Sentencia Penal Nº 292/20...re de 2011

Última revisión
20/10/2011

Sentencia Penal Nº 292/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 79/2011 de 20 de Octubre de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 12 min

Orden: Penal

Fecha: 20 de Octubre de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: GARCIA BREA, MATILDE ETHELDREDA

Nº de sentencia: 292/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011100297

Resumen:
ACUSACIÓN O DENUNCIA FALSA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00292/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

2252C1E1

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 213100

N.I.G.: 36038 51 2 2010 0002358

ROLLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000079 /2011 P

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000215 /2010

RECURRENTE: Antonia , Leopoldo

Procurador/a: OLGA CASABLANCA GARCIA, NURIA SANABRIA DELGADO

Letrado/a: SALOME PEREIRA PEREIRA, EDELMIRO PEREZ GONZALEZ

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

SENTENZA Nº 292

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRAS

Presidente:

D. JOSÉ JUAN BARREIRO PRADO

Maxistradas

Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA

Dª MATILDE ETHELDREDA GARCIA BREA (Suplente)

==========================================================

En PONTEVEDRA, a vinte de outubro de 2011.

VISTO, por esta Sección 002 desta Audiencia Provincial o recurso de apelación interposto polas Procuradoras dona OLGA CASABLANCA GARCIA e dona NURIA SANABRIA DELGADO, en representación de Antonia , Leopoldo , contra Sentenza ditada no procedemeento PA: 215/2010 do XDO. do PENAL nº: 3 ; foron parte, como apelante os citados recorrentes e como apelado o MINISTERIO FISCAL, foi Ponente a Maxistrada Ilma. Sra. dona MATILDE ETHELDREDA GARCIA BREA.

Antecedentes

Primeiro.- O Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra ditou unha sentenza con data do 15 de decembro de 2010, na que constan como feitos probados:

"Que el acusado, Leopoldo, mayor de edad, con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, el 23 de enero de 2008 presentó a través de su representación procesal, un escrito ante el Juzgado de Instrucción Número Dos de Porriño, en el que señalaba que un documento de fecha 10 de enero de 2002 presentado en el seno del juicio de faltas 379/01 se había incorporado una firma asociada a su persona, añadiendo que ninguna de las firmas del documento habían sido estampadas por el mismo. Esta denuncia dió lugar a las diligencias previas 790/05 del juzgado de Instrucción nº Uno de Porriño incoadas por auto de fecha 13 de julio de 2005 en cuyo seno afirmó el acusado en su declaración en sede judicial de fecha 26 de octubre de 2005 , sospechar que Antonia había simulado su firma. Por auto de fecha 14 de septiembre de 2007, declarado firme el 23 de octubre de 2007, el Juzgado de Instrucción Número Uno de Porriño acordó el sobreseimiento libre de las actuaciones en atención al resultado de las diligencias practicadas , fundamentalmente por la declaración judicial del testigo Pablo Jesús quien afirmó que el documento le fue entregado por el acusado , quien cree que lo firmó a su vista, y por el resultado de la prueba pericial caligráfica que concluye que la firma dubitada cuya falsificación el acusado había denunciado corresponde al mismo."

Segundo.- Na devandita sentenza, a parte dispositiva é do seguinte teor literal:

"Que debo CONDENAR Y CONDENO a Leopoldo como autor penalmente responsable de un delito de acusación y denuncia falsa, sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de multa de dieciséis meses a razón de seis euros diarios con la responsabilidad personal subsidiaria del artículo 53 del Código Penal en caso de impago, absolviéndole de los demás hechos de los que se le acusaba. Con imposición de 1/3 de las costas causadas, declarando las demás de oficio

Terceiro.- As representacións procesuais de dona Antonia , e de don Leopoldo, formularon respectivamente, en tempo e forma, cadanseus recursos de apelación , os cales foron admitidos en ambos os efectos, dándose traslado deles ás demais partes e ao Ministerio Fiscal, que presentou un escrito de oposición fronte a eles, do mesmo xeito que a acusación particular, e o acusado en relación cos recursos de adverso.

Cuarto.- Remitidas as actuacións a esta audiencia Provincial, e unha vez recibidas , formouse o correspondente rolo, mediante quenda asignouse o relator, e sinalouse día para a deliberación e resolución.

Derradeiro.- No desenvolvemento do presente recurso observáronse as prescricións legais.

