Última revisión
13/10/1999
Sentencia Penal Nº 437, Audiencia Provincial de Lugo, Rec 194 de 13 de Octubre de 1999
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Penal
Fecha: 13 de Octubre de 1999
Tribunal: AP - Lugo
Ponente: FERNANDEZ CLOOS, EDGAR AMANDO
Nº de sentencia: 437
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
LUGO
SENTENCIA NÚMERO 437/99
ILMOS. SRES.
PRESIDENTE:
D. REMIGIO CONDE SALGADO
MAXISTRADOS:
D. ANDRÉS NEIRA MEDÍN
D. EDGAR AMANDO FERNÁNDEZ CLOOS
Lugo, trece de outubro de mil novecentos noventa e nove.
A Audiencia Provincial de Lugo viu, en grao de apelación, o rolo de sala nº 194/99, dimanante dos autos de procedemento abreviado n. 38198, instruidos polo Xulgado de Instrucción nº. 1 de Vilalba polo delicto contra o Patrimonio Histórico Nacional e decididos polo Xulgado do Penal nº. 1 de Lugo no rolo nº. 58/99. Foron partes no recurso, como apelantes, o Ministerio Fiscal e a Acusación Particular, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, representada polo letrado, Sr. Martinez Fernández de la Vega, e apelado o acusado R, representado polo procurador Sr. Posada Veiga e defendido polo letrado Sr. Maseda Eirnil. Actúa como maxistrado-relator e expresa o parecer da Sala o Iltmo. Sr. D. Edgar Amando Femández Cloos.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO.- Con data catorce de maio de mil novecentos noventa e nove, o Xulgado do Penal nº. 1 de Lugo dictou unha sentencia que na súa parte dispositiva di: TALLO: Que debo absolver y absuelvo libremente a Rodríguez Sánchez, del delito contra el Patrimonio Histórico Español de que venía siendo acusado por el M Fiscal y Acusación Particular, declarando de oficio las costas ocasionadas.".
SEGUNDO.- A representación do Ministerio Fiscal e da Acusación Particular interpuxo un recurso de apelación contra a devandita sentencia que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que se elevaron as actuacións a esta Audiencia Provincial, unha vez cumplidos o requisitos legais.
TERCEIRO.- Na tramitación do presente recarso observáronse, en ámbalas dúas instancias, tódalas formalidades legais.
FEITOS PROBADOS
PRIMEIMO.- Acéptanse os da sentencia obxecto de recurso, que son do tenor literal seguinte: "UNICO: Probado y así se declara que el día 4 del mes de Abril de 1.998, el acusado R, mayor de edad y sin antecedentes penales, contrató los servicios de una pala con la finalidad de demoler la denominada Capilla de la Concepción que se encontraba en un aparente estado de deterioro y ubicada en un terreno de su propiedad, siendo una edificación colindante a su vivienda, y que había estado tradicionalmente vinculada a su familia, detentando desde antiguo las llaves de la misma, dejando los escombros en el mismo lugar en el que se hallaba ubicada. Antes de llevar a cabo su acción procedió a retirar en días anteriores un retablo barroco del Siglo XVIII, de madera y con dos cuerpos, dos imágenes de la Inmaculada Concepción y de San Juan, varias vigas, un banco de confesar, un crucifijo, un soporte profesional, una cruz de granito, así como diversos enseres que procedió a guardar en su domicilio y entregó más tarde a la Guardia Civil. La Capilla aparece incluida en el Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia y en el inventarlo del Patrimonio Histórico de España.
SEGUNDO.- Engádese: O acusado tiña coñecemento da singularidade que supuña a construcción da Capela da Concepción por ter sido visitada a mesma semanas antes da súa destrucción polo Concelleiro de cultura de Begonte que solicitou autorización ó acusado tanto para desenvolve-la visita como para tomar fotografías para aportar a una exposición de capelas do Concello de Begonte. E que a Capela da concepción estaba incluida no Inventario do Patrimonio Histórico-Artístico por Concellos segundo así se prevé na Resolución do 14 de maio de 1991 da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, no apartado de Arte: Arquitectura relixiosa. (DOG nº 133 ), do 12 de xullo de 1991 páx. 6492)
FUNDAMENTOS DE DEREITO
PRIMEIRO.- Os feitos declarados probados son constitutivos dun delicto de danos sobre o patrimonio histórico causados por imprudencia grave, previsto e penado no art 324 do Código penal, do que é autor o acusado Rodríguez Sánchez.
SEGUNDO.- Dúas son as posibilidades que la acusación plantexa ó respecto da sancionabilidade criminal da conducta do imputado Rodríguez Sánchez, ben a posiobilidade da consideración dolosa da súa actuación, ben que a mesma a entendamos como imprudente. Ó obxecto de non reitera-los argumentos que se acollen na sentencia agora recorrida a Sala xa debe deixar sentado, dende un inicio, que asume os que se refiren á non consíderación dolosa da actuación do acusado nin siquera de acordo coa máis moderna doctrina científica, que estima que non é preciso o elemento subxectivo do inxusto consistente na tendencia finalística ou intención concreta de causa-lo daño pois basta coa existencia dun dolo de consecuencias necesarias fundamentalmente polo carácter residual do "tipo xenérico do dano" posto en relación cos "tipos complementarios" polo que basta coa existencia dun dolo xenérico para reputar existente o tipo básico (SSTS 29-1-1997 e 3-6-1995). Isto é así por cuanto que non consta nin a comunicación ó interesado de que o seu ben estaba inventariado nin a conciencia colectiva de entre os veciños da certa consideración histórico-artística da edificación e como, por demáis, está acreditado que a Capela derruida polo acusado presentaba síntomas externos de atoparse en mal estado de conservación parece claro que deberemos de desbotar calquera tipo de dolo na actuación que agora se lle imputa.
