Última revisión
20/11/2008
Sentencia Penal Nº 36/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 26/2008 de 20 de Noviembre de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 20 min
Orden: Penal
Fecha: 20 de Noviembre de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 36/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008100410
Núm. Ecli: ES:APPO:2008:3687
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00036/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección Segunda
CAUSA PENAL
Rolo: 26/09-P
Órgano de procedencia: 1ª Inst. e Instrucción PORRIÑO-3
Asunto: P. Abreviado
Número: 36/08
SENTENZA NÚM.36
==========================================================
MAXISTRADOS/AS
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona M. Mercedes Pérez Martín Esperanza
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
==========================================================
Pontevedra, vinte de novembro de dous mil oito.
VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número , procedente
do Xulgado de Instrución núm. 3 de Porriño, e seguida polo trámite de procedemento Abreviado nº 36/08, polo delito de
LESIONES, contra Jose Ignacio , con DNI número NUM000 , nado en Vigo o día 09-09-1980, fillo de
Balbino e de Carmen, con domicilio en Torneiros Fase NUM001 .Bloque NUM002 - DIRECCION000 ,Torneiros-Porriño, sin antecedentes penais, solvente, en
situación de liberdade, por esta causa, representado polo procurador don Luís Baldes Albillo, e defendido polo avogado don
Alfonso Zamuz Ovalle,e contra Jose Daniel , nado en Mos o día 09-11-1974,fillo de Juan e de Isaura,
con domicilio en Polígono Torneiros NUM001 Fase-Bloque NUM003 - NUM004 O Porriño, non constan antecedentes penais, non consta a
solvencia, esta en liberdade por esta causa, representado pola Procuradora dona Isabel Sanjuan Fernández e defendido polo
avogado don José Ramón Cuesta Conde e contra Marco Antonio , nado en Mos, fillo de Juan e de Isaura,
non constan antecedentes penais, non consta a solvencia, representado pola Procuradora dona Mª Belén Álvarez Sánchez e
defendido polo avogado don Xosé Antonio Cachaldora Calderon. É parte acusadora o Ministerio Fiscal en representación do cal
intervén don Juan Carlos Aladro, e como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado, quen expresa o parecer da
Sala.
Antecedentes
Primeiro.- O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de lesións que causan deformidade do artigo 150 en relación co artigo 147 do Código Penal e unha falta de malos tratos do artigo 617 no parágrafo 2º do Código Penal os feitos atribuídos a Jose Ignacio .
Os feitos atribuídos a Jose Daniel son constitutivos dunha falta de malos tratos do artigo 617 en su parágrafo 2º do Código Penal .
Os feitos atribuídos a Marco Antonio son costitutivos dunha falta de malos tratos do artigo 617 parágrafo 2º do Código Penal .
Responden os acusados en concepto de autores en virtude do artigo 28 do Código Penal do delito.
Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.
Solitou a pena para o acusado, Jose Ignacio , á pena de TRES ANOS e UN DIA de prisión coa accesoria de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena en virtude do artigo 56 e 30 días de multa con unha cota diaria de nove euros pola falta de malos tratos, con arresto sustitutorio para o caso de impago en virtude do artigo 53 e para o acusado Jose Daniel á pena de 60 días de multa con unha cota diaria de nove euros pola falta de malos tratos, con arresto sustitutorio para o caso de impago en virtude do artigo 53, e para o acusado Marco Antonio á pena de 60 días de multa con unha cota diaria de nove euros pola falta de malos tratos, con arresto sustitutorio en caso de impago en virtude do artigo 53.
Solicitou que acusado Jose Ignacio indemnizará a Jose Daniel en 400 Euros polos 10 días non impeditivos que tardou en curar e 6000 Euros polas secuelas.
Elevounas a definitivas no acto do xuízo oral, modificando o punto quinto, solicitando á pena de 30 días de multa para Juan e Marco Antonio , art. 617 CP.
