Última revisión
20/09/2000
Sentencia Penal Nº 65, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1053 de 20 de Septiembre de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 20 de Septiembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 65
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
APELACION PENAL
Rolo : 1053/2000
P.ABREVIADO 119/1999
Procedencia XDO. DO PENAL N° 1 PONTEVEDRA
Ilmo. Sr.
Maxistrado:
D. JOSE JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO
A SECCION SEGUNDA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, Presidente, Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, Doña ANGELA IRENE DOMÍNGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ e Don JAIME ESAIN MANRESA Maxistrados, pronunciaron
NO NOME DE EL-REI
a seguinte
S E N T E N C I A N. 65
Pontevedra, 20 de Septiembