Última revisión
21/03/2000
Sentencia Penal Nº 30, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1039 de 21 de Marzo de 2000
Relacionados:
Tiempo de lectura: 15 min
Orden: Penal
Fecha: 21 de Marzo de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 30
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
CAUSA PENAL
Rolo: 1039/99
Asunto: P.ABREVIADO
Número: 8/99
Procedencia: XDO. INSTRUCCIÓN LALIN-2
A SECCION SEGUNDA DESTA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA composta por DON JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO Presidente, DOÑA ANGELA IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ e DON JAIME ESAIN MANRESA, Maxistrados pronuncian
NO NOMBE DE EL-REI
a seguinte
SENTENCIA Nº 30
Pontevedra, a vinteún de marzo de dous mil.
Na causa número 8/99, procedente do XDO. INSTRUCCIÓN LALIN 2, seguida polo Procedimento Abreviado, polo delicto de LESIONS, contra ROBERTO con DNI ….cuyos antecedentes penales no constan, cuya solvencia no consta, e en liberdade por esta causa, na que o representou a Procuradora dona SUSANA TOMAS ABAL, e defendeuno o avogado don MANUEL BARROS BARROS. Foi parte o Ministerio Fiscal na representación do cal interveu don Evaristo Antelo Bernárdez. É Maxistrado-Relator o Ilmo. Sr Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, quen expresa o parecer da Sala.
FEITOS PROBADOS
Sobre as 17'30 horas do día 10 de decembro de 1997, nunha pista que une os lugares de …., da parroquia de Fiestras (concello de Silleda), José atopábase conducindo e gardando o seu gando, cando escoitou como a grande velocidade se aproximaba un vehículo a motor. Detivose este na súa marcha, comprobando José Espino como o seu conductor era o acusado ROBERTO, das circunstancias persoais que xa constan e sen antecedentes penais, quen se baixou do automóbil, e aquel outro se achegou, colléndoo polo pescozo, xirándoo e pegándolle tres puñadas no costado esquerdo, tralos cales o José caeu ó chan, volvendo de novo o acusado ROBERTO a bater a este último, asemade que lle dicía que "vente, que por onde a miña casa non pasas máis I.
Como consecuencia da agresión perpetrada polo acusado, a José lle foron diagnosticadas fracturas costais e rotura do bazo, das que tardou en curar 309 días, durante os cales estivo imposibilitado para os seus habituais quefaceres, precisando de ata 15 días de estancia hospitalaria e tratamento médico e cirúrxico posterior, e restándolle como secuelas esplenectomía total sen repercusión hematolóxica, e máis unha cicatriz media abdominal de 24 cm de lonxitude.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
PRIMEIRO.- Os feitos declarados probados legalmente son constitutivos dun delicto de lesións, previsto e penado no artigo 150 do vixente Código Penal.
Segundo o amentado precepto legal, o que cause a outro a perda ou inutilidade dun órgano ou membro non principal, o a deformidade, será castigado coa pena de prisión de tres a seis años. Por órgano non principal cómpre entender toda extremidade ou órgano externo ou interno do corpo humano que posúa actividade funcional independente relevante para a vida, para a saúde ou para o normal desenvolvemento do individuo; e por membro non principal ó que gozando, en principio, das mesmas condicións, fáltalle a súa función autónoma por encontrarse ó servicio doutros membros ou órganos principais e non resulte plenamente indispensable para a vida ou saúde completa do individuo, pero que, a consecuencia da súa falta, non poida este realizar tódalas plenas funcións da súa actividade por supoñer a súa perda unha minusvalía anatómica-fisiolóxica (no mesmo sentido a STS do 15 de xuño de 1992). E polo que respecta ó bazo, as SSTS do 28 abril 1952, 14 marzo 1988, 14 febreiro 1989, e 26 febreiro 1992, de xeito ben nidio teñen establecido que a súa afectación, ata o punto de ter que extirparse da persoa do agredido, merece a cualificación legal-penal de órgano non principal" en canto que non afecta á subsistencia do paciente que pode sobrevivir á súa extirpación e realizar unha vida normal sen limitacións funcionais.
A teor dos informes facultativos obrantes en autos e do de sanidade emitido pola médico-forense, a José como fundamental secuela a consistente en esplenectomía total sen repercusións hematolóxicas, ou o que é o mesmo, que a aquel houbo de serlle extirpado o bazo, polo que o encadramento legal dos feitos axuizados no citado artigo 150 do Código Penal non ofrece a máis mínima dúbida consonte así se deixa exposto.
