Sentencia Penal Nº 38, Au...yo de 2001

Última revisión
09/05/2001

Sentencia Penal Nº 38, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1077 de 09 de Mayo de 2001

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 09 de Mayo de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 38

Resumen:
O auto impugnado posúe motivación bastante dado que no mesmo se especifican que os feitos poden ser constitutivos de senllos roubos, referíndose por remisión a dúas substraccións, sobre as que non existe a máis mínima dúbida na súa identificación no lugar e tempo, en canto perpetrados no mesmo día, e, xa para rematar, que o propio acusado confesou en todo momento, tanto na súa inicial declaración ante o Instructor, e asistido polo seu Letrado, como no acto do xuízo. Doutra banda, non é certa a segunda causa de nulidade invocada. Ao acusado, ao tempo de ser detido pola Policía, e tamén asistido de Letrado, lle foron lidos e ofrecidos os seus dereitos cosntitucionais, entre eles o de ser recoñecido polo Médico, e non fixo uso dese dereito. E foi examinado polo Médico Forense aos oito días, facéndose a analítica correspondente para determina-lo seu grao de dependencia. Os restantes motivos do recurso son de fondo. Tampouco estes dous motivos de fondo poden ser acollados. O acusado non presenta ningunha patoloxía psíquica asociada que poida provocar deterioros cognitivos dignos de ter en consideración.

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

AUTO: 00038/2001

 

APELACIÓN PENAL

 

Rolo: 1077/00

P. Abreviado 352/99

Orixe XDO. DO PENAL PONTEVEDRA 1

 

 

Ilmos. Sres. Presidente:

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

Maxistrados:

D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO

D. MIGUEL ÁNGEL BOUZA LÓPEZ

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, presidente, D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO e D. MIGUEL ÁNGEL BOUZA LÓPEZ, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.38

 

Pontevedra, o 9 de maio do año dous mil un.

 

 No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nas precedentes dilixencias previas do procedemento abreviado que á cima se amenta, contra do/s acusado/s, JU........, son partes: dunha beira, como apelante/s, o devandito acusado, e da outra, como apelado/s o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

 

I.- ANTECEDENTES DE FEITO

 

 Acéptanse os feitos probados da sentencia contra a que se recorre.

 

 PRIMEIRO. Con data 1 de marzo do año 2000, o xuíz do Xulgado do Penal Pontevedra 1 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a parte dispositiva da cal, rigorosamente, di:

 

 "Que debo condenar y condeno a JU............... como responsable en concepto de autor de dos delitos de robo con intimidación del art. 237 en relación con los arts. 242-1 y 2 del CP a las penas de TRES AÑOS Y SEIS MESES DE PRISIÓN por cada uno de ellos, debiendo indemnizar a RO.............. en el valor de los objetos sustraídos que se determine en ejecución de sentencia e imponiéndole expresamente las costas del procedimiento".

 

 SEGUNDO. Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, JU............... interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras os preiteantes teren sido emprazados, constituíronse en parte e, axiña que se efectuou a instrucción, sinalouse día e hora para avista, que se desenvolveu, sinalouse día e hora para a vista, que se desenvolveu consonte co avindo no acto. O apelante solicitou que se revoque a sentencia, e o Ministerio Fiscal solicitou a conformación da sentencia recorrida.

 

II.- FUNDAMENTOS DE DEREITO

 

 PRIMEIRO. Aínda que a parte recorrente adopta a inadmisíbel postura de prescindir dos trámites procesuais establecidos para a formulación do recurso de apelación, formulando sucesivos motivos para o mesmo, e obviando os prazos que a lei establece pare este remedio, pretendendo, en definitiva facer un novo proceso adoptado aos seus intereses, o que é taxantemente rexeitábel, procede este Tribunal a examinar todos eses motivos por dúas razóns, a primeira, para favorece-lo principio pro actione e esgota-lo dereito de defensa do acusado, e a segunda, pois os motivos que se invocan no segundo escrito do recurso veñen esencialmente referidos a cuestións de orde constitucional e procesual, e mais concretamente a posíble nulidade do actuado, que por esa natureza de orde pública poden ser invocadas en calquera intre, e incluso apreciadas de oficio polo órgano xudicial.

 

 O apelante invoca no primeiro termo que a auto de data 3 de maio de 1.999, polo que se acorda a transformación das Dilixencias Previas en procedemento abreviado, carece de motivación suficiente, provocando conseguintemente a súa indefensión; e no segundo lugar, que igualmente se orixinou a súa indefensión por non se lle da-la posibilidade de ser examinado por un Médico Forense para que informara puntualmente sobre o seu estado de toxicidade polo abuso de drogas. Motivos que teñen que ser rexeitados.

