Sentencia Penal Nº 46, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 15 de 31 de Julio de 2000
Sentencia Penal Nº 46, Au...io de 2000

Última revisión
31/07/2000

Sentencia Penal Nº 46, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 15 de 31 de Julio de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 31 de Julio de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 46

Nº de recurso: 15

Resumen
Non está suficientemente probado que a heroína estivera destinada ao tráfico, ou pola contra, ao consumo dos moradores da vivenda.Tampouco non aparece acreditado que os outros dous acusados,realizaran algún acto de tráfico de drogas, ou a posuiran ou se concertaran con as outras acusadas con ese propósito.O auto é xurídicamente escrupuloso na sua parte dispositiva, ao ordear a intervención polo plazo dun mes logo prorrogado, aomandar á policía que informe ao xulgado cada oito días, ao esixir a grabación íntegra das conversas telefónicas, ou ao ordear ás forzas policiais a conservación e remisión ao xulgado das cintas orixinais.No segundo termo, e fronte ao afirmado pola defensas, obran na causa as cintas orixinais, as mesmas conteñen as convesas telefónicas na sua integridade, e a transcripción que delas se fixo no sumario gozan da autenticidade que procede da compulsa e dación de fe do Secretario.A segunda, que non se propuxo nin, conseguintemente, se practicou proba pericial ningunha para acreditar as voces dos acusados.No piso vivían as acusadas,.Mais o Tribunal non chega á plena e total convicción de que a droga se atopara nesa vivenda antes de ser arroxada ao patio. Esas meras declaracións non poden levar sen mais a estimar acreditado que a droga achada no patio foi lanzada ao mesmo pola acusada, Nuria, pois, dunha parte, os propios axentes policiais recoñecen que non viron á devandita acusada tirar a droga, doutra parte, apropias características de rapidez e sorpresa que arrodearon a dilixencia de entrada e rexistro conciliase mal co feito de que a inculpada collera a droga e procedera a tirala ao patio, e doutra beira, non cabe esquecer que ee patio era común a todo o edificio e que a él daban, por conseguinte, outras vivendas. E cuarto, nen as declaracións da testemuña, Jesús S , prestadas sumarialmente, pois ademais de ser negadas no acto do xuicio oral, non conducirían, en todo caso, mais que a unha única conclusión certa, como é a da sua intención de adquirir droga, mais non á de que lle fora vendida naquela vivenda por algunha das acusadas. Non está, en definitiva, acreditado, nin que a droga atopada no patio fora das acusadas, nin que éstas tiveran na sua vivenda, para a venta, outra cantidade de droga, que non foi achada pola policía, non obstante o rexistro levado a cabo.  

Voces

Drogas

Heroína

Tráfico de drogas

Intervención telefónica

Autorización judicial

Arresto

Grabación

Responsabilidad

Inhabilitación absoluta

Reincidencia

Calificación provisional

Decomiso

Secreto de las comunicaciones

Derecho al secreto de las comunicaciones

Fumus bonis iuris

Flagrancia

Comisión del delito

Indefensión

Descubrimiento del delito

Documento privado

Prueba pericial

Tipo penal

Asociación ilícita

In dubio pro reo

Presunción de inocencia

Agravante