Sentencia Penal Nº 59, Au...re de 2000

Última revisión
14/11/2000

Sentencia Penal Nº 59, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1036 de 14 de Noviembre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 14 min

Orden: Penal

Fecha: 14 de Noviembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 59

Resumen:
PROCEDEMENTO ABREVIADO POLO DELICTO DE TRÁFICO DE DROGAS E POSESIÓN ILÍCITA DE ARMAS Queda probado que o condenado posuía drogas nunha cantidade suficiente para considera-la comisión do delito de tráfico de drogas, así como tiña tamén no seu poder un arma sen marca de fábrica. No noso sistema procesual penal tense abandonado o sistema de proba taxada, a xurisprudencia ten fixada nunha cantidade concreta a droga que debe ser considerada destinada ao tráfego, o que non impide a coincidencia de criterios emitidos polas máximas de experiencia e o sentido común. Así, establézense unha serie de requisitos que permiten dar por razoábel a conclusión do destino ao tráfego. Os feitos son constituintes de delictos contra da saúde pública na medida en que resulta fóra de discusión a consideración das substancias ocupadas como tóxicas e a natureza de substancia gravemente danosa para a saúde. O feito atinxente ao revólver constitúe o delicto de posesión ilicita de armas. A adicción ao consumo de drogas, fóra dos casos nos que determina a enfermidade que xustifica a exención completa ou incompleta, non pode, atenua-la pena, senón cando ocorran dous requisitos: a) gravidade, b) ser funcionalmente causal do feito delictivo. Non pode dicirse que o diñeiro que lles foi ocupado aos acusados sexa procedente do tráfego polo que non pode ser imposto o seu comiso, o mesmo verbo da arma ocupada.

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION.N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 50059/2000

 

CAUSA PENAL

Rolo: 1036/99

P. Abreviado: 1769/98

Orixe Xdo. Instr. Vigo 3

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VARELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.59

 

 Pontevedra, o 14 de novembro do año 2000.

 

A causa número 1769/98, vinda do Xulgado de Instr. Vigo 3, foi tramitada, seguindo o procedemento abreviado, polo delicto TRÁFICO DE DROGAS e POSESIÓN ILÍCITA DE ARMAS, contra de JOSÉ FERNANDO R, nado o 10/7/1955, fillo de José e de Mercedes, natural Vigo, con antecedentes penais, de quen non consta solvencia, e en liberdade provisonal. O procurador dos tribunais Sr. Cabido Valladar representouno e o letrado Sr. Ubiña Pilarte defendeuno; e contra de MANUEL G, nado o 22/11/1960, fillo de Julio e de Blanca, natural de Lalín (Pontevedra), solvente, e en liberdade por esta causa. O procurador Sr Valdés Albillo representouno e o avogado Sr. Lamas Porto defendeuno. Parte acusadora: o Concello de Vigo, representado pola procuradora Sra. Bernárdez Filloy e asistido do letrado Sr. Fernández López e o Ministerio Fiscal. Maxistrado relator: don LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o parecer da Sala.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

PRIMEIRO. O tribunal declara como FEITOS PROBADOS:

 

 "1º.- O día 23 de abril de 1998, o acusado D. José Fernado R posuía cando se atopaba no seu vehículo e se dirixia ao seu domicilio na cidade de Vigo 14 g de heroína e 7,230 g de cocaína, 1,1 g mestura de ámbalas dúas substancias, 0,35 gr de planta de cannabis seca, 0,790 g de resina de cannabis e dous papeis de aluminio con restos de 0,230 g de heroína e 0,19 g de cocaína, respectivamente. Asemade tiña no seu poder nese intre 18 pastillas de rohipnol. Todas esas substancias posuiaas co decidido propósito de vendelas a terceiros. A heroína e cocaína causan grave dano á saúde. O total da droga ocupada, engadindo 0,02 g atopados no seu domicilio, acadaria un valor de 498 110 pta (CATROCENTAS NOVENTA E OITO MIL CENTO DEZ PESETAS) no caso de venda ao por menor, logo de darlle no seu caso, os oportunos cortes para reducción do grao de pureza que no caso da heroína era de 63,44% e no da cocaína de 81,12 %, sendo nos casos de restos destas de 63,42 % e 91,05%, e no da mestura de 36,36%.

 

2º.- O mesmo acusado posuia un revólver no seu domicilio na rúa J A con tambor para cinco cartuchos de 6,35 mm hábil para disparar. Non consta acreditado que a arma fose mercada polo acusado en Portugal e introducida en España con posterioridade. O revolver carece de marca de fábrica.