 

 Dunha banda, o auto impugnado posúe motivación bastante dado que no mesmo se especifican que os feitos poden ser constitutivos de senllos roubos, referíndose por remisión a dúas substraccións, sobre as que non existe a máis mínima dúbida na súa identificación no lugar e tempo, en canto perpetrados no mesmo día, e, xa para rematar, que o propio acusado confesou en todo momento, tanto na súa inicial declaración ante o Instructor, e asistido polo seu Letrado, como no acto do xuízo.

 

 E doutra banda, non é certa a segunda causa de nulidade invocada. Ao acusado, ao tempo de ser detido pola Policía, e tamén asistido de Letrado, lle foron lidos e ofrecidos os seus dereitos cosntitucionais, entre eles o de ser recoñecido polo Médico, e non fixo uso dese dereito. E foi examinado polo Médico Forense aos oito días, facéndose a analítica correspondente para determina-lo seu grao de dependencia. E non se debe omitir no último termo que o inculpado recorrente veu declarar no xuízo oral -e con isto adiántase o que de seguido dirase que inmediatamente antes de perpetra-los dous feitos axuizados tiña consumida droga, co que xa queda absolutamente descartada a imperiosa necesidade de ser sometido rápidamente ao exame médico (que non solicitou, insistimos), pois ese anterior e moi próximo consumo impedía que padecera o síndrome de abstinencia, e a súa dependencia, grave ou leve, podía determinarse fácilmente con posterioridade.

 

SEGUNDO. Os restantes motivos do recurso son de fondo.

 

 Entende o recorrente que existen nos autos probas bastantes para aprecia-la toxicomanía como eximente plena, ou alomenos como eximente incompleta. Tampouco estes dous motivos de fondo poden ser acollados.

 

A proba pericial practicada con tódalas garantías descarta o xogo desa circunstancia no xeito pretendido pola parte. O acusado non presenta ningunha patoloxía psíquica asociada que poida provocar deterioros cognitivos dignos de ter en consideración ( folio 86 ).

 

 Como xa diciamos, o acusado non se atopaba baixo o síndrome de abstinencia ao ter consumido antes droga, e non existe ningunha proba que leve ao entendemento de que no tempo dos feitos ese consumo desembocara nunha intoxicación, plena ou incompleta, que lle impedira comprender, en todo nin en parte, a ilicituide dos feitos, nin actuar, tampouco total nin parcialmente, consonte a esa comprensión. O recorrente tiña conciencia do que facía, e vontade libre para facelo.

 

 No último termo, e xa para rematar esta materia, é certo que o acusado tiña unha grave ou seria dependencia das drogas ( heroína e cocaína ), mais non é menos certo que esa gravidade é un elemento consubstancial á atenuante do art. 21, n° 2, do C.P., tal como se tira da propia dicción literal do precepto. Ou dato doutro xeito, a leve adicción carece de efectos atenuatorios.

 

 No segundo lugar, e fronte ao pretendido pola parte apelante, os feitos teñen o seu encaixe no tipo agravado do art. 242.2 dese Código, e non no tipo básico simplemente, dado que nos dous feitos exhibíu directamente a escopeta de caza coa que amedrentou as dúas víctimas, arma que se atopaba en perfecto estado de funcionamento.

 

TERCEIRO. Xa para rematar, interesa a parte apelante na vista do recurso que se lle autorice a cumplí-las penas nun centro de deshabituación, posibilidade que non é xuridicamente atendíbel dado que a posibilidade deste beneficio queda circunscrita no noso dereito, consonte cos arts. 101, 102 e 103 do C.P., aos exentos de responsabilidade criminal do art. 20, núms. 1, 2 e 3, do mesmo Código, ou nos supostos de eximente incompleta en relación cos mesmos números (art. 104), casos que non concorren

 

 CUARTO. O acusado achegou ao proceso unha proba documental que pola súa extemporaneidade foi rexeitada. Isto non exclúe que poida ser tomada en consideración para a fase de execución da sentencia, ou que poida ser ampliada para os efectos de posíbeis beneficios, inclusive da solicitude dun indulto, o que se ten que deixar obviamente para aquela fase de execución, e ao bo criterio do Xulgador a quo.

 

 QUINTO. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.

 

 III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o Pobo españois,

 

DECIDIMOS

 

 Que rexeitámo-lo recurso de apelación formulado por JU................ contra da sentencia dictada polo Xulgado do Penal Pontevedra 1, o día 1 de marzo do ano 2000, con declaración de oficio das custas procesuais desta alzada.

 

 Con testemuño desta resolución, devólvanselle as actuacións ao xulgado de orixe, por quen se ha notificar recibimento.

 

 Esta é a nosa sentencia, que asinamos, procedéndose a súa traducción ao castelán se algunha das partes o solicita.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.