Última revisión
30/12/2011
Sentencia Penal Nº 369/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 176/2011 de 30 de Diciembre de 2011
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 30 de Diciembre de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 369/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011100369
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:3365
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00369/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
2252AD86
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 213050
N.I.G.: 36005 41 2 2010 0004610
ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000176 /2011
Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 2 de PONTEVEDRA
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000188 /2011
RECURRENTE: Higinio
Procurador/a: MARIA JOSE GIMENEZ CAMPOS
Letrado/a: AUGUSTO BRENNO CASTRO IGLESIAS
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a:
Letrado/a:
SENTENZA NÚM.369
==================================================
MAXISTRADOS/AS:
Ilmo. Don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.PRESIDENTE.
Ilma. Dona ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO.
Ilma. Don. CELSO JOAQUIN MONTENEGRO VIEITEZ.
==================================================
En Pontevedra a 30 de decembro de dous mil once.
Visto, pola Sección 2º desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 176/11 , o recurso de apelación interposto pola procuradora dona Maria Jose Gimenez Campos, en representación de Higinio , contra a sentenza ditada polo Xuzgado do Penal nº 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 27 de septiembre de dos mil once, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
Que debo condenar y condeno a Higinio como autor de un delito de estafa previsto y penado en los artículos 248.1 y 249 del Código Penal, a la pena de 9 meses de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tempo de la condena; así como al abono de las costas procesales causadas; debiendo indemnizar a Jose Enrique en la cantidad de 4.200 euros.
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
UNICO .- Resulta probado y así se declara que Higinio ofertaba a través de Internet, el alquiler de un vehículo marca audi modelo A4 RS4 color rojo pese a que no tenía intención de hacer entrega del vehículo a quienes se interesasen en el alquiler.
El día 9 de septiembre de 2010, Jose Enrique contactó con Higinio, acordando ambos el alquiler del vehículo marca audi modelo A4 RS4 color rojo durante los días 10 a 13 de septiembre de 2010, abonando Jose Enrique de 1200 euros por el alquiler propiamente dicho y 3000 euros más en concepto de fianza. El abono lo realizó Jose Enrique mediante dos ingresos de 2.200 euros cada uno de ellos a favor de Higinio en el número de cuenta NUM000 de la entidad de Banesto , en Ponteareas. A pesar de ello, Jose Enrique ni recibió el vehículo alquilado ni le ha sido devuelta hasta la fecha la cantidad que abonó como alquiler y como fianza.
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación , que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación.
Fundamentos
Primeiro .- O acusado Higinio foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de estafa, previsto e penado nos artigos 248.1 e 249 do Código penal . No recurso de apelación que agora formula perante esta alzada ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal na procura da súa absolución efectúa unha única alegación: a infracción do principio de legalidade-tipicidade dos artigos 25.1 e 9.3 da Constitución española, a violación do dereito á presunción de inocencia en relación co principio acusatorio e a un xuízo con todas as garantías - artigo 24.2 da C.E. - e o erro de tipo. Á impugnación así deducida oponse o fiscal.
Segundo .- O recurso de apelación resulta ben confuso. Mais, atendendo á solicitude da libre absolución que formula o acusado, debemos adiantar que non resulta posible dada a contundencia da proba incriminatoria practicada na causa en contra do acusado, que foi obtida e realizada con todas as garantías legais.
Que o acusado Higinio ofrecía o alugamento dun vehículo de motor -marca Audi, modelo A4 RS4- a cambio do correspondente ingreso económico na súa conta corrente en Banesto resulta fóra de toda dúbida a teor do correo electrónico por el mesmo remitido ao prexudicado Jose Enrique (f. 7). O desembolso efectuado por tal concepto por este último tamén resultou totalmente acreditado por medio dos ingresos enviados á conta bancaria do acusado (fs. 9 e 10). A recepción por parte do acusado na súa conta dos cartos (primeiro 2200 ? e despois 2000 ?) non menos xustificada resultou a teor da documental achegada aos autos (f. 49). E Higinio axiña deu boa conta deste diñeiro , a pesar de non chegar a ceder o uso do vehículo ofrecido en aluguer. O propio acusado-apelante primeiro recoñeceu perante a Garda Civil de Valga que ía devolverlle o diñeiro ao denunciante (f. 12), e despois negouse a declarar na fase de instrución da causa (fs. 32 e 33) e tamén no acto da vista oral (f. 113).
En conclusión, o prexudicado nin obtivo a temporal posesión do vehículo de motor durante o tempo do pretendido alugamento, nin a día de hoxe lle foron reintegrados os 4200 ? dos que, polo amentado concepto, se desprendeu enganado polo calote urdido polo agora recorrente en apelación. A declaración da vítima amósase así, unida ao anteriormente referido , como máis que suficiente para enervar a presunción de inocencia que amparaba o acusado. A este o prexudicado non o coñecía previamente de nada, e agora só pode dispensar as máis que lóxicas xenreiras derivadas do engano padecido cun importante prexuízo patrimonial, do que aínda non se recuperou.
Rexeitamos así o recurso e confirmamos a resolución xudicial contra a que se apelaba.
Terceiro .- As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Higinio contra a sentenza ditada con data do 27 de setembro de dos mil once, do Xulgado do Penal nº 2 de Pontevedra, e confirmar esta sentenza, con declaración de das costas ao apelante.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a don/a JOSE JUAN BARREIRO PRADO, durante a audiencia pública. Dou fe.