 

3º.- No día seguinte o acusado D. Manuel G posuía, no seu domicilio na cidade de Vigo, 15,680 g de heroína en pureza de 62,66% e 1,120 g de cocaína en pureza de 80,39%. O valor da droga na venda ao por menor acadaría 407 225 pta (CATROCENTAS SETE MIL DUASCENTAS VINTECINCO PESETAS). O acusado tiña esa droga para vendela a terceiros.

 

 SEGUNDO. O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións definitivas, cualificou a súa versión dos feitos como constitutivos dun delicto de TRÁFEGO DE DROGAS das que xeran grave dano á saúde e de POSESIÓN ILÍCITA DE ARMAS do art. 564, 1 e 2, circunstancias 1ª e 2ª do Cp. Acusa como criminalmente responsábeis deles, en concepto de autores a: do delicto de tráfico de drogas, a ámbolos dous acusados; e do delicto da POSESIÓN ILÍCITA DE ARMAS a JOSÉ FERNANDO R. Alén diso, solicitou que se lles impuxese a pena de: a) para o acusado JOSÉ FERNANDO R, dunha beira, CINCO ANOS DE PRISIÓN e MULTA DE 1 200 000 PTA (UN MILLÓN DUASCENTAS MIL PTA), co arresto substitutorio de cento vinte días no caso de non pagamento e comiso das substancias que lle foron intervindas, polo delicto de tráfego de drogas; e, doutra beira, polo delicto de posesión ilícita de armas: TRES ANOS DE PRISIÓN e dúas terceiras partes das custas; b) para MANUEL G, CINCO ANOS DE PRISIÓN e MULTA DE UN MILLÓN DUASCENTAS MIL PESETAS, co arresto substitutorio de cento vinte días no caso de non pagamento, comiso das substancias intervindas e unha terceira parte das custas.

 

TERCEIRO. A acusación particular, nas súas conclusións definitivas, amosou a súa conformidade co Ministerio Fiscal.

 

 CUARTO. As defensas dos devanditos procesados, nas súas conclusións tamén definitivas, solicitaron a absolución dos seus defendidos.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

PRIMEIRO. Canto ao resultado da proba.

 

Os feitos atribuidos ao acusado D. José Fernando R son recoñecidos por el agás nos seguintes particulares:

 

 Manifesta que toda a droga lle foi ocupada cando se dispoñía a entrar na súa casa, logo de aparcar no garaxe o coche, menos unha cativiña cantidade de heroína -0,02 g- que tiña no domicilio. Pero tenta explica-la posesión como destinada ao seu consumo.

 

Desde logo no noso sistema procesual penal tense, seguindo a pauta do mundo continental desde o triunfo da revolución francesa coa instauración do xurado, abandonado o sistema de proba taxada. Quere dicirse que resulta absurdo acudir a pautas ou cánones coa pretensión de avaliar dados. Así cando se indica que, non a leí, xenón a xurisprudencia, para o caso dá o mesmo, teñen fixada nunha cantidade concreta a droga que debe ser considerada destinada ao tráfego.

 

 Iso non impide a coincidencia de criterios emitidos polas máximas de experiencia e o sentido común.

 

 Como é o caso axuizado. A diversidade de droga, a súa cantidade, o grao de pureza, pericialmente ratificado no xuizo, o lugar onde se ocupa, a ausencia de proba dun consumo severo polo acusado alén do de ser consumidor habitual, ou aínda a ausencia dunha capacidade económica que permita fornecerse de provisións tan salientábeis para ulteriores propios consumos, permiten dar por razoábel a conclusión do destino ao tráfego sen abeiramento nesa razoabilidade de hipótese alternativa de autoconsumo.

 

Mesmo considerando que o acusado viñese de ser beneficiado cun crédito, non semella razoábel pensar que a súa obtención tivese por destino financia-lo autoconsumo de droga en tan salientábel medida. Nin a fiabilidade de solvencia se explica polo acusado para obter tal crédito, de non ser pola capacidade económica representada por actividades como a imputada, xa que non manifesta dispor de calquera actividade licita retribuida.

 

 O mesmo acusado recoñece a posesión da arma. Non resulta discutibel que esta podía ser disparada, dado o resultado da pericia no xuízo oral. Pola contra, a negación de que a metese ilegalmente en España ten relevo, xa que nada permite dar máis credibilidade á manifestación en instrucción que a convincente explicación de que o que sempre quixo dicir era que lla mercou a un portugués e non en Portugal, sen que o tribunal estivese presente cando fixo a declaración documentada na instrucción polo que non pode avalia-la fiabilidade da interpretación da declaración do acusado ali documentada.

 

 Canto ao valor da droga, do que só un pode terse por axeitado para efectos da esixíbel seguridade na fixación da multa, cómpre aterse á informada pericialmente como derivada da venda ao por menor da droga, na falta de proba de abondo que permite excluir esa modalidade de venda pola de venda por doses.

