Sentencia Penal Nº 40/200...re de 2006

Última revisión
05/12/2006

Sentencia Penal Nº 40/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 32/2006 de 05 de Diciembre de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 41 min

Orden: Penal

Fecha: 05 de Diciembre de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 40/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006100415

Núm. Ecli: ES:APPO:2006:3007

Resumen:
ROBO CON VIOLENCIA O INTIMIDACION

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00040/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección Segunda

CAUSA PENAL

Rolo:32/06

Organo de Procedencia:Jdo. Instrucción núm. 1 Vilagarcía de Arousa.-

Asunto: Procedimiento Abreviado

Número: 7/06

SENTENZA Nº 40

==========================================================

ILMOS. SRES.

Presidente

D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Maxistrados

D. LUCIANO VARELA CASTRO

Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, cinco de Decembro de dous mil seis.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 7/06 , procedente do Xulgado de Instrución núm.1 de Vilagarcia de Arousa e

seguida polo trámite de procedemento abreviado , polo delito de roubo, falsedade en documento

oficial e detención ilegal contra Pedro Miguel , con DNI número NUM000 , nado en

Rianxo- A Coruña o día 3-7-1979, fillo de José Manuel e de Josefina, veciño de Rianxo con

antecedentes penais, de solvencia non acreditada, en situación de liberdade por esta causa, da

que estivo privado do 20-9-2002 ao 18-12.2002, representado polo Procurador Dª Sandra del Río

Fernández e defendido polo letrado Don Manuel Fernández Pérez . É parte acusadora o Ministerio

Fiscal en representación do cal interveu Don Paulino González Formoso, e como relator o

maxistrado DON LUCIANO VARELA CASTRO, que expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

PRIMEIRO: O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dos delitos:

A) Un delito de robo con intimidación previsto y penado en los artículos 237 y 242-1 y 2 del Código Penal Vigente.

B) Un delito de robo con intimidación, previsto y penado en los artículos 237 y 242-1 y 2 .

C) Un delito de robo con intimidación, previsto y penado en los artículos 237 y 242-1 y 2 y un delito de detención ilegal, previsto y penado en el artículo 163-1 del Código Penal vigente.

D) Dos delitos de robo con intimidación previstos y penados en los artículos 237 y 242-1-2 del Código vigente.

E) Un delito de robo con intimidación previsto y penado en los artículos 237 y 242-1 y 2 en concurso del artículo 77-1 y 2 con un delito de falsedad en documento oficial, previsto y penado en el artículo 392 en relación con el artículo 390-1-1º del Código Penal Vigente.

F) Un delito de robo con intimidación, previsto y penado en los artículos 237 y 242-1 y 2 en concurso del artículo 77-1 y 2 con un delito de falsedad en documento oficial, previsto y penado en el artículo 392 en relación con 3l artículo 390-1-1º del Código Penal vigente.

G) Un delito de robo con intimidación, previsto y penado en los artículos 237 y 242-1 y 2 en concurso del artículo 77-1 y 2 con un delito de falsedad en documento oficial, previsto y penado en el artículo 392 en relación con el artículo 390-1-1º del Código Penal vigente.

De los que es responsable el acusado en concepto de autor conforme al artículo 27 y 28 del Código Penal y solicita:

POR EL HECHO A) a la pena de 5 años de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante la condena.

POR EL HECHO B) a la pena de 5 años de prisión , con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercició del derecho de sufragio pasivo durante la condena.

POR EL HECHO C)

Por el delito de robo con intimidación la pena de 5 años de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante la condena.

Por el delito de detención ilegal la pena de 4 años de prisión, con la accesorias de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante la condena.

POR CADA HECHO D) La pena de 5 años de prisión, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante la condena.

POR EL HECHO E) La pena de 5 años de prisión, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante la condena.

POR EL HECHO F) La pena de 5 años de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio de derecho de sufragio pasivo durante la condena.

POR EL HECHO G) La pena de 5 años de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante la condena.

Asi como al pago de las costas causadas.

No acto do xuizo oral o Ministerio Fiscal en sus conclusions definitivas estima que procede apreciar a atenuante 21-6 en relación con el 2º del propio artículo, se engade que ao final da 1ª conclusión que o acusado e drogodependente e que lle afectaba a súa vontade.

Todos os delitos de roubo con intimidación e uso de armas se modifican e solicita para cada un deles a pena de 3 anos compensables coa agravación.

En canto a detención ilegal 163-1º, se deixa a pena

mínima, a mesma.

En canto a falsedad documento oficial en concurso ideal ,deixase como está.

SEGUNDO: A defensa do procesado, en idéntico trámite, solicitou a absolución do seu defendido por non existir delito e polo tanto nín autoría nín circunstancias modificativas da responsabilidade penal, salvo a prevista no artigo 20-2º do Código Penal. No acto do xuízo oral elevounas a definitivas, con carácter subsidiario, queda declarada toxicomanía , e declarada eximente incompleta.

Hechos

UNICO:

A)Contra as 13 horas do día 18-7-2002, un individuo non identificado entrou na farmacia da licenciada Adolfo , situada na rúa do Concello, en Catoira, partido xudicial de Vilagarcía de Arousa, amosándolle á titular, dona Amanda , nunha man, unha navalla e, noutra man, unha xiringa, ó tempo que lle dicía que se trataba dun atraco. Conseguiu que, amedrentada, aquela lle entregase 50 euros, e logo fuxiu. Non consta probado que esa persoa fose o acusado, don Pedro Miguel .

A) Contra as 21,15 do día 31 de agosto de 2002, un individuo non identificado entrou no supermercado Familia, da rúa Jaime , partido xudicial de Ribeira, onde agarrou á caixeira dona Luz , poñéndolle unha xiringa no brazo e requiríndoa para que lle dese diñeiro. Aquela entregoulle 930 euros, e logo el fuxiu. Non consta probado que a xiringa estivese provista de agulla nin que tivese contido ningún. Tampouco consta probado que esa persoa fose o acusado don Pedro Miguel .

