Última revisión
21/09/2016
Sentencia Penal Nº 292/2015, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 55/2014 de 09 de Diciembre de 2015
Relacionados:
Tiempo de lectura: 44 min
Orden: Penal
Fecha: 09 de Diciembre de 2015
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 292/2015
Núm. Cendoj: 36038370022015100290
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00292/2015
AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION SEGUNDA DE PONTEVEDRA
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
N85850
N.I.G.: 36038 43 2 2013 0007512
PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000055 /2014CR
Delito/falta: INCENDIOS CON PELIGRO PARA VIDA/INTEGRIDAD FÍSICA
Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
Contra: Guillermo , Margarita
Procurador/a: D/Dª PATRICIA CONDE ABUIN, PEDRO SANJUÁN FERNÁNDEZ
Abogado/a: D/Dª DOMINGO ESTARQUE MORENO, MANUEL BARROS BARROS
SENTENZA Nº 292
==========================================================
ILMOS/AS SR./SRAS Presidente/a: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO
Magistrados/as Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO
Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA
PONTEVEDRA, a dez de decembro do dous mil quince.
VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número Rolo 55/2014, procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra e seguida polo trámite de procedemento Sumario nº 2444/2013, por un delito de LESIONS NO AMBITO FAMILIAR e un delito de INCENDIO CON RISCO PARA A VIDA OU A INTEGRIDADE FISICA DAS PERSOAS, contra os seguintes acusados:
Guillermo , con DNI número NUM000 , nado o día NUM001 /1993, en Pontevedra, fillo de Luis Andrés e de Belinda , con domicilio en c/ DIRECCION000 nº NUM002 - Valle de Santa Ines-Betancuria CP- 35637 Fuerteventura, sen antecedentes penais, insolvente, en situación de liberdade por esta causa, representado pola procuradora Sra. PATRICIA CONDE ABUIN e defendido polo letrado Sr. DOMINGO ESTARQUE MORENO.
E contra Margarita con permiso de residencia nº NUM003 , nada o día NUM004 /1982 en Brasil, filla de Eleuterio e Rafaela , con domicilio en RUA000 nº NUM005 - NUM006 Pontevedra, sen antecedentes penais, insolvente en situación de liberdade por esta causa, representada polo procurador Sr. PEDRO SANJUAN FERNANDEZ, e defendida polo letrado Sr. MANUEL BARROS BARROS.
É parte acusadora o Ministerio Fiscalen representación do cal interveu a Sra. CARMEN NOVO. Actúa como relator o maxistrado D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO,quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
PRIMEIRO:Estas actuacións instruíronse por un delito de lesións no ámbito familiar do artígo 153.2 y 3 do Código Penal en relación co artigo 173.2 do mesmo Código e un incendio con risco para a vida o a integridade das persoas do artigo 351 do Código Penal , e practicadas as oportunas dilixencias convocouse as partes a xuizo oral, que tivo lugar o 1-12-2015, Ao acto compareceron os que se relatan na acta levantada para o efecto.
SEGUNDO.-O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que mudou en definitivas no acto de xuízo oral, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de LESIONS NO AMBITO FAMILIAR do artígo 153.2 y 3 do Código Penal en relación co artígo 173.2 do mesmo Código Penal e de un delito de INCENDIO CON RISCO PARA A VIDA OA INTEGRIDADE FISICA DAS PERSOAS do artígo 351 do Código Penal .
Do delito de lesións no ámbito familiar responde o acusado Guillermo en concepto de autor directo, de conformidade co artigo 28.1 C.P .
Do delito de incendio responde en igual concepto a acusada Margarita .
Non concurren circunstancias modificativas da responsabilidade penal.
Procede impoñer as seguintes penas: Ao acusado Guillermo a pena de 8 meses de prisión, privación do dereito a tenza e ao porte de armas por un período de dous anos e, ao abeiro do establecido no artigo 57 do Código Penal , Prohibición de aproximarse a menos de 200 metros de Margarita , de su domicilio o lugar de traballo, durante o periodo de dous anos. Custas.
A acusada Margarita a pena de dez anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena. Custas.
Como indemnización, Guillermo deberá aboar a Margarita a cantidade de 600 euros polas lesions. Pola sua parte, Margarita deberá indemnizar a Jesús Ángel e Milagrosa na cantidade de 381,15 euros polos gasto de limpeza do inmoble, 13.443,14 euros pola reparación dos destragos e 16.486,25 euros pola reposición do mobiliario.
TERCEIRO:Pola defensa de Margarita , no acto do xuízo oral presentouse nova cualificación provisional na que prestaba conformidade coa acusación, como responsable nos danos causados pero sen concorrer perigo para a vida e intregidade física das persoas. Considerando que os feitos eran constitutivos dun delito de incendio do artigo 351 en relación co 266 do Código Penal da que é resposable concorrendo as circunstancias atenuantes dos artigos 21.1ª en relación con 20.2º e 21.4ª e 5ª do Código Penal , rematando por solicitar a pena dun ano de prisión, rebaixada nun grao o dous graos consonte as atenuantes citadas. Tamén se facía responsable de indemnizar os danos causados.
Pola defensa de Guillermo eleváronse as súas conclusións provisionais a definitivas no sentido de solicitar a súa libre absolución e subsidiariamente a aplicación da circunstancia eximente de lexítima defensa do artigo 20.4ª do Código Penal e alternativamente a atenuante de arrebato ou obcecación do artigo 21.3ª do Código Penal e ademáis das dilacions indebidas do artigo 21.6ª.
UNICO.-O cuarto andar do número NUM007 da RUA001 de Pontevedra é propiedade do matrimonio formado por Jesús Ángel e Milagrosa . Nel tiñan fixado o seu domicilio conxugal o fillo dos anteriores Gregorio e a acusada Margarita , con NIE NUM003 , nada o NUM004 de 1982, residente legal en España, e sen antecedentes penais, xunto cos fillos del.
