Sentencia Penal Nº 38/200...re de 2006

Última revisión
11/12/2006

Sentencia Penal Nº 38/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 28/2006 de 11 de Diciembre de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 11 de Diciembre de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 38/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006100386

Núm. Ecli: ES:APPO:2006:2969

Resumen:
APROPIACION INDEBIDA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00038/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección Segunda

CAUSA PENAL

Rolo: 28/06 P

Organo de Procedencia: Xulgado de Instrución núm. 2 de PONTEAREAS

Asunto: Procedimiento Abreviado

Número: 50/05

SENTENZA Nº 38

==========================================================

ILMOS. SRES.

Presidente

D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Maxistrados

D. LUCIANO VARELA CASTRO

Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, once de decembro de dous mil seis

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 28/06 , procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 de Ponteareas e seguida

polo trámite de procedemento abreviado, polo delito de apropiación indebida, contra Esther con DNI número NUM000 , nada o día 4 de marzo de 1970, en Pesqueiras,

Pontevedra, filla de Agustín e de Purificación, cuxos antecedentes penais non constan na causa,

solvente parcial, en situación de liberdade por esta causa, representada pola procuradora PATRICIA

CABIDO VALLADAR e defendida polo letrado CARLOS M. TERCEIRO LOMBA; contra

Luis Enrique , con DNI número NUM001 , nado o día 27 de xaneiro de 1973, en Vincennes, Francia, fillo de Agustín e de Purificación, cuxos antecedentes penais non constan

nesta causa, solvente parcial, en situación de liberdade por esta causa, representado pola procuradora PATRICIA CABIDO VALLADAR e defendido polo letrado CARLOS M. TERCEIRO LOMBA; e contra Luis Pablo , con DNI número NUM002 , nado o día 8 de xullo de 1948, en Salvaterra de Miño, fillo de Enrique e de María, cuxos antecedentes penais non constan na presente causa, solvente parcial, en situación de liberdade por esta causa, representado pola procuradora PATRICIA CABIDO VALLADAR e defendido polo letrado CARLOS M. TERCEIRO LOMBA.

E parte como acusación particular Serafin , representado polo Procurador Pedro Sanjuan e como avogado Enrique Fonteboa Vila.

É parte acusadora o Ministerio Fiscal, e como relator o maxistrado D.LUCIANO VARELA CASTRO , quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

PRIMEIRO.- O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que elevou a definitivas no acto do xuízo oral, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de apropiación indebida do artigo 252 do Código penal (CP), en relación co artigo 249.1.1º do mesmo texto legal. De tales feitos responden os acusados en concepto de autores, conforme o artigo 28 do CP, e non concorren circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal.

O Ministerio Fiscal solicitou a pena, para cada un dos acusados, de dous anos de prisión, coa accesoria legal de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, conforme o artigo 56 do Código penal; así como cadansúa pena de 12 meses de multa cunha cota diaria de quince euros, coa responsabilidade persoal subsidiaria prevista no artigo 53 do Código penal para o caso de non pagamento; e as custas.

Solicitou, así mesmo, que os acusados indemnicen conxunta e solidariamente o prexudicado na cantidade de 1.934,81 euros e o xuro legal do diñeiro correspondente a cada un dos anos transcorridos dende a data dos feitos.

SEGUNDO.- A representación procesual da acusación particular, no seu escrito de conclusións provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de apropiación indebida do artigo 252 do Código penal, coa agravante prevista no artigo 250.2, xa que concorren as circunstancias 1º, 6º e 7º do artigo 250, respondendo os acusados en concepto de autores e non concorrendo circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal.

Solicitou a imposición aos acusados de cadansúa pena de oito anos de prisión, coa accesoria legal de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, así como a inhabilitación especial para exerce-lo oficio ou profesión de construtor de acordo co artigo 56 do Código penal; de cadansúa pena de multa de 24 meses a razón de 15 euros por día, coa responsabilidade persoal subsidiaria prevista no artigo 53 do Código penal para o caso de non pagamento; e das custas.

En canto á responsabilidade civil, solicitou que os acusados indemnicen conxunta e solidariamente o prexudicado na suma de 30.000 euros, entregada ó denunciante e da que se apropiaron os acusados, e outros 30.000 euros para facer fronte aos prexuízos ocasionados, tendo en conta os xuros legais que xerará a devandita cantidade dende a data de entrega e o feito de que ó non aboarse a devandita suma non puido comeza-la obra.

TERCEIRO.- A defensa dos acusados, en idéntico trámite, solicitou a absolución dos seus representados.

Hechos

Son feitos probados e así os declaramos:

No procedemento ordinario 56/2003 ante o Xulgado de Ponteareas, presentouse a demanda de don Serafin . Este transixiu en novembro de 2003 cos demandados Sr. Enrique e Sr. Ángel Daniel , e coas mercantís Agustín Valiño S.L. e Hermanos Chumbas S.L. en que todos estes demandados asumisen a obriga de repara-los defectos na obra que aquel demandante lles contratara.

O xeito de facer tal reparación era mediante traballos que debían realiza-las mercantís e entregando o Sr. Enrique 30.000 euros e o Sr. Ángel Daniel outros 30.000 euros.

Esas cantidades seríanlle aboadas á mercantil Agustín Valiño, aínda que delas serían detraídas as necesarias para pagarlle ó demandante determinados gastos.

O Sr. Ángel Daniel fixo entrega de 30.000 euros no Xulgado (conta de consignacións en BANESTO) o 16 de decembro de 2003.

