Última revisión
12/03/2007
Sentencia Penal Nº 61/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 63/2007 de 12 de Marzo de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 12 de Marzo de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 61/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007100073
Núm. Ecli: ES:APPO:2007:540
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00061/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000063 /2007 P
Órgano de procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de O PORRIÑO
Procedemento de orixe: JUICIO DE FALTAS nº 0000036 /2006
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo
maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado, pronunciou,
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NÚM. 61
Pontevedra, doce de marzo de dous mil sete
No presente rolo de apelación número 63/07 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 36/06,
procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de O Porriño, por lesións, son partes:
como apelante (denunciante-denunciado) don Casimiro , e como apelado o
Ministerio Fiscal; é parte denunciante-denunciada Víctor ,
Antecedentes
Primeiro.- Con data do 1 de outubro de 2006, o maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de O Porriño, ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:
"Estando probado y así se declara que el día 19 de septiembre de 2005, sobre las 11 horas, en el Polígono de Rebullón cuando se produjo una discusión entre D. Casimiro y D. Víctor debido a que el camión del segundo se encontraba mal aparcado. En la discusión ambos se empujaron y cayeron al suelo, rompiéndose las gafas de D. Casimiro . En el suelo, D. Víctor recibió patadas por parte de D. Casimiro . A consecuencia de los empujones y patadas, D. Casimiro sufrió lesiones cutáneas en región periorbitaria izquierda y maxilar izquierda que no requirieron tratamiento médico, de las que tardó en sanar dos días no impeditivos. D. Víctor sufrió lesiones consistentes en erosión en raíz nasal, contusión periorbitaria derecha, herida erosivo-contusa en región temporal derecha y contusión de ambas rodillas, que no requirieron tratamiento médico y de las que tardó en sanar 12 días impeditivos".
Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:
"CONDENO a D. Casimiro como autor de una FALTA DE LESIONES a la pena de UN MES DE MULTA con una CUOTA DIARIA DE CINCO EUROS, así como a INDEMNIZAR a D. Víctor en la cantidad de 360 euros en concepto de responsabilidad civil; y le ABSUELVO DE LA FALTA DE AMENAZAS objeto de denuncia.
CONDENO a D. Víctor como autor de una FALTA DE LESIONES a la EPNA de 20 DÍAS DE MULTA con una CUOTA DIARIA DE CINCO EUROS, así como a INDEMNIZAR a D. Casimiro en la cantidad de 311,25 euros en concepto de responsabilidad civil.
En ambos casos la pena de multa queda sujeta, en caso de impago de la misma, a una responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias no satisfechas".
Notificada amentada resolución ás partes, Casimiro interpuxo o recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ó maxistrado relator para ditar resolución.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.
Fundamentos
PRIMEIRO.- O recurso de apelación formulado por Casimiro contra a sentenza que na instancia o condenou como autor dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código Penal , baseándose no erro do Xulgador a quo na interpretación e valoración da proba, remata por interesar a súa libre absolución e, de xeito subsidiario, a exención da obrigación de indemnizar a Víctor como consecuencia dos doce días que este tardou en curar das súas lesións nos nocellos, por non seren causadas por el.
Porén, referida impugnación non pode ser acollida por canto que o Xuíz da instancia limitouse a en conciencia avaliar o material probatorio perante el despregado, sobre todo, no acto da vista oral que presidiu, en uso así dunha facultade que lle vén atribuída de xeito específico polo artigo 973 da Lei de Axuizamento Criminal . Así, nunha situación de riña mutuamente aceptada, tanto o apelante Casimiro como o apelado Víctor , reciprocamente se agrediron, co resultado que obra en autos e se reflectiu no correspondente apartado de Feitos Probados da mesma resolución xudicial recorrida. E que Víctor foi acometido por Casimiro , de xeito ben nidio quedou probado no xuízo oral no que, segundo a transcrición mecanográfica da súa acta, consta que o primeiro declarou que o segundo pegoulle patadas, e que a trifulca fóra só con el aínda que, iso si, tamén lle dera patadas un terceiro, descoñecéndose este e todo o relativo a esta suposta concorrente agresión, de onde que, correctamente se pronunciou o Xulgador a quo ó condenar a ambos apelante e apelados como agresores mutuos a teor do artigo 617.1 do Código Penal , e a unhas indemnizacións civís case que equivalentes que, no caso do apelante ascenden a 360 euros, como cantidade que terá que aboar ó apelado a razón de 30 euros por cada un dos 12 días impeditivos de Víctor .
Rexéitase así o recurso de apelación e confírmase a resolución xudicial apelada.
SEGUNDO.- Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que desestimo o recurso de apelación interposto por don Casimiro e confirmo a sentenza de data 1 de outubro de 2006, ditada polo maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de O Porriño , nos autos de xuízo de faltas núm. 36/06. Impóñenselle as custas á parte recorrente en apelación.
Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
Deste xeito o pronuncio, mando e asino por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao Rolo.