Sobre as 9 horas do día 27 de xuño de 2013, chegou á amentada vivenda a acusada Margarita nun evidente estado de embriaguez e discutiu co seu marido, Gregorio . Este e os seus fillos ausentáronse do domicilio e baixaron ata o segundo andar, onde residían os referidos donos da vivenda e pais del. Ao quedar soa a acusada, alterada polo seu estado e pola discusión, colleu diversos obxectos da vivenda para, deseguido, tiralos ao chan. Un dos fillos de Gregorio , o tamén acusado Guillermo , maior de idade e sen antecedentes penais, cando escoitou os ruídos que proviñan do cuarto andar, subiu dende o segundo para ver que sucedía. Os dous acusados, Margarita e Guillermo , enleáronse nunha discusión, no transcurso da cal el a agarrou polos pulsos e lle deu unha puñada no pómulo, o que lle causou erosións no pulso dereito, un hematoma na raíz do primeiro dedo da man dereita con erosións, e un hematoma na pálpebra do ollo esquerdo, que precisaron tan só unha primeira asistencia facultativa e que curaron aos vinte días sen incapacidade nin secuelas.
Ao baixar de novo Guillermo para o domicilio dos seus avós paternos e quedar outra vez soa Margarita , coa intención de provocar un incendio, plantou lume cun acendedor aos obxectos, mobles e pezas de roupa que había en dous lugares da casa, o salón e un dos cuartos que, precisamente, era o de Guillermo . Dada a natureza e composición das cousas sobre as que a acusada aplicou o lume, o incendio foi inmediato. Deseguido, abriu o regulador da bombona de gas correspondente á cociña de butano e a espita dun dos seus queimadores, polo que comezou así a liberarse o gas, para, a continuación, abandonar a vivenda e o edificio e dirixirse á rúa. Pouco tempo despois, ao decatáranse do fume os demais ocupantes do edificio e seren alertados para o correspondente desaloxo polos axentes de policía que primeiramente chegaron ao lugar, abandonaron o inmoble. Unha dotación do corpo de bombeiros sufocou o incendio mediante a aplicación de auga a presión.
Como consecuencia do sucedido, producíronse diversos danos e estragos na vivenda onde vivía a acusada, nos obxectos e cousas afectadas, e foi necesaria a limpeza do domicilio, gastos que non quedaron de momento suficientemente acreditados.
O inmoble do número NUM007 da RUA001 de Pontevedra é un edificio con estrutura de formigón, composto de planta baixa e catro andares, cunha soa vivenda por planta. Amais de estar ocupado o 4º andar pola acusada Margarita , o seu marido Gregorio , e os fillos deste -entre eles, o tamén acusado Guillermo -, tamén estaba ocupado o 2º polos donos da devandita vivenda e pais de Luis Andrés , e o 1º por unha irmá da nai deste - Sagrario -. Contiguo ao edificio había outro de similar altura composto de baixo, tres andares e baixo cuberta. O lume acadou grandes temperaturas, o que, xunto coa acción do gas que liberaba o queimador aberto da cociña de butano, puido causar males maiores na propia vivenda e edificio, de non mediar a rápida actuación dos bombeiros.
Fundamentos
Primeiro.- Os feitos declarados probados son legalmente constitutivos dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal -na redacción vixente cando ocorreron os feitos- e dun delito de incendio previsto e penado no primeiro parágrafo, segundo inciso, do artigo 351 do Código penal .
Segundo.- Da falta de lesións do entón vixente artigo 617.1 do Código penal , é responsable en concepto de autor ( artigos 27 e 28 do mesmo texto legal ) o acusado Guillermo .
Do delito de incendio do artigo 351, parágrafo primeiro, inciso segundo, do Código penal , é responsable en concepto de autora ( artigos 27 e 28 do mesmo texto legal ) a acusada Margarita .
Terceiro.- O acusado Guillermo , logo de ausentarse do domicilio que ocupaba co seu pai e irmáns para dirixirse ao segundo andar, onde vivían os seus avós, volveu a subir a aquela vivenda situada no cuarto andar do mesmo inmoble, tras escoitar uns ruídos que procedían do seu interior. Incomodado pola circunstancia de que comprobou que os ruídos obedecían a que acusada Margarita estaba a tirar ao chan, para estragalos, diversos obxectos, agarrouna polos pulsos e enleouse con ela nunha pelexa no transcurso da cal lle deu unha puñada no ollo esquerdo, co resultado reflectido nos feitos probados desta mesma sentenza. Así o declarou a acusada Margarita na fase de instrución, xa que na vista oral, ao contestar unicamente as preguntas do seu avogado, tan só engadiu que tivo unha lea con Guillermo .
Por maior abastanza, no parte médico da asistencia inicial que recibiu Margarita consta que esta lle referiu ao facultativo que padecera unha agresión por parte do fillo da súa parella, quen a golpeara na cara; neste informe figura que se lle diagnosticou un traumatismo malar esquerdo. E no informe de sanidade da médica forense, aínda cando no relativo ao hematoma periorbitario non se descartou que se puidese producir de forma indirecta -como por exemplo, nunha caída complexa-, o certo é que se partía da afirmación de que o mecanismo máis frecuente de produción era por mor dun impacto directo -como por exemplo, unha puñada-. E a todo isto cómpre engadir que o axente da Policía Nacional con número de carné profesional NUM008 , tanto no atestado que encabeza as presentes actuacións como na vista oral, manifestou que, respecto ao golpe que tiña no pómulo Margarita , ela mesma lle dixo, cando chegaron ao lugar, que era debido a un golpe que lle dera Guillermo . Xa que logo, este é responsable en concepto de autor das lesións que se lle diagnosticaron a aquela.