 

 No caso do acusado Sr. G, pode reiterarse o dito verbo da razoabilidade do destino da droga ocupada, única cuestión por este discutida, xa que non desmente o feito da ocupación no seu poder. Canto a este, pode considerarse que existe unha certa capacidade de adquisición. Pero amais dos outros factores, señeiramente cantidade e pureza da atopada no seu poder, resulta indicio moi suxerente dese adicamento o feito de que a droga ocupada ao outro acusado proviña do subministro por este acusado. Así o proclama, xunto co non desmentido dado de que R viña da casa do Sr. G cando é detido, o feito da absoluta identidade no espectro cromatográfico das drogas ocupadas a un e outro. Tal conclusión é reforzada polo feito de que xunto coa droga se ocupase no domicilio do Sr. G multitude de recortes de soportes para droga xunto con instrumentos para manipulación desta con restos de droga, o que suxire no posuidor unha actividade alén da propia do sinxelo consumidor.

 

 As alegadas adiccións dos acusados ao consumo de drogas non poden terse por acreditadas coa determinación da sua concreta entidade pola proba achegada. Os informes forenses na fase de instrucción deixan fóra de dúbida a realidade do consumo de drogas -heroína e cocaína- polos dous acusados no tempo da detención coetánea dos feitos. Pero non se precisa a entidade dese consumo nin da adicción por el xerada.

 

SEGUNDO. Delictos cometidos.

 

 Os feitos probados son constituintes de dous delictos contra da saúde pública tipificados no artigo 368 do Código penal na medida en que resulta fóra de discusión a consideración das substancias ocupadas como tóxicas a que tal artigo fai referencia e da natureza de substancia gravemente danosa para a saúde.

 

 O feito atinxente ao revólver constitúe o delicto de posesión ilicita de armas penado no artigo 564 parágrafo 1.

E parágrafo 2 circunstancia 1ª. Ainda non constando que fose metido en España ilegalmente, non pode discutirse que o revólver non ten marca de fábrica o que xustifica a aplicación do subtipo agravado.

 

TERCEIRO. Autoría

 

 O acusado Sr. R é autor, segundo o artigo 28 do Código penal, dos delictos de tenza ilicita de armas e posesión para tráfico de droga tóxicas e o Sr. G do de tráfico para drogas do parágrafo terceiro dos feitos declarados probados, segundo o mesmo artigo citado.

 

CUARTO. Circunstancias modificativas e Penas.

 

Canto á pretensión de atenuación, cómpre advertirmos que o Código penal de 1995 deixou clara a vontade do lexislador: a adicción ao consumo de drogas, fóra dos casos nos que determina a enfermidade que xustifica a exención completa ou incompleta, non pode, de seu, á marxe desas patoloxías, atenua-la pena, senón cando ocorran dous requisitos: a) gravidade, b) ser funcionalmente causal do feito delictivo.

 

 Nembargantes, non pode esquecerse que, dentro da marxe de determinación de pena, o artigo 66.1ª do Código penal manda atender ás circunstancias persoais do penado, como, asemade, á gravidade do feito que, neste delicto, debe ser relacionada coa cantidade da droga ocupada e intensidade do tráfego imputado e acreditado.

 

 A pena de prisión impoñibel aos acusados polo delicto de tráfego de drogas tóxicas pode acadar ata nove años de prisión cunha mínima de tres. Dada a cantidade de droga ocupada, a ausencia de probas verbo de actividades de tráfego diversas da de posesión no día indicado e non sendo computábeis os antecedentes de ningún dos acusados e sendo estes consumidores importantes de drogas tóxicas, malia non poder fixarse unha importante e funcional adicción, cómpre impoñérmo-la pena na metade da primeria metade: catro años e seis meses de prisión.

 

Canto á pena de multa e dado o valor da droga ocupada, cómpre impórmoslles a cada un dos acusados o duplo dese valor da que lle foi ocupada.

 

 Canto ao delicto da posesión de armas, debe ser imposta a pena no grao mínimo da do tipo agravado dadas as características da arma e ausencia de consideracións de perigosidade concreta no acusado: dous años de prisión.

 

QUINTO. Consecuencias da responsabilidade penal.

 

 Resulta evidente que non pode dicirse que o diñeiro que lles foi ocupado aos acusados sexa procedente do tráfego polo que non pode ser imposto o seu comiso. Alén diso, tampouco non foi pedido polas acusacións.

 

O mesmo cómpre dicirmos verbo da arma ocupada, diante do esquecemento do Ministerio Fiscal, e do da acusación particular, de pública financiación, que non fai senón un inútil seguidismo do dito pola acusación pública.