SEGUNDO.- Da devandita infracción delictiva é responsable en concepto de autor (artigos 27 e 28 do Código Penal) o acusado ROBERTO. Fronte á radical negativa por parte deste último de ser o autor das lesións padecidas por José, abofé que en autos se ten practicado proba de abondo que permite ter por probada tal negada autoría ós efectos de permitir ter por enervada a constitucional presunción de inocencia (artigo 24 da Constitución, española).
De entrada temos a innegable constatación das lesións padecidas por José dada a perfecta documentación que das mesmas obran en autos (folios 5, 12, 29, 63, 114, 127, 140, 141, 142, 147, 154, 155, 156, 160 á 164, 166, e 168 á 170, no que finalmente consta a sanidade, con secuelas, do agredido).
En canto á etioloxia das lesións (se producidas por outra persoa ou mesmo pola couce ou couces dunha das vacas que o propio lesionado estaba gardando e conducindo) tampouco cómpre dubidar verbo de que aquelas foron producidas por outra persoa e non por ningún animal. Así, por unha banda, a reiteración dos golpes sufridos polo lesionado, a altura e zona do corpo no que se comprobaron a existencia dos traumatismos, e mesmo a falla de toda mención por parte das dúas testemuñas que ó lugar primeiramente se achegaron (Ramona e Jesús) á existencia dalgún animal desbocado, alporizado ou fóra de si, descarta toda posible idea do acometemento dalgunha vaca, animal este que, polo demais, ben manso é; mentres que, por outra banda, a médico-forense xa antes de emitir o seu informe de sanidade (cf o folio 63) tiña referido que a rotura do bazo podía terse producido tal e como manifestara o lesionado, isto é, por un traumatismo directo sobre a zona ("puñazo"), asemade que, o facultativo Antolín, que no acto da vista oral testemuñou a instancias da defensa, manifestou que estando el no servicio de garda atendera ó Sr.…que presentaba varios hematomas polo corpo, e que podían ser causados tanto por unhas patadas como por uns puñazos.
Pois ben, poñendo todo o anteriormente consignado en relación coa declaración da propia víctima das lesións, de xeito ben doado se pode concluír xa coa demostrada autoría do acusado do delicto de lesións que se lle vén imputando. Neste sentido, José sempre sostivo cunha contundencia que non permite abrigar a máis mínima dúbida verbo da súa veracidade, tanto na fase de instrucción desta causa como no acto da vista oral, que a persoa que o tiña agredido fora o acusado ROBERTO.
O respecto lembrar que o dereito fundamental á presunción de inocencia non precisa dun comportamento activo por parte do seu titular, así resultando o artigo 11.1 da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948, do artigo 14.2 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos de 1966, e do artigo 6.2 do Convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e Liberdades públicas de 1950, resultando de tales textos en palabras da STS do 3 de xuño de 1999 "no sólo la precisión de que la parte acusadora tenga la carga de la prueba, sino además, el que la presunción de inocencia es una verdad interina de inculpabilidad, que puede ser enervada cuando consta en la causa prueba de cargo, suficiente, producida regularmente, abarcando su verdadero espacio dos extremos fácticos: la existencia real del ilícito penal y la culpabilidad del acusado, como mínimo de intervención o participación en el hecho y no en el sentido normativo de reprochabilidad jurídico-penal". E con relación á eficacia da declaración da víctima para enervar a constitucional presunción de inocencia, as declaracións dos que son víctimas dun feito delictivo, practicadas coas debidas garantías, son proba suficiente para permitir a súa consideración de proba de cargo fronte ó acusado (SSTS 17 xaneiro 1991, 29 abril 1997, e 3 marzo 1999, ou a STC 229/91), sempre e cando se dean as seguintes circunstancias: a)Ausencia de incredibilidad subjetiva como, por ejemplo, la existencia de unas relaciones agresor-víctima que pudiera conducir a la concurrencia de un móvil de resentimiento o de enemistad que podría privar a ese testimonio de la aptitud necesaria para generar la consideración de prueba de cargo; b)Verosimilitud, por la que se sugiere que, en la medida posible, el testimonio aparezca corroborado por otra prueba de naturaleza periférica al hecho y que permitan constatar la veracidad de la declaración; c)Persistencia en el contenido de la declaración inculpatoria propiciando un contenido de cargo sin ambigüedades. Rematándose por insistir (SSTS do 9 xullo, e 30 setembro 1999) na existencia de tales circunstancias sobre todo cando só se conta, a efectos incriminatorios, coa declaración da víctima para integrar a proba de cargo.