Agora ben, fronte á cualificación da fiscala de que as lesións podían ser constitutivas dun delito de lesións no ámbito familiar do artigo 153.2 e 3 do Código penal , debemos subsumilas na falta de lesións do artigo 617.1 do mesmo texto legal , na súa redacción vixente na data dos feitos. Neste sentido, e na mesma liña que o informado pola defensa do acusado, abonda coa cita da recente SAP, Penal, Sección 5ª, do 23 de outubro de 2015 (ROJ: SAP PO 2192/2015- ECLI:ES:APPO:2015:2192):
Lo protegido con los tipos de violencia doméstica (en los que están incluidos el tipo de violencia de género del art. 153.1 CP y el tipo del art. 153.2 CP ) es la preservación del ámbito familiar que ha de estar presidido por el respeto mutuo y la igualdad, o dicho con otras palabras, la paz familiar, debiendo sancionarse todos aquellos actos que exteriorizan una actitud tendente a convertir ese ámbito familiar en un espacio regido por el miedo y la dominación, porque nada define mejor los malos tratos en el ámbito doméstico que la situación de dominio y de poder de una persona sobre otra de las referidas el art. 173.2, por remisión del propio art. 153 CP (del hombre sobre la mujer o en el caso de la violencia doméstica de un miembro de la familia sobre otro).
El presente caso no tiene que ver con actos realizados por uno sólo de ellos sobre el otro en el marco de una situación de dominio discriminatoria (ni desde el punto de vista de la exigencia del elemento subjetivo consistente en actuar con ánimo de dominación, ni desde el punto de vista de la exigencia de una situación objetiva de dominación a que se refiere el ATS de 31 de julio de 2013 basándose en la STC 159/2008, de 14 de mayo ), por lo que castigar conductas como la declarada probada por la vía del art. 153 CP , con la pluspunición que este precepto contiene, resultaría contrario a la voluntad del Legislador, puesto que las referidas conductas no lesionaron el complejo de intereses que dicho artículo trata de proteger, aunque sólo la mujer resultara con lesiones debido a que fueron leves y acordes al forcejeo mutuo en el que participó activa y voluntariamente.
Ya la STS de 8 junio 2009 que resolvió un supuesto en que hombre y mujer eran respectivamente agresores y agredidos el uno y la otra, excluyó la aplicación al hombre del tipo delictivo del art. 153.1 CP por entender que en ese caso no estaba presente la situación de dominación o subyugación y, como consecuencia de ello, añadió que no debía aplicarse tampoco el art. 153.2 CP con el siguiente razonamiento: 'Si, (...), llegamos a la conclusión de que, en el presente caso, no consta que la conducta del acusado (...), causante de las lesiones leves sufridas por su compañera (...), se produjera en el contexto propio de las denominadas conductas 'machistas', de tal modo que por ello no procediera, respecto de él, configurar su conducta como constitutiva de un delito del art. 153.1 CP , resultaría un auténtico contrasentido calificar la agresión de la mujer causante de las lesiones de su compañero como constitutiva de un delito del art. 153.2 CP '. Razonamientos que nos llevan a entender que el hecho cometido por el acusado no es constitutivo de un delito del art. 153.2 CP , aunque no deja de ser típico por el hecho de estar en presencia de una pelea mutua (intercambio de golpes), lo que nos lleva a considerar la existencia de una falta de lesiones del art. 617.1 CP , en la redacción vigente al momento de cometerse los hechos.
Na liña do así razoado, por ningures consta no presente caso unha actitude tendente a converter o ámbito familiar nun espazo presidido polo medo ou a dominación. Nada tiveron que ver os feitos cunha suposta relación de dominio discriminatoria, ora por non actuar con ese ánimo o acusado, ora pola indemostrada situación de toda dominación ou subxugación. E tampouco nada ten que ver a conduta do acusado causante das lesións á súa madrasta coas denominadas condutas machistas. E a conveniencia da aplicación do entón vixente artigo 617.1 do Código penal en lugar do actual artigo 147.2 do Código penal tras a súa modificación pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, resulta de tal evidencia que non merece maiores comentarios.
Por último, a amentada falta do artigo 617.1 do Código penal non estaría prescrita, como tamén reclamaba a defensa do acusado. De entrada, abonda con lembrar o acordo do 26 de outubro de 2010 do Pleno da Sala 2ª do Tribunal Supremo, segundo o cal:
Para la aplicación del instituto de la prescripción, se tendrá en cuenta el plazo correspondiente al delito cometido, entendido éste como el declarado como tal en la resolución judicial que así lo pronuncie. En consecuencia, no se tomarán en consideración para determinar dicho plazo aquellas calificaciones jurídicas agravadas que hayan sido rechazadas por el Tribunal sentenciador. Este mismo criterio se aplicará cuando los hechos enjuiciados se degraden de delito a falta, de manera que el plazo de prescripción será el correspondiente a la calificación definitiva de los mismos, como delito o falta. En los delitos conexos o en el concurso de infracciones, se tomará en consideración el delito más grave declarado cometido por el Tribunal sentenciador para fijar el plazo de prescripción del conjunto punitivo enjuiciado.
E por se algunha dúbida aínda se abrigase verbo de que o réxime de prescrición dos delitos conexos ou concursos delituosos tamén resulta aplicable ás faltas incidentais -no caso, a amentada falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal -, tamén resulta de conveniente cita a recente e ben significativa STS, Penal, Sección 1ª, do 10 de marzo de 2015 (ROJ: STS 1394/2015 - ECLI:ES:TS:2015:1394), segundo a cal:
La recurrente ha obviado la conexión o comisión conexa de la falta con un delito contra la integridad moral ( art. 175 CP ), el cual posee un término de prescripción de 5 años, quedando sometida la falta a esa prescripción por atracción del delito como precisa el último inciso del Acuerdo referido. Así pues, debe tenerse en cuenta el término prescriptivo de la infracción más grave (el delito) para fijar el plazo de prescripción de todo el conjunto punitivo enjuiciado.
Es de todo punto lógico que ante un conflicto de infracciones conexas o incidentales se siga un criterio unitario, pues entender lo contrario podría dar lugar a una fragmentación puramente aleatoria del tiempo hábil para el ejercicio delius puniendi de cada una de las infracciones aisladamente consideradas, pues si por un lado el enjuiciamiento conjunto de los delitos y faltas conexos se impone imperativamente con el fin de no romper la continencia de la causa, la atribución de un plazo prescriptivo propio para las infracciones menores o leves, determinaría la prescripción, que quizás no se hubiera producido considerándolas separadamente, ya que la poca complejidad de las mismas permitiría tramitar en poco tiempo y sin paralizaciones la causa referida a ellas exclusivamente.
