Última revisión
15/03/2007
Sentencia Penal Nº 39/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 113/2007 de 15 de Marzo de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 15 de Marzo de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 39/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007100080
Núm. Ecli: ES:APPO:2007:547
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00039/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000113 /2007 P
Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 2 de PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 0000232 /2006
SENTENZA NÚM. 39
===========================================================
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente,
Don Luciano Varela Castro
Dona Rosario Cimadevila Cea
===========================================================
Pontevedra, quince de marzo de dous mil sete
Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial na causa instruída co número 232/06, o
recurso de apelación interposto polo procurador don Francisco Javier Almón Cerdeira, na
representación de don David , fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Penal
núm. 2 de Pontevedra; é parte o Ministerio Fiscal e actúa como maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado
Antecedentes
Primeiro.- Pronunciouse nos autos de referencia a sentenza con data do 5 de decembro de 2006 , que na súa parte dispositiva di literalmente:
"Que debo condenar y condeno a David como autor de un delito de conducción temeraria previsto y penado en el artículo 381 del Código Penal , concurriendo la circunstancia agravante prevista en el artículo 22,8 del Código Penal , a la pena de 1 año y 3 meses de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores por tiempo de 3 años y 6 meses y como autor de un delito de quebrantamiento de condena previsto y penado en el artículo 468 del Código Penal concurriendo la circunstancia atenuante prevista en el artículo 21,2 del Código Penal a la pena de 12 meses de multa con una cuota diaria de 8 euros, con la responsabilidad personal subsidiaria que para el caso de impago establece el artículo 53 del Código Penal , así como al abono de las costas procesales causadas".
E como feitos probados expresamente recóllense os da sentenza contra a que se apela:
"Resulta probado y así se declara que David fue condenado en sentencia de fecha 21 de mayo de 2004 por el Juzgado de lo Penal número 3 de Pontevedra como autor de un delito contra la seguridad del tráfico a la pena de privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores por tiempo de 8 meses, siéndole notificada personalmente la liquidación de condena en fecha 21 de septiembre de 2004, según la cual la fecha de extinción de dicha pena era el 18.5.2005. Conociendo dicha privación y las fechas de comienzo y fin de la misma, David , el día 9 de enero de 2005, sobre las 1,00 horas, circulaba por la carretera PO 316 con sus facultades de atención y percepción mermadas por la previa ingesta de bebidas alcohólicas, y hacia la 1,20 horas, tuvo un altercado con unos chicos a los que persiguió corriendo uno de los cuales cogió un palo para que dejara de seguirlos y ante un amago de David este resultó dañado con el palo en un dedo, tras este hecho, David subió a su vehículo y circuló por la acera por la que caminaban varias personas, dirigiéndose hacia unos de los chicos que iban por la misma Fidel e Gregorio , que al verse perseguidos por el vehículo para evitar ser atropellados tuvieron que refugiarse en el interior de una cafetería, rozando no obstante con el vehículo a uno de los viandantes que se encontraban en la acera, Alfonso , sin causarle lesiones. Después, David siguió circulando perdiendo el control de su vehículo y colisionó con un poste de la luz. Requerido por agentes de la Policía Local y estando presentes agentes de la Guardia Civil, ante los síntomas que mostraba de hallarse en estado de embriaguez como eran la deambulación vacilante, el habla pastosa, incoherente, repetitivo, halitosis alcohólica fuerte; se practicaron las pruebas de impregnación alcohólica que arrojaron un resultado positivo de 0,72 miligramos de alcohol por litro de aire espirado la primera y 0,71 la segunda y practicada prueba analítica de contraste a las 6,43 horas, ésta arrojó un resultado de 1,39 gramos de alcohol por litro de sangre".
Segundo.- Contra a dita sentenza, a representación procesual do agora recorrente interpuxo o recurso de apelación que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se atopa unido ás actuacións.
Terceiro.- Tras lle dar a coñece-lo escrito de formalización do recurso ó Ministerio Fiscal, este presentou un escrito de impugnación no que solicita a confirmación da sentenza contra a que se recorre xa que se axusta a dereito.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos que na sentenza obxecto de recurso se declaran probados.
Fundamentos
PRIMEIRO.- No recurso de apelación que formula David contra a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de conducción temeraria, previsto e penado no artigo 381 do Código Penal , e como autor dun delito de quebrantamento de condena do artigo 468 do mesmo texto legal , formalízanse dous alegados impugnatorios tendentes á revogación da amentada condena: a infracción, por indebida aplicación, do artigo 381 do Código Penal , e a vulneración do dereito á presunción de inocencia do artigo 24.2 da Constitución española .
