Última revisión
17/09/2017
Sentencia Penal Nº 65/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 272/2019 de 28 de Marzo de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Penal
Fecha: 28 de Marzo de 2019
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 65/2019
Núm. Cendoj: 36038370022019100053
Núm. Ecli: ES:APPO:2019:673
Núm. Roj: SAP PO 673:2019
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00065/2019
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Equipo/usuario: PA
Modelo: 213100
N.I.G.: 36055 41 2 2015 0001391
RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000272 /2019-P-
Delito/falta: CONDUCCIÓN BAJO INFLUENCIAS BEB.ALCOHÓLICAS/DROGAS
Recurrente: Cesareo
Procurador/a: D/Dª PEDRO SANJUAN FERNANDEZ
Abogado/a: D/Dª LUCIANO PRADO DEL RIO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
SENTENZA NÚM. 65/2019
=================================================== =======
MAXISTRADOS/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
=================================================== =======
Pontevedra a, vinte e oito de marzo de 2019
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co núm. 272/2019, interposto polo procurador don Pedro Sanjuán Fernández, en representación de Cesareo , contra a sentenza ditada no procedemento PA: 165/2017, do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 24-Outubro-2017 , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
'Que debo condenar y condeno a D. Cesareo , como autor criminalmente responsable de unDELITO DE LESIONES POR IMPRUDENCIA GRVE EN CONCURSO CON UN DELITO DE CONDUCCIÓN SIN PERMISO, concurriendo en este último la circunstancia agravante de multirreincidencia, a las penas deSIETE MESES DE PRISIÓN,con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, yPRIVACIÓN DEL DERECHO A CONDUCIR VEHÍCULOS A MOTOR Y CICLOMOTORES POR TIEMPO DE CUATRO AÑOS Y SEIS MESES, lo que lleva consigo la pérdida de vigencia del permiso,condenándolo asimismo al abono de las dos terceras partes de las costas del juicio, absolviendolo del delito de conducción bajo la influencia de bebidas alcohólicas, con declaración de oficio de la tercera parte de las costas del juicio. '
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
'UNICO.-el acusado Cesareo , mayor de edad, fue condenado por sentencia firme de fecha 30 de junio de 2011, dictada por el Juzgado de lo Penal nº 1 de Pontevedra , como autor de un delito de conducción bajo la influencia de bebidas alcohólicas a la pena, entre otras, de prición del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores por tiempo de un año y un día, pena que cumplió el día 12 de septiembre de 2012, por sentencia firme de fecha 19 de abril de 2011, del Juzgado de lo Penal nº 4 de Pontevedra , como autor de un delito de conducción sin permiso a la pena d eocho meses de multa con una cuota diaria de cinco euros, que extinguió el día 1 de julio de 2013, por sentencia firme de fecha 24 de abril de 2012, del Juzgado de lo Penal nº 4 de Pontevedra , como autor de otro delito contra la seguridad vial a la pena de multa de catorce meses, y por sentencia firme de 6 de septiembre de 2012, del Juzgado de lo Penal nº 2 de Ourense , como autor de otro delito de conducción sin permiso a la pena de doce meses de multa, por hechos cometidos el 24 de agosto de 2012. Según diligencia de constancia de la Letrado de Administración de Justicia del Juzgado de lo Penal nº 2 de Ourense, a fecha 12 de junio de 2017 el acusado había satisfecho 1.950 euros de los 2.160 euros a los que fue condenado en esta última sentencia.
Sobre las 21:05 horas del día 31 de mayo de 2015, el acusado circulaba al volante del turismo Renault Megane, matrícula QA-....-EL , y lo hacía después de haber ingerido bebidas alcohólicas y sabiendo que no podía conducir, pues por resolución dictada en el año 2009 por la Jefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra en el expediente NUM000 , se acordó la pérdida de vigencia de su permiso de conducir por pérdidade vigencia de su permido de conducir por pérdida de la totalidad de los puntos asignados.
En tal situación, y con desatención de las normas de precaución y cuidado exigibles, al llegar al punto kilométrico 5,3 de la carretera EP-3102, Término Municipal de Tomiño, invadió el carril contrario y colisionó con el vehículo Mercedes, matrícula ....-SVF , ocupado por Valeriano y Belen , que circulaba correctamente por su carril.
Personada la Guardia Civil en el lugar de los hechos, sometió al acusado a la prueba de detección del grado de alcohol en el organismo, arrojando resultado positivo de 0,44 miligramos de alcohol por litro de aire respirado en la primera prueba y de 0,40 miligramos de alcohol por litro de aire espirado en la segunda.
A consecuencia de la colisión, el vehículo Mercedes ....-SVF sufrió daños que ya han sido indemnizados por la Entidad Ama, que no reclama.
Belen , ocupante del vehículo contra el que impactó el que conducía el acusado, sufrió lesiones consistentes en esguince cervico dorsal y luxación clavicular derecha grado III, para cuya sanidad precisó, además de un primera asistencia, tratamiento rehabilitador consistente en fisioterapia, tardando en curar, sin secuelas, 151 días no impeditivos. La perjudicada no reclama al haber sido indemnizada. '
Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- O acusado, Cesareo , foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de lesións por imprudencia grave en concurso cun delito de condución dun vehículo de motor sen o correspondente permiso, dos artigos 152.1 º e 2 º, 384 e 77, todos eles do Código penal , polo que recorre agora en apelación perante esta alzada. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación.