B) Contra as 8,40 horas do día 4-9-02, o acusado, don Pedro Miguel , entrou nas instalacións da sucursal do banco Banesto de Catoira, partido xudicial de Vilagarcía de Arousa e, xa dentro, amosoulle un coitelo ó empregado don Luis Carlos , dicíndolle que se trataba dun atraco. Logo de salta-lo mostrador, esixiulle ó empregado que abrira caixóns, ata que se apoderou de 7.325 euros que neles había, propiedade do banco, mais un billete de 5.000 PTA e un teléfono móbil Siemens, propiedade do empregado.

A seguir encerrou ó empregado nunha habitación para poder fuxir, como fixo, sen que aquel puidese pedir auxilio. Non consta o xeito de facer ese peche, nin a dificultade para eludilo por parte do empregado, nin que o tempo que necesitou para librarse fose alén dalgúns minutos.

C) Contra as 19,44 horas do día 14 de setembro de 2002, o acusado, don Pedro Miguel , entrou no establecemento do supermercado DIA na avenida Compostela de Padrón provisto dunha pistola detonadora de pequenas dimensións e apuntou sucesivamente a un cliente, don Braulio , a unha empregada, dona Erica , e a outra empregada, dona Marcelina , logrando que estas dúas lle entregasen, respectivamente, 2.111,19 euros e 240 euros, diñeiro propiedade da empresa titular do supermercado.

D) Contra as 20,15 horas do día 17 de setembro de 2002, unha persoa non identificada, que levaba unha pistola detonadora, entrou no establecemento Mercería Marisa, na localidade de Catoira, partido xudicial de Vilagarcía de Arousa, e logo de amosarlle a arma á dona do local, dona María Esther , e de ameazar a un cliente presente, don Plácido , conseguiu que lle entregase a primeira 300 euros. Non consta probado que esa persoa fose o acusado, don Pedro Miguel .

Deseguido fuxiu utilizando o vehículo Ford Fiesta do que se descoñece a matrícula, que aparentaba corresponder á provincia de Oviedo, con numeración 1888, sen que se poida considerar probado que fose o que, da mesma marca e modelo, é propiedade do acusado.

E) Contra as 16,55 horas do día seguinte, 18 de setembro de 2002, unha persoa non identificada entrou na farmacia da que é titular don Carlos Francisco na localidade de Catoira, do partido de Vilagarcía de Arousa, e, coa pistola detonadora antes mencionada, amedrentou a don Carlos Francisco , quen lle deu a requirimento do acusado 200 euros. Non consta probado que esa persoa fose o acusado, don Pedro Miguel .

A seguir fuxiu nun vehículo Ford Fiesta, da mesma marca e modelo que o do acusado, sen que conste a titularidade do mesmo e se era da súa propiedade, polo que non consta se as placas de matrícula tiñan desfigurada a súa verdadeira letra e numeración.

G) Contra as 18 horas do día 19 de setembro de 2002, o acusado, don Pedro Miguel , entrou na farmacia Herederos de Benedicto , partido xudicial de Caldas de Reis, e, aproveitando un descoido, apoderouse de 235 euros da caixa rexistradora. E cando, apercibido o dono, foxe, tirou 55 euros e ameazouno cunha pistola cuxas características non constan, nin se era ou non detonadora. Conseguiu finalmente meterse nun vehículo da súa propiedade ó que lle disimulou a súa verdadeira matrícula con cintas adhesivas para que aparentase que correspondía a Oviedo e non á Coruña.

H) O acusado don Pedro Miguel naceu o 2 de xullo de 1979. Foi condenado executoriamente nunha sentenza firme o 19 de xuño de 2002, como criminalmente responsable dun delito de roubo con violencia, á pena dun ano de prisión.

No mes de marzo de 2002 sofre un estado agudo de adicción a estupefacientes debido ó consumo de drogas en anos anteriores, someténdose a un programa de deshabituación que abandona ós poucos días. Politoxicómano, desde que debuta ós 16 anos con consumo abusivo de alcohol e cannabis e ós 20 con heroína e cocaína, cando é detido e ingresado en prisión, a seguir da súa detención, presentaba unha síndrome de abstinencia moderada, figurando na súa historia clínica cadros ansioso-depresivos frecuentes. Adoece de elevada vulnerabilidade, sen recursos sólidos para afrontar situacións que esixan usar estratexias para unha resolución adaptativa.

Fundamentos

1.- En relación cos feitos que se declaran probados, atendeuse ós seguintes elementos de xuízo:

A) As testemuñas que declararon no xuízo ratifican o feito declarado probado. Pero, no tocante á identificación do acusado, amais de que a día de hoxe -catro anos despois-, manifestan que non poden identificalo, tamén di dona Amanda que no día dos feitos o atracador levaba posto un casco de motorista que impedía recoñecelo.

A testemuña Sr. Ángel Jesús , interpelado pola previa identificación na instrución, dixo que en tal ocasión indicou o "que lle parecía" pero non que estivese seguro. E non foi interpelado en ningún momento, segundo o previsto no artigo 714 da LACr. A testemuña don Felix tampouco non identificou o acusado na dilixencia de recoñecemento feita ante o Xulgado. Isto réstalle credibilidade á dilixencia xudicial que dicía, a respecto do Sr. Ángel Jesús , que este recoñecía en igual dilixencia o acusado.

A falta da proba en xuízo que ratifique eventuais previos recoñecementos impide ter por probado o feito imputado neste apartado. Desde logo, mal pode traerse como elemento de cargo para enerva- la presunción de inocencia unha manifestación feita na fase de instrución, sen a contradición que representa a actuación regulada no artigo 714 da LACr.

B) O acusado limitouse no xuízo a dicir que non lembraba se este feito fora ou non realizado por el. Pola contra, as testemuñas afirmaron o feito e, no tocante á identificación do autor, as testemuñas dona Gloria e dona Luz recoñeceron en agosto de 2002 o acusado en fotografías (anexo V do atestado), antes de que este puidera ser detido. Logo, pasados tres meses, dona Gloria (folla 1231) reitera o recoñecemento en rolda xudicial, malia que con dúbidas, e no xuízo oral reitera que ten dúbidas sobre a identidade do acusado co autor dos feitos.