Segundo.- A defensa dos acusados, en idéntico trámite, solicitaron a libre absolución dos seus defendidos, eleváronas a definitivas no acto da vista oral.
FEITOS PROBADOS
Sobre as 22:30 horas do día 22 de decembro de 2007, no bar Navegante, sito no polígono de Torneiros, fase NUM001 , bloque NUM003 , do Porriño, o acusado Jose Daniel dirixiuse ao tamén acusado Jose Ignacio para reprocharlle o feito de que estivese a falar mal del e do seu irmán, o tamén acusado Marco Antonio . Con tal motivo, Jose Daniel e Jose Ignacio empurráronse mutuamente, e saíu deseguido o primeiro do bar, permanecendo o segundo no seu interior.
Aos cinco minutos, Jose Daniel volveu ao bar Navegante, para dar portazos e berrar que aquilo non ía quedar así, e saíu inmediatamente Jose Ignacio detrás do anterior. Nada máis saír do local, Jose Ignacio recibiu un golpe na cabeza por parte de Marco Antonio , e enleáronse os dous irmáns e Jose Ignacio nunha pelexa, no transcurso da cal este último lle trabou na orella dereita a Jose Daniel .
Este último, logo da limpeza cirúrxica da ferida, con regularización da cartilaxe, facendo cuberta cutánea e sutura, e con profilaxe antibiótica e analxésica, tardou en curar dez días non impeditivos, sen hospitalización; e quedoulle como secuela a perda parcial da orella dereita, sen interferencia na función auditiva.
Os outros dous acusados, Jose Ignacio e Marco Antonio , non consta que precisasen de asistencia médica con motivo da pelexa.
Fundamentos
Primeiro.- Os feitos declarados probados son constitutivos dun delito de lesións previsto e penado no artigo 150, en relación co artigo 147, do Código penal , así como de tres faltas de malos tratos do artigo 617.2 do mesmo texto legal.
Segundo- Responsables en concepto de autores ( artigos 27 e 28 do Código penal ) das amentadas infraccións delituosas sono os tres acusados, do seguinte xeito:
1. Jose Ignacio é autor do delito de lesións do artigo 150, en relación co artigo 147 do Código penal , e dunha falta de malos tratos do artigo 617.2 do mesmo texto legal.
2. Jose Daniel é autor dunha falta de malos tratos do artigo 617.2 do Código penal .
3. Marco Antonio é autor dunha falta de malos tratos do artigo 617.2 do Código penal .
Terceiro.- Non ofrece ningunha dificultade a cualificación xurídica dos feitos que se axuízan.
A existencia dunha previa disputa entre Jose Daniel e Jose Ignacio , por mor de o primeiro escoitar dende o baño do establecemento onde se atopaba uns comentarios feitos polo segundo verbo del mesmo e do seu irmán, Marco Antonio , foi recoñecida tanto por parte de Jose Daniel como por parte de Jose Ignacio . E igualmente confesan que se encararon e empurraron un ao outro, sen máis.
Tras abandonar o bar Jose Daniel , e permanecendo no mesmo Jose Ignacio , volveu alí aos cinco minutos. Logo de dar golpes coa porta do local e de berrar isto non vai quedar así, Jose Daniel sae do local e ségueo Jose Ignacio , polo que ten lugar xa fóra do establecemento a pelexa entre ambos os dous.
O resultado deste último incidente foi que Jose Ignacio nin tan sequera precisou de asistencia médica como consecuencia das acometidas, caída ao chan, etc. Mentres que Jose Daniel , logo da trabada na orella que lle deu Jose Ignacio , necesitou limpeza cirúrxica da ferida, con regularización da cartilaxe, facendo cuberta cutánea e sutura, e con profilaxe antibiótica e analxésica; tardou en curar dez días non impeditivos, sen hospitalización; e quedoulle como secuela a perda parcial da orella dereita, sen interferencia na función auditiva.