Cuarto.- Á acusada Margarita imputáballe o Ministerio Fiscal a comisión dun delito de incendio previsto e penado no artigo 351, primeiro inciso, do Código penal , aínda que, finalmente, tamén aceptou a acusación pública a posibilidade da condena daquela polo segundo inciso do primeiro parágrafo do mesmo precepto legal.
A acción do delito de incendio do artigo 351 do Código penal consiste en prender lume a unha cousa non destinada a arder, de maneira que a súa potencial propagación comporte a creación dun perigo ou risco certo para a vida ou integridade física das persoas ( SSTS 432/2010 e 338/2010, do 16 de abril ). A STS, Penal, Sección 1ª, do 20 de maio de 2011 (ROJ: STS 3529/2011 - ECLI:ES:TS:2011:3529) resulta ben nidia ao respecto:
Desde el punto de vista subjetivo, se exige el propósito de hacer arder la cosa o lugar de que se trate y la conciencia del peligro para la vida o integridad física de las personas, teniendo en cuenta el riesgo de propagación. Y debemos tener en cuenta, como recuerda la STS 969/2004 de 29 de julio , en relación con el elemento objetivo, que es irrelevante la entidad real que el fuego pueda alcanzar, siendo lo esencial el peligro potencial, la propagación, generado por la acción de prender fuego, y desde el punto de vista subjetivo, el dolo no comprende la voluntad de causar daños personales siendo suficiente la intención del agente de provocar el incendio y la conciencia del peligro no obstante lo cual continúa con su acción ( STS 381/2001, de 13 de Marzo ). La intención del agente en este delito ha de abarcar solo el hecho mismo de provocar el incendio, no el peligro resultante para las personas, aunque éste debe ser conocido por él, al menos a título de dolo eventual ( SSTS 142/97 de 5 de Febrero , 2201/2001 de 6 de Marzo de 2002 y 724/2003 de 14 de Mayo ).
La jurisprudencia ha tratado este delito como de peligro concreto ( STS de 18 de Febrero de 2003 ), o de naturaleza abstracta ( STS 786/2003, de 29 de Mayo ), y ha considerado que el peligro para la vida e integridad física de las personas desencadenado por el fuego, a que se refiere el art. 351 Cpenal no es el necesario y concreto (exigido en cambio para el delito de estragos en el art. 346 CP ), sino el potencial o abstracto ( SSTS 2201/2001 de 6 de Marzo , 1263/2003 de 7 de Octubre ), o incluso se ha referido a él ( STS de 7 de Octubre de 2003 ), como a medio camino entre el peligro concreto y el abstracto (delito de aptitud), pues configura un comportamiento idóneo para producir peligro para el bien jurídico, que a partir del CP de 1995, dentro de los delitos contra la seguridad colectiva, ya no lo es el patrimonio sino la seguridad general y solo incidentalmente la propiedad ( SSTS 1284/1998 de 3 de Octubre , 1457/1999 de 2 de Noviembre y 1208/2000 de 7 de Julio ).
En cualquier caso, lo que exige el precepto es que la acción incendiaria comporte un peligro para la vida o integridad física de las personas, pero no que ponga en peligro real dichos bienes personales, y menos aún que sea necesario identificar a los sujetos pasivos de la acción, bastando por ello el riesgo de propagación y como consecuencia, la existencia de peligro para la vida o integridad física de las personas. Precisamente por ello se trata de un delito de consumación anticipada, pues se produce cuando se aplica el medio incendiario al objeto que se trata de incendiar con posibilidad de propagación, siendo por ello indiferente su mayor o menor duración y el daño efectivamente causado.
Os bens xurídicos protexidos polo tipo penal do artigo 351 son tanto o patrimonio das persoas como a súa vida e integridade física ( SSTS 560/2009, do 27 de maio ; 1021/2007, do 3 de decembro ; 932/2005, do 14 de xullo ; e 1280/2000, do 7 de xullo ). O perigo para a vida e integridade física das persoas desencadeado polo lume a que se refire o artigo 351 do Código penal non é o concreto -esixido para o delito de estragos no artigo 346 do Código penal -, senón o potencial ou abstracto ( SSTS 1263/2003, do 7 de outubro ; 724/2003, do 14 de maio ; e 2201/2001, do 6 de marzo ). Precisamente por isto, a consideración de delito de perigo abstracto acentúase na medida en que no inciso segundo do referido artigo 351 do Código penal se prevé unha atenuación da pena cando a entidade do perigo é menor ( SSTS 449/2007, do 29 de maio ; e 1457/1999 ). Non é precisa para a consumación do amentado ilícito penal a existencia dun perigo concreto; e caracterízase por un elemento obxectivo, consistente na acción de aplicar lume a unha zona espacial, que comporta a causación dun perigo para a vida e integridade física das persoas, e por un elemento subxectivo, que radica no propósito de facer arder aquela zona e na conciencia do perigo para a vida e para a integridade física das persoas orixinado.
A STS, Penal, Sección 1ª, do 23 de xuño de 2014 (ROJ: STS 2814/2014- ECLI:ES:TS:2014:2814) indica que o artigo 351 do Código penal reflicte tres previsións típicas: unha, correspondente ao tipo básico, que é a causación dun incendio que comporte un perigo para a vida ou integridade física das persoas; dúas, un subtipo atenuado, por medio do cal se pode impoñer a pena inferior en grao atendidas a menor entidade do perigo causado e as demais circunstancias do feito; e tres, finalmente, unha cláusula de remisión interpretativa, tamén chamada cláusula de remisión interpretativa ou de individualización, cando dispón que, no caso de que non concorra tal perigo para a vida ou integridade das persoas, os feitos se castigarán como danos previstos no artigo 266 do propio Código penal . E o máis habitual será que un incendio poida provocar un perigo para a vida das persoas en función das circunstancias concorrentes -proximidade do lume ante o corpo humano, imposibilidade de salvación por pechar a acción do lume as barreiras de evacuación ou producir un alto grao de derrubamento, etc.-.
