Sentencia Penal Nº 56, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1139 de 29 de Mayo de 2000
Sentencia Penal Nº 56, Au...yo de 2000

Última revisión
29/05/2000

Sentencia Penal Nº 56, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1139 de 29 de Mayo de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 29 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 56

Nº de recurso: 1139

Resumen
MARIO interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos. Motivo do recurso: falta de correlación entre o feito obxecto de acusación e o feito determinante da condena. Aquel feito era o que se declara probado, pero imputado ao acusado. O que a sentencia declara probado é que o acusado atopa os efectos que se din subtraídos, pero exclúe a participación do acusado na subtracción. Porque o único que non varia é a descrición dos efectos atinxidos polo feito obxecto de acusación e os que o son do feito atribuido na sentencia. Desde logo, tampouco non varia o suxeito activo deses dous comportamentos.   Cando o xulgador esquece os termos da acusación, canto ao feito, que non ao crime, e obsesionado na libre busca da verdade, fóra dos limites do debate procesual, a un tempo esquece que a súa autoridade non abrangue decidir verbo de feitos alleos aos sometidos pola acusación, e causa ao cidadán acusado a indefensión que o artigo 24 da Constitución lle garante como proscrita. Doutrina que no presente caso leva ao rexeitamento da condena por apropiación indebida, sendo indiferente que esa condena sexa a titulo de falta. Que é mester nós estimarnos, e de feito estimámolo, o recurso movido por don Mario fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal-1 de Pontevedra, no procedemento abreviado, revogando a sentencia apelada só no particular da condena pola falta de apropiación indebida da que absolvémo-lo acusado, con declaración de oficio das custas en ámbalas dúas instancias.    

Voces

Falta de apropiación indebida

Responsabilidad penal

Delito de robo

Responsabilidad

Indefensión

Arresto

Apropiación indebida

Violencia

Robo