Sentencia Penal Nº 35/201...ro de 2017

Última revisión
16/09/2017

Sentencia Penal Nº 35/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 57/2016 de 16 de Febrero de 2017

Tiempo de lectura: 9 min

Tiempo de lectura: 9 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 16 de Febrero de 2017

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 35/2017

Núm. Cendoj: 36038370022017100035

Núm. Ecli: ES:APPO:2017:321

Núm. Roj: SAP PO 321:2017

Resumen
RIÑA TUMULTUARIA

Voces

Delito imprudente

Delito leve

Decomiso

Condenas anteriores

Riña tumultuaria

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00035/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MM

Modelo: 530550

N.I.G.: 36024 41 2 2015 0000027

ROLO: PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000057 /2016 I

Xulgado procedencia: JDO. 1ª INST. E INSTRUCCIÓN N.2 LALIN

Procedemento de orixen: P.ABREVIADO 15/2015 (DPA 17/2015)

Delito/falta: RIÑA TUMULTUARIA

ACUSACIÓN: MINISTERIO FISCAL, Simón

Procurador/a: MANUEL CEAN GARRIDO

Abogado/a: MARTA CARBALLUDE SANCHEZ

Contra: Luis Manuel

Procurador/a: YOLANDA GONZALEZ ALONSO

Abogado/a: MARIA DE LOS ANGELES BLANCO PEREZ

SENTENZA NÚM. 35

Presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado

Maxistrada/o:

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Viéitez (suplente)

Pontevedra, 16 de febreiro de 2017

Vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial a causa instruída co número 57/2016, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Lalín, e seguida polo trámite de procedemento abreviadopolo delito de lesións, contra Luis Manuel, con DNI núm. NUM000, nacido na Arxentina, o día NUM001 de 1970, fillo de Casiano e Elena, con domicilio na RUA000, núm. NUM002, NUM003, 36540 Silleda, sen antecedentes penais, cuxa solvencia non consta e en liberdade por esta causa, representado pola procuradora dona Yolanda González Alonso e defendido pola avogada dona María de los Ángeles Blanco Pérez.

Exerce a acusación particular Simón, representado polo procurador don Manuel Cean Garrido e defendido pola avogada dona Marta Carballude Sánchez.

Actúa como parte acusadora o Ministerio Fiscal, e no seu nome intervén dona María Elena Souto Taboada.

É relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.Estas actuacións foron tramitadas polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Lalín en virtude dunha denuncia da Garda Civil (atestado núm. NUM004). Practicáronse as dilixencias de investigación que se estimaron procedentes.

Segundo.Logo de que o instrutor acordase a continuación do trámite establecido no artigo 779 da Lei de axuizamento criminal, trasladáronse as dilixencias ao Ministerio Fiscal e ás persoas que se constituíron como parte para que solicitasen a apertura do xuízo oral ou o sobresemento da causa. Aberto o xuízo oral e sinalada esta Audiencia como órgano competente para o coñecemento e decisión da causa, deuse traslado das actuacións á defensa do procesado, quen cumpriu o trámite correspondente presentando un escrito de defensa. A continuación remitíronse os autos a esta Sala.

Terceiro.Tras seren recibidas as actuacións nesta Audiencia, e unha vez examinadas as probas propostas, ditouse un auto onde se admitían todas as probas propostas polas partes e se acordou a súa práctica no mesmo acto do xuízo. Para a súa realización sinalouse o día 16 de febreiro de 2017 ás 10:15 horas.

Cuarto.No día e á hora sinalados compareceron as partes e, antes de se iniciar a práctica das probas, a acusación e a defensa solicitaron do Tribunal que ditase unha sentenza de conformidade coa acusación máis gravemente formulada, en presenza do acusado comparecente, quen mostrou tamén a súa expresa conformidade coa acusación contra el formulada, coa pena solicitada e coa responsabilidade civil. Polo tanto, considerouse innecesaria a realización do xuízo e os autos quedaron vistos para sentenza.