Pois ben, a acusada provocou o incendio non dun xeito accidental, senón adrede, e deixou aberto un dos queimadores da cociña de gas. Ata dous focos de lume separados se detectaron na vivenda, un nun cuarto e outro no salón, que a todas luces se amosan incompatibles coa hipótese dunha mera imprudencia da acusada polo feito de estar a fumar e poder caerlle os restos de cinsa ou as cabichas no chan. Os dous focos de inicio do lume amosáronse independentes, sen conexión entre eles e iniciados con simultaneidade, segundo o especialista e diplomado na investigación de incendios do corpo nacional da Policía Julián , que acudiu á vista en calidade de perito para ratificarse e aclarar o contido do seu informe achegado durante a instrución da presente causa. Neste informe descartaba toda posibilidade de curtocircuíto ou similar problema eléctrico, e confirmaba a existencia dunha fonte de ignición externa sobre os materiais e obxectos que resultaron queimados por seren facilmente combustibles -roupas, mobles de aglomerado, etc.-. Tamén indicou o mesmo perito que a pota que estaba enriba dun dos queimadores da cociña de gas e que dentro tiña arroz seco non estaba ao lume no momento dos feitos, xa que non se apreciaron signos de tal exposición (restos de lume por debaixo da pota, o arroz minimamente queimado, etc.). Para o amentado perito, tamén resultou proba de que ningún dos queimadores da cociña estaba acendido o feito de que un prato cunha tortilla tapada con papel de aluminio non resultou alcanzado ou afectado no máis mínimo polo lume que, supostamente, despedía algún dos referidos queimadores.
Quedou así descartada toda posibilidade de que a acusada estivese a cociñar algo no momento do incendio e que, como chegou a afirmar o seu marido, Gregorio , quedase na vivenda quentando sopa, xa que nin rastros desta se atoparon, nin tampouco do recipiente que necesariamente se debería empregar para tal suposto mester. Mesmo se evidenciou que o arroz que había na tarteira (como se pode comprobar nunha das fotografías do devandito informe pericial) se cociñara moito antes dos feitos, e que, por iso e porque non liberaba ningún líquido, tampouco podía derramarse este sobre o queimador hipoteticamente aceso e apagalo, de forma que este seguise a liberar o gas.
O declarado e informado polos membros do corpo de bombeiros de Pontevedra non vén senón a corroborar todo o anterior. Así, o xefe do servizo que actuou na vista oral como perito, Juan María , aludiu a que o incendio afectaba un cuarto e o salón da vivenda, de xeito simultáneo, sen continuidade de combustible na propagación; e que se estaba a producir unha fuga de gas pola espita do queimador da cociña, polo que se tivo que pechar este último e retirar a botella de butano do regulador. No mesmo sentido se expresaron os bombeiros que testemuñaron na vista oral, Baldomero , Federico e Juan María , no relativo ao inexplicable que resultaba a existencia de dous focos de lume separados e inconexos nas dúas amentadas dependencias da vivenda, e a que se encontraba aberto sen lume un dos queimadores da cociña de gas.
Mesmo o escrito de conclusións definitivas que a defensa da acusada entregou na vista oral parte da conformidade coa acusación da fiscala -o que demostraría a súa nidia negación do carácter fortuíto da súa acción-, se ben limitada a súa responsabilidade aos danos na referida vivenda e coa proclamación de que non existiu perigo para a vida e integridade física das persoas. Tamén apunta á ausencia de todo carácter fortuíto do incendio o feito de que a acusada non demandase auxilio, nin avisase os veciños do inmoble, nin advertise tampouco as correspondentes forzas e corpos de seguridade e de extinción. Sabía que, nese intre, había máis veciños no inmoble, así como que deixara aberto un dos queimadores da cociña de gas que, sen dúbida, lle impoñía o coñecemento de que, por mor do contacto deste último co lume, poñía en perigo a integridade física de todos aqueles.
Por iso, consideramos que os feitos teñen que cualificarse como un delito de incendio e non de danos, xa que non se trata dun simple suposto de causación destes últimos nos cales se emprega como medio un incendio, senón dun incendio provocado pola acusada para producir de forma indiscriminada danos persoais e materiais (neste sentido, o ATS, Penal, Sección 1ª, do 4 de decembro de 2014 -ROJ: ATS 10018/2014 - ECLI:ES:TS:2014:10018A-). Agora ben, tamén resultou patente no presente caso que o lume non se propagou ás outras tres vivendas do edificio, non se demostrou que o fume se estendese de forma apreciable polas escaleiras do edificio, nin resultou afectado o edificio contiguo. O xa aludido xefe do servizo do corpo de bombeiros, Juan María , informou e ratificou na vista oral como perito que o risco para as outras vivendas do mesmo edificio se consideraba limitado e, en todo caso, nunca polo lume, senón por danos estruturais -fendas, desprendementos de revestimentos, derrubamentos parciais, ...); e que, para o edificio contiguo, o risco tamén sería por danos estruturais e máis leves, sendo a vivenda baixo cuberta máis próxima á vivenda sinistrada a de maior risco polas amentadas fendas e desprendementos de revestimentos. O bombeiro Baldomero tamén testemuñou que, de producirse unha deflagración, o normal sería que voase a cociña e os cerramentos, aínda que sería difícil que afectase a vivenda de abaixo e as contiguas do inmoble do lado.