A testemuña dona Luz (folla 1221) dixo na rolda xudicial que non recoñecía a ningunha das persoa da rolda, estando entre elas o acusado. Certamente, no xuízo oral manifesta que cando fixo o recoñecemento estaba segura de lograr esa identificación. Mala debe se-la súa memoria ou cometeu falsidade o que redactou a acta da dilixencia na instrución.

Para avalia-la consecuencia desa discrepancia entre o resultado positivo das dilixencias policiais de recoñecemento -e máis se soamente se logran en fotografía- coa falta de ratificación posterior, debemos acudir ó dito polo TS nunha sentenza do 20 de decembro de 2001: "[...] Las declaraciones realizadas únicamente ante la policía, entre las cuales se encuentran en este caso los reconocimientos en rueda, no se consideran de carácter sumarial a los efectos de su posible incorporación al debate del juicio oral por la vía del citado art. 730 . Sólo tienen naturaleza policial, forman parte del atestado correspondiente, no son medio de prueba apto para desvirtuar la presunción de inocencia y únicamente tienen el valor de mera denuncia conforme a lo dispuesto en el art. 297 LECrim . Véase lo que dicen sobre este punto las STC 51/1995, de 23 de febrero (fundamento de derecho quinto) y la STS de 24-2-1997 , entre otras muchas [...]."

Non estamos pois diante dun caso como o axuizado na sentenza do TS do 15 de febreiro de 2006, no que se dixo: "[...] diligencia de reconocimiento de identidad de un delincuente por medio de fotografías es, en principio, únicamente un medio de investigación policial, a veces el único posible para iniciarla en un determinado sentido; pero también hemos dicho reiteradamente que puede alcanzar el rango de prueba de cargo cuando el testigo va al juicio oral y allí es interrogado con resultado positivo sobre esa identificación fotográfica. En estos casos nos encontramos ante una verdadera y propia prueba testifical practicada con todas las garantías concurrentes en tal acto solemne [...]."

E non estamos diante dun caso como o desta sentenza porque, no caso de dona Gloria , a dilixencia policial foi cuestionada cando fai, a poucos meses, o recoñecemento na rolda xudicial e exterioriza ter dúbidas. No xuízo oral manifesta que "a cara tampouco a podo dicir", explicando que o autor levaba gafas. Non lembra nese acto o recoñecemento policial e, a respecto da rolda xudicial, reiterou con teima as dúbidas que tivera xa naquel acto. E no caso de dona Luz , porque, malia ratificar no xuízo o recoñecemento feito na sede policial, negou a identidade do autor co acusado na rolda feita ante o Xulgado na fase de instrución, malia esta-lo acusado entre os que lle foron presentados nesa rolda. Por maior abastanza, cómpre mesmo engadir que, malia dici-la Garda Civil na dilixencia que lle foron amosadas 40 fotografías a esta testemuña, ela di no xuízo que soamente se lle amosaron dúas. E, finalmente, na dilixencia non se deixa constancia de ningunha das fotografías amosadas fóra da do acusado, o que fai tamén orfa de credibilidade tal dilixencia.

C) O feito foi recoñecido polo acusado. A renuncia da proba de testemuñas impediu interroga-lo único que presenciou os feitos que era a vítima. Pero se iso de seu abonda para que non poidan establecerse, en prexuízo do reo, unhas condicións do encerro, o que non pode é ignorarse que na declaración instrutora esa testemuña dixo que o peche non durou máis de 20 minutos, e que non necesitou de auxilio de ninguén para se liberar. E noutra declaración ante a Garda Civil o que indica é que eses 20 minutos foi o tempo total en que o acusado estivo dentro da entidade.

D) Este feito foi recoñecido polo acusado.

Pero, no tocante ás características da pistola detonadora, cómpre advertirmos de que non foi practicada proba ningunha no xuízo oral. Daquela, soamente pode estimarse acreditado o que, en beneficio do reo, deriva da dilixencia posta pola Garda Civil no atestado, cando se fai unha relación dos efectos ocupados no tempo da detención. Segundo esa dilixencia, que non foi seguida de proba ningunha na instancia, a pistola é de "pequenas dimensións". As características da munición que utiliza non poden precisarse, dada a preguiza da instrución en peritar tal aspecto particular e a falta de toda dilixencia na acusación para pedir esta proba no xuízo oral.

Da mesma cualificación do Ministerio Fiscal deriva que o diñeiro pertencía a un único titular: non ás empregadas que o facilitaron, senón ó seu empresario.

E) O acusado manifesta non lembrar este feito,

A testemuña dona María Esther , malia que solicitou o MF que recoñecese o acusado en rolda ante o Xulgado, non consta que comparecera, polo que non puido identificalo como a persoa que realizou os feitos deste apartado. Certamente, antes fixo un recoñecemento ante axentes policiais, sobre fotografía, e identificou a do acusado como autor deste feito (folla 24). Para avalia-la credibilidade dese recoñecemento fotográfico cómpre atender a que lle foi amosada a esta testemuña a mesma serie de fotografías que a don Plácido , quen, logo, na dilixencia ante o Xulgado, manifestou non recoñece-lo acusado; tamén hai que atender a que as fotografías achegadas coa do acusado son de persoas de características moi diferentes ás súas; e, como xa dixemos, a que esa testemuña nin acode ó Xulgado para reitera-la dilixencia en presenza do acusado, nin no acto do xuízo é preguntada sobre a identificación. Tampouco non mirou o vehículo no que se di que se foi o autor dos feitos.

No xuízo oral dona María Esther non foi preguntada por ninguén a respecto da identificación previa.