TERCEIRO.- O outro punto é o relativo á posible incardinación da conducta do acusado como incluida no tipo penal que se describe no art. 324 do C. penal "O que por imprudencia grave cause danos, en contía superior as cincuenta mil pesetas, nun arquivo, rexistro, museo, biblioteca, centro docente, gabinete científico, institución análoga ou en bens de valor artístico, histórico, cultural, científico ou monumental, así coma en xacimentos arqueolóxicos, será castigado coa pena de multa de tres a dezaoito meses, atendiendo á importancia dos mesmos ".
No estudio deste tipo penal será preciso ter en conta que a concienciación da sociedade e a preocupación do Poder lexislativo que dan á luz, dentro do Capítulo Dezaséis do Libro Segundo do Código penal de 1995, ós que denomina "Delictos sobre o patrimonio histórico" a través dos arts. 321 al 324. Delictos estes que, como se alude na exposición de motivos do Código, teñen sido incorporados á nova normativa penal porque valientemente se ten feito fronte a "la antinomia existente entre el principio de intervención mínima y las crecientes necesidades de tutela en una sociedad cada vez más compleja, dando prudente acogida a nuevas formas de delincuencia
Así a conducta de Rodríguez entendemos que abrangue o tipo penal ó que nos vimo referindo, o art. 324, pois el era coñecedor da siligularidade anística da capela que viña posuindo e maila todo optou por procede-lo seu derroubo non só sen pedir autorización nin ó Concello nin á Consellería de Cultura senon, incluso, sen poñer tal feito en coñecemento de ningunha institución publica e así causoli danos nun ben de valor artístico ou monumental desenvolvéndose cun proceder que debemos de considrar, ao menos, como gravemente imprudente pois o dato, irrefutable e contrastado, da presencia na Capela, a penas uns días antes da súa derruba, do Concelleiro de cultura de Begonte que xunto con algún técnico estivo presente na Capela -coa presencia asimesmo do acusado que foi quen lles facilitou o acceso- fixeron denotar, de maneira que deberemos de ter por incontrastable, que tal edificio tiña unha singularidade artística que o facía merecedor dunha protección que val máis alá da simple facultade dominical do titular dun ben.
A sentencia que se recorre fal alusión á imposibilidade de aplicación deste precepto, art 324, en consideración a que os danos se teñen producido nun edificio, unha capela, e que tal tipo penal só protexe os bens mobles e non ós inniobles. ( Ó respecto cómpre sinalar que ninguna distinción se fal en, tal sentido dentro do artíílo que xa temos transcrito niáis arriba e moi ó contrario a referencia que se fal a darlos producidos en bens de valor artístico, lústórico, cultural, científico ou monumental, así coma en xacunentos arqueolóxicos nos debe de conducir, directamente, á da interpretación contraria, isto é que están perfectamente, abranguido-los danos que se producen en bens inDiobeis. Isto é así porque a única diferencia que se pode dar entre os diferentes tipos penais incluidos no capítulo de "Delictos sobre (e non contra) o patrimonio histórico" ven determinado, no que aquí nos interesa, pola penalización expresa da conducta imprudente segundo o esixido polo art. 12 do C. penal. O art. 46 da Constitución encomenda ós poderes públicos a conservación e o enriquecimiento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens co integran, encomendando á lei penal a sanción dos atentados contra este patrimonio "cualquiera que sea su régimen jurídico y su titularidad». Como isa tipoloxía penal é a que concorre no presente suposto e como a conducta desenvolvida polo acusado é a que se describe no tipo penal imprudente é procedente a súa sanción.
CUARTO - Fronte o disposto no art. 323 que para o caso dos danos dolosos prevé que se poida acorda-la adopción de medidas dirixidas a restaurar, no posible o ben danado, o precepto que sanciona a comisión imprudente da acción, o 324 que é o que aquí estamos aplicando, non ten prevista isa posibilidade e, polo tanto, a Silla entende que non procede facer pronunciamento ningún en tal sentido, sen que sexan de aplicación os presupostos xerais que, ó respecto da responsabilidade civil, se sinalan no Título V do Libro 1 do C. penal pois para este tipo de delictos concretos o lexislador xa preveu os supostos en que se da lugar a esa restauración ou reconstrucción (arts. 321 e 323).
QUINTO.- En consideración á conducta concreta do acusado así como á ponderada importancia dos danos producidos e a non concorrencia de circunstancias modificativas entendemos que a perla deberá de concretarse en seis meses de multa cunha cota diaria de mil pesetas.
SEXTO.- As acusacións interesan que os bens que se atopaban na Capela e que aparece descritos na dilixencia policial que obra ó folio 145 da causa sexan entregadas á Iglesia e en tal sentido será preciso sinalar que tal actuación se poderá realizar en depósito pero en todo caso a expensas de que, en execución de sentencia, se poida chegar a acreditar quen sexa o titular dos tales obxectos.
Visto-los preceptos legais citados e os demais de xeral aplicación
DECIDIMOS
Que, revogando en parte a sentencia dictada, en data 14/5,99, pola Sra. Maxístrada- Xuíza do Penal nº Un de Lugo, debemos de condenar e de feito condenamos ó acusado Lino R, como autor do deficto sobre o patrimonio histórico descrito á pena de SEIS MESES DE MULTA, CUNHA COTA DIARIA DE MIL PESETAS. Asímesmo deberá de abona-la metade das custas causadas na primeira instancia declarando de oficio a outra metada así como as desta alzada.
Así, por esta nosa sentencia, da que se unirá certificación ó rolo de sala, pronunciámolo, maldámolo e asinámolo.

