratouse dunha acometida conxunta na que ambos os acusados participaron e, xa que logo, incúmbelles idéntica responsabilidade (por todas , a STS do 9 de xuño de 2011 -ROJ STS 3798/2011 -). Non outra cousa é o que explica o mesmo TS na súa sentenza do 22 de decembro de 2010 -ROJ 7333/2010 - cando di:

En efecto , la coautoría por condominio funcional del hecho requiere , en primer lugar, según un asentado criterio doctrinal, un mutuo acuerdo encauzado a la realización conjunta del hecho delictivo , ya sea en un momento previo a la ejecución o durante el curso de ésta (elemento subjetivo). A este requisito ha de sumarse otro imprescindible de carácter objetivo: la aportación de una parte esencial en la realización del plan durante la fase ejecutiva, sin que sea preciso que los actos realizados aparezcan descritos formalmente en el tipo penal.

En cuanto a la jurisprudencia de esta Sala sobre la coautoría por condominio funcional del hecho puede sintetizarse, a tenor de las resoluciones dictadas (529/2005, de 27-4; 1049/2005, de 20-9; 1315/2005, de 10-11; 371/2006, de 27-III; 497/2006, de 3-V; 1032/2006 , de 25-10; 434/2007, de 16-5; 258/2007 , de 19-7; 120/2008, de 27-2; 16/2009, de 27-1; 989/2009, de 29-9; 1028/2009, de 14-10; 338/2010, de 16-4; 383/2010, de 5-5; y 708/2010, de 14-7), en los siguientes apartados:

1) La coautoría se aprecia cuando varias personas , de común acuerdo, toman parte en la ejecución de un hecho típico constitutivo de delito. Ello requiere, de una parte , la existencia de una decisión conjunta, elemento subjetivo de la coautoría, y un dominio funcional del hecho con aportación al mismo de una acción en la fase ejecutiva, que integra el elemento objetivo. Será coautor quien dirija su acción a la realización del tipo con dominio de la acción, que será funcional si existe la división de funciones entre los intervinientes, pero todas con ese dominio de la acción característico de la autoría.

2) La existencia de una decisión conjunta, elemento subjetivo de la coautoría, puede concretarse en una deliberación previa realizada por los autores, con o sin reparto expreso de papeles , o bien puede presentarse al tiempo de la ejecución cuando se trata de hechos en los que la ideación criminal es prácticamente simultánea a la acción o , en todo caso, muy brevemente anterior a ésta (coautoría adhesiva o sucesiva). Y puede ser expresa o tácita, lo cual es frecuente en casos en los que todos los que participan en la ejecución del hecho demuestran su acuerdo precisamente mediante su aportación.

3) No es necesario que cada coautor ejecute por sí mismo los actos materiales integradores del núcleo del tipo. En consecuencia, a través del desarrollo del "pactum scaeleris" y del co-dominio funcional del hecho cabe integrar en la coautoría, como realización conjunta del hecho, aportaciones no integrantes del núcleo del tipo, que sin embargo contribuyen de forma decisiva a su ejecución.

4) Cada coautor, sobre la base de un acuerdo, previo o simultáneo , expreso o tácito, tiene el dominio funcional, que es una consecuencia de la actividad que aporta en la fase ejecutiva y que lo sitúa en una posición desde la que domina el hecho al mismo tiempo y conjuntamente con los demás coautores. Su aportación a la fase de ejecución del delito es de tal naturaleza, según el plan seguido en el hecho concreto, que resulta imprescindible. Deben, por el contrario, excluirse de la coautoría los actos realizados en la fase de preparación del delito y aquellos que se ejecutan cuando éste ya esté consumado.

5) Según la teoría del dominio del hecho, son coautores los que realizan una parte necesaria en la ejecución del plan global aunque sus respectivas contribuciones no reproduzcan el acto estrictamente típico, siempre que , aún no reproduciéndolo, tengan el dominio funcional del hecho, de suerte que sea éste, en un sentido muy preciso y literal, un hecho de todos que a todos pertenezca. A este respecto , se afirma que entre los coautores se produce un vínculo de solidaridad que conlleva la imputación recíproca de las distintas contribuciones parciales; esto es, cada coautor es responsable de la totalidad del suceso y no sólo de la parte asumida en la ejecución del plan conforme a un criterio de la distribución de funciones.

6) La realización conjunta del hecho sólo requiere que los coautores sumen conscientemente sus actos en función de una finalidad objetiva común manifestada en la acción. Sólo pueden ser dominados los hechos que se conocen.