Para avaliar, xa que logo, a identificación feita na sede policial por dona María Esther , debemos lembra-la doutrina dita polo TS na sentenza do 19 de abril de 2006: "[...] un reconocimiento fotográfico en esa misma sede, reconocimiento que constituye una manifestación ordinaria de la investigación criminal que orienta a las pesquisas policiales, la apertura de una línea de investigación, pero que por sí sólo no constituye prueba apta para destruir la presunción de inocencia y en modo alguno pueda estimarse como constitutiva de un medio de prueba, adquiriendo dicho carácter cuando se ratifica en el juicio oral (SSTS. 1500/92, 1162/97, 349/98, 140/2000, 1638/2001, 1280/2002, 486/2003, 618/2004 ...) [...]."

A testemuña don Plácido manifesta non recoñece-lo acusado na dilixencia de identificación (folla 1227) intentada na sede xudicial. Antes (18 de setembro ás 20,35 horas) manifestou recoñece-lo acusado dentro dunha serie de fotografías ante a Garda Civil (folla 26). E manifesta no xuízo oral que o autor fuxiu nun vehículo do que recorda que a matrícula era de Oviedo e os números 1888. Non pode afirmarse que se tratase do vehículo do acusado. Esta testemuña tampouco non foi preguntada por ninguén a respecto da identidade do autor dos feitos e a súa correspondencia co acusado.

A única dilixencia de proba que pode levar á conclusión identificadora que o Ministerio Fiscal mantén na súa cualificación é a coincidencia do xeito de actuar do autor deste feito co que se lle atribúe ó acusado no apartado anterior, que el recoñece que cometeu. Obviamente, a vinculación lóxica entre ese feito base (similitude de comportamento) e a conclusión da identificación do autor non reviste a forza necesaria que reclama a proba de indicios.

Polo tanto, vista aquela doutrina sobre a necesidade de ratificación das dilixencias policiais de recoñecemento, debemos concluír, como facemos en sede de feitos probados, non estimando acreditada a autoría do acusado.

F) Cando don Carlos Francisco declara no Xulgado, manifesta que cre que, se vise o atracador, recoñeceríao. Por iso, o Ministerio Fiscal solicitou que interviñese nunha rolda de recoñecemento. Non acudiu. Nada fixo o Xulgado. E ó Ministerio Fiscal non lle pareceu oportuno solicitar unha nova citación, logo de que lle foi dada a ocasión para pedir esa dilixencia, segundo consta na folla 1242, na que se limita a pedi-lo paso á fase de preparación do xuízo oral.

Certamente, esa testemuña fixo un recoñecemento sobre fotografías e identificou o acusado como o autor na dilixencia practicada ás 19 horas do día 18 de setembro (folla 28), poucos minutos despois dos feitos. Para avalia-la credibilidade dese recoñecemento fotográfico, cómpre atender a que lle foi amosada a esta testemuña a mesma serie de fotografías que a don Plácido , quen, logo, na dilixencia ante o Xulgado, manifestou non recoñece-lo acusado; tamén é necesario ter en conta que as fotografías achegadas coa do acusado son de persoas de características moi diferentes ás súas; e, como xa dixemos, que esa testemuña nin acode ó Xulgado para reitera-la dilixencia en presenza do acusado, nin no acto do xuízo é preguntada sobre a identificación. Tampouco non mirou o vehículo no que se di que se foi o autor dos feitos.

F) A orfandade de proba a respecto deste feito sería total de non media-lo expreso recoñecemento por parte do acusado no xuízo oral, onde soamente matizou a imputación do uso da pistola. As dúas testemuñas, don Fermín e don Matías , manifestaron na dilixencia xudicial de recoñecemento que non recoñecían o acusado. Máis aínda, pola contra, un deles, don Fermín , posto no apuro de identificar a algún da rolda, indica outra persoa diferente do acusado. Aquel expreso recoñecemento do acusado permite a un tempo declara-lo feito probado e aumenta-la sempre prudente sospeita de fiabilidade da proba de recoñecemento.

No tocante á identificación do vehículo, non manifestan a marca nin o modelo e, a respecto da matrícula, a testemuña, no xuízo oral, soamente indica crer que era de Oviedo, sen afirmar ese dato. Pero o acusado recoñeceu no xuízo que nalgunha ocasión ten cambiado a matrícula do vehículo con cintas adhesivas. E, preguntado se fixo tal cousa nesa ocasión, manifestou que puidera ser.

A detención do acusado ocorre media hora despois na localidade de Catoira. No atestado, nunha manifestación que non foi ratificada no xuízo oral, indícase que as características físicas do detido eran semellantes ás facilitadas como as do autor do feito. Ese dato ratifica a propia admisión do feito polo acusado.

A respecto do uso da pistola, a manifestación da testemuña é inequívoca. Amosouna cando emprendeu a fuxida, sen dúbida para intimidar ó perseguidor. A pistola foille ocupada media hora despois, cando é detido, xa que a levaba no vehículo, o que confirma aínda máis o dito pola testemuña.

Como no feito D), cómpre deixar constancia da falta de proba ningunha no xuízo a respecto das características da detonadora, fóra do dito pola Garda Civil en favor do reo, no sentido de ser detonadora e de pequenas dimensións.

No que fai referencia ás circunstancias modificadoras da responsabilidade, non se cuestiona a proba documental da reincidencia. Pero a defensa alega que a adicción a tóxicos, inicialmente desprezada polo Ministerio Fiscal, vai alén do xeito que este acaba por admitir nas conclusións definitivas.

A este respecto debemos indicar:

a) Que a documentación existente no historial pentienciario dá conta de que o acusado se atopaba, cando é detido e ingresado en prisión, baixo unha síndrome de abstinencia. Así o indica o seu equipo médico, que informa na peza de situación persoal e non, estrañamente, na causa principal, dicindo que esa síndrome deu lugar a unha desintoxicación sintomática o 21 de setembro de 2002.

b) Que ese mesmo historial informa da antigüidade e intensidade da adicción a tóxicos múltiples. O Centro Penitenciario da Lama indica que o interno tiña dependencia estruturada a opiáceos e cocaína.

c) Que o informe psicolóxico dá a coñecer que o acusado mantén, mesmo logo de estar sometido a tratamento, xa en prisión por bastante tempo, debilidades na capacidade de resposta ante as situacións como as delituosas, que esixían outro tipo de resposta adaptativa.

d) Que ese mesmo historial dá conta do intento, antes do delito, de se someter a tratamento e do fracaso que os peritos de prisión lle atribúen ó xeito no que a familiar lle meteu presión ó doente.

e) Que o mesmo Ministerio Fiscal admite a concorrencia da atenuante malia que con avaliación diversa da que aquí razoaremos.