Nunha das últimas ocasións que o Tribunal Supremo tivo ocasión de analizar a conducta inserida no artigo 381 do Código Penal , sostivo que: "Nos encontramos ante un delito que exige la concurrencia de dos elementos objetivos: 1º. La conducción de un vehículo a motor o de un ciclomotor con temeridad manifiesta. 2º. Que con tal modo de conducir se ponga en peligro concreto la vida o la integridad de las personas" ( STS 2012/2004, do 8 de outubro que , a súa vez fai cita das anteriores SSTS do 1 de abril de 2002, do 29 novembro 2001, e da 877/1999, do 2 de xuño ). E abonda con atendermos ao propio relato de Feitos Probados do que parte a sentenza apelada para, sen dúbidas, chegarmos á conclusión de que, no presente caso, concorreu tanto un como outro elemento obxetivamente probado en autos.
Así, o feito de que David pillase o seu vehículo e, con este, circulase pola beirarúa pola que, nese mesmo momento, circulaban varias persoas, parte das cales ( Fidel e Gregorio ) tiveron que refuxiarse no interior dunha cafetería para evitar ser atropelados como semella que pretendía aquel acusado-apelante, chegando a rozar a un dos peóns ( Alfonso ) aínda que sen causarlle lesións, perdendo deseguido o control do automóbil ata ir a bater contra un poste da luz, dende logo que non ofrece dúbidas verbo do encaixe legal da devandita conducta no tipo legal do artigo 381 do Código Penal ; e máxime se se repara en que os axentes da policía local e da garda civil que se persoaron no lugar, no acusado-apelante percibiron nidios síntomas de atoparse este en estado de embriaguez (deambulación vacilante, fala pastosa, incoherente e repetitiva, e forte cheiro a alcol) plasmado nas posteriores probas de detección alcólica no aire espirado que deron un resultado positivo de 0,72 e 071 miligramos, e contrastada coa proba analítica de contraste que ás cinco horas máis tarde da ocorrencia dos feitos axuízados aínda deu uns 1,39 gramos de alcol por litro de sangue do acusado-apelante David . Por outra banda, cando menos da declaración da testemuña Alfonso non se pode facer cuestión, pois, non coñecendo de nada ao acusado, manifestou que xa antes do accidente, este último estaba "borrachísimo", e que como non lle daba o ancho da beirarúa, ía cunhas rodas do vehículo enriba da mesma e as outras pola beiravía, acelerando, a toda potencia, chegando a el mesmo rozalo nun brazo aínda que sen, afortunadamente, causarlle lesión. E completado tal imparcial testemuño co das outras dúas testemuñas que, para evitar o atropelo, tiveron que buscar refuxio nunha cafetería, e co declarado polos tamén aludidos axentes da policía local e garda civil, abofé que por ningures se albisca erro algún na aplicación ao presente caso do precepto que conforma o artigo 381 do Código Penal .
Precisamente polo anterior, o segundo dos alegados impugnatorios debe correr idéntica sorte posto que, invocándose a vulneración do dereito á presunción de inocencia do artigo 24.2 da Constitución española por, dícese, existir inimizade entre as testemuñas e o acusado, e non constituír proba válida de cargo a daquelas, dende logo que tal circunstancia frontalmente debe ser rexeitada, cando menos como se dixo, no caso dos axentes da policía local e da garda civil e, sobre todo, da presencial testemuñal de Alfonso segundo o cal, xa antes do accidente David estaba "borrachísimo", descartándose así toda posterior inxesta etílica como pretendía o propio apelante que, en todo caso, aínda que non se tivese por probada tampouco eliminaría a temeraria manobra voluntariamente executada polo acusado con máis que evidente e concreto perigo para a vida e integridade das persoas como o foi conducir a "toda potencia" e acelerando por unha beirarúa chea de peóns.
Deste xeito, rexéitase o recurso de apelación e confírmase a resolución xudicial impugnada.
SEGUNDO.- Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante por mor da desestimación do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que DESESTIMAMOS o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de David , fronte á sentenza ditada con data do 5 de decembro de 2006 no procedemento abreviado, debemos confirmar a mencionada sentenza. Impoñénselle as custas desta alzada ó recorrente.
Ó notifica-la sentenza, déaselle cumprimento ó disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial .
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por medio desta Sentenza, da que se achegará un testemuño ó Rolo de Sala. Anótese no rexistro correspondente.