O desaloxo do inmoble foi, afortunadamente, por pura precaución e, insistimos, non se causou ningún dano nas restantes vivendas do mesmo edificio, nin loxicamente tampouco lesión física a ningún veciño. Baixo tales circunstancias, e como no caso da citada STS, Penal, Sección 1ª, do 23 de xuño de 2014, o procedente é a condena polo segundo inciso do primeiro dos parágrafos do artigo 351 do Código penal , por mor da menor entidade do perigo causado, como mesmo in vocee en vía de informe chegou a admitir a fiscala. O elemento diferenciador entre o inciso primeiro e o segundo do artigo 351 do Código penal radica, precisamente, na existencia ou non de perigo real e efectivo para a indemnidade das persoas xerado polo incendio, que é o aspecto común a ambos os incisos. Neste sentido, o recente ATS, Penal, Sección 1ª, do 16 de xullo de 2015 (ROJ: ATS 6608/2015 - ECLI:ES:TS:2015:6608A), nun caso en que a acusada, tras manter unha discusión coa súa parella, prendeu lume ao sofá do salón e, ao comprobar que non podía apagar o incendio que voluntariamente provocara, abandonou a vivenda sen avisar os veciños, comprometendo así seriamente a súa integridade física e tendo que ser atendidos, polos menos, dous deles por inhalación de fumes, si que considerou que non se podía apreciar unha menor entidade do perigo. Pero no caso que nos ocupa, amais de todo o ata aquí dito, ningún veciño resultou afectado, agás a propia acusada, que, á parte de ser atendida pola agresión, tamén o foi pola inhalación de fume, como así consta no correspondente parte de asistencia médica do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Porén, non resulta posible a condena polo segundo parágrafo do artigo 351 do Código penal , que se remite ao artigo 266 do mesmo texto legal , como reclamaba a defensa da acusada. Certo que naquel se prevé unha cláusula individualizadora que se pode empregar para adecuar a responsabilidade penal á situación real de perigo que se xulga. O segundo parágrafo do artigo 351 do Código penal é considerado pola doutrina como un tipo privilexiado que precisa de dúas notas: unha, que non debe concorrer risco para a vida ou integridade das persoas físicas, xa que esta nota negativa constitúe a súa cerna definidora; e dúas, que a resposta penal se deriva ás previsións punitivas do artigo 266 , relativo aos danos, é dicir, que se trata dun delito de incendio que, pola ausencia de risco para a vida das persoas, sanciona como delito de danos -isto é, un delito contra o patrimonio-. Se se exclúe claramente a nota do risco para as persoas, poden os feitos ser obxecto da cualificación por danos do 266; se non, non.
O recente ATS, Penal, Sección 1ª, do 7 de maio de 2015 (ROJ: ATS 4476/2015 - ECLI:ES:TS:2015:4476A), encárgase, precisamente, de rexeitar a solicitada aplicación do amentado artigo 266 en lugar do artigo 351, ambos do Código penal . Nesta orde de cousas, cómpre lembrar que se provocou un incendio que xerou un grave risco para a vida ou integridade física das persoas e non un delito de simples danos producidos polo lume, ao cal se refire a defensa da acusada cando reclamaba a aplicación do artigo 266 do Código penal . Resultou evidente a provocación intencionada do lume por parte de Margarita , e que con el se xerou un risco grave para as persoas que habitaban no inmoble, non só pola posibilidade da afectación do incendio, senón pola explosión que se podía producir por mor do contacto do lume co gas que liberaba un dos queimadores abertos da cociña, perigo que foi evitado polos bombeiros coa súa rápida actuación e o desaloxo do inmoble -así se colixe da STS, Penal, Sección 1ª, do 10 de xuño de 2015 (ROJ: STS 2844/2015- ECLI:ES:TS:2015:2844), e do ATS, Penal, Sección 1ª, do 18 de marzo de 2015 (ROJ: ATS 2468/2015 - ECLI:ES:TS:2015:2468A)-.
Quinto.- A defensa do acusado Guillermo alegou, como circunstancia modificadora da responsabilidade criminal, a eximente de lexítima defensa do artigo 20.4º do Código penal ; a atenuante de arrebato ou obcecación do artigo 21.3ª do mesmo texto legal ; e a atenuante de dilacións indebidas do artigo 21.6ª do Código penal . A defensa da acusada alegou as circunstancias atenuantes do artigo 21.1ª en relación co artigo 20.2º do Código penal ; e as tamén atenuantes do artigo 21.4 ª e 5ª, do mesmo texto legal .
No relativo á lexitima defensa invocada pola defensa do acusado, é mester lembrar que os requisitos esixidos para a súa consideración como eximente, ao abeiro do artigo 20.4º do Código penal , son os seguintes: en primeiro lugar, a existencia dunha agresión ilexítima, actual ou inminente, previa á actuación defensiva que se xulga; en segundo lugar, a necesidade racional do medio empregado para impedir ou repeler esta agresión, que se integra no exclusivo ánimo de defensa que rexe a conduta do axente; e, en terceiro lugar, a falta de provocación suficiente por parte do propio defensor. E por ningures consta que Margarita agredise a Guillermo e que este tivese que defenderse. Moi ao contrario, as nimias rabuñaduras que este tiña no pescozo, a erosión no segundo dedo da man dereita e a mínima erosión no cóbado dereito semellan compatibles coa defensa daquela ante a agresión de que foi obxecto por parte do acusado. Nin tan sequera á médica forense que deu conta das amentadas rabuñaduras e erosións o propio Guillermo lle dixo que lle foran causadas por outra persoa, e limitouse a referir que non sabía a súa orixe.
En todo caso, se o acusado, ao escoitar os ruídos que proviñan da vivenda onde quedou soa Margarita , subiu ao cuarto andar do inmoble e ambos se enlearon nunha pelexa, abofé que tampouco sería posible acoller a circunstancia eximente que alega. A lexítima defensa, incluso como eximente incompleta, require da existencia dunha agresión ilexítima e da necesidade da defensa. E ben sabido é (por todos, o recente ATS, Penal, Sección 1, do 8 de outubro de 2015 -ROJ: ATS 8058/2015 - ECLI:ES:TS:2015:8058A-) que non se pode apreciar a existencia dunha agresión ilexítima en supostos de rifa mutuamente aceptada porque, nese escenario de pelexa reciprocamente consentido, os contendentes se sitúan á marxe da protección penal, ao seren actores provocadores cada un deles do enfrontamento, de sorte que, cando o resultado lesivo se produce como efecto dunha pelexa orixinada por un reto lanzado ou aceptado que dá lugar ás vías de feito, non cabe apelar á lexítima defensa, plena ou semiplena (así as SSTS 389/2013, do 8 de maio , e 885/2014, do 30 de decembro , citadas polo referido recente ATS).