2.- Exclusión da cualificación dos feitos dos que o acusado non foi considerado autor

Non resulta necesario entrar na cualificación dos feitos A), B), E) e F), por canto que non son imputables ó acusado, que, xa que logo, debe ser absolto dos mesmos. No caso do feito B, resulta por iso innecesario agora determinar que en ningún caso podería considerase o roubo como agravado polo uso dun medio perigoso. E no caso do feito E, nin podemos concluír que fose tamén roubo cualificado polo uso dun instrumento perigoso, polo que logo diremos a respecto da detonadora, nin que fose cometido o delito de falsidade por non constar se o vehículo usado polo autor era o do acusado, que tería unha matrícula auténtica diferente. De xeito semellante, no feito F tampouco non resulta necesario entrar a debater se o roubo debe ou non considerarse cualificado polo uso dun medio perigoso ou se ocorreu ou non o eventual delito de falsidade de matrícula do vehículo.

3.- Cualificación dos feitos dos que o acusado é declarado autor

O feito C) constitúe un único delito de roubo previsto e penado no artigo 237 do Código penal en relación co 242.1. e 242.2 . do mesmo Código. Pouca cuestión se pode suscitar, xa que o acusado admite o feito da subtracción e mesmo o uso do coitelo para intimida-lo empregado da entidade. E o coitelo constitúe inequivocamente un deses instrumentos que, segundo aquel apartado 2 do artigo 242 do CP, cualifica o roubo.

Non estimamos que concorra, ademais, o delito de detención ilegal do artigo 163, imputado polo Ministerio Fiscal.

A cuestión da unidade ou pluralidade, baixo diversas modalidades concursadas neste caso, entre o delito contra do patrimonio e o delito contra a liberdade foi obxecto de abundantes sentenzas do TS, que veu sistematiza-las hipóteses, entre outras, na sentenza do 27 de abril de 2006: "[...] Podemos distinguir varios supuestos para examinar cómo han de resolverse estos problemas, concretamente los siguientes: [...] 2º. Otro supuesto es aquel en que no se produce esa coincidencia temporal, pues, consumado el hecho de la apropiación material del bien mueble ajeno, se deja a la víctima o a algún rehén atado, esposado, encerrado, en definitiva impedido para moverse de un sitio a otro. Si ello se hace en condiciones tales que el autor del hecho puede pensar que esa privación de libertad posterior al hecho de la consumación del robo lo ha de ser, no por unos breves momentos, ordinariamente el necesario para poder escapar, sino que cabe prever que tardará algún tiempo en verse libre, nos hallaríamos ante un concurso real de delitos, el inicial de robo y el posterior de detención ilegal, a castigar conforme al art. 73 CP [...]."

Dese xeito, cando o autor do feito actúa de modo que programa un encerro polo tempo breve que necesita para fuxir, sen que a situación faga para el previsible que o peche durará máis alá do que esa función do seu comportamento lle atribúe, esa privación de liberdade queda absorbida pola antixuridicidade do delito patrimonial violento. Por iso, esa sentenza lembra e ratifica a tese mantida noutra anterior en que se dicía: "[...] Véase en este sentido la sentencia de esta sala de 12.6.2001 que excluyó dos delitos de detención ilegal porque la liberación de los dos encerrados en el búnker del supermercado se produjo transcurridos unos cuarenta y cinco minutos. Los empleados del establecimiento tardaron ese tiempo en encontrar el mando a distancia con el que abrir la puerta, circunstancia no imputable a los acusados al no ser previsible para ellos [...]."

En definitiva, entende o TS que o transcendente é: "[...] que se deja al ofendido libre enseguida o atado o encerrado en condiciones tales en que pudiera fácilmente verse libre de sujeción. Casos todos en que la conexión con el robo se produce por la finalidad de huida de los ladrones [...]."

A mesma tese vémola na sentenza do TS do 8 de novembro de 2005, na que dixo: "[...] la Jurisprudencia ha admitido la absorción de la acción contra la libertad en el tipo de robo con violencia o intimidación [...] incluso cuando aquélla ha sido encerrada en un aseo al objeto de que los autores pudiesen gozar de una más franca impunidad en su huida, pero cuestión distinta es asegurar la impunidad mediante la detención de la víctima por un período de tiempo que se espera sea dilatado, indefinido o abierto (SSTS 1214/2002 y 362/2004 ) [...]."

Porque, como se dixo na sentenza do 14 de decembro de 2004, "[...] La regla fundamental para conocer si estamos ante un concurso de delitos o de normas ha de ser necesariamente una valoración jurídica por la cual, si la sanción por uno de los dos delitos fuera suficiente para abarcar la total significación antijurídica del comportamiento punible, nos hallaríamos ante un concurso de normas; y en el caso contrario, ante un concurso de delitos [...]."

Nos feitos probados deixamos dito que non consta o xeito en que o acusado realizou o peche do empregado. É máis, o mesmo escrito de cualificación do Ministerio Fiscal non fai indicación ningunha, polo que, máis que dunha cuestión de proba, do que se trata é dun erro cometido xa polo Ministerio Fiscal na súa cualificación. En calquera caso, debemos subliñar que a vítima declara que os feitos duraron uns 20 minutos e, por outro lado, a liberación do empregado prodúcese sen necesidade de auxilio de terceiros, o que reconduce a detención a esa hipótese de desvalor absorbido pola actuación violenta contra o patrimonio, na que esa violencia non ten a autonomía necesaria para xerar unha nova e separada infracción.

O feito do apartado D) constitúe un delito de roubo previsto e penado no artigo 237, en relación co 242.1 do CP.

