Última revisión
20/10/2011
Sentencia Penal Nº 288/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 85/2011 de 20 de Octubre de 2011
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 20 de Octubre de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: GARCIA BREA, MATILDE ETHELDREDA
Nº de sentencia: 288/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011100296
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00288/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
2252C1E1
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 213100
N.I.G.: 36038 51 2 2010 0003920
ROLLO: RPAPELACION PROCTO. ABREVIADO 0000085 /2011 -MJ-
Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000338 /2010
RECURRENTE: Patricio
Procurador/a: PATRICIA CONDE ABUIN
Letrado/a: ROCIO LODEIRO MATALOBOS
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL
SENTENZA Nº 288
==============================================================
ILMO/AS SR./SRAS
Presidente/a:
D. JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO
Magistradas
DÑA. ROSARIO CIMADEVILA CEA
DÑA. MATILDE ETHELDREDA GARCIA BREA (Suplente)
==============================================================
Pontevedra, vinte de outubro de dous mil once.
Vistas pola Sección Segunda da Ilma. Audiencia Provincial de Pontevedra, as actuacións do recurso de apelación núm. 85/2011 , seguidas como consecuencia do formulado recurso de apelación formulado contra a sentenza pronunciada no Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra, no Procedemento abreviado núm. 338/2010 sobre delito de incendio por imprudencia, e no que foi parte apelante D. Patricio , representado pola procuradora dona Patricia Conde Abuin , e defendido polo letrado dona Rocio Lodeiro Matalobos . Interveu como apelado o Ministerio Fiscal. Foi relatora dona MATILDE ETHELDREDA GARCIA BREA, quen expresa o parecer da Sala. Logo da preceptiva e oportuna deliberación e votación, procede formular os seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e parte dispositiva:
Antecedentes
Primeiro.- O Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra pronunciou unha sentenza con data do 19 de xaneiro de 2011 na que constan como feitos probados:
ÚNICO.- Probado y así se declara que el día 30 de julio de 2007, Patricio, mayor de edad, prendió fuego a la maleza y pastos de una finca de su propiedad sita en el Lugar de Malburgo, Millarada, Forcarei.
Al no adoptar el Sr. Patricio las medidas de precaución elementales para ejecutar la quema -no realizar cortafuegos o devasa de la anchura necesaria en el perímetro de la quema y no disponer de agua en el lugar con el fin de poder extinguirla- el fuego se extendió y afecto a 0,1 hectáreas de superficie agricola, siendo extinguido por personal al servicio de la Xunta de Galicia, asecendiendo los gastos de la extinción a la suma de 633 euros.
Todos los demás perjudicados excepto Eugenia han renunciado a cualquier indemnización derivada de los hechos.
Patricio padece un trastorno de ideas delirantes asociado a un consumo abusivo de alcohol , por lo que el día de los hechos tenía gravemente afectadas sus facultades intelectivas y volitivas, aunque sin llegar a estar anuladas.
Segundo.- Na devandita sentenza, a parte dispositiva é do seguinte teor literal:
Que debo condenar y condeno a D. Patricio, como autor criminalmente responsable de UN DELITO DE INCENDIO POR IMPRUDENCIA GRAVE, concurriendo la eximente incompleta de la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, condenándolo asimismo al abono de las costas procesales, debiendo indemnizar a la Xunta de Galicia en la suma de SEISCIENTOS TREINTA Y TRES EUROS."
Terceiro.- Formulou, en tempo e forma, un recurso de apelación a representación procesual de D. Patricio , que foi admitido en ambos os efectos , Déuselles traslado do mesmo ao Ministerio Fiscal e ás demais partes.
Cuarto.- Tras ser remitidas as actuacións a esta audiencia Provincial, e unha vez recibidas , formouse o correspondente rolo, mediante quenda asignouse o relator, e sinalouse día para a deliberación e resolución.
Derradeiro.- No desenvolvemento do presente recurso observáronse as prescricións legais.
Fundamentos
Primeiro.- Partimos da sentenza do 19 de xaneiro de 2011, na que se condena a D. Patricio como autor criminalmente responsable dun delito de incendio por imprudencia grave, concorrendo a eximente incompleta de alteración psíquica.
Formulou recurso de apelación a representación procesual do condenado, alegando unha indebida aplicación do artigo 21.1 do Código penal, en relación co artigo 20.1 do mesmo texto legal . Defende que D. Patricio é totalmente inimputable, xa que media neste caso unha eximente completa , posto que o devandito suxeito padece unha "esquizofrenia paranoide". Por iso solicita a súa absolución, e invoca no seu favor un informe médico (folio 98) onde consta literalmente:
En el momento de comisión del delito se encontraba desestabilizado y se procedió a su ingreso en un Centro [...] le anulan su capacidad de discernir el bien y el mal [...].
