Última revisión
10/01/2013
Sentencia Penal Nº 295/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 756/2012 de 07 de Septiembre de 2012
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Penal
Fecha: 07 de Septiembre de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 295/2012
Núm. Cendoj: 36038370022012100296
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00295/2012
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 213050
N.I.G.: 36006 41 2 2007 0100551
RP ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000756 /2012 A
Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000071 /2012
RECURRENTE: Maximo
Procurador/a: MARIA BELEN ALVAREZ SANCHEZ
Letrado/a: BEGOÑA PARADA GONZALEZ
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a:
Letrado/a:
SENTENZA NÚM. 295
MAXISTRADOS/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
PONTEVEDRA, siete de septiembre de dos mil doce
Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 71/12, o recurso de apelación interposto por el acusado Maximo , representado polo procurador MARIA BELÉN ALVAREZ SÁNCHEZ e defendido pola letrada BEGOÑA PARADA GONZÁLEZ, contra a sentenza ditada polo Xulgado do penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 12 de abril de 2012 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
"Que debo condenar y CONDENO a D. Maximo , como autor criminalmente responsable de un DELITO DE ESTAFA, a la pena de UN AÑO DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragiio pasivo durante el tiempo de la condena, condenándole asimismo al abono de la mitad de las costas del juicio, absolviéndolo de la falta de hurto de que venía siendo acusado, con declaración de oficio de la otra mitad de las costas del juicio.
En concepto de responsabilidad civil, Maximo indemnizará al representante legal del Hotel Juan Carlos I de Sanxenxo en la suma de 2.464,25 euros".
E, como feitos probados , recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
"Probado y así se declara que el día 24 de febrero de 2007, Maximo , mayor de edad y sin antecedentes penales, se alojó en compañía de su familiar en el Hotel Carlos I de Sanxenxo, y lo hizo hasta el día nueve de marzo de 2009 en el régimen contratado, esto es, media pensión, lo que por tanto no incluía otros gastos o servicios extras.
Con ánimo de obtener un beneficio económico ilícito, durante su estancia en el setablecimiento realizó gastos sin intención de abonarlos, pues sabía que no estaban incluidos en el servicio contratado, y ello por un importe total de 2.464,25 euros, IVA incluido, abandonando el hotel sin que hasta la fecha hubiera abonado cantidad alguna.
No consta que el acusado, con ánimo de enriquecimiento ilícito, hubiera cogido distintos efectos de las habitaciones que él y su familia usaron".
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal, presentouse por éste escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.
Hechos
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- O acusado Maximo foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de estafa, previsto e penado nos artigos 248.1 e 249 do Código penal . No recurso de apelación que formula perante esta alzada non discute a amentada condena, senón tan só a contía da responsabilidade civil posta do seu cargo. Solicita en concreto que se reduza de 2464,25 € a 558,67 €.
Segundo.- Da declaración de feitos probados que se reflicte na sentenza contra a que se apela cómpre salientar dous aspectos. O primeiro: o relativo a que o acusado non só fixo os gastos e empregou os servizos do hotel Carlos I, de Sanxenxo, senón que o fixo en unión da súa familia e, xa que logo, dos seus fillos Erasmo , María Milagros e Evelio e da súa dona Almudena ; esta última é coacusada mais non xulgada, por non comparecer e por pesar sobre ela unha orde de detención e presentación dende o 2 de setembro de 2011. O segundo: da cantidade que reclamaba o fiscal -2960,85 €- o maxistrado xuíz a quo descontou 496,60 €, por mor de que non considerou demostrado que o agora apelante se apropiase de diversos efectos dos cuartos que el e a súa familia usaron; resultaron así os 2464,25 € obxecto de condena na instancia. Deste xeito, caso de encontrarse e xulgarse a acusada que neste intre se encontra en paradoiro descoñecido e de pronunciarse contra ela semellante pronunciamento condenatorio que o que obtivo o seu marido agora recorrente, serán os dous os que de xeito conxunto e solidario -como solicitaba o fiscal- deberán afrontar o pagamento da cantidade de 2464,25 €. Entre tanto, e logo de que gañe firmeza a presente resolución e se incoe a correspondente executoria, afrontará o pagamento o agora apelante.
Así pois, aínda que parte das sinaturas que constan na documental da entidade hostaleira estafada sexan obra, presuntamente, da dona do recorrente, todo formaba parte do engano perpetrado polo acusado e ía no seu propio proveito, asinase el, a súa dona ou algún dos seus tres fillos.
En conclusión, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.
Terceiro.- As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos DESESTIMAR o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Maximo , contra a sentenza ditada con data do 12 de abril de 2012, no procedimento abreviado núm. 71/12, polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra , e CONFIRMAR esta sentenza, con imposición das custas desta alzada á parte recorrente.
A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.
Devólvanse as actuacións ao Xulgado de orixe, xunto coa certificación desta resolución para su eficacia e cumprimento.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada no día da data, polo maxistrado don José Juan Barreiro Prado, durante a audiencia pública. Dou fe.

