Sentencia Penal Nº 49, Au...il de 2000

Última revisión
25/04/2000

Sentencia Penal Nº 49, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 36 de 25 de Abril de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 25 de Abril de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 49

Resumen:
    Notificada a devandita sentencia as partes por TELMO interpúxose recurso de apelación e emprazadas as partes deuse cumprimento o establecido no artigo 775.5ª da L.A.Cr solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polos apelados e o Ministeiro Fiscal, solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.As expresións que se tiveron por probadas como realmente proferidas polo denunciado fronte e contra o denunciante non son suspceptibles de escindírense en dúas clases para cualificar, unhas, como constitutivas dunha falta de respeto á autoridade (artigo 634 do Código Penal) e, outras, como encadrables na falta de ameazas (artigo 620.2 do mesmo texto legal).Neste sentido, pois, estímase o recurso de apelación e o denunciado Telmo deberá ser absolto da falta de ameazas pola que na instancia foi tamén condenado.Que en parte estimando o recurso de apelación formulado por TELMO fronte á sentencia dictada o 29 de outubro de 1998 polo SR. XUÍZ DO XULGADO DE INSTRUCCION NUMERO 2 DE TUI, no Xuízo de Faltas 192/98, con parcial revogación da devandita resolución xudicial, debo condenar e condeno ó referido apelante, como autor dunha falta de respeto ós axentes da autoridade, prevista e penada no artigo 634 do Código Penal, á pena de vinte días (20) de multa cunha cota diaria de mil pesetas (1000 ptas) e, para o caso de non pagamento, quedrá suxeito á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa deixadas de aboar, e con expresa absolución da falta de ameazas, prevista e penada no artigo 620.2 do Código Penal, con tódolos inherentes pronunciamenos legais, condena ó pagamento das cuatas da primeira intancia, e declarándose de oficio as da presente alzada.    

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

APELACION PENAL

Rollo: 36/2000

Asunto: JUICIO DE FALTAS 192/98

Procedencia: XULGADO DE INSTRUCCION NUMERO 2 DE TUI.

 

Iltmo. Sr.

DON JOSÉ JUAN BARREIRO PRADO

 

      A SECCION SEGUNDA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, constituida en Tribunal Unipersoal polo Maxistrado DON JOSÉ JUAN BARREIRO PRADO, pronunciou

 

NO NOME DE EL REI

 

a seguinte

 

S E N T E N C I A N. 49

 

      Pontevedra, a vintecinco de Abril do dous mil.

 

      No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada no Xuízo de Faltas número 192/98, vindo do XULGADO DE INSTRUCCION NUMERO 2 DE TUI, son partes: dunha banda como apelante TELMO e da outra como apelados MANUEL, ROGELIO e o MINISTERIO FISCAL.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

      Acéptanse   os feitos probados da sentencia recorrida.

 

      PRIMEIRO. Con data vintenove de outubro de mil novecentos noventa y oito, o SR. XUÍZ DO XULGADO DE INSTRUCCION NUMERO 2 DE TUI, dictou sentencia, os feitos probados da cal literalmente din: "El día 18 de mayo de 1997, D. Manuel y D. Rogelio intervinieron por razón de su cargo, Agentes de la Autoridad, en un accidente de circulación en que se vieron involucrados dos vehículos, siendo perjudicado un tercero que se encontraba estacionado. Cumplida su misión al tomar los datos de los vehículos implicados procedieron a abandonar el lugar, momento en que el denunciado, D. T..., se colocó delante del vehículo policial gritando en el sentido de que detuviesen su marcha. Parado el coche policial, que iba dirigido por el denunciante, D. Manuel, el denunciado comenzó a exigirle que le diesen copia del atestdo levantado, ya que el vehículo estacionado y siniestrado era de su propiedad, a lo que el indicado Agente manifestó que no se había instruido atestado por tratarse únicamente de daños materiales, pero que le facilitarían los datos que habían tomado. Ante esta explicación el denunciado comenzó a decir al gente D. Manuel que "no tenía ni puta idea y no sabes con quien estás tratando", añadiendo "te voy a enseñar yo a hacer las cosas, imbécil", añadiendo "te voy poner a bailar, esa gorra que tienes te la voy a poner al revés". Recriminada su conducta por el Agente D. Manuel, el denunciado manifestó "vete a la mierda".

      Visto que la actitud del denunciado no cedía, el Agente actuante, D. Manuel, le solicitó el carnet de identidad, negándose el denunciado a entregrlo, aunque sin manifestar al Agente que lo tenía en su casa, donde tuvo que ir por su búsqueda.