Pola súa parte, o Ministerio Fiscal opúxose a tal petición, sinalando que a esquizofrenia é unha enfermidade que presenta momentos de afectación e outros de lucidez. E destacaba o feito de que, no acto da celebración do xuízo oral, D. Patricio estaba plenamente lúcido; e que, lonxe de recoñecer a ilicitude do seu proceder no momento de realizar os feitos -que sería a actitude propia de quen os comete durante un brote da enfermidade-, o que fixo D. Patricio foi xustificalos plenamente, e reiterar a mesma actitude que o levou a cometer o delito , o que poñía de manifesto que a súa comisión non derivou da enfermidade que padece.
Segundo.- Di a sentenza da audiencia Provincial de Barcelona do 29 de marzo de 2011 :
Debe descartarse la eximente completa pedida por la defensa ya que la misma sólo podría descansar en una anulación o eliminación plena de la capacidad cognitiva y/o volitiva, lo que no medió en el caso de autos. Los forenses no detectaron merma alguna de la capacidad intelectual y respecto a la voluntad la entendieron disminuida de forma importante pero no anulada.
No presente caso, conforme expón o Ministerio Fiscal, a afectación que sofre D. Patricio non chega a anular totalmente a súa consciencia no momento de acometer o incendio. Como apreciou o xuíz, o condenado sofre unha enfermidade mental, e no momento en que levou a cabo os feitos tiña as súas capacidades volitivas e intelectivas afectadas pola devandita enfermidade, pero non estaban anuladas. Proba diso é que o mesmo día que provoca o incendio , isto é, o día 31 de xullo de 2007, a médica forense que aconsella o seu internamento para valorar o seu grao de consciencia fai constar expresamente no momento de practicarlle o recoñecemento para os efectos de valorar o seu Estado psicolóxico (folio 42): "se muestra tranquilo y reconoce parcialmente los hechos que se le imputan [...]". Hai que estar, pois, ao informe emitido nesa data (o 31 de xullo de 2007) , e carecen de relevancia os informes posteriores, pois non determinan o grao de lucidez ou consciencia do interesado no momento de prender o lume. Para o que aquí xulgamos pouco importa o estado mental de D. Patricio o día 30 de xuño de 2008, data dun informe médico que se achega, pois o que é decisivo para valorar a súa inimputabilidade é o seu Estado mental o día e á hora da comisión dos feitos sometidos a xuízo.
Como pon de manifesto a xurisprudencia, en concreto unha sentenza da Audiencia Provincial de Girona do 3 de maio de 2011, o artigo 20.1 do CP presenta a exención sobre a base de dous pasos necesariamente concorrentes e relacionados causalmente: calquera anomalía ou alteración psíquica, e a afectación das facultades psíquicas de motivación pola norma ou de actuación conforme ao coñecemento. O primeiro requisito debe ser declarado por un médico; e, no caso que nos ocupa, efectivamente , o acusado (D. Patricio ) está diagnosticado dende hai varios anos de "esquizofrenia paranoide y dependencia de sustancias psicoactivas" , tal e como pon de manifesto a médica forense que o recoñece no momento da súa detención (folio 42).
O segundo requisito para poder apreciar a exención virá constituído pola análise sobre a imposibilidade de comprender o suxeito a ilicitude do feito ou de actuar conforme a esa comprensión. Así, aínda que os padecementos mentais poden determinar a estimación dunha causa de exención plena da responsabilidade criminal (se o suxeito se encontra nun "brote" no momento da comisión dos feitos) , o feito de que os dous presupostos da exención estean configurados nunha relación de causalidade implica no só a concorrencia do padecemento da enfermidade (o "elemento biolóxico"), senón que resulta necesario probar a afectación das capacidades cognoscitivas e/ou volitivas do suxeito (o "elemento psicolóxico"), e a súa intensidade, no momento da comisión dos feitos. É dicir, non todos os actos que realizan os psicóticos teñen a súa orixe na súa patoloxía, salvo cadros moi avanzados nos que a psicose impregna toda a personalidade do suxeito e, polo tanto, todos os seus actos.
Tal circunstancia non se acreditou que concorra neste caso e , polo tanto, non se pode apreciar a eximente completa que alega o recorrente, e non pode prosperar a súa pretensión de absolución. En definitiva, debemos acordar que a valoración que efectúa o xulgador na resolución obxecto de recurso non resulta errada, non existe infracción legal de ningún precepto, e debemos manter as conclusións argumentadas na sentenza da instancia.
Terceiro.- Por conseguinte, procede rexeitarmos o recurso de apelación interposto por D. Patricio contra a sentenza pronunciada o 19 de xaneiro de 2011 polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra no Procedemento abreviado núm. 338/2010, que confirmamos na súa integridade.
Declaramos as custas de oficio.
Por todo o exposto , vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación , de conformidade co preceptuado no artigo 117 da Constitución,
Fallo
Que debemos rexeitar e rexeitamos o recurso de apelación interposto pola Procuradora dona Patricia Conde Abuin, en nome e representación de don Patricio , contra a sentenza pronunciada o día 19 de xaneiro de 2011 polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra, nos autos do Procedemento abreviado núm. 338/2010, a cal confirmamos integramente. Declaramos de oficio as custas xeradas nesta alzada.
Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ao xulgado de procedencia cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada dona MATILDE ETHELDREDA GARCIA BREA, durante a audiencia pública. Dou fe.