Non estimamos que en tal ocasión fosen cometidos dous delitos de roubo, como considera o Ministerio Fiscal. A hipótese da pluralidade de apropiacións en proximidade de tempo e de espazo foi obxecto de exame polo TS. Na sentenza do 1 de decembro de 1999 fai referencia ós casos de roubo de uso de vehículo a seguir do roubo de cousas que se encontraban no mesmo para concluír que se debe estimar unha absorción dun feito polo outro en unidade delituosa, aínda que o caso que alí examina o considere diferente a iso.

Na sentenza do 25 de febreiro de 1991, recoñece fendas na xurisprudencia, que fala de progresión delituosa incluso cando, ademais de que existen dous suxeitos pasivos distintos, se lesionan "dos bienes jurídicos asimismo diferentes."

Pero en resolucións máis recentes abordouse o caso de varias detencións ilegais con varias accións de toma de bens, como no caso da sentenza do 16 de decembro de 2005, e concluíuse que se trataba dun só delito de roubo por máis que fose en concurso con varios de detención ilegal, dicindo, como no caso das sentenzas 73/2005, do 31 de xaneiro (RX 2005, 3159) e 452/03 (RX 2003, 3845), "[...] que cuando los sujetos pasivos del delito de detención ilegal en relación medial con el robo son varios, dicho concurso lo es de cada delito de detención ilegal con un delito de robo, pero no de un único concurso medial integrado por los delitos de detención ilegal perpetrados como medio para cometer el delito de robo, como modalidad múltiple de un único concurso medial, ya que cada ataque infligido a este derecho fundamental a la libertad dará lugar a tantos delitos independientes y distintos como sean las personas afectadas (SSTS, entre muchas 1846/02 [RJ 2002] o 452/03 [RJ 2003, 3845] [...]."

É de notar que, no caso que axuizamos, os actos de intimidación non teñen de seu autonomía para constituír outros tantos delitos, polo que, a diferenza dos supostos desa sentenza, non cabe falar de concurso entre a intimidación e o delito patrimonial, pero, con máis razón, deberemos concluír que estamos diante dun único delito de roubo.

Non é moi diferente a conclusión se examinamos o caso axuizado na sentenza do TS do 31 de xaneiro de 2005. En dous dos plurais feitos que alí se xulgaron (o segundo e o cuarto), o autor, nun caso, e os autores, noutro, malia ocorrer varias subtraccións a diferentes suxeitos mediando violencia respecto de todos eles, tanto nun caso como noutro, son condenados por un delito só de roubo en cada suposto.

A mesma solución é seguida na sentenza do 27 de abril de 2006.

Igual criterio é seguido por algunhas audiencias como a de Madrid, Sección 15, con data do 12 de xullo de 2005, resolución na que dixo: "[...] las víctimas se les sustrae bajo la intimidación de dos cuchillos todos los objetos de valor que llevaban, como los teléfonos móviles, las joyas y el dinero, así como el Documento Nacional de Identidad para conocer sus domicilios y nombres y tenerlas amenazadas después, incluso, de ocurrir los hechos. Se utilizan dos cuchillos, motivo por el cual es procedente la aplicación de la agravación del párrafo segundo del artículo 242 CP . Se ha solicitado por las acusaciones particulares la condena por dos delitos de robo con intimidación al ser dos las víctimas, sin embargo, no procede sino la condena por un solo delito de robo con intimidación ya que se trata de un delito contra la propiedad donde existe una única acción dirigida contra las dos víctimas en un único acto."

Este feito D) constitúe un delito de roubo previsto e penado no artigo 237 en relación co 242.1 do CP, pero non o do apartado 242.2 .

Se esa cualificación non resulta debatida, o que non pode admitirse é a pretensión do Ministerio Fiscal de aplicar ademais o suposto agravado do apartado 2 do artigo 242 do CP. Porque este parte de que o acusado usa un instrumento que, desbotado que sexa arma, pretende que se estime como instrumento perigoso.

Se a doutrina do TS adoece de certa equivocidade que xustifica a pretensión devandita, o certo é que a mellor xurisprudencia desbota tal posibilidade.

A sentenza do 2 de decembro de 2005 dixo que debía estimarse o recurso, por certo apoiado polo MF no caso alí xulgado, porque: "[...] Ciertamente no quedan acreditadas las características de la supuesta pistola que esgrimió el acusado ni siquiera para poderla conceptuar como instrumento peligroso, de ahí que no pueda apreciarse el subtipo agravado de uso de armas u otros medios igualmente peligrosos previsto en el apartado segundo del artículo 142 del Código Penal [...]."

Tamén dixo na sentenza do 21 de febreiro de 2002 que era necesaria a proba das características da arma, "[...] al haber sido incautado el arma, ésta debió de estar a la vista de la Sala, como pieza de convicción, de acuerdo con el art. 688 de la LECrim lo que hubiera permitido el examen directo y la obtención de las conclusiones correspondientes. No fue así por circunstancias que se desconocen, pero que justifican la decisión de la Sala de no aplicar el subtipo agravado sin que el mero significado gramatical de «pavonar», como dar pavón al hierro y al acero, permita estimar en este control casacional como arbitraria, errónea o infundada la decisión cuestionada por el Ministerio Fiscal [...]."

No que agora xulgamos, nin a arma estivo presente no xuízo, nin tampouco non foi realizada proba de pericia ningunha sobre as súas calidades. Daquela que non poidamos dicir, como no caso da sentenza do TS do 22 de outubro de 1998, que puidera, no caso de ser usada disparándoa, xerar algún tipo de lesión no destinatario da acción de uso. E moito menos no caso da sentenza do 3 de febreiro de 1993, xa que no presente caso non consta a adaptabilidade que nesa sentenza se considerou, e que permitiría que a arma chegase a facer fogo real.

