Última revisión
29/06/2001
Sentencia Penal Nº 56, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1027 de 29 de Junio de 2001
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 29 de Junio de 2001
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 56
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00056/2001
APELACIÓN PENAL
Rolo: 1027/01
P. Abreviado 369/99
Orixe XDO. DO PENAL PONTEVEDRA 1
Ilmos. Sres.
Presidente:
D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL
Maxistrados:
D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM. 56
Pontevedra, o 29 de xuño do ano 2001.
No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nas precedentes dilixencias previas do procedemento abreviado que á cima se amenta, contra do/s acusado/s, FRANCISCO e FRANCISCO, son partes: dunha beira, como apelante/s, FRANCISCO JAVIER, e da outra, como apelado/s, FRANCISCO e o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os feitos probados da sentencia contra a que se recorre.
PRIMEIRO. Con data 26 de xaneiro do ano 2000, o xuíz do Xulgado do Penal Pontevedra 1 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a parte dispositiva da cal, rigorosamente, di:
"Que debo condenar y condeno a FRANCISCO, como responsable en concepto de autor de un delito de ROBO de los arts. 237, 238,1°, 2° y 3° y 240 del CP y a FRANCISCO JAVIER como responsable en concepto de autor de un delito de RECEPTACIÓN del art. 298-1 del CP, concurriendo en el primer acusado las atenuantes de confesión del art. 21-4° y la de reparación del daño del art. 21-5° así como la agravante de reincidencia del art. 22-8° del CP de 1995 y sin circunstancias el segundo, a la pena de UN AÑO DE PRISIÓN, para cada uno de ellos, debiendo indemnizar FRANCISCO al Club A... a través de su legal representante en 20.000 pta y en el importe que en ejecución de sentencia se determine como valor de los trofeos sustraídos y valor de reposición de la ventana y cajón violentados, imponiendo expresamente a ambos acusados las costas por mitad".
SEGUNDO. Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, FRANCISCO JAVIER interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras os preiteantes teren sido emprazados, constituíronse en parte e, axiña que se efectuou a instrucción, sinalouse día e hora para a deliberaren e resolveren o recurso.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
PRIMEIRO. Acóllese o recurso absolvendo ao acusado recorrente do delicto de receptación que lle é imputado, por entendermos, en síntese, que ainda que o mesmo coñecía a procedencia ilícita dos obxectos, non tiña conciencia exacta do xeito de ter ocorrida a subtracción, que moi ben poido revestí-la forma de furto, e non de roubo, e como naquel caso o feito sería constitutivo de falta, por non superar nin acada-lo subtraído a suma de 50.000 pesetas, a conducta receptadora estaría impune, por non se acreditar, no ultimo extremo, a habitualidade requirida polo art. 299 do C.P.
Dunha banda, queda fóra de toda dúbida para este tribunal que o apelante sabía da orixe ilícita dos obxectos que lle foron entregados polo outro acusado, entendendo igualmente que esa entrega foi coa finalidade de vendelos a terceiros, e non a título de simple depósito. As circunstancias persoais de todo tipo dos dous acusados, que se coñecían con moita anterioridade e desde a nenez, leva ao entendemento certo de que o recorrente sabía daquela orixe ilícita, tendo en conta ademais a natureza dos obxectos roubados.
Mais, doutra banda, non existe a mais mínima proba de que o apelante soubese as circunstamncias da subtracción, ou o que é o mesmo, que os obxectos foran producto dun roubo, ou pola contra dun furto, como xa quedou dito. Nin o autor do roubo declara que contara ao recorrente como efectuou o ilícito apoderamento, nin existe nutra probanza, ni tan sequera indiciaria, que revele o coñecemento polo acusado de receptación dese antecedente feito atentatorio da propiedade como constitutivo de roubo. E como a contía do roubado, segundo a taxación pericial, era netamente inferior ao tope legal das cincuenta mil pesetas, distintivo entre o delicto e a falta de furto, a conclusión non pode ser outra que a absolutoria, como quedou dito.
SEGUNDO. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada e a metade das da primeira instancia.
III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o Pobo españois
DECIDIMOS
Que, acollendo o recurso de apelación formulado por FRANCISCO JAVIER, contra da sentencia dictada polo Xulgado do Penal Pontevedra 1, o día 26 de xaneiro do ano 2000, absolvemos libremente ao acusado recorrente do delicto de receptación que se lle imputa con declaración de oficio das custas procesuais desta alzada e de unha metade das da primeira instancia.
Con testemuño desta resolución, devólvanselle as actuacións ao xulgado de orixe, por quen se ha notificar recibimento.
Esta é a nosa sentencia, que asinamos, e que se ha traducir ao castelán se algunha das partes o solicita.