Quinto.O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións definitivas, estimou que os feitos son constitutivos dun delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal (CP), do cal debe responder o acusado en concepto de autor ( art. 27 e 28 do CP). Concorre a atenuante de reparación do dano do artigo 21.5 do CP, polo que procede impoñer ao acusado a pena dun ano de prisión con inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, así como as custas. En concepto de responsabilidade civil, o acusado indemnizará o prexudicado coa cantidade de 7 000 euros, da cal se debe descontar o importe xa ingresado e que deberá pagarse en 12 mensualidades.

O fiscal non se opón a que sexa suspendida a execución da pena privativa de liberdade sempre que o acusado se comprometa a pagar a indemnización no prazo establecido.

En igual trámite, a acusación particular adheriuse á cualificación do fiscal.

Sexto.De acordo co anterior, ditouse unha sentenza in voce, segundo consta documentado no anexo á acta redactada polo letrado da Administración de xustiza, e, coñecida polas partes, estas manifestaron a súa intención de non recorrer contra ela. En consecuencia, nese mesmo acto, foi declarada firme.


Por conformidade, declárase probado queo día 4 de xaneiro de 2015, sobre as 14:30 horas, o acusado, Luis Manuel, maior de idade, con DNI núm. NUM000 e sen antecedentes penais, cando Simón estaba falando cunha veciña na RUA000 da localidade de Silleda, coa finalidade de menoscabar a súa integridade física, propinou a Simón varias puñadas e tirouno ao chan.

A consecuencia dos feitos relatados, Simón Lopes sufriu lesións que consistiron nunha ferida no labio inferior e erosións na zona frontal que precisaron para a súa curación de asistencia médica e tratamento cirúrxico -exodoncia (extraccións dentarias) de 4 pezas: 22, 23, 41 e 31-, polo que necesitou para a súa curación de 10 días non impeditivos. Quedoulle como secuela a perda de diferentes pezas dentarias: incisivo lateral superior, canino esquerdo, incisivo central inferior esquerdo e incisivo lateral inferior dereito. A caída das pezas viuse facilitada por tratarse dunha boca periodontal, con importante perda de soporte óseo; ademais, existía unha mala hixiene dentaria que facilitaba a mobilidade dental.

O Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia foi o que realizou a valoración do lesionado Simón e a súa asistencia, polo que se xeraron uns gastos que neste momento descoñecemos.

O acusado ingresou na conta de consignacións a cantidade de 1 616 euros.


Fundamentos

Primeiro.Os anteriores feitos declarados probados son legalmente constitutivos do delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal, tal e como foi expresamente recoñecido e admitido polo acusado, quen mostrou a súa conformidade coa acusación fronte a el mantida, coa pena solicitada, coas súas accesorias e incluso coa responsabilidade civil demandada. Ao non ser superior a seis anos de prisión a pena solicitada pola acusación, e dada a conformidade prestada pola defensa do acusado, debidamente aceptada por este, é procedente, de acordo co disposto no artigo 787 da Lei de axuizamento criminal, pronunciar sen máis trámite a sentenza pertinente segundo a cualificación mutuamente aceptada, tendo en conta que os feitos son constitutivos de delito e que a pena solicitada é a correspondente á devandita cualificación.

Segundo.Establece o artigo 80.1 do Código penal que:

1. Os xuíces ou tribunais, mediante resolución motivada, poderán deixar en suspenso a execución das penas privativas de liberdade non superiores a dous anos cando sexa razoable esperar que a execución da pena non sexa necesaria para evitar a comisión futura polo penado de novos delitos.

Para adoptar esta resolución, o xuíz ou tribunal valorará as circunstancias do delito cometido, as circunstancias persoais do penado, os seus antecedentes, a súa conduta posterior ao feito, en particular o seu esforzo para reparar o dano causado, as súas circunstancias familiares e sociais e os efectos que caiba esperar da propia suspensión da execución e do cumprimento das medidas que foren impostas.

