Sentencia Penal Nº 53, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1130 de 25 de Mayo de 2000
Sentencia Penal Nº 53, Au...yo de 2000

Última revisión
25/05/2000

Sentencia Penal Nº 53, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1130 de 25 de Mayo de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 25 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 53

Nº de recurso: 1130

Resumen
  No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nas precedentes dilixencias previas do procedemento abreviado que á cima se amenta, contra do/s acusado, FERNANDO, son partes: dunha beira, como apelante, FERNANDO, e da outra, como apelado, o Ministerio Fiscal.Por mágoa ainda semella non ter sido percibido que desde o año 1995 está vixente unha norma que obriga a investigar, e logo acreditar, cal sexa unha das premisas fácticas do acusado: a súa capacidade económica. Namentres aquela norma non sexa respectada, a consecuencia non pode ser outra que a aplicación da entidade económica da multa na súa cativa dimensión: 200 pta/día. Tamén a sentencia esquece outra norma xa vixente de máis longo tempo: o artigo 120 da Constitución vencellado ao 24 desta: as decisións, cada unha das decisións, da sentencia deben ser motivadas. Nembargantes como dado o que é coñecido na causa non podería ser emitida outra sentencia que a que fixe tal contía en 200 pta/día. Cómpre non declarármo-la nulidade da sentencia.Que é mester nós estimarmos, e de feito estimámolo, o recurso de apelación movido por don Fernando fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal de Vigo-3, no procedemento abreviado núm. 312/99, revogando a apelada no particular de fixar en 200 pesetas o importe da cota diaria de multa imposta sen facermos imposición das custas desta alzada.Con testemuño desta resolución, devólvanselle as actuacións ao xulgado de orixe, por quen se ha notificar recibimento.Deste xeito, por esta a nosa sentencia, da que se achegará certificación ao rolo da Sala, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.  

Voces

Sentencia firme

Consumo de bebidas alcohólicas

Bebida alcohólica

Delito de desobediencia

Agente de la autoridad

Responsabilidad

Delito contra la Seguridad Vial

Arresto sustitutorio

Privación del derecho a conducir vehículos