Con valor do 20 de xaneiro de 2004 transferiuse esa cantidade a unha conta na mesma entidade bancaria a prol da mercantil Agustín Valiño S.L. Esa transferencia foi feita a instancia do demandante e agora querelante (folla 124).

Esta, o día 22 seguinte, abooulle ó letrado da parte actora -aquí acusadora particular- 2.023,84 euros, en concepto da cuarta parte dos seus honorarios, que a mercantil asumira pagar na transacción.

A mercantil Agustín Valiño non executou o acordo de transacción. Por iso o demandante -e agora apelante- moveu unha demanda de execución do acordo que fora xurisdicionalmente homologado. Por un auto do 1 de xuño de 2004 mandouse requiri-la mercantil para realiza-la obra de reparación. E tamén se lle fixo o requirimento á outra mercantil que igualmente transixira coa demandante e agora apelante. Inatendido tal requirimento, o Xulgado, o 1 de xullo de 2004, mandou embargar bens para responder dos custos da obra que debía realizar un terceiro.

En setembro de 2004 Banesto transferiu, desde a conta da mercantil Agustín Valiño ó Xulgado, a cantidade de 28.065,19 euros, que aquela tiña como saldo na conta na que ingresara os 30.000 euros entregados polo Sr. Ángel Daniel .

O demandante e agora apelante renunciou en decembro de 2004 a que a obra fora feita por ese terceiro, optando por reclama-lo importe en concepto de prexuízos.

Fundamentos

UNICO: Os feitos que se declaran probados aparecen documentados practicamente na súa totalidade. De tal xeito que, antes que cousa ningunha, o que en realidade se vén a discutir é se tales feitos son ou non constitutivos dun delito de apropiación indebida. Por iso, antes de entrar no exame da única cuestión de feito polémica, como é a da participación individual de cada acusado, o que resulta necesario é determinar se existiu unha apropiación penalmente tipificada por parte de alguén actuando na representación da mercantil Agustín Valiño S.L.

Como ten dito reiterada xurisprudencia, este delito esixe os seguintes elementos:

"a) Una inicial posesión legítima, por el sujeto activo, del dinero, efectos o cualquier otra cosa mueble. b) Que el título por el que se ha adquirido dicha posesión sea de los que producen obligación de entregar o devolver la cosa. c) Un acto de disposición de la cosa o dinero, de naturaleza dominical, por parte de dicho agente y d) Un elemento subjetivo, denominado ánimo de lucro, que se traduce en la conciencia y voluntad del agente de disponer de la cosa como propia."

O delito está constituído xa que logo pola "[...] transformación que el sujeto activo hace, en tanto convierte el título inicialmente legítimo y lícito por el que recibió dinero, efectos o cosas muebles, en una titularidad ilegítima cuando rompe dolosamente el fundamento de confianza que determinó que aquéllos le fueran entregados [...]."

Desde logo, non pode discutirse que a entrega de 30.000 euros era a título de parte do prezo que lle debía ser entregado á mercantil receptora pola obra que esta se comprometía a realizar, pactada na transacción xudicial.

Xa que logo, a tal mercantil nin se obrigaba a devolve-lo diñeiro percibido nin a darlle un destino concreto a esa cantidade, que, desde o momento da entrega, pasaba a ser da súa propiedade como tal prezo recibido.

A non realización da contraprestación -a obra- non pasa de constituír un incumprimento contractual que non pode subsumirse no tipo penal.

Porque o título polo que a mercantil recibe o diñeiro non é dos que enumera o artigo 252 do CP. A entrega do prezo atribúe a propiedade definitiva del ó que o recibe, cumpra ou non cumpra aquilo a que se obriga por esa recepción.

Certamente, as cantidades que o arquitecto e o aparellador se obrigaron a entregar na transacción non tiñan como única contraprestación a obra polas mercantís, senón tamén indemniza-lo actor por outros gastos. Pero nada se probou sobre o importe deses gastos e, por iso, que non fosen dabondo aboados polo diñeiro entregado polo arquitecto, que o querelante xa fixo seu. Como tampouco se probou que esta última cantidade non fose, mesmo en parte, aínda adebedada ás mercantís.

Desde logo, a mercantil non nega a recepción.

O anterior fai innecesario entrar noutras consideracións, como a de se a obriga de reparar lle é imputable á entidade mercantil coa que estaban relacionados os acusados, ou se, en realidade, a cantidade foi conservada na conta na que se ingresou a prol da mercantil sen que esta dispuxese dela, fóra do dedicado ó pago de honorarios do letrado no preito no que ocorre a transacción.

Non sendo feita acusación a título de estafa, tampouco non corresponde examinar se a recepción dos 30.000 euros foi feita con engano para disimula-lo real propósito de non realizar en ningún caso a obra a que se obrigaba na transacción.

Do mesmo xeito, tamén é xa innecesario determinar se algún dos acusados actuou nalgún momento como administrador de feito ou de dereito da mercantil.

Daquela,

Fallo

Que é mester absolvermos, e absolvémolos, a Esther , a Luis Enrique e a Luis Pablo do delito de apropiación indebida polo que viñan acusados, con declaración de oficio das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer RECURSO DE CASACIÓN, ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo, por infracción de lei ou quebrantamento de forma, no prazo de CINCO DIAS, que se contarán desde a última notificación.

Así, por medio desta nosa sentenza, da que se levará testemuño ao rolo de Sala, e se anotará nos rexistros correspondentes, pronunciámolo, mándamolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.