Pero é que no presente caso que se axuíza, a imputación delictiva efectuada polo lesionado na persoa do acusado, non constituíu a única proba que sobradamente acredita a autoría de ROBERTO. Así, fundamental resultou ó respecto o testemuño prestado por Francisco, pois segundo este, cruzouse no camiño co acusado canto este circulaba co vehículo a motor que sempre utilizaba daquela, non ofrecéndolle dúbida algunha verbo de que o seu conductor era o acusado por canto que, este último, ó cruzárense, saúdo a través da ventaiña ó Sr.…. E intres despois, cando escoitou os berros dunha persoa, mirando cara atrás, veu o turismo do acusado aparcado a carón das vacas que estaba a gardar José quen, despois, foi atopado lesionado e tirado no chan.
A maior abastanza de todo o dito, o garda civil do posto de Silleda, Manuel, recolleu como instructor no atestado que ROBERTO "manifiesta sin vacilar que efectivamente él agredió al Sr. José, reconociendo por lo tanto ser el autor de un delito de lesiones en la persona de este, y afirmando estar al tanto de la gravedad de las lesiones del mismo". E estas literais manifestacións, no acto da vista oral, nun todo foron ratificadas polo devandito axente da garda civil. Asemade que, a coartada que intentou despregar o acusado no sentido de que á hora dos feitos estaba noutro lugar, ben pronto quedou arrombada dende o momento no que, como atinadamente informou o Ministerio Fiscal, aínda sendo certa, de sobras lle daría tempo ó acusado de estar no taller da testemuña José e, intres despois, no lugar onde perpetrou a agresión.
TERCEIRO.- Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.
A agravante de abuso de superioridade do artigo 22.2 do Código Penal era obxecto de petición por parte do ministerio Fiscal e, tamén, por parte da acusación particular. Sen embargo, non se estima concorrente a mesma por canto que a amentada agravante consonte ben reiterada e conteste xurisprudencia SSTS 26 febreiro 1991, 4 novembro 1992, 26 febreiro, 23 marzo, e 5 abril 1994, 5 xuño 1995, 9 xullo 1997, e 9 outubro 1998) precisa da concorrencia dos seguintes requisitos ou requisitos: 1)Que haya una situación de superioridad, es decir, un importante desequilibrio de fuerzas a favor de la parte agresora frente al agredido, derivada de cualquier circunstancia, bien referida a los medios utilizados para agredir (superioridad medial), bien al hecho de que concurra una pluralidad de atacante, siendo precisamente este último supuesto el más característico y el de mayor frecuencia en su aplicación (superioridad personal); 2)Esa superioridad ha de ser tal que produzca una disminución notable en las posibilidades de defensa del ofendido, sin que llegue a eliminarlas, pues si esto ocurriera nos encontraríamos en presencia de la alevosía, que constituye así la frontera superior de la agravante que estamos examinando. Por eso la jurisprudencia mencionada viene considerando esta agravante como una "alevosía menor", o de "segundo grado". 3)A tales dos elementos objetivos hay que añadir otro de naturaleza subjetiva, consistente en que haya abuso de esa superioridad, esto es, el agresor o agresores conozcan esa situación de desequilibrio de fuerzas y se aprovechen de ella para una más fácil realización del delito. 4)Que esa superioridad de que se abusa no sea inherente al delito, bien por constituir uno de sus elementos típicos, bien porque, por las circunstancias concretas, el delito necesariamente tuviera que realizarse así. Deste xeito, non abonda así coa simple constatación do desequilibrio de forzas, esixíndose que se faga uso intencionado da situación de desigualdade ou, cando menos, que o autor das lesións sexa consciente da existencia da vantaxe e se aproveite da mesma, facéndose así acredor a un maior reproche porque quixo asegurar un elevado grao de probabilidade de éxito da acción típica e da súa propia indemnidade. E evidentemente, tales requisitos non se estiman concorrentes no presente caso pola tan soa diferencia na idade (o acusado 25, e o lesionado 73 años cando a ocorrencia dos feitos), e na corpulencia física (ollada na vista oral pero descoñecida cando a agresión se perpetrou xa van alá máis de dous años) que, en todo caso, se estiman inherentes ó propio delicto de lesións.
Moito menos aínda Se poden estimar concorrentes a agravante de aleivosía (artigo 22.1ª do Código Penal), e a de ensañamento (artigo 22.5ª do mesmo texto legal) que se vifian preconizando pola acusación particular por canto que, se descartada toda idea de superioridade, non pode terse por xustificada toda posible eliminación das posibilidades reactivas de defensa por parte do agredido, xa que os medios, modos e formas empregados polo acusado (chega ó lugar no seu coche tras cruzarse cun veciño do lugar, é visto polo lesionado, a este se achega sen ningún instrumento ou arma, previamente o colle do pescozo, xírao cara a el e, de seguido, comeza a baterlle) descartan toda idea de aleivosía no de por si denigrante comportamento do acusado. Ou o que é o mesmo, configurándose o abuso de superioridade como unha a xeito de substancia menor ou incompleta en canto ó aseguramento da execución en relación coa aleivosía, se aquel a non se tivo por probada, moito menos aínda esta última. E verbo do ensañamento, coa STS do 6 outubro 1999, debemos lembrar que "en la agravante de ensañamiento hemos de distinguir el elemento objetivo, caracterizado por efectiva causación de unos males innecesarios, esto es, aquellos resultados de la acción que no sean necesarios a la finalidad perseguida por el autor.
Y otro subjetivo, por el que el autor del hecho asume la innecesariedad de su acción, el carácter deliberado del exceso. El autor, deliberadamente, asume que la acción que desarrolla ya no persigue la realización del delito sino persigue un aumento del dolor causado con actos innecesarios a la ejecución del delito. La jurisprudencia de esta Sala ha exigido la concurrencia de estos dos requisitos. Así la STS 24.9.97, afirma la doble concurrencia de un elemento objetivo -la totalidad de la agresión objetivada por la contundencia o efectos de los golpes-, y el subjetivo -complacencia en el sufrimiento ocasionado a la víctima-, esto es, un interno propósito de satisfacer instintos de perversidad, provocando, con una conciencia y voluntad decidida, males innecesarios y mas dolor al sujeto pasivo (en parecido sentido, STS 25.6.98).
E ben se comprende que ningún dos amentados requisitos concorre no presente caso.
CUARTO.- Toda persoa criminalmente responsable dun delicto ou falta tamén o é civilmente se do feito se derivasen danos ou prexuízos (artigo 116 do Código Penal).
En canto á responsabilidade civil, pois, o acusado deberá indemnizar 6 por el lesionado nas sumas de 900.000 pts en concepto de secuelas, e na total de 2.031.000 pts polos días de estancia hospitalaria (15 días a razón de oito mil pesetas cada un) e polos días de curación (294 a razón de seis mil cincocentas cada un), téndose ó respecto en conta as importantes secuelas que de por vida lle restarán ó lesionado, e debéndose entender abranguidas en tales ponderadas e prudenciais cantidades toda aquela que, en concepto de dano moral, tamén lle puidese corresponder ó Sr. ….
QUINTO.- As custas procesuais enténdense impostas pola Lei ós criminalmente responsables de todo delicto ou falta (artigos 123 do Código Penal e 240.2 da Lei de Axuizamento Civil).
Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.
DECIDIMOS Que debiamos condenar e condenamos ó acusado ROBERTO, como responsable, en concepto de autor, dun delicto de lesións, previstos e penado no artigo 150 do Código Penal, sen a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, á pena de prisión de tres años, así como deberá indemnizar ó lesionado José nas sumas de 900.000 pts., en concepto de secuelas, e na de 2.031.000 pts polos días de hospitalización e polos que sen a anterior aínda tardou en curar, con expresa imposición das custas da presente instancia ó acusado.
Reclámese do Instructor a urxente remisión da peza de responsabilidade civil do acusado debidamente tramitada e rematada.
Notifíqueselle-la devandita resolución ao acusado persoalmente, e ás demáis partes, facendolle saber que poden interpor contra dela recurso de casación, perante a Sala dentro dos cinco días seguintes ao da última notificación desta audiencia.
Así o acordaron e asinan os Ilmos Sres Mabisdtrados nomeados no encabezamento desta mesma resolución do que, eu o Secretario Xudicial, dou fe.