A circunstancia atenuante de arrebato ou obcecación ou outro estado pasional de entidade semellante prevista no artigo 21.3ª do Código penal supón unha reacción momentánea que os seres humanos experimentan ante estímulos poderosos que producen unha fonda perturbación do espírito, que ofusca a intelixencia e determinan a vontade de obrar irreflexivamente; e é un elemento obxectivo ineludible para a apreciación desta circunstancia que o estímulo que desencadea a reacción rápida e instantánea -o arrebato- debe ter certa entidade, de tal maneira que xustifique ou explique a reacción do acto e mereza unha diminución da imputabilidade cos efectos conseguintes sobre a pena (así a STS, Penal, Sección 1ª, do 30 de outubro de 2015 -ROJ: STS 4717/2015 - ECLI:ES:TS:2015:4717-). Sen acadar a calidade propia do trastorno mental transitorio completo ou incompleto, debe exceder do leve atordamento ou enfurecemento que adoita acompañar certas infraccións ( STS, Penal, Sección 1ª, do 21 de outubro de 2015 -ROJ: STS 4344/2015 - ECLI:ES:TS:2015:4344-). Amais, debe existir unha certa e relativa proporcionalidade entre o estímulo e a alteración da conciencia e a vontade que acompaña a acción. Se a reacción resulta absolutamente discordante co feito motivador por notorio exceso, non cabe aplicar a atenuación ( STS do 27 de febreiro de 1992 ), xa que non é posible outorgar efectos atenuantes a calquera reacción pasional ou colérica (neste sentido, a STS, Penal, Sección 1ª, do 18 de outubro de 2015 -ROJ: STS 4433/2015 - ECLI:ES:TS:2015:4433-).
E se, por todo o anterior, na conduta do acusado non é posible apreciar a invocada atenuante de arrebato ou obcecación, por el mesmo volver a subir á vivenda, discutir coa súa madrasta porque estaba romper diversos obxectos, e agredila sen limitarse a suxeitala para que se detivese, outro tanto cómpre dicir no caso da acusada. A súa reacción acadou tal grao de desproporción que, aínda que estivese nun estado exacerbado de ofuscamento, non resultaría posible estimar a devandita atenuante, dado o patente desaxuste entre o suposto estímulo provocador do ofuscamento e a reacción de incendiar en dous puntos a vivenda e abrir un dos queimadores da cociña de butano para que comezase a liberar o correspondente gas. Non se acreditou así que a situación vivida tanto polo acusado como pola acusada lles producise unha fonda perturbación do ánimo en termos tales que xustifiquen a aplicación da atenuante do artigo 21.3ª do Código penal , e, obvio é recordalo, a ambos lles competía a demostración de toda proba en tal sentido. No caso da acusada, nin antes aludira a tal suposto estado nin nada referiu no acto da vista oral ás poucas preguntas que quixo contestar.
Falar de dilacións indebidas nun caso que ocorreu o 27 de xuño de 2013, e cuxo xuízo oral realizamos o pasado día 1 de decembro de 2015 porque o anteriormente sinalado para o 26 de novembro de 2015 lle coincidía a un dos avogados con outro sinalamento previo, a verdade é que non merece maiores comentarios. O pouco máis de dous anos que se tardou en xulgar os feitos nunha causa necesariamente seguida polos trámites do procedemento ordinario, inzada de informes facultativos, médico- forenses, e diversos informes periciais da especificidade que para o adecuado coñecemento, investigación e agora resolución daqueles resultaba preciso, amais das consabidas declaracións, semella un ben curto espazo de tempo incompatible con toda dilación indebida para os efectos atenuantes. E aínda que o lapso temporal que media entre os feitos e o seu axuizamento resulta case sempre susceptible de acurtamento, por outra parte non se sinalaron durante a tramitación tempos de inactividade ou paralización indesexables e inexplicables que posibilitasen a consideración da amentada atenuante de dilacións indebidas.
Si que acollemos a atenuante do artigo 21.1ª en relación co artigo 20.1 do Código penal , dado o estado en que chegou á vivenda a acusada, e no cal se mantivo durante os feitos posteriores. Tanto o marido da acusada como o seu fillastro - Gregorio e Guillermo - coincidiron en que Margarita chegou bébeda ao domicilio. En boa medida, a inicial discusión entre os cónxuxes foi debida a tal motivo. Tamén foi baixo tal influencia etílica que a acusada se puxo a tirar diversos obxectos ao chan da vivenda, logo se enfrontou con Guillermo , cando este subiu e se enlearon, e plantou lume nas dúas dependencias da casa e abriu un dos queimadores da cociña para que liberase o gas butano. Mesmo un dos axentes da Policía Nacional -o do número de carné profesional NUM008 - testemuñou que lle notou a Margarita que consumira algunha substancia, xa que, se ben se amosaba coherente, tiña uns reflexos moi lentos. E no informe da asistencia médica que inicialmente se lle prestou, tamén consta a referencia a que, ao parecer, antes estivera a beber copas nun pub de Pontevedra.
Por último, o que si que non podemos acoller é a tamén pretendida atenuante de confesión da infracción ás autoridades reclamada pola mesma acusada. A súa improcedencia resulta notoria. Non se trata só de que a acusada non confesase a infracción ás autoridades antes de que o procedemento xudicial se dirixise contra ela, senón que sempre negou toda intencionalidade no incendio e que abrise un dos queimadores da cociña de gas. Mesmo cando no escrito de conclusións definitivas presta conformidad a la acusaciónfaino para responsabilizarse dos danos causados na vivenda coa negación da posta en perigo da vida e integridade física das persoas. As razóns de política criminal que informan a devandita atenuante de confesión desaparecen cando falla a veracidade da propia confesión. Ou, o que é o mesmo, non se lle pode conceder a unha confesión, xa non serodia, senón incompleta e ben interesada, o privilexio da posible atenuación.