No que atinxe á comisión por parte do acusado Obdulio dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal na persoa de Esteban, tamén nun todo quedou acreditada por mor da inicial pelexa entre ambos, na que mutua e reciprocamente se agrediron co resultado de lesións na persoa de Esteban . Estas consistiron en erosións superficiais lineais no tórax e no primeiro dedo da man dereita, polo que precisou dunha primeira e única asistencia médica e tardou en curar 3 días sen incapacidade para as súas ocupacións habituais. As manifestacións incriminatorias en tal sentido tanto por parte do lesionado como por parte da fundamental testemuña Mauricio e, de xeito parcial, polo propio autor da falta, non deixan lugar a dúbidas.

Terceiro.- Concorre a circunstancia modificadora da responsabilidade criminal atenuante do vixente artigo 21.6ª do Código penal ( A dilación extraordinaria e indebida na tramitación do procedemento, sempre que non sexa atribuíble ao propio inculpado e que non garde proporción coa complexidade da causa ).

As recentes S.S.T.S. 564/2011 , do 9 de xuño , e 151/2011, do 10 de marzo, sinalan que:

Como tiene declarado esta Sala en Sentencias 32/2004, de 22 de enero, y 322/2004, de 12 de marzo, siguiendo el criterio interpretativo del Tribunal Europeo de Derechos Humanos , en torno al artículo 6 del Convenio para la protección de los Derechos Humanos y de las Libertades Fundamentales, que reconoce a toda persona el "Derecho a que la causa sea oída dentro de un plazo razonable", los factores que han de tenerse en cuenta son los siguientes:

- la complejidad del proceso,

- los márgenes ordinarios de duración de los autos de la misma naturaleza en igual período temporal ,

- el interés que arriesga quien invoca la dilación indebida ,

- su conducta procesal,

- y la de los órganos jurisdiccionales en relación con los medios disponibles.

No suposto que agora nos ocupa, a consideración conxunta das amentadas circunstancias autoriza a aplicación da atenuante de dilacións indebidas. Os feitos aconteceron o 29 de xullo de 2007; o primeiro sinalamento da vista oral foi para o día 26 de maio de 2011; o segundo para o 15 de setembro de 2011; e definitivamente celebrouse por fin a primeira sesión da vista oral o 6 de outubro de 2011, que concluíu o día 13 deste mesmo mes. É dicir , máis de catro anos se tardaron en xulgar os presentes feitos que, en si mesmos, e a teor dos medios probatorios investidos na súa demostración -declaracións dos tres acusados, dúas testemuñas presenciais, dous axentes da Garda Civil e a correspondente documental médica-, ben deberan ser axuizados con bastante antelación. Xa que logo , co carácter de simple, aplicamos a devandita atenuante co seu conseguinte reflexo penolóxico.

Cuarto.- A pena sinalada para o delito de lesións do artigo 149.1 do Código penal é a de prisión de 6 a 12 anos. A fiscala solicitou a de 8 anos de prisión. E a acusación particular solicitou a de prisión de 12 anos. Pois ben, ao apreciar a concorrencia da circunstancia atenuante do artigo 21.6ª do Código penal, a teor do artigo 66.1.1ª do mesmo texto legal, debemos impoñer a pena na súa metade inferior e, dentro desta, no seu mínimo legal de 6 anos de prisión para cada un dos acusados polo amentado delito.

A pena sinalada para a falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal é a de localización permanente de 6 a 12 días ou multa de 1 a 2 meses. A fiscala solicitou a de 45 días de multa, cunha cota diaria de 10 ?. Dentro do solicitado pola parte acusadora podemos impoñer a pena segundo o noso prudente arbitrio sen axustarnos ás regras dos artigos 61 a 72 do Código penal ( artigo 638 do Código penal ). E , en consideración ás circunstancias do caso e do culpable da devandita falta, impoñémoslle a de 1 mes de multa, cunha cota diaria de 10 ?, ao non constar por ningures que o responsable da falta se encontre en situación de indixencia ou miseria económica (por todas , a STS 428/2009, do 28 de abril , e as que nela se citan).

Quinto.- Toda persoa criminalmente responsable dun delito ou falta tamén o é civilmente se do feito se derivan danos ou prexuízos ( artigo 116 do Código penal ).

O baremo introducido pola disposición adicional 8ª da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados resulta obrigado cando se trata de accidentes de circulación. Mais ten un alcance meramente orientador cando se trata de resultados lesivos producidos nos delitos alleos á circulación de vehículos de motor (por todas, as SSTS do 11 de xullo de 2011 -ROJ STS 5131/2011-, e do 7 de xullo de 2011 -ROJ S.T.S. 5120/2011 -). En casos como os de lesións , partindo dese carácter orientador, coa finalidade de dar unha cabal explicación ás indemnizacións que se van conceder e de proscribir toda arbitrariedade en tal sentido, o Tribunal pode acudir ao baremo para cuantificar o importe da responsabilidade civil, con observancia do principio de rogación das partes e dentro da acreditación das causas dos feitos xeradores dos propios feitos indemnizatorios. Incluso se incrementan as cantidades que resulten da consulta do referido baremo cando, como neste caso , estamos en presenza dun delito doloso e non dun culposo, como sería o accidente de circulación. Xa que logo, e como semella que observaron as acusacións pública e particular, consideraremos a resolución do 20 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, pola que se dá publicidade ás contías das indemnizacións por morte, lesións permanentes e incapacidade temporal que resultarán de aplicar durante 2009 o sistema para a valoración dos danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación.