Fundamentos

Primeiro.- A sentenza contra a que se apela condena polo delito de acusación e denuncia falsa ( art. 456.1.2º CP ) a don Leopoldo, e imponlle unha multa de seis euros diarios durante dezaseis meses. Pola contra, o absolve dos delitos de inxurias e calumnias. Razóase na sentenza que se absolve do delito de calumnias porque xa se lle condena por ese mesmo feito ao ser "calificada de falsificadora"; ademais, trátase de imputacións xenéricas ou vagas , cando o delito de calumnias esixe que recaian sobre un feito inequívoco, concreto e determinado, preciso na súa significación e catalogable criminalmente. Polo que respecta ao delito de inxurias, estímase na devandita resolución que non teñen a condición de "obxectivamente inxuriosas" nin transcendencia penal, dadas as circunstancias concorrentes entre ambas as dúas partes, e así recolle que o acusado e a vítima estiveron con anterioridade unidos por un vínculo sentimental, e que están inmersos en numerosos litixios , derivados de que tiñan negocios en común.

Segundo .- Contra a citada sentenza formularon recurso de apelación tanto a acusación particular como o condenado. O Ministerio Fiscal mostrouse de acordo con ela.

Invoca a acusación particular o erro na valoración da proba. No seu recurso de apelación, dona Antonia discute a pena imposta alegando que dado que o Código penal fixa a pena prevista para o delito de acusación e denuncia falsa nunha multa de doce a vintecatro meses, estima insuficiente que se lle impoña ao acusado a multa por un espazo de dezaseis meses, de xeito que non acada nin a metade da pena imposta, isto é, dezaoito meses. Defende que procede impor máis duración, pedindo cando menos a metade da prevista legalmente: é dicir, seis meses (folio 505), tendo en conta as circunstancias do caso.

Tamén pide dona Antonia que se aumente a cantidade que ten que aboar o acusado como multa , de xeito que sexa superior a 6 euros mensuais, fundamentando a súa petición nos ingresos que aquel declarou na instrución, e di expresamente: "por cuantía de ". E incide en que era clara a intención do acusado, pois, sendo a súa sinatura verdadeira, afirmou que a falsificación era unha ruda imitación.

Por outra parte , solicita que se lle condene tamén a don Leopoldo polos delitos de calumnias e inxurias, dado que o acusado declarou xa en outras ocasións que Antonia falsificara unha sinatura ante a entidades bancarias BBVA e Banco Santander, polo que a recorrente entende que existe unha imputación concreta, chamándoa falsificadora, e polo tanto, imputándolle dous delitos de falsidade documental. E que todo iso afecta á dignidade e ao honor da vítima, bens protexidos nos artigos 205 e 208 do CP .

No relativo ao tema da responsabilidade civil, á parte de invocar sufrir prexuízos materiais , solicita unha indemnización por danos morais, ao ter que soportar por esa acusación falsa, inxustamente, como imputada, un proceso penal. Entende que non precisa probar este tipo de dano moral.

Terceiro.- En primeiro lugar, é a xulgadora a quen lle corresponde determinar o tempo exacto de condena dentro dese abanico que vai de 12 a 24 meses, atendendo ás circunstancias do caso e á súa apreciación , de xeito que as valoracións feitas ao respecto pola acusación particular resultan irrelevantes.

En segundo lugar, a recorrente non determina o importe dos ingresos do acusado, deixando un espazo en branco cando se refire a eles, ao dicir que o acusado os declara na fase de instrución. E non concreta a cantidade que tería que percibir por tal concepto. O importe de 6 euros mensuais parece axeitado, tendo en conta que é o que fixa a xurisprudencia para unha economía media.

En terceiro lugar, conforme co que se expresa e razoa na sentenza contra a que se apela, as condutas polos delitos que pretende a recorrente que sexan apreciados (calumnias e inxurias), xa están comprendidas e valoradas no tipo delituoso de acusación e denuncia falsa , nun caso , e se mostran carentes de importancia noutro.

Por último, aléganse uns danos materiais e morais que en ningún momento foron obxecto de proba, cando é imprescindible que sexan acreditados. Á parte, non se concreta ningunha cantidade en concepto de indemnización.

Cuarto.- En relación co recurso interposto polo acusado, invócase nel o erro na valoración da proba, a vulneración do dereito á presunción de inocencia, e a desproporción na pena imposta.

Pide o condenado a súa absolución, baseándose en que as declaracións vertidas na denuncia foron realizadas polo seu representante procesual. Porén , o certo é que foi como se as fixera directamente el, xa que se afirmou e ratificou nelas.

Di que non houbo imputación, pois sinxelamente puxo de manifesto a súa falta de consentimento no texto do documento. Di que manifestou que sospeitaba dela; que denunciou de boa fe, aínda que erradamente; que a testemuña non recorda o texto do documento, polo tanto tampouco pode afirmar que ese documento fose o que o acusado firmou á súa vista, etc.