Sexto.- No artigo 50.5 do Código penal sinálase que os xuíces ou tribunais determinarán motivadamente a extensión da pena dentro dos límites establecidos para cada delito e segundo as regras do capítulo II dese título. Igualmente, fixarán na sentenza o importe das cotas, tendo en conta para isto exclusivamente a situación económica do reo, deducida do seu patrimonio, ingresos, obrigas e cargas familiares e demais circunstancias persoais. Isto non significa que os tribunais deban facer unha inquisición exhaustiva de todos os factores directos ou indirectos que poden afectar as dispoñibilidades económicas do acusado, o que resulta imposible e, amais, desproporcionado, senón unicamente que deben tomar en consideración aqueles datos esenciais que permitan efectuar unha razoable ponderación da contía proporcionada da multa que se deba de impoñer. A insuficiencia deses datos non debe levar automaticamente e con carácter xeneralizado á imposición da pena de multa cunha cota diaria cifrada no seu limiar mínimo absoluto (dous euros), xa que isto suporía en realidade baleirar de contido o sistema de penas establecido polo Código penal, e converter a pena de multa polo sistema legal de días multa en algo meramente simbólico (por todas, dada a abondosa xurisprudencia ao respecto, o recente ATS, Penal, Sección 1ª, do 16 de abril de 2015 -ROJ: ATS 3500/2015 - ECLI:ES:TS:2015:3500A-). Xa que logo, a fixación de cotas diarias de 6, 8, 10 e 12 € para a pena de multa é usual no ámbito do foro sen discusión ningunha e sen necesidade dunha especial e específica motivación, unha vez descartada, afortunadamente, que a quen se lle impón non se encontra nunha situación de indixencia ou miseria económica.
En atención a todo o anterior, impoñemos ao acusado Guillermo , como autor responsable dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal , a pena de multa dun mes a razón de 6 € diarios (total de 180 €). Polas mesmas razóns que nos levaron a rexeitar a súa condena polo artigo 153.2 e 3 do Código penal , dado o episodio illado que supuxeron os feitos sen máis antecedentes previos, e o carácter facultativo dos artigos 57.3 en relación co 48, ambos do Código penal na súa redacción vixente daquela, non existen méritos para adoptar prohibición adicional ningunha.
Para o artigo 351, parágrafo primeiro, inciso segundo, o Código penal prevé a pena inferior en grao á de prisión de dez a vinte anos. A teor dos artigos 66.1.1 ª e 70.1.2º do mesmo texto legal , pola concorrencia da circunstancia modificadora da responsabilidade criminal atenuante do artigo 21.1ª en relación co artigo 20.1 tamén do Código penal , impoñémoslle á acusada Margarita o mínimo legalmente posible de cinco anos de prisión, coa correspondente compensación ao abeiro do artigo 58 do Código penal , dado o tempo de privación de liberdade sufrido pola acusada na presente causa. Tamén se lle impón a inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena ( artigo 56.2º do Código penal ).
Sétimo.- Toda persoa criminalmente responsable dun delito ou falta tamén o é civilmente se do feito derivan danos ou perdas ( artigo 116.1 do Código penal ). En tal concepto, o acusado Guillermo indemnizará a Margarita na cantidade de 600 € por todos os conceptos relacionados coas lesións que padeceu, tal e como solicitou a fiscala.
Porén, non podemos fixar cantidade ningunha a cargo da amentada acusada e en beneficio do matrimonio formado por Jesús Ángel e Sagrario como donos do inmoble, como tamén solicitou a fiscala. A razón é que os 381,15 € solicitados polos gastos de limpeza do inmoble documentados nas follas 137 e 138 das actuacións non puideron ser ratificados no acto da vista oral polo perito Ezequiel , xa que non deu contactado cos donos e a súa valoración é puramente estimativa e aproximada. Os 13 443,14 € reclamados pola reparación dos estragos (fs. 112 ao 114) non foron ratificados na vista oral polo representante legal de Decoraciones Torres, SL, dado que non compareceu. E os 16 486,25 € solicitados pola reposición do mobiliario (f. 115) tampouco foron ratificados por Moises como representante legal de Muebles Santa Clara, quen, neste caso, si que acudiu á vista. Xa que logo, cómpre adiar calquera fixación da responsabilidade civil a cargo da acusada para o trámite de execución de sentenza.
Oitavo.- En materia de custas, o artigo 123 do Código penal dispón que se entenderán impostas pola lei aos criminalmente responsables de todo delito ou falta. O artigo 239 da Lei de axuizamento criminal di que nos autos ou sentenzas que poñan remate á causa ou a calquera dos incidentes deberá resolverse sobre o pagamento das custas procesuais. E o artigo 240.2º da LACrim sinala que a resolución pode consistir en condenar os procesados ao pagamento das custas. Isto é o que procede e, xa que logo, impoñémoslles á procesada Margarita o pagamento das custas xeradas na presente instancia e ao acusado Guillermo as correspondentes a un xuízo de faltas.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Absolvero acusado Guillermo do delito de lesións no ámbito familiar do artigo 153.2 e 3 do Código penal que lle imputaba a fiscala.
Condenaro acusado Guillermo , como autor responsable dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal vixente na data dos feitos, á pena demulta dun mes arazón de 6 € diarios (total de 180 €),e ao pagamento das custas correspondentes a un xuízo de faltas. En concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar a Margarita na cantidade de 600 €por todos os conceptos relacionados coas lesións que padeceu.
Condenara acusada Margarita , como autora responsable dun delito de incendio do artigo 351, parágrafo primeiro, inciso segundo, do Código penal , coa concorrencia da circunstancia modificadora da responsabilidade criminal atenuante do artigo 21.1ª en relación co artigo 20.1 do Código penal , á pena de cinco anos de prisión, coa correspondente compensación ao abeiro do artigo 58 do Código penal , dado o tempo de privación de liberdade sufrido pola acusada na presente causa. Condenámola, así mesmo, á inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, ao abeiro do artigo 56.2º do Código penal , e ao pagamento das custas procesuais xeradas na presente instancia. En concepto de responsabilidade civil, deberá satisfacer a Jesús Ángel e Milagrosa as cantidades que se poidan determinar na fase de execución de sentenza polos gastos de limpeza do inmoble, pola reparación dos estragos e pola reposición do mobiliario.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer RECURSO DE CASACIÓN, ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo, por infracción de lei ou quebrantamento de forma, no prazo de CINCO DIAS, que se contarán desde a última notificación.
Así, por medio desta nosa sentenza, da que se levará testemuño ao rolo de Sala, e se anotará nos rexistros correspondentes, pronunciámolo, mándamolo e asinámolo.