O encadramento das lesións padecidas por Jose Daniel dentro do ditado legal do artigo 150 do Código penal tampouco presenta a máis mínima dúbida. Para un suposto no que o lesionado padeceu a amputación do pavillón auricular esquerdo coa secuela da perda parcial do mesmo sen afectación da audición, a STS 1437/2005, do 2 de decembro , sinalou que:
En el caso de autos existió dolo, desde el momento que la acción ejecutada y la parte del cuerpo elegida para desencadenar la agresión (en este caso mordisco) fueron fruto de la voluntad del agente, a lo que se añade la intensidad de la agresión, capaz de producir el efecto que produjo.
Pero en el peor de los casos concurrió el dolo eventual ya que, siendo probable el resultado sufrido, no hizo desistir al sujeto agente de su acción, en la que persistió con asunción de todas sus consecuencias.
Desde otro punto de vista no puede exigírsele al afectado que lleve el cabello de una determinada longitud, ni que lo peine de una u otra manera para ocultar el déficit fisonómico.
La deformidad tuvo lugar por la pérdida de sustancia corporal provocadora de una alteración física. En el caso de autos fue visible y permanente, y pudo ser valorada su alcance y repercusión estética por el Tribunal de instancia, que la tuvo a la vista. No es preciso, a su vez, que el sujeto se represente previamente un resultado determinado, bastando le sea imputable por la cobertura de un dolo inespecífico o genérico, incluso eventual, en cuyo caso es aplicable el correspondiente tipo penal sin preterintencionalidad alguna.
En suma, nos hallamos ante un supuesto de deformidad, ocasionado con dolo, que en el mejor de los casos para el recurrente, deberá caracterizarse de eventual.
El que la imagen corporal tenga o no relación con la profesión, afectará en todo caso a la relevancia de la deformidad y a la indemnización que deba señalarse, pero no a la existencia de la deformidad misma.
Do mesmo xeito resolve a STS 218/2005, do 23 de febreiro , nun caso no que se denunciaba o erro da cualificación dos feitos polo artigo 150 do Código penal , en lugar de a través do artigo 621 en relación co artigo 147.2 do mesmo texto legal . Esta sentenza rematou considerando que a trabada na orella co resultado da avulsión do pavillón auricular dereito con desgarro completo da cartilaxe, quedándolle como secuelas unha cicatriz visible de cinco centímetros na rexión posterior da orella dereita e perda do cincuenta por cento do lóbulo da orella dereita, resultaba correcto tipificala a teor do mencionado artigo 150 do Código penal , ante a evidencia da deformidade resultante pola irregularidade física, visible e permanente, como expoñente da alteración corporal externa que supón a desfiguración ou fealdade a simple vista (no mesmo sentido a anterior STS 589/1999, do 21 de abril ).
Por outra banda, non só interviñeron na pelexa os acusados Jose Daniel e Jose Ignacio , senón o tamén coacusado Marco Antonio . Así resulta da declaración de Jose Ignacio , que refire un sorprendente ataque daquel cando xusto saía do local e, despois, cando xa estaba enleado na pelexa co irmán de Urcesino. E a testemuña Virginia manifestou que os irmáns Jose Daniel se botaran a Jose Ignacio para agredilo, que ao chan caeran este último e Jose Daniel , pero que Marco Antonio se situara por enriba para precisamente agredir ao contrincante do seu irmán.
Cuarto.- Non concorren circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal.
Non compartimos así a alegación da defensa de Jose Ignacio , relativa á eximente de obrar en defensa da persoa ou dereitos propios do artigo 20.4 do Código penal e, en todo caso, á atenuante do artigo 21.1ª do mesmo texto legal .
