Sentencia Penal Nº 56, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1079/97 de 29 de Abril de 1998
Sentencia Penal Nº 56, Au...il de 1998

Última revisión
29/04/1998

Sentencia Penal Nº 56, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1079/97 de 29 de Abril de 1998

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 29 de Abril de 1998

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 56

Nº de recurso: 1079/97

Resumen
           NO HAY SENTENCIA         A insuficiencia e inidoneidade, dos medios de proba teñen de levar á absolución da acusada na orde penal en que nos movemos. Antes do máis, é ben pormos de relevo que se botan de menos tres medios de proba que se nos antollan imprescindíbeis para unha hipotética pronuncia condenatoria, e que, por a acusadora non os ter propostos, e por non teren sido consecuentemente practicados, non poden levar, ante as lagoas de culpabilidade advindas dese defecto, a esa pronuncia de condena. Estámonos referindo, en primeiro termo, á falta dunha proba pericial contábel que, con tódalas garantías de contradicción e defensa, puidese_n levar á determinaci6n exacta das cantidades recadadas, das pagadas so subministrador dos productos de repostería, das recibidaa pola acusada, e, en definitiva, á determinación aun saldo, a prol ou en contra, desta última. Terase de convir que lonxe desa fiábel proba pericial, achéganse unhas cantas, que pola súa realización unilateral, polo seu insuticiente soporte documental, por seren confeccionadas por duas persoas, unha delas, menor de idade, como é a filla da acusada, e a outra, María del Pilar A, persoa leiga na materia, e ata pola súa inintelixibilidade, non poden levar a afirmación, coa certeza imperiosa na orde punitiva, da existencia dun saldo final que lonxe de ser ingresado na conta a prol dos alumnos, donos do numerario, foi aoropiado pola acusada no seu propio e exclusivo proveito. Pénsese nesta orde de cousas que, segundo a testemuña, María del Pilar, realizadora das contas, o total que tiña que ingresa_la acusada era de 2 245 135 pesetas EiS, aínda dando por certa esa aseveración, se se suman tódolos ingresos efectuados pola acusada entre aa datas do 21 de xulo de 1995, a primeira, e de 14 de xuño do seguinte ano, resulta a cantidade global de 2 731 488 pesetas, superior en 486 353 pesetas á cifra que se vén afirmando; todo ¡so segundo resulta das duas libretas achegadas polo Ministerio fiscal so acto do xulzo. 0 que vimos de dicir non é nin máis nin menos que un dato revelador do pouco rigor desas contas, inatendibeis entón como instrumento incriminatorio ou de cargo.