Última revisión
15/09/2000
Sentencia Penal Nº 48, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1060 de 15 de Septiembre de 2000
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 15 de Septiembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 48
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 60048/2000
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN PRIMEIRA
PONTEVEDRA
CAUSA PENAL
Rolo: 1060/99
P. Abreviado: 1575/97
Orixe: XDO. DE INSTRUCCIÓN DE REDONDELA-1
A SECCIÓN PRIMEIRA Dª. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VÁRELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NUM. 48
Pontevedra, o quince de setembro do año 2000.
A causa número 1575/97, vinda do Xulgado de Instrucción de Redondela-1, foi tramitada, seguindo o procedemento abreviado, polo delicto contra da saúde pública, contra de LUIS e SAÚL, nados os 14/12/68 e 24/12/68;, fillos de Vicente e Asunción e de Saúl e Edelia, naturais de Vigo e de Tornela (Mos), con enderezo na rúa , ...., con antecedentes penais non computábeis nesta causa o primeiro, e sen antecedentes penais o segundo, non conta solvencia, o primeiro en prisión provisional;, e o segundo en liberdade provisonal. Os procuradores dos tribunais dona Belén Álvarez e don Oscar Pérez representáronos e os letrados don Angel Amoedo e don Eduardo Sanchiz defendéronnos. Parte acusadora: o Ministerio Fiscal. Maxistrado relator: don LUCIANO VÁRELA CASTRO, quen expresa o parecer da Sala.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO. O Xdo de Instrucción de Redondela-1 instruíu a causa número 1575/97, e, trala substanciación axeitada, foi elevada a esta Audiencia Provincial, onde se lle deu a correspondente tramitación, efectuándose o xuízo oral no día e hora sinalados.
SEGUNDO. Declárase probado, por conformidade das partes, manifestada no acto do xuizo oral, que:
"Sobre las 13,50 horas del día 10 de noviembre de 1997, en la calle Plata, localidad de Redondela, miembros de la Guardia Civil observaron como Saúl que se encontraba dentro de su vehículo, marca Seat Ibiza, matricula ..., y Luis, de pie al lado del vehículo, realizaban un acto de intercambio de algo envuelto en papel de aluminio que Saúl le entregaba a Luis a cambio de dinero.
Registrados por la Policía a Luis le fueron ocupados, nueve papelinas de la sustancia estupefaciente heroína, las cuales después de ser analizadas arrojaron un peso global de 0,876 grs.
A Saúl le fueron ocupados 13 envoltorios conteniendo heroína los cuales después de ser analizados arrojaron un peso global de 11,928 gris. Dicha sustancia iba a ser destinada por el acusado a su distribución entre tercera personas y posee un valor en el mercado de 120 000 pesetas aproximadamente.
O acusado Saúl, no momento de comete-los feitos, tiña unha grave e antiga adicción aos opiáceos, que diminuta de maneira importante as súas facultades volitivas".
TERCEIRO. Aberta a sesión do xuízo oral, o Ministerio Fiscal modificou o escrito de acusación, no que, despois de rectifica-lo valor de mercado nº 2º parágrafo, onde di 552 800 pesetas debe dicir 120 000 pesetas; e despois de engadir que: o acusado Saúl no momento de comete-los feitos tiña unha grave e antiga adicción aos apiáceos, que diminuía de maneira importante as súas facultades volitivas, quedan descritos os feitos na forma rigorosamente consignada. Os feitos son constitutivos dun delicto contra da saúde pública do art. 368 do Código penal na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde. Retirase a acusación respecto a Luis. É responsábel en concepto de autor o acusado Saúl. Concorre en Saúl a atenuante 2º do art;. 21, como moi cualificada. Solicitase para Saúl a pena de 2 años de prisión, multa de 120 000 pesetas e custas. O fiscal non sé opón á suspensión da condena de Saúl, se concorren as circuntancias dos art. 80 e ss do Código penal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
ÚNICO. Téndose formulada cualificación conxuntamente aceptada polo Ministerio Fiscal e as partes, acaen os requisitos do art. 793.3 da LAC. Velaí, nin no feito axustizado e mudado nin na cualificación que agora se conforma se fai imputación máis grave que na provisional.
Xa que logo, cómpre resolvermos de estricta conformidade coa pedida por tódalas partes de xeito conforme.
Acae atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,
DECIDIMOS
Que é mester nós condenármo-lo acusado, don Saúl, e de feito condenámolo, como autor responsábel dun delicto contra da saúde pública do art. 368 do Cp na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde. Asemade, é mester nós absolvérmo-lo acusado, don Luis, e dese xeito o absolvemos. Concorre en Saúl a atenuante 2º do art. 21, como moi cualificada. Solicítase paila Saúl a pena de 2 anos de prisión, multa de 120 000 pesetas e custas por metade.