Pois ben , dúas foron as persoas lesionadas: Obdulio e Esteban . A primeira padeceu un hematoma supraciliar , unha ferida ocular perforante circunferencial con herniación de tecidos intracelulares e estoupido do globo ocular esquerdo por traumatismo ocular, lesións que precisaron de tratamento cirúrxico consistente na primeira asistencia e posterior intervención e en diversas asistencias médicas posteriores. Tardou en curar 33 días, dos que 2 estivo hospitalizado e 31 en ambiente extrahospitalario e impedido para realizar as súas ocupacións habituais. As secuelas que lle restan son a perda do globo ocular esquerdo, pendente da colocación dunha prótese, sufrindo, dende o punto de vista funcional, unha perda total da visión do ollo esquerdo e, dende o punto de vista estético , un importante prexuízo estético.

Polos días que Obdulio tardou en curar -33 días, dos que 2 estivo hospitalizado e 31 en ambiente extrahospitalario e impedido para realizar as súas ocupacións habituais- deberá percibir a cargo dos outros dous acusados a cantidade de 1.780 ,16 ?. Pola secuela consistente na perda do globo ocular esquerdo coa perda total da visión, a cantidade de 60.000 ?. E polo importante prexuízo estético que a anterior secuela a todas luces lle ocasiona, a cantidade de 15.000 ? , e mais 241,43 ? en concepto de gastos médicos, farmacéuticos e por desprazamentos.

Esteban tamén sufriu lesións consistentes en erosións superficiais lineais no tórax e no primeiro dedo da man dereita, precisou dunha primeira e única asistencia médica e tardou en curar 3 días sen incapacidade para as súas ocupacións habituais. Consideramos axustada a cantidade solicitada para el pola fiscala consistente en 96 ?.

Sexto.- En materia de custas , o artigo 123 do Código penal dispón que se entenderán impostas pola lei aos criminalmente responsables de todo delito ou falta. O artigo 239 da Lei de axuizamento criminal di que nos autos ou nas sentenzas que poñan remate á causa ou a calquera dos incidentes deberá resolverse sobre o pagamento das custas procesuais. E o artigo 240.2º da LACrim sinala que a Resolución pode consistir en condenar ao pagamento das custas aos procesados.

No caso da imposición das custas ao condenado penalmente en favor da acusación particular , a regra xeral é a súa inclusión, agás supostos excepcionais nos que a intervención da devandita acusación se amose notoriamente superflua, inútil e incluso perturbadora por introducir no proceso teses cuxa heteroxeneidade cualitativa aparece patente coas da acusación pública ou coas aceptadas na sentenza (por todas, a ST.S. do 2 de decembro de 2010 -ROJ STS 7043/2010 -).

Por todo o dito, impoñemos as custas da presente instancia , con inclusión das xeradas pola acusación particular , aos acusados Hilario e Esteban . E , no caso do coacusado Obdulio, as correspondentes a un xuízo de faltas.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Condenar os acusados Hilario e Esteban, como autores responsables dun delito de lesións do artigo 149.1 do Código penal, coa concorrencia da circunstancia modificadora da responsabilidade criminal atenuante do artigo 21.6ª do Código penal, á pena de prisión de 6 anos para cada un , coa inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e ao pagamento das custas. En concepto de responsabilidade civil, deberán satisfacer, de xeito conxunto e solidario, a Obdulio a cantidade de 1.780,16 ? polos días que tardou en curar, 60.000 ? polas secuelas, 15.000 ? polo prexuízo estético importante e 241 , 43 ? polos gastos, mais os xuros correspondentes a teor do artigo 576 da Lei de axuizamento civil .

Condenar o acusado Obdulio, como autor responsable dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal, á pena de multa dun mes, cunha cota diaria de 10 ?, coa responsabilidade persoal subsidiaria prevista no artigo 53.1 do Código penal en caso de non atender ao seu pagamento , con imposición das custas da presente instancia.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer o recurso de casación, ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo , por infracción de lei ou quebrantamento de forma, no prazo de cinco días, que se contarán desde a última notificación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza , da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada no día da data, polos Ilmos/as. Sres/sras. Maxistrados/as, que a asinan, durante a audiencia pública. De lo que eu Secretaria certifico.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.