Na sentenza do 27 de maio de 2005 rexeitouse considerar perigosa como instrumento unha pistola de aire comprimido que podía lanzar proxectís de determinadas características: "[...] el dispositivo de disparo no permite grandes velocidades en el proyectil, siendo su carácter lesivo escaso, dependiendo del lugar del cuerpo donde impactase y de la distancia de disparo. La fuerza del aire comprimido de esta pistola es escasa para el supuesto de utilizar una bola de plomo o material distinto al plástico como proyectil, por lo que se infiere el nulo carácter lesivo en este supuesto al ser utilizada. Así las cosas, la alegación del Fiscal al apoyar el motivo es perfectamente asumible, toda vez que no es apreciable en este caso esa mínima capacidad lesiva necesaria para la agravación. Es verdad que aplicada directamente a algunos órganos especialmente sensibles de forma muy próxima (por ejemplo, un ojo), las lesiones podrían ser graves. Pero eso no es suficiente para calificar de objeto peligroso a esa pistola pues también con otros objetos (un lápiz o el mismo dedo humano) se puede llegar a esos resultados lesivos. El fundamento de la agravante exige algo más que una hipótesis rebuscada. Objetivamente hablando no hay datos que permitan afirmar que el uso de esa pistola de aire comprimido añadía un plus de peligrosidad a la acción (vid. sentencia TS 618/2000 de 10 de abril [...]."

Por iso estimamos que se está na hipótese da sentenza do 22 de novembro de 1991, na que, tratándose dun suposto no que se declarou probado que "[...] en la comisión del delito, el acusado Felix . «sacó una pistola detonadora de igual apariencia que una de verdad", se dixo: "[...] El principio de legalidad impide en el ámbito punitivo cualquier interpretación complementaria o integradora de la norma de ahí que el Tribunal Supremo tenga reiteradamente declarado [SS. 10-12-1984, 12 y 27-5-1986, 12-2-1987, 17-9-1988, 24-2-1989, 25-10-1990 y 11-4-1991 ], que una pistola de fogueo, a lo que equivale la detonadora, simulada, es decir aparentando ser de verdad, o de juguete, no son arma ni objeto peligroso por lo que no pueden subsumirse en el subtipo agravado que se configura en el citado precepto penal, al no existir un riesgo para la vida o integridad corporal del agredido que el uso de un arma real siempre lleva consigo; por otra parte tampoco puede aplicarse este último párrafo del art. 501 cuando no constan datos suficientes para calificar los medios utilizados como peligrosos al no describirse sus características, ni el material de su fabricación, que en su caso podían llevar a considerar el arma falsa como un instrumento contundente de agresión [...]."

O feito do apartado G constitúe dous delitos: o primeiro, de roubo violento previsto e penado no artigo 237 en relación co 242.1, pero non no apartado 242.2; o segundo, un delito de falsidade previsto e penado no artigo 392 en relación co 390.1.1º.

Desbotada a alegación feita polo acusado a respecto do uso da detonadora, resulta indiferente que a súa utilización fose no momento en que fuxía sen que ata entón nin sequera a amosase. Abonda co uso para protexe-la fuxida.

E non podemos estima-lo tipo agravado polas mesmas razóns que deixamos ditas a respecto das características da pistola detonadora.

A matrícula do vehículo reviste a natureza xurídica do documento para os efectos penais, segundo deriva do artigo 26 do CP. Poñer elementos nese soporte que confundan verbo dos datos orixinais que publica a matrícula auténtica constitúe a alteración do ordinal primeiro do artigo 390.1. Non tendo carácter público o acusado, senón particular, o tipo penal aplicable é o penado no artigo 392 do CP.

Así deriva da doutrina establecida polo TS, en relación ó CP de 1995 , cando menos a seguir do acordo do pleno non xurisdicional da Sala Segunda do 27 de marzo de 1998 , que se reflicte xa en sentenzas como a do 18 de febreiro de 2005, a do 8 de novembro de 2002 ou a do 8 de setembro de 2000, estas dúas citadas naquela.

Como o Ministerio Fiscal manifesta, estes dous delitos atópanse en concurso ideal, sendo aplicable o disposto no artigo 77 do CP.

4.- Dos delitos que se din no apartado anterior resulta autor o acusado, don Pedro Miguel , de conformidade co disposto no artigo 28 do CP, por realiza-los feitos de xeito persoal e directo.

5.- Concorre nos delitos de roubo a agravante de reincidencia establecida no artigo 22.8 do CP.

E concorre tamén a atenuante do artigo 21.2 do CP, non como analóxica, segundo solicitou en definitivas o Ministerio Fiscal.

A doutrina da transcendencia da adicción nos autores de feitos criminais recóllese, entre outras, na sentenza do 2 de marzo de 2006.

A exención esixe que o consumo ocasione auténtica psicose coa abolición completa do xuízo e da vontade do axente, que eliminan a imputabilidade. Se os efectos non son plenos, pode estimarse a exención incompleta, para o que debe acreditarse normalmente, con informes facultativos, o deterioro mental do suxeito ó executa-lo feito ilícito.

Pero segue a dicir aquela sentenza: "[...] No obstante un tercer estadio a examinar es el que con notable frecuencia nos presenta al toxicómano autor de un delito cuyo estado psíquico al momento de ejecutar la acción no ha sido determinado. Es el caso del delincuente del que únicamente ha quedado acreditada su drogodependencia, pero que al no haber sido sometido a un reconocimiento médico inmediato, no es posible concretar si su conducta se desarrolló con sus facultades mentales deterioradas y, en su caso, en qué grado de perturbación. La moderna doctrina de este Tribunal Supremo ha sentado el criterio, ya profundamente consolidado, de que en estos casos puede aplicarse la circunstancia atenuante del art. 21.2º CP -o la atenuante analógica del art. 9.10 CP anterior- siempre que haya quedado suficientemente probado que el sujeto no sólo es un toxicómano, sino que se halla preso de una dependencia a sustancias específicas que, por su naturaleza, producen severos trastornos en los resortes psíquicos de la persona [...]."