Verbo de tal particular a STS 1026/2007, do 10 de decembro , resume a doutrina xurisprudencial do seguinte xeito:
[...] siguiendo la doctrina sentada en las SSTS 1262/2006 de 28.12 y 544/2007 de 21.6 , que la eximente de legitima defensa como causa excluyente de la antijuridicidad o causa de justificación, está fundada en la necesidad de autoprotección, regida como tal por el principio del interés preponderante, sin que sea óbice al carácter objetivo propio a toda causa de justificación la existencia de un "ánimus defendendi" que, como ya dijo la STS 2.10.81 , no es incompatible con el propósito de matar o lesionar al injusto agresor ("animus necandi o laedendi"), desde el momento que el primero se contenta con la intelección o conciencia de que se está obrando en legítima defensa, en tanto que el segundo lleva además ínsito el ánimo o voluntad de matar o lesionar necesario para alcanzar el propuesto fin defensivo.
El agente debe obrar en "estado" o "situación defensiva", vale decir en "estado de necesidad defensiva", necesidad que es cualidad esencial e imprescindible, de suerte que si del lado de la agresión ilegítima ésta debe existir en todo caso, para que se postule la eximente completa o imperfecta, del lado de la reacción defensiva ésta debe ser también y siempre necesaria para que pueda afirmarse la eximente en cualquiera de sus grados.
Por ello, tal como destaca la STS 1760/2000 de 16.11 , esta eximente se asienta en dos soportes principales que son, según la doctrina y la jurisprudencia, una agresión ilegitima y la necesidad de defenderse por parte de quien sufre aquella.
Por agresión debe entenderse toda creación de un riesgo inminentemente para los bienes jurídicos legítimamente defendibles, creación de riesgo que la doctrina de esta Sala viene asociando por regla general a la existencia de un acto físico o de fuerza o acometimiento material ofensivo. Sin embargo, tal tesis no es del todo completa cuando se ha reconocido también que el acometimiento es sinónimo de agresión, y ésta debe entenderse no sólo cuando se ha realizado un acto de fuerza, sino también cuando se percibe una actitud de inminente ataque o de la que resulte evidente el propósito agresivo inmediato, como pueden ser las actitudes amenazadoras si las circunstancias del hecho que las acompañan son tales que permitan temer un peligro real de acometimiento, de forma que la agresión no se identifica siempre y necesariamente con un acto físico sino también puede prevenir del peligro, riesgo o amenaza, a condición de que todo ello sea inminente.
Por tanto constituye agresión ilegitima toda actitud de la que pueda racionalmente deducirse que pueda crear un riesgo inminente para los bienes jurídicos defendibles y que haga precisa una reacción adecuada que mantenga la integridad de dichos bienes, sin que por tanto, constituyan dicho elemento las expresiones insultantes o injuriosas por graves que fuesen, ni las actitudes meramente amenazadoras sino existen circunstancias que hagan adquirir al amenazado la convicción de un peligro real o inminente ( STS 12.7.94 ), exigiéndose "un peligro real y objetivo y con potencia de dañar" ( STS 6.10.93 ), de modo que no la constituye "el simple pedir explicaciones o implicar verbalmente a otra persona ( STS 23.3.90 ), ni el "hecho de llevar las manos en los bolsillos, profiriendo insultos" ( STS 26.5.89 [RJ 1989, 4262]). [...]
A mesma STS 1026/2007, do 10 de decembro, a máis recente 87/2008, do 4 de febreiro, ou a anterior 1437/2005, do 2 de decembro , con respecto ás situacións de rifa mutuamente aceptada, conclúen que:
[...] no cabe apreciar para los contendientes las circunstancias de legitima defensa, al no caber en nuestro derecho la pretendida "legitima defensa reciproca" y ello en razón a constituirse aquellas en recíprocos agresores, en mutuos atacantes, no detectándose un "animus" exclusivamente defensivo, sino un predominante y compartido propósito agresivo de cada cual hacia su antagonista, invalidándose la idea de agresión injusta ante el aceptado reto o desafío entre los contrincantes, que de las palabras pasan a los hechos, generándose consecuencias lesivas, no como actuación exclusivamente paralizante o neutralizadora del acometimiento injusto o inesperado del adversario, sino como incidentes desprovistos de la estructura causal y racional que justifica la reacción de fuerza del acometido sin motivo, entendiéndose por riña o reyerta una situación conflictiva surgida entre unas personas que, enzarzándose en cualquier discusión verbal, al subir de grado la misma, desembocan, tras las palabras insolentes, afrentosas u ofensivas en las peligrosas vías de hecho, aceptándose expresa o tácitamente la procedencia o reto conducente al doble y reciproco ataque de obra.