En definitiva, parece agora querer desandar o andado, cando a denuncia está formulada nos extremos que constan nela, e os feitos sometidos a axuizamento son os que son.

Un pode que non recorde de xeito seguro , ao cen por cen, se firmou ou non un documento, mais toda persoa recoñece a súa sinatura, e polo de pronto sabe se ten similitude coa verdadeira. Cando alguén se atreve a afirmar que unha sinatura é unha mala falsificación da propia, denota que non agacha dúbida ningunha de que a letra, os trazos, e os demais elementos que integran aquela non son feitos por el, non lle pertencen. Aquí é onde se atopa o elemento subxectivo, o dolo , pois fai unha afirmación que non é verdadeira, e acusa a outra persoa, sostendo así unha acusación falsa. O denunciante non aduce nunca que tivese incerteza, que fose probable ou posible, senón, moi ao contrario , apunta directamente como a única autora da evidente e mala falsificación a dona Antonia .

Posteriormente, o recorrente entra nunha análise das declaracións feitas polas testemuñas que non resultan procedentes, dado que pretende establecer pautas ou regras en torno a como deben valorarse tales declaracións, esquecendo que é a xulgadora a quen corresponde a labor de facelo, e ao igual que sucedía coa acusación particular, no fondo o que se persigue é mudar o criterio da xulgadora polo propio.

Di que cando manifestou que a sinatura non era súa, o que quería dicir era que non estaba de acordo co texto contido no documento. Resulta moi chocante que unha persoa asine algo co que non está de acordo. Dende sempre a sinatura significa sinal de conformidade co contido do documento onde aquela se estampa. Non é obxecto de axuizamento o texto do documento, que pode dicir branco ou negro; nin a conformidade ou desconformidade con el. Para os efectos penais que é o que aquí importa, o transcendental , é xustamente esa sinatura, a cal non foi falsificada por ninguén, pois, é verdadeira e corresponde ao seu dono.

En definitiva, a apreciación da xulgadora de instancia resulta axeitada, e non se aprecia erro na valoración que fai da proba. Á marxe dos fundamentais efectos que lle proporcionan os principios de inmediación, oralidade, e contradición no seu labor de ponderar os medios probatorios, non se consideran as súas conclusións erradas , senón lóxicas e razoables. Non existe, pois , a vulneración da presunción de inocencia consagrada no artigo 24 da Constitución que invoca o acusado.

Ao respecto, cabe traer a colación a sentenza da audiencia Provincial de Madrid do 14 de xullo de 2009 :

Constituye doctrina reiterada del Tribunal Constitucional la que afirma que el principio de presunción de inocencia alegado solo alcanza a garantizar la interdicción en cuanto al dictado de resoluciones condenatorias en el ámbito penal, cuando aquellas carezcan de todo sustento probatorio o que , aun teniéndolo la prueba hubiera sido obtenida con violación o infracción de Derechos fundamentales, no así cuando conste allegado al proceso, en mayor o menor medida, dicho aporte probatorio material, lo que hará, desde tal instante , que adolezca de virtualidad la invocación -abusiva, en tantas ocasiones- relativa a la violación por inaplicación del principio, elevado a rango de Derecho fundamental, de presunción de inocencia, pues en tales supuestos , lo que realmente se debate no es otra cosa que la divergente valoración que la parte realiza sobre el contenido o resultado de la prueba practicada, en cuanto se imputa al Juzgador una valoración errónea sobre su contenido, lo que ninguna relación guarda con el principio de referencia; es decir que no cabe confundir presunción con la valoración de la prueba efectuada por el Juzgador; que reiteramos ha sido acertada.

Cuarto.- Por conseguinte, procede rexeitar tanto o recurso de apelación interposto por dona Antonia, como o recurso de apelación interposto por don Leopoldo, contra a sentenza do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra do 15 de decembro de 2010 , que confirmamos na súa integridade.

Declaramos as custas de oficio.

Por todo o exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación, de conformidade co preceptuado no artigo 117 da Constitución,

Fallo

Que debemos rexeitar e rexeitamos os recursos de apelación interpostos, respectivamente, polas representacións procesuais de dona Antonia, así como de don Leopoldo contra a sentenza ditada o día 15 de decembro de 2010 polo Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra , nos autos do Procedemento abreviado núm. 215/2010 , a cal confirmamos integramente. Declaramos de oficio as custas xeradas nesta alzada.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolle saber que a presente resolución é firme e contra a mesma NO N CABE INTERPONER RECURSO NINGÚN.

Así , por esta Sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.