 

 Cómpre lembrarmos aquí o dito polo TS na sentencia de 11 de marzal de 1999 canto á esixencia de pedimento de parte como presuposto da imposición da pena de comiso: "Se trata, el comiso, de una medida controvertible y discutible en juicio, lo cual determina la necesidad de que se someta expresamente a debate por parte de quienes sean acusadores, sin que baste la genérica petición de penas accesorias (Sentencias de 24 de abril de 1997 y 12 de noviembre de 1992).

 

4. La interpretación sobre el comiso, como en toda norma punitiva y por tanto odiosa, ha de ser restrictiva (Sentencia de 15 de noviembre de 1993 entre otras)."

 

 Tal tese xa viña dita pola sentencia de 20 de xaneiro de 1997, anda que a falta de pedimento, como neste caso, fose sorprendente:

 

"Si los Jueces han de atemperarse al ámbito marcado por la acusación, no les está permitido en ningún caso, aún cuando como ahora acontece resulte ello sorprendente, no les está permitido, repítese, impartir declaraciones condenatorias no solicitadas.

 

El comiso es una pena accesoria íntimamente unida no a la ejecución del delito sino a la imposición de la pena, aún cuando no sea nunca imperativa. Cabe no decretarla entre otros supuestos cuando no conste el origen de los efectos o instrumentos del delito intervenidos. Estos efectos se identifican en general con los medios usados para la infracción o también con los objetos producidos o derivados de la infracción. Los efectos pueden ser todos los bienes o cosas que se encuentren, mediata o inmediatamente, en poder del delincuente como consecuencia de la infracción. Los instrumentos son en cambio los útiles o medios empleados para la ejecución del acto criminal (Sentencias de 18 de julio de 1996, 22 de marzo de 1995 y 21 de junio de 1994).

 

Mas en cualquier caso se trata de una cuestión jurídica que ha de ser sometida al debate contradictorio con objeto de evitar la indefensión de parte. Es evidente que tal debate aquí no existió pues no fue solicitado, como se ha dicho, por el Fiscal. La Audiencia se extralimitó en su competencia jurisdiccional al infringir el principio acusatorio (Sentencia de 30 de enero de 1995)."

 

 Na STS de 5 de febreiro de 2000 non acolle o motivo de casación alegado malia que o pedimento foi feito en cualificación definitiva, alegándose que non tiña sido feito na cualificación provisional, rexeitamento do motivo de casación que se funda non na posibilidade de adopción de oficio do comiso senón na non lesión do dereito de defensa do xeito seguinte:

 

"El motivo decimosegundo denuncia la vulneración del principio acusatorio. El debate se centra en torno a que el ministerio Fiscal, de forma sorpresiva en opinión de la parte recurrente, modifica la calificación provisional y solicita en las definitivas el comiso de la totalidad del dinero ocupado. Cita en su apoyo opiniones doctrinales en las que se sostiene que el comiso exige una petición expresa y concreta de las acusaciones y debe hacerse en forma que facilite o haga posible su debate contradictorio.

 

La utilización del tramite de las conclusiones definitivas para establecer nuevos puntos acusatorios, en modo alguno vulnera el principio acusatorio. En todo caso la defensa dispuso de la posibilidad de utilizar el trámite que le concede el art. 793.7 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal y solicitar un aplazamiento de sus sesiones, hasta un máximo de diez días a fin de poder aportar los elementos probatorios y de descargo que estimase convenientes."

 

Pola contra, o comiso das substancias foi pedido e procede con abeiramento no artigo 127 e 374 do Código penal.

 

 E as custas na proporción solicitada segundo deriva do artigo 123.

 

 Acae atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

 Que é mester nós condenármo-lo Sr. José Fernando R: dunha beira, como autor dun delicto contra da saúde pública, á pena de CATRO ANOS E SEIS MESE DE PRISÓN e 996 220 PTA (NOVECENTAS NOVENTA E SEIS: MIL DUASCENTAS VINTE PESETAS) de multa; e, doutra beira, como autor dun delicto de posesión ilicita de armas á pena de DOUS ANOS DE PRISIÓN coa obriga de pagamento de dous tercios das custas inseridas as da acusación particular, comiso das substancias tóxicas intervindas. Así mesmo, condenámo-lo Sr. MANUEL G, como autor dun delicto contra da saúde pública, á pena de CATRO ANOS E SEIS MESES DE PRISIÓN e 814 450 PTA (OITOCENTAS CATORCE MIL CATROCENTAS CINCUENTA PESETAS) de multa coa terceira parte das custas inseridas as da acusación particular, con comiso das substancias tóxicas intervindas, sen prexuizo das medidas cautelares adoptadas para asegura-las responsabilidades pecuniarias. Comuníqueselle á administración a non adopción do comiso da arma intervinda para o fin de que por esta se adopten as medidas que considere pertinentes dentro da súa competencia.

 

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.