Aínda máis, no caso axuizado atopámonos na hipótese máis próxima á analizada na sentenza do TS do 27 de febreiro de 2006, no sentido de que a actividade do acusado "[...] estaba esencialmente motivada por la necesidad de satisfacer el propio consumo. Todo lo que hace aplicable la atenuante con la calidad de muy cualificada [...]." Porque, como no suposto da sentenza do 2 de marzo de 2006, as condicións do acusado eran tales que "[...] sitúa la drogadicción, en estos casos, en unos límites superiores a la «gravedad» exigida para la aplicación de la atenuante simple del artículo 21.2ª , requiriendo, en consecuencia, la incorporación de este dato, procedente del contenido de las referidas pericias, en la narración histórica de la Resolución recurrida a los efectos de la correcta calificación ulterior de la conducta delictiva de los recurrentes [...]."

En definitiva, no caso que xulgamos consta a transcendencia en momentos temporalmente moi próximos ó delito do apartado G), xa que se rexistra incluso unha síndrome de abstinencia cando logo se ingresa en prisión. Nada permite pensar que cando sucederon os feitos de días anteriores, pero moi próximos, non tivese o acusado a mesma situación derivada da súa adicción. A mesma reiteración de comportamentos en datas tan cercanas dá conta da forte compulsión padecida polo acusado. A antigüidade da adicción, e a intensidade que chega a determinar un tratamento en prisión con metadona, suxire tamén unha gravidade alén da ordinaria, e unha permanencia indiscutible da mesma influencia nos seus resortes psicolóxicos de autodeterminación. Compulsión, permanencia e efectos que, como no caso da sentenza do 8 de xullo de 2005 do TS, permiten avalia-la atenuante como moi cualificada. En definitiva, así resulta da doutrina sistematizada na sentenza do TS do 1 de setembro de 1999 na que se dixo: "Según la jurisprudencia (SS. 26-6-1985 [], 29-10-1986 [], 29-1-1988], 20-12-1989 [] y 30-5-1991 []) las atenuantes serán muy cualificadas cuando alcancen una intensidad superior a la normal de la respectiva circunstancia, teniendo en cuenta las condiciones del culpable y antecedentes de hecho. En relación a la atenuante de drogodependencia, la Sentencia 1007/1998, de 11-9 (), de esta Sala , entendió que debería estimarse la misma como muy cualificada cuando la intensidad de la adicción y la incidencia que la misma provoque en el dominio de la voluntad sean relevantes, existiendo una línea jurisprudencia (Sentencias 5-12-1995], 432/1996, de 17-5 [] y 1450/1998, de 27 -11 []), que entiende que los supuestos de especial intensidad de la toxifrenia tienen un encaje más adecuado en la eximente incompleta que en la atenuante muy cualificada [...]." Sentenza esta que con tanto acerto advertía da inaplicabilidade, logo da regulación do código de 1995 , da atenuante por analoxía no caso da toxifrenia.

Aínda que a falta dunha meirande diminución da capacidade intelectiva e volitiva impide darlle o tratamento da exención incompleta.

Esta mesma sentenza do 1 de setembro de 1999 establece, a respecto da penalidade que debe impoñerse, cando concorre a atenuante moi cualificada cunha agravante de reincidencia, a seguinte regra: "Al concurrir una agravante -la de reincidencia- con una atenuante muy cualificada -la de toxifrenia-, el Tribunal Enjuiciador, según lo determinado por el Ministerio Fiscal en su informe de apoyo al recurso, no está obligado, pero sí facultado, para bajar la pena en uno o dos grados, aplicando la regla del núm. 4º del art. 66 del CP de 1995, y no la regla 1ª del mismo artículo, según el criterio establecido en el Pleno de la Sala de 27 de marzo de 1998 , recogido en la Sentencia 495/1998, de 3 -4."

Soamente cómpre lembrar que, pola data dos feitos, non é aplicable a regulamentación máis rigorosa do hoxe vixente artigo 66 do CP. Daquela que estimemos atinado rebaixa-la pena nun grao e, nos delitos de roubo, avaliando dentro dese grao a concorrencia da agravante.

Nese mesmo aspecto da penalidade, debemos advertir de que, sendo máis favorable o castigo separado do delito de roubo e do de falsidade do apartado G), cómpre establecermos penas separadas para cada un deses delitos.

6.- A defensa non discute o pedimento da acusación a respecto da responsabilidade civil do acusado no caso dos apartados C, D e G, polos que se declara criminalmente responsable, e que procede fixar segundo o mandado nos artigos 116 e seguintes do CP.

Indeterminado no xuízo oral o valor do teléfono de don Luis Carlos , como se solicita, debemos remitir á fase de execución esa avaliación segundo o admitido polo artigo 115 do CP.

7.- As custas, que son de preceptiva imposición segundo o establecido no artigo 123 do Código Penal, debemos limitalas a 3/7 partes en vista da absolución por catro dos feitos imputados.

Daquela,

Fallo

que debemos condenar, e condenamos, a don Pedro Miguel , como autor dun delito de roubo cualificado polo uso de instrumento perigoso, coa agravante de reincidencia e a atenuante moi cualificada de toxifrenia, á pena de dous anos e oito meses de prisión; como autor dun delito de roubo con violencia, concorrendo igual agravante de reincidencia e atenuante de toxifrenia moi cualificada, á pena dun ano e seis meses de prisión; como autor doutro delito de roubo con violencia, coa concorrencia da mesma agravante de reincidencia e atenuante de toxifrenia moi cualificada, á pena dun ano e seis meses de prisión; e, como autor dun delito de falsidade, concorrendo a atenuante moi cualificada de toxifrenia, á pena de tres meses de prisión e multa de tres meses con cota diaria de dous euros. A pena de prisión levará en cada caso como accesoria a de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo de cumprimento. O penado deberá aboar a Banesto 7.235 euros, a don Luis Carlos 30,05 euros e o que na fase execución resulte valor do teléfono que non se recuperou, e á entidade DIA a cantidade de 451,19 euros. Tamén deberá aboar 4/7 partes das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer RECURSO DE CASACIÓN, ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo, por infracción de lei ou quebrantamento de forma, no prazo de CINCO DIAS, que se contarán desde a última notificación.

Así, por medio desta nosa sentenza, da que se levará testemuño ao rolo de Sala, e se anotará nos rexistros correspondentes, pronunciámolo, mándamolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.