Sentencia Penal Nº 56/201...zo de 2017

Última revisión
16/09/2017

Sentencia Penal Nº 56/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 185/2017 de 10 de Marzo de 2017

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 10 de Marzo de 2017

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 56/2017

Núm. Cendoj: 36038370022017100049

Núm. Ecli: ES:APPO:2017:420

Núm. Roj: SAP PO 420:2017

Resumen:
LESIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00056/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

N545L0

N.I.G.: 36008 41 2 2015 0003330

ROLO: ADL APELACION JUICIO SOBRE DELITOS LEVES 0000185 /2017 I

Xulgado procedencia: XDO. 1ª INST. E INSTRUCCIÓN NÚM. 1 DE CANGAS DO MORRAZO

Procedemento de orixen: XUÍZO SOBRE DELITOS LEVES 952/2015

Delito/falta: LESIONES

RECURRENTE: Hugo

Abogado/a: JUAN ANTONIO PRIETO CERVERA-MERCADILLO

APELADO: Mateo , MINISTERIO FISCAL

Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ

Abogada: ANA BELEN GARCIA CAMPELO

SENTENZA NÚM. 56

Ilmo.Sr. Maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Pontevedra, a quince de marzo de dous mil dezasete.

Neste rolo de apelación número 185/2017 dimanante dos autos de xuízo sobre delitos leves núm. 952/2015, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de Cangas do Morrazo, por lesións, son partes: comoapelante,don Hugo , e comoapelados,don Mateo , e oMinisterio Fiscal.

Antecedentes

Primeiro.-Con data do vinte e nove de setembro de dous mil dezaseis, o/a maxistrado/a xuíz/a do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de Cangas do Morrazo, ditou sentenza nos autos orixinais dos que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:

'ÚNICO.- Del examen de las actuaciones y de las pruebas practicadas en el acto del juicio resulta probado y así se declara que el 22 de agosto de 2015 Mateo mientras se dirigía a su vehículo, en el campo de futbol del Alondras, tras asistir al encuentro deportivo como mero espectador, fue increpado por un señor que resultó ser, Carlos Jesús , padre de Hugo . En ese momento, el denunciado Hugo , al escuchar que el denunciante era árbitro y al ver que discutía con su padre se dirigió a Mateo , abalanzándose sobre 61 y propinándole una patada en el pecho, tirándolo contra una pared y golpeándose aquel la espalda. Como consecuencia de la agresión Mateo sufrió lesiones consistentes según parte médico forense en contusión dolor región paralumbosacra derecha, que solo precisaron de una asistencia facultativa, sin posterior tratamiento médico quirúrgico y en cuya curación invirtió un periodo de 15 días de carácter impeditivo.'

Segundo.-O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

'DEBO CONDENAR Y CONDENOa Hugo como autor

responsable de un delito leve de lesiones, a una pena de 45 días de multa a razón de una cuota diaria de seis euros. Asimismo, Hugo deberá abonar a Mateo , en concepto de responsabilidad civil, la cantidad de 750 €.

Si el condenado no satisficiere, voluntariamente o par vía de apremio, la multa impuesta, quedará sujeto a una responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias no satisfechas.

Las costas del procedimiento, de haberse producido y ser exigibles, deberán ser abonadas por el condenado.'

Terceiro.-Notificada a mencionada sentenza ás partes, don Hugo interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.


Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.


Fundamentos

Primeiro.- O denunciado, Hugo , foi condenado na instancia como autor responsable dun delito leve de lesións, previsto e penado no artigo 147.2 do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada e solicita a súa libre absolución ou, subsidiariamente, a imposición dunha pena de multa de 30 días cunha cota diaria de 3 €, e o pagamento dunha indemnización civil a prol de Mateo pola cantidade de 450 €. Este e o fiscal opóñense a que acolla a impugnación así formulada.

Segundo.- A solicitude do denunciante e agora apelado, Mateo , a xuízaa quopronunciou un auto o 27 de outubro de 2016 polo que, ao abeiro dos artigos 161 da Lei de axuizamento criminal (LACrim ) e 267 da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX ), rectificaba a súa sentenza do 29 de setembro de 2016 . En concreto, aclarou a data da denuncia -o 28 de agosto e non o 28 de abril de 2015-, e que o prexudicado que debía ser indemnizado era o amentado Mateo e non un tal Fidel .

O agora apelante non solicitou daquela ningunha aclaración ou rectificación da sentenza contra a que apela. Aproveita a impugnación para denunciar o erro na identificación da persoa á cal debía pagarlle a indemnización civil -que, como se reflectiu, xa foi corrixido- e engade a existencia dunha contradición dentro do mesmo fundamento xurídico cuarto da sentenza da instancia e entre este e a súa parte dispositiva. Como o denunciante-apelado, Hugo ben puido intentar aclarar o amentado particular na instancia e evitar tratalo no propio recurso de apelación. Porén, si que existe a amentada contradición.

