Última revisión
17/04/2006
Sentencia Penal Nº 35/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 156/2006 de 17 de Abril de 2006
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 17 de Abril de 2006
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 35/2006
Núm. Cendoj: 36038370022006100136
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00035/2006
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 156/2006 CR
Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 184/2005
SENTENZA NÚM. 35
===========================================================
Maxistrados
Don JOSE JUAN BARREIRO PRADO, presidente,
Don LUCIANO VARELA CASTRO
Dona ROSARIO CIMADEVILA CEA
===========================================================
Pontevedra, dezasete de abril de dous mil seis
Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial na causa instruída co número 156/06, o
recurso de apelación interposto polo procurador don JOSE MANUEL DOMINGUEZ LINO, na
representación de don Hugo, fronte á sentenza ditada polo xulgado do
Penal núm. 1 de Pontevedra; é parte don Eusebio e o Ministerio Fiscal e actúa
como maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO
Antecedentes
Primeiro.- Pronunciouse nos autos de referencia a sentenza con data do 28 de setembro de 2005, que na súa parte dispositiva di literalmente: "FALLO: QUE DEBO CONDENAR Y CONDENO a D. Hugo, como autor criminalmente responsable de un DELITO DE RECEPTACICÓN, a la pena de NUEVE MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, con imposición de la mita de las costas procesales.
QUE DEBO CONDENAR Y CONDENO a D. Eusebio, como autor criminalmente responsable de un DELITO DE RECEPTACIÓN, concurriendo la circunstancia atenuante analógica del art. 21.6 del CP en relación con los párrafos 4 y 5 de dicho precepto, a la pena de TRES MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, con imposición de la mita de las costas procesales.
Hágase entrega definitiva del ciclomotor Suzuki X-....-XWL a Dña. Amelia."
E como feitos probados expresamente recóllense os da sentenza contra a que se apela: "Probado y así se declara que en dia indeterminado del año 2001, en todo caso comprendido entre el diez de marzo y el tres de agosto de dicho año, Eusebio, mayor de edad y sin antecedentes penales, teniendo conocimiento de su ilícita procedencia, adquirió el ciclomotor Suzuki X-....-XWL, propiedad de Irene, quien había denunciado su sustracción el dia 11 de marzo de 2001, por importe de 37.000 pesetas a Hugo, mayor de edad y sin antecedentes penales, quien se presentó como intermediario en la venta del ciclomotor y por la que ganó 5.000 pesetas.
El ciclomotor fue sustraído en buen estado de uso, con un candado en la rueda, recibido por Hugo y entregado a Eusebio sin documentación ni llaves de contacto y recuperado en poder de Eusebio, en piezas, todavía con el candado en la rueda y con importantes daños.
A fecha de 11 de octubre de 2002, el referido ciclomotor tenía un valor medio de mercado de 955 euros."
Segundo.- Contra a dita sentenza, a representación procesual do agora recorrente interpuxo o recurso de apelación que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se atopa unido ás actuacións.
Terceiro.- Tras lle dar a coñece-lo escrito de formalización do recurso ó Ministerio Fiscal, este presentou un escrito de impugnación no que solicita a confirmación da sentenza contra a que se recorre xa que se axusta a dereito.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos que na sentenza obxecto de recurso se declaran probados.
Fundamentos
PRIMEIRO.- Recorre en apelación Hugo a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de receptación do artigo 298.1 do Código Penal , constituíndo o único alegado impugnatorio o suposto erro na apreciación da proba.
Porén, e malia o así argumentado, o certo é que como se recoñece no propio escrito de recurso de apelación, o propio Hugo cando no xuízo oral foi preguntado verbo de se sabía da orixe ilícita do ciclomotor, respondeu "con inusual franqueza viniendo a decir 'que claro, pensó que alo-mejor era robada, pero no sabía'..." (sic do recurso de apelación). Abondaría xa con tal particular para rexeitar toda idea de posible erro na apreciación da proba e confirmar, sen máis, a sentenza apelada.
Pero é que, a maior abastanza en nada obstaría a tal conclusión o feito de que a transacción que tiña por obxeto o ciclomotor se levase a cabo a plena luz do día, sen clandestinidade, e nas inmediacións do edificio onde tiña a súa vivenda o agora apelante, pois, non necesariamente a comisión do delito de receptación vai acompañada da clandestinidade que se bota en falta no recurso de apelación, sobre todo se se repara en que unha cousa é a mera exhibición ou sinalamento da cousa ou obxeto e, outra, a efectiva entrega de diñeiro ou doutro obxeto en permuta para facerse dono daquela. Tampouco obsta a argumentación que se pretende desenrolar arredor do prezo vil, pois, consta que o valor medio no mercado do ciclomotor, cun ano de matriculación e cun estado de conservación e funcionamento xeral correcto, pericialmente se fixou en 955 euros, sendo vendido en 37.000 pesetas (222,37 euros), recoñecendo tanto a dona do ciclomotor como o seu noivo ( Irene e Braulio) que a mesma circulaba perfectamente e que, en concreto, o mesmo día que notaron a súa substracción deixárana aparcada, logo de usala, na rúa Estación, de O Porriño. Incluso o apelante declarou que "pensaba que el ciclomotor estaba en condiciones de conducir", e o co anterior tamén condenado por mercarlle o ciclomotor ( Eusebio) referiu que "circulaba pero que tenía algunos daños, los relojes rotos, ...", de todo o que cabía concluír, en boa lóxica, a aptitude do ciclomotor para circular, o seu normal estado de conservación, e a amentada diferenza entre o seu valor pericial e no que o apelante a vendeu ao con el acusado e condenado-apelado. Cousa ben diferente é o estado no que despois foi recuperado o ciclomotor logo do apelante telo a súa disposición e logo do condenado non apelante dispoñer de parte das pezas do mesmo. E se a todo o anterior se lle engade que o ciclomotor tíñao o recorrente sen documentación, sen chaves de encendido e que, incluso, cando foi recuperado aos cinco meses aínda levaba posto na roda o candado que a súa dona lle puxera cando o deixara estacionado, abofé que non se abriga a máis mínima dúbida verbo do coñecemento do apelante da procedencia ilícita do ben do que dispuxo cometendo así o delito de receptación do artigo 298.1 do Código Penal polo que correctamente foi condenado na instancia.
Rexéitase o recurso de apelación e confírmase así a sentenza apelada.
SEGUNDO.- Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante por mor da desestimación do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que desestimamos o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de don Hugo, fronte á sentenza ditada con data do 28 de setembro de 2005, no procedemento abreviado núm. 184/05 (Rolo de apelación núm. 156/06), e debemos confirmar a mencionada sentenza. Impoñénselle as custas desta alzada ó recorrente.
Ó notifica-la sentenza, déaselle cumprimento ó disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por medio desta Sentenza, da que se achegará un testemuño ó Rolo de Sala. Anótese no rexistro correspondente.