En estos casos se ha excluido la posibilidad de apreciar la legitima defensa ( SSTS 29.1.2001, y 214/2001 de 16.2 ), siendo indiferente la prioridad en la agresión ( SSTS 31.10.88, y 14.9.91 ), si bien se ha precisado que ello no exonera a los Jueces a averiguar " la génesis de la agresión y determinar, si es posible, quien o quienes la iniciaron, de tal manera que con ello se evite que pueda aparecer como uno de los componentes de la riña, quien no fue otra cosa que un agredido que se limitó a repeler la agresión" ( SSTS 1265/93 de 22.5, 312/2001 de 1.3, 399/2003 de 13.3 ). Y a tal supuesto en que se admite la legitima defensa, se añade el caso en que la acción de uno sobrepasa los limites de la aceptación expresa o tácita, en cuanto a modos o medios "haciendo acto de presencia ataques descomedidos o armas peligrosas, con las que no se contaba" ( STS 1253/2003 de 27.9 ), a tal supuesto, en que se admite la legitima defensa, se añade el caso en que la acción de uno sobrepasa los limites de la aceptación expresa o tácita, en cuanto a modos o medios "haciendo acto de presencia ataques descomedidos o armas peligrosas, con las que no contaba" ( STS 1253/2005 de 26.10 ), produciéndose un cambio cualitativo en la situación de los contendientes ( SSTS 521/95 de 5.4, 20.9.91 ). [...]
Que Jose Ignacio voluntariamente aceptou a rifa e, xa que logo, se situou por fóra de toda posibilidade de amparo na circunstancia de lexítima defensa nin como eximente nin como atenuante, pono de manifesto toda unha serie de circunstancias. Así, foi el o autor dos comentarios verbo dos irmáns Jose Daniel Marco Antonio nun local público e en presenza dun número indeterminado de persoas. Cando un destes os escoitou e por iso o recriminou, Jose Ignacio , en troques de adoptar outra actitude, reciprocamente se empurrou con aquel. Cando volveu ao bar onde estaba a persoa con quen se empurrara para dar uns portazos e dicir que aquilo non ía quedar así, Jose Ignacio , en lugar de permanecer no interior do local, saíu fóra tras Jose Daniel , buscando e propiciando así el mesmo a situación de enfrontamento físico que, agora, non pode pretender erixir nunha agresión ilexítima da que tivo que necesariamente defenderse. Incluso a testemuña Virginia declarou que, ao caeren ao chan Jose Daniel e Jose Ignacio , este quedou por enriba daquel. Xa que logo, non atopamos explicación para unha reacción tan desproporcionada como trabarlle con evidente intensidade na orella ata seccionarlle parte do seu pavillón, cando ademais o propio Jose Ignacio no xuízo oral admitiu que puido haber outras formas de defensa pola súa parte, mais xustificándose en que eran dous contra un.
Quinto.- En materia de penas estamos ao disposto no artigo 66.1.6ª do Código penal , ao non concorrer atenuantes nin agravantes e ser así aplicable a pena establecida pola lei para os delitos cometidos, na extensión que se estima adecuada, en atención ás circunstancias persoais do delincuente e á maior ou menor gravidade dos feitos. E verbo das faltas, aplicamos o disposto no artigo 638 do Código penal no sentido de atender, dentro do prudente arbitrio e dos límites de cada unha, ás circunstancias do caso e do culpable, sen axustarse á regras dos artigos 61 ao 72 do Código penal .
