Última revisión
19/02/2007
Sentencia Penal Nº 5/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 6002/2005 de 19 de Febrero de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 19 de Febrero de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 5/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007100110
Núm. Ecli: ES:APPO:2007:652
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00005/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección Segunda
CAUSA PENAL
Rolo: 6002/05
Organo de Procedencia: Xulgado de Instrucción núm. 2 de Pontevedra
Asunto: Procedimiento Ordinario
Número: 1/05
SENTENZA Nº 5
========================================= =================
ILMOS. SRES.
Presidente
D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO
Maxistrados
D. LUCIANO VARELA CASTRO
Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA
==========================================================
PONTEVEDRA, dezanove de febreiro de dous mil sete
VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa
instruída co número 1/05, procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra e seguida polo
trámite de procedemento ordinario, polo delito de tráfico de drogas, contra Roberto , con DNI número NUM000 , nacido o día 6 de marzo de 1987, en Marín, fillo/a de
Francisco José e de Elisa Ana, sin antecedentes penais, insolvente, en situación de liberdade
provisional por esta causa; representado pola procuradora SUSANA TOMAS ABAL e defendido
polo letrado LUIS MONTERO SENRA. É parte acusadora o Ministerio Fiscal en representación do
cal interveu José Paulino González Formoso e como relator o maxistrado D. LUCIANO VARELA CASTRO,
quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
PRIMEIRO: O Ministerio Fiscal, formulou as seguintes conclusión provisionais, que no acto de xuízo elevou a definitivas:
"1º. Sobre las 20,30 horas del día 17 de abril de 2005, el procesado Roberto , mayor de edad y sin antecedentes penales, hallándose en el interior de la discote ARVENOP sita en la c/ Otero Pedrayo de esta ciudad vendió a Melisa , de 16 años de edad entonces, como nacida el 22 de marzo de 1989, circunstancia perfectamente conocida por el acusado, tres comprimidos del estupefaciente conocido como éxtasis con un peso de 0,68 gramos por el precio de 15 euros que este le entregó en el momento; el acusado era portador de otros 17 comprimidos de la misma droga con un peso de 4,67 gramos y que destinaba igualmente a la venta entre los consumidores de tal droga. El precio total de los 20 comprimidos alcanza en el mercado de estos productos la suma de 189 euros.
2º. Los hechos relatados son constitutivos legalmente de un delito contra la salud pública de los artículos 368 y 369-5º del C.P .
3º Es responsable en concepto de autor el acusado.
4º No concurren en el acusado circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal.
5º Procede imponer al acusado la pena de 9 AÑOS y 1 DÍA de PRISIÓN, MULTA de 400 euros, privación del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y costas".
SEGUNDO: A defensa do procesado, en idéntico trámite, solicitou a libre absolución do seu defendido Roberto con tódolos pronunciamentos favorables.
Hechos
Único: Contra as 20:30 horas do día 17 de abril de 2005, o acusado, don Roberto , estaba na discoteca Arvenop desta cidade de Pontevedra e tiña no seu poder un bote que contiña 17 comprimidos dunha substancia coñecida por éxtase coa finalidade de vendela a terceiros.
Ademais, aínda que non consta que fose de xeito directo ou coa mediación doutra persoa á que non afectará esta resolución, fixo dúas entregas que tiñan como destinataria a dona Melisa , de 16 anos de idade, sen que conste que o acusado coñecese que esta era a destinataria, percibindo quince euros polo total de tres pastillas.
O prezo total da droga ocupada suma 189 euros.
Fundamentos
Primeiro: Non aplicabilidade da lei penal do menor
Mesmo prescindindo da extemporaneidade na formulación da pretensión da aplicación da lei penal do menor baixo o artigo 4 da derrogada -esa aplicación debería ser solicitada ante o Xulgado de Instrución-, resulta obvio que os feitos imputados o impiden porque o delito que constitúen non pode ser cualificado de menos grave, como esixía para tal efecto o hoxe derrogado artigo 4 da Lei orgánica 5/2000.
Segundo: O comportamento imputado ó acusado que se declara como probado
O propio acusado recoñece paladinamente no xuízo, como acababa de facer na fase sumarial, que tiña no seu poder o bote coa droga, e que, cando menos en dúas ocasións, facilitou a entrega de, respectivamente, dúas e unha pastilla, a unha moza que se atopaba na discoteca.
O único punto que foi sometido a discusión no xuízo oral foi o de se a entrega a esa moza foi feita directamente polo acusado ou grazas á mediación doutra persoa, non acusada. A este respecto o acusado e a testemuña, a menor dona Melisa , foron contestes. Ámbolos dous afirman que a moza contacta con ese terceiro e que este é o que fai a entrega a dona Melisa . Esta testemuña mantívose na mesma indicación malia ser sometida a acareo con esoutra terceira persoa, que foi testemuña na causa, e coa axente da policía local que fixo a intervención.
Para avaliar tal manifestación de acusado e testemuña temos que atender ó dito por esoutra terceira persoa como testemuña, e tamén ó dito pola policía local. O primeiro non resulta determinante para forma-lo noso convencemento pola evidente eventual estratexia de autodefensa.
No que respecta á firmeza da axente da policía local, consideramos que esta soamente presencia unha entrega, e aínda indica con firmeza que esa foi feita polo acusado e precisamente a dona Melisa ; pero o certo é que non podemos desbota-la posibilidade de erro na testemuña. Examinada a acta da súa intervención, estraña que non detivese no acto ó acusado, e que a detención deste se fixese logo seguindo as indicacións da testemuña dona Melisa . Non se entende que tales indicacións fosen necesarias se a mesma axente viu o acusado no intre da entrega.
A conclusión non pode se-la de dar credibilidade total á identificación feita pola axente, malia ser evidente que esta está convencida de lembra-lo que di na súa declaración.
Isto xustifica a dúbida do Tribunal canto ó contacto directo do acusado coa testemuña dona Melisa e, xa que logo, que o acusado puidese coñecer que a receptora da droga que el entrega era en definitiva unha persoa que el sabía que non tiña aínda os 18 anos de idade.
Tercero: A cualificación dos feitos
Os feitos probados son constituíntes do delito previsto e penado no artigo 368 do Código penal , na manifestación típica de facilitación do tráfico e venda de substancia tóxica que causa grave dano á saúde, por ser esa a natureza da substancia coñecida por éxtase.
Pola contra, a dúbida que leva a excluír como feito probado que o acusado fixo a entrega a unha menor de idade impide ter por aplicable o subtipo agravado do artigo 369.5, tal como acusa o Ministerio Fiscal.
Cuarto: Do devandito delito é criminalmente responsable en concepto de autor o acusado, por facer entrega da devandita substancia e mesmo posuír máis cantidade desa droga coa mesma finalidade.
A respecto da pena que se lle debe impoñer, aínda non concorrendo circunstancias modificadoras da responsabilidade, tampouco non pode esquecerse que os actos se reiteraron e que aínda pretendía seguir facendo outras entregas, polo que, sen saír do grao mínimo, a pena debe ser superior ó límite inferior, fixándoa en catro anos de prisión. A multa fixámola no importe solicitado polo Ministerio Fiscal: 400 euros.
Quinto: A respecto doutras consecuencias, tal como manda o artigo 374 do CP, debemos mandar que sexa comisada a droga e que se lle dea a esta o destino legal. E, de conformidade co disposto no artigo 123 do CP, as custas deben ser impostas ó criminalmente responsable.
O contido das manifestacións das testemuñas leva, faltando constancia de que se decidira sobre a imputación de don Inocencio , a que se lle remita un testemuño enteiro do sumario nas follas útiles, da acta do xuízo e desta sentenza ó xuíz instrutor, para que proceda a respecto desa imputación con liberdade de criterio.
Daquela,
Fallo
Que é mester condenar, e condenamos, a don Roberto , como autor criminalmente responsable do delito contra da saúde por tráfico de drogas xa definido, á pena de catro anos de prisión e 400 euros de multa, mandando comisar e destruí-la droga ocupada e impoñéndolle ó condenado a obriga de paga-las custas deste proceso. Remítase o testemuño a que se fai referencia no apartado derradeiro da fundamentación desta sentenza.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer RECURSO DE CASACIÓN, ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo, por infracción de lei ou quebrantamento de forma, no prazo de CINCO DIAS, que se contarán desde a última notificación.
Así, por medio desta nosa sentenza, da que se levará testemuño ao rolo de Sala, e se anotará nos rexistros correspondentes, pronunciámolo, mándamolo e asinámolo.