Segundo.- O apelante, Cesareo , solicita a absolución do delito de lesións por imprudencia grave e a condena tan só á pena de traballos en beneficio da comunidade do artigo 384 do Código penal na súa metade superior ou, de ser o caso, no grao superior. Subsidiariamente, pide a condena por ambos os dous referidos delitos en concurso ideal pero separadamente, segundo o artigo 77.2 do Código penal , ás penas de multa do artigo 152.1.1º do mesmo texto legal e de traballos en beneficio da comunidade polo delito do artigo 384 do Código penal , ou ben a imposición dunha única pena na súa metade superior, que podería ser a de multa prevista en ambos os dous preceptos legais ou a de traballos en beneficio da comunidade aínda agravada previamente pola existencia de multirreincidencia no delito do artigo 384 do Código penal . E, como xa reflectimos, a todo isto opúxose o fiscal.
A aplicación indebida do artigo 152.1.1º do Código penal , o erro na apreciación da proba e a ausencia de proba que puidese alzar a presunción de inocencia no relativo ao carácter grave do amentado delito de imprudencia constitúen a primeira alegación do recorrente. Mais non podemos acoller este motivo. De entrada, dada a evidente contradición que supón invocar, ao mesmo tempo, a vulneración da presunción de inocencia e o erro na valoración das probas. Así, se a pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra o acusado, o erro na valoración das probas xusto partiría da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa.
Con independencia do anterior, o certo é que, fundamentalmente, por mor da documental -o atestado- e das testemuñais dun dos axentes da Garda Civil -carné profesional NUM001 - e dos dous ocupantes - Valeriano e Belen - do vehículo de motor que circulaba en sentido contrario ao do apelante e contra o que colidiu, se obtivo e practicou proba de cargo máis que suficiente como para poder alzar a presunción de inocencia que nun principio protexía o recorrente. E, na avaliación en conciencia de tales medios probatorios por parte do maxistrado xuíz, ao abeiro do artigo 741 da Lei de axuizamento criminal , non albiscamos o máis mínimo erro nesta segunda instancia, á marxe da lóxica discrepancia que amosa o apelante en defensa dos seus intereses.
Por maior abastanza, se na actualidade (logo da modificación do Código penal pola Lei orgánica 2/2019, do 1 de marzo) dentro do artigo 152.1 do Código penal xa se prevé que se reputará en todo caso como imprudencia grave a condución en que a concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 379 determinase a produción do feito, e se ben é certo que por este último resultou absolto na instancia o agora apelante, non por iso a súa imprudencia deixou de ser grave, como se reflicte e razoa na sentenza contra a que se apela. Non só a demostrada influencia alcólica baixo a que conducía o recorrente -por moito que non fose condenado por isto- e a carencia do permiso de conducir -dada a súa perda polas condenas anteriores- poderían apuntar á amentada adxectivación da imprudencia como grave, senón que a perda de control do vehículo que conducía coa conseguinte invasión do carril contrario -polo cal, nese momento, circulaba correctamente o outro coche que ocupaban as referidas testemuñas- e as demostrativas pegadas da freada deixada polo coche do apelante nun treito da vía -que formaba unha curva cara a súa dereita coa sinalización horizontal de liña lonxitudinal continua, tal e como se pode comprobar nas fotografías achegadas ás actuacións- abofé que dotan de acerto o pronunciamento neste particular do maxistrado xuíza quo.
Os outros dous motivos de apelación refírense á dosimetría penal aplicada na sentenza do Xulgadoa quo. E a mesma sorte negativa que o primeiro merecen correr. Ben sumariamente tamén, é mester consignar que o maxistrado xuíz aplicou, primeiro, a agravante de multirreincidencia - artigos 22.8 ª e 66.1.5ª do Código penal - e despois penou en concurso ideal - artigo 77 do CP - o delito de lesións por imprudencia e a condución sen permiso. Debendo impoñer na súa metade superior a pena correspondente á infracción máis grave, resulta así correcta a de sete meses de prisión fixada na instancia. Mesmo se considera esta ben proporcionada ao presente caso e vistas as anteriores plurais condenas do recorrente, con independencia da actual situación penitenciaria en que está e á cal tamén alude no seu recurso.
Terceiro.- As custas da presente alzada declarámolas de oficio.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Quedebemos REXEITARo recurso de apelación interposto pola representación procesual de Cesareo , contra a sentenza ditada con data do 24-outubro-2017 , no procedemento abreviado nº 165/2017, polo Maxistrado Xuíz do Xdo. do Penal nº 1 de Pontevedra,e CONFIRMAR esta sentenza, con declaración de oficio das custas desta alzada.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .
Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da LACrim , cabe interpor unrecurso de casación, que deberá prepararse mediante un escrito formalizado por avogado/a e procurador/a, que se presentará perante este Tribunal dentro doscinco díasseguintes á ultima notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da LECrim .
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.