En canto ao disposto no artigo 50.5 do Código penal verbo do importe das cotas diarias das penas de multa, e en consideración á situación económica dos reos, deducida dos seus patrimonios, ingresos, obrigacións, cargas familiares e demais circunstancias persoais, fixamos a de seis euros diarios, tal cal vén impoñendo a doutrina xurisprudencial de innecesaria cita para os casos nos que non consta a situación de indixencia ou miseria económica dos condenados.
En concreto, e en consideración ao anterior:
A) Polo delito de lesións que causan deformidade do artigo 150 do Código penal , impómoslle a Jose Ignacio a pena de prisión de tres anos, coa accesoria de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena.
B) Pola falta de malos tratos do artigo 617.2 do Código penal , impómoslle a Jose Ignacio a pena de multa de trinta días, cunha cota diaria de seis euros, co arresto substitutorio en caso de non pagamento previsto no artigo 53 do Código penal .
C) Pola falta de malos tratos do artigo 617.2 do Código penal , impómoslle a Jose Daniel a pena de multa de trinta días, cunha cota diaria de seis euros, co arresto substitutorio en caso de non pagamento previsto no artigo 53 do Código penal .
D) Pola falta de malos tratos do artigo 617.2 do Código penal , impómoslle a Marco Antonio a pena de multa de trinta días, cunha cota diaria de seis euros, co arresto substitutorio en caso de non pagamento previsto no artigo 53 do Código penal .
Sexto.- Toda persoa criminalmente responsable dun delito ou falta tamén o é civilmente se do feito se derivasen danos ou perdas ( artigo 116 do Código penal ). Neste sentido procede declararmos responsable civil ao acusado Jose Ignacio por mor das lesións e secuelas que, con motivo da súa acción, lle restan ao tamén acusado Jose Daniel .
O importe de tal responsabilidade civil cómpre fixalo en 400 euros polos dez días non impeditivos que tardou en curar o lesionado, así como en 3500 euros polas secuelas, tendo en consideración con carácter meramente orientativo, que non vinculante, o disposto no baremo que fixa o sistema para a valoración dos danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación.
Sétimo.- As custas procesuais imponllas a lei aos criminalmente responsables de todo delito ou falta ( artigo 123 do Código Penal , e artigos 239 e 240.2º da Lei de axuizamento criminal ), polo que resultan de obrigada imposición aos acusados as xeradas na presente instancia.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debiamos condenar e condenamos aos acusados Jose Ignacio , Jose Daniel , e Marco Antonio , como autores responsables, sen a concorrencia de circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal, do seguinte xeito:
A) Polo delito de lesiones que causan deformidade do artigo 150 do Código penal , impómoslle a Jose Ignacio a pena de prisión de tres anos, coa accesoria de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e as custas.
B) Pola falta de malos tratos do artigo 617.2 do Código penal , impómoslle a Jose Ignacio a pena de multa de trinta días, cunha cota diaria de seis euros, co arresto substitutorio en caso de non pagamento previsto no artigo 53 do Código penal , e as custas.
C) Pola falta de malos tratos do artigo 617.2 do Código penal , impómoslle a Jose Daniel a pena de multa de trinta días, cunha cota diaria de seis euros, co arresto substitutorio en caso de non pagamento previsto no artigo 53 do Código penal , e as custas.
D) Pola falta de malos tratos do artigo 617.2 do Código penal , impómoslle a Marco Antonio a pena de multa de trinta días, cunha cota diaria de seis euros, co arresto substitutorio en caso de non pagamento previsto no artigo 53 do Código penal , e as custas.
En concepto de responsabilidade civil, Jose Ignacio indemnizará a Jose Daniel na cantidade de 400 euros polos días non impeditivos, e en 3500 euros polas secuelas.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer o recurso de casación, ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo, por infracción de lei ou quebrantamento de forma, no prazo de cinco días, que se contarán desde a última notificación.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