Se nun principio -primeiro parágrafo do fundamento xurídico cuarto da sentenza da instancia- a xuízaa quoanunciaba a imposición da pena de multa de 45 días a razón de 6 € diarios, como solicitara o fiscal, deseguido (segundo parágrafo do mesmo fundamento xurídico) razoaba que se descoñecía a capacidade económica concreta do condenado e só que era estudante, que vivía cos seus pais e que percibía algún ingreso como xogador de fútbol, polo que, a teor do artigo 50.5 do Código penal , a cota diaria da pena de multa a fixaba en 3 €, perfectamente asumible, agás casos excepcionais de indixencia ou insolvencia absoluta. E, finalmente, na parte dispositiva da mesma sentenza a cota diaria que se reflectiu foi a de 6 e non a de 3 €.

Pois ben, por dúas razóns debo fixar definitivamente a cota diaria da pena de multa en 3 €: unha, porque esa semellou ser a intención da xulgadora da instancia co específico razoamento que realizou a teor do artigo 50.5 do Código penal e con expresa alusión ás circunstancias que nel se reflicten; e dúas, porque, aínda que persistise a dúbida ao respecto, esta debía favorecer sempre o condenado-penado. E todo isto, reiterando a afirmación de que temas como estes non son propios dun recurso de apelación e si da correspondente aclaración ou rectificación na instancia ao abeiro dos xa aludidos artigos 161 da LACrim e 267 da LOPX .

Terceiro.- Que o agora apelante, Hugo , lle deu unha patada no peito a Mateo que o proxectou contra unha parede coa que se golpeou nas costas quedou ben demostrado por moito que o recorrente, loxicamente na súa defensa, teime en negalo. Así, a declaración incriminatoria do referido denunciante foi corroborada pola testemuña Porfirio . Este declarou que o agora apelante correu cara a Mateo e lle deu unha patada que o tirou contra atrás, o que provocou que se golpease nas costas.

O mesmo día, no centro de saúde de Cangas, ao denunciante-apelado aprecióuselle dor á palpación da rexión sacroilíaca dereita, Lasègue negativo, reflexos osteotendinosos presentes e simétricos, e limitación dolorosa da mobilidade da columna cervical para a lateralidade esquerda, polo que se elaborou o correspondente parte de lesións consistente en contusións e cervicalxia. Á vista deste informe facultativo e doutro de Povisa, a médica forense emitiu o pertinente informe de sanidade de Mateo en que daba por acreditado o nexo de causalidade entre o mecanismo de causación da lesión referido -patada no abdome con caída cara a atrás, golpeándose co saínte de cemento na rexión sacroilíaca dereita- e as lesións resultantes -contusión e dor na rexión paralumbosacra dereita-. E fixaba a mesma médica forense en 15 días impeditivos o tempo preciso para a estabilización ou curación do lesionado. Así as cousas, nin o máis mínimo erro albisco na valoración en conciencia que dos anteriores medios probatorios -e do declarado pola testemuña Domingo - realizou na instancia a xulgadoraa quoao abeiro do artigo 973.1 en relación co artigo 741, ambos da Lei de axuizamento criminal .

Tampouco considero excesivos os 15 días impeditivos a que alude a médica forense no seu referido informe de sanidade. O mero desacordo do recorrente con tal particular e a impugnación, sen máis, que realizou na vista oral da instancia abofé que, en ausencia de máis base que a mera comenencia da parte, non privaban a xuíza da libre avaliación e consideración do contido do informe da médica forense como única pericial médica achegada ás actuacións. En nada obsta a que todos os 15 días foran impeditivos a circunstancia de que, ao seguinte día dos feitos, a testemuña Porfirio manifestase que acompañou o apelado a levar o parte de baixa, por non resultar equiparable a incapacidade coa imposibilidade de deambulación. Resulta así non atendible a solicitude da rebaixa na contía da indemnización civil posta a cargo do apelante por mor, precisamente, do pretendido carácter non impeditivo dos días de curación do lesionado.

E, por último, acreditado o carácter doloso da voluntaria acción agresiva do recorrente, sobran xa os comentarios verbo do suposto erro na aplicación do artigo 147.2 do Código penal polo que foi condenado.

Cuarto.- Declaro de oficio as custas xeradas na presente alzada.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Acoller só en parte o recurso de apelaciónpresentado por Hugo contra a sentenza pronunciada o 29 de setembro de 2016 pola xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Cangas , no xuízo de delitos leves 952/2015 (rolo de apelación ADL 16/2017-P). E, conexpresa confirmación da amentada sentenza-aclarada por un auto do 27 de outubro de 2016-,só revogo a cota diaria da pena de multaimposta ao agora apelante que, en lugar de 6 €, se fixa definitivamente en 3 €,con expresa declaración de oficio das custas desta alzada.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ao xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Deste xeito o pronuncio, mando e asino, por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao rolo.

PUBLICACIÓN.-Dada e pronunciada foi a anterior Sentenza polo Ilmo. Sr. Maxistrado relator no día da súa data, do que eu o Secretario, dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.