      SEGUNDO. Polo Xulgado dictouse sentencia que conten a seguinte parte dispositiva:

      "Debo condenar y condeno a D. TELMO como autor de dos faltas; una falta de respeto a Agentes de la Autoridad del art. 634 del Código Penal, a la pena de veinte (20) de multa con una cuota diaria de mil (1000) pesetas, de lo que resulta la cantidad de veinte mil pesetas (20.000); así como autor de una falta de amenazas del art. 620.1.2 del Código Penal, a la pena de veinte días de multa con una couta diaria de mil (1000) pesetas; de lo qe resulta la cantidad de veinte mil (20.000) pesetas; cantidades que aquel deberá ingresar, una vez firme la presente resolución, en la Cuenta de este Juzgado; esbleciéndose para el caso de impago la multa como responsabilidad personal subsidiaria la pena de veinte días de privación de libertad; condenádole además al pago de las dos terceras partes de las costas causadas.

      Debo absolver y absuelvo a D. TEMO de la falta de desobediencia denunciada, declarando la tercera parte de las costas de oficio.

      TERCEIRO. Notificada a devandita sentencia as partes por TELMO interpúxose recurso de apelación e emprazadas as partes deuse cumprimento o establecido no artigo 775.5ª da L.A.Cr solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e polos apelados e o Ministeiro Fiscal, solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.

 

II.- FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

      PRIMEIRO. As expresións que se tiveron por probadas como realmente proferidas polo denunciado fronte e contra o denunciante non son suspceptibles de escindírense en dúas clases para cualificar, unhas, como constitutivas dunha falta de respeto á autoridade (artigo 634 do Código Penal) e, outras, como encadrables na falta de ameazas (artigo 620.2 do mesmo texto legal).

      A subsunción dos feitos axuizados na primeira das nomeadas faltas xa de por si embebía a posible comisión da segunda que, polo demais, tampouco nunca existiría por canto que, constituíndo o núcleo esencial das ameazas o anuncio de causar ó contrario un mal na súa persoa, honra ou propiedade, por ningures se enxerga tal requisito nas expresións proferidas polo denunciado ("tu no sabes quien soy yo", "esa gorra que tu tienes te la voy a poner al revés", e "ya verás como te ponen a andar"); asemade que, o anuncio do pretendido mal tampouco se podía ter por serio, real ou perseverante alén da fala de respeto observada para co axente da autoridade. E por último, o suposto mal que o denunciante tería anunciado non consta que no máis mínimo teña influido no hipotéticamente ameazado que, amais, se atopaba acompañado por outro compañeiro, non sufrindo por isto intimidación de ningunha clase, máis que ter que ser suxeito pasivo da notoria mala educación du cidadán de abondo sancionada xa coa cualificación dos feitos neste eido penal na referida falta prevista e penada no artigo 634 do vixente Código Penal.

      Neste sentido, pois, estímase o recurso de apelación e o denunciado Telmo deberá ser absolto da falta de ameazas pola que na instancia foi tamén condenado.

      Mais ó que non se pode acceder é á rebaixa da pena que interesa en base á aplicación dunha circunstancia atenuante (a 3° do artigo 2 do Código penal) que nin se acreditou concorrente, nin mesuro tería eficacia practica algunha por mor do disposto no artigo 638 do indicado texto legal.

      SEGUNDO. De oficio se declaran todas cantas custas se puidesen er ocasionado na presente alzada.

 

      Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos outorga.

 

D E C I D O

 

      Que en parte estimando o recurso de apelación formulado por TELMO fronte á sentencia dictada o 29 de outubro de 1998 polo SR. XUÍZ DO XULGADO DE INSTRUCCION NUMERO 2 DE TUI, no Xuízo de Faltas 192/98, con parcial revogación da devandita resolución xudicial, debo condenar e condeno ó referido apelante, como autor dunha falta de respeto ós axentes da autoridade, prevista e penada no artigo 634 do Código Penal, á pena de vinte días (20) de multa cunha cota diaria de mil pesetas (1000 ptas) e, para o caso de non pagamento, quedrá suxeito á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa deixadas de aboar, e con expresa absolución da falta de ameazas, prevista e penada no artigo 620.2 do Código Penal, con tódolos inherentes pronunciamenos legais, condena ó pagamento das cuatas da primeira intancia, e declarándose de oficio as da presente alzada.

 

      Deste xeito, por esta a miña sentencia, á fin xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.