2. Serán condicións necesarias para deixar en suspenso a execución da pena as seguintes:

1ª. Que o condenado delinquise por primeira vez. Para tal efecto non se terán en conta as anteriores condenas por delitos imprudentes ou por delitos leves, nin os antecedentes penais que fosen cancelados ou deberon selo conforme o disposto no artigo 136. Tampouco se terán en conta os antecedentes penais correspondentes a delitos que, pola súa natureza ou circunstancias, carezan de relevancia para valorar a probabilidade de comisión de delitos futuros.

2ª. Que a pena ou a suma das impostas non sexa superior a dous anos, sen incluír en tal cómputo a derivada da falta de pagamento da multa.

3ª. Que se satisfixesen as responsabilidades civís orixinadas e se fixese efectivo o comiso acordado en sentenza conforme o artigo 127.

Neste caso cúmprense os requisitos esixidos legalmente para a concesión do beneficio da suspensión da pena: a pena que lle foi imposta na sentenza non é superior a dous anos de prisión, na certificación de antecedentes penais non consta que teña condenas anteriores por feitos que puidesen revelar a probabilidade de cometer novos delitos, e comprometeuse a pagar a responsabilidade civil no prazo dun ano. Todo isto lévanos a concluír que a execución da pena de prisión, tendo en conta as circunstancias concorrentes, non favorecería a non comisión de novos feitos delituosos, xa que o condenado presenta, a priori, un prognóstico favorable de comportamento futuro non delituoso.

O artigo 81 do CP establece que o prazo de suspensión será de dous a cinco anos para as penas privativas de liberdade non superiores a dous anos, e de tres meses a un ano para as penas leves, prazo que será fixado polo xuíz ou tribunal atendendo aos criterios expresados no parágrafo segundo do número 1 do artigo 80. Neste caso, tendo en conta as circunstancias anteriores, procede suspender a execución da pena privativa de liberdade imposta na sentenza a Luis Manuel polo prazo de dous anosdesde a data da resolución que o acorda, quedando condicionada a que pague a responsabilidade civil, tal e como se comprometeu o acusado.

Terceiro.As custas procesuais enténdense impostas pola lei aos criminalmente responsables de todo delito ou falta ( artigos 121 do CP e 238 e 240 da LACrim).

Vistas as disposicións legais citadas, e demais de xeral aplicación do Código penal e da Lei de axuizamento criminal,

Fallo

Condenamospola súa propia conformidadeo acusado Luis Manuel, como responsable, en concepto de autor, dun delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal, coa concorrencia da atenuante de reparación do dano do artigo 21.5 do mesmo código, coa pena dun ano de prisióncoa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena. Así mesmo, como responsabilidade civil, indemnizaráo prexudicado, Simón, coa cantidade de 7 000 euros,da cal se descontará o importe xa ingresado e que deberá ser pagada en doce mensualidades.

Condenamos tamén o acusado ao pagamento das custas procesuais causadas.

Acórdase a suspensión da execución da pena de prisiónconforme ao artigo 80 do Código penal, condicionada ao pagamento da responsabilidade civil ao prexudicado, tal e como se comprometeu o acusado.

Esta sentenzaé definitiva e firmee non cabe recurso ningúncontra ela.

Así, por esta nosa sentencia, da cal se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi dada, lida e publicada en audiencia pública nodía da súa data polo maxistrado ponente. Dou fe.


Sentencia Penal Nº 35/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 57/2016 de 16 de Febrero de 2017

Ver el documento "Sentencia Penal Nº 35/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 57/2016 de 16 de Febrero de 2017"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

El proceso judicial por delitos leves
Disponible

El proceso judicial por delitos leves

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Vademecum Acceso a la abogacía. Volumen III. Parte específica penal
Disponible

Vademecum Acceso a la abogacía. Volumen III. Parte específica penal

V.V.A.A

18.70€

17.77€

+ Información

Regulación del proceso penal del decomiso
Disponible

Regulación del proceso penal del decomiso

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Delitos relacionados con la corrupción
Disponible

Delitos relacionados con la corrupción

Alfredo Abadías Selma

13.60€

12.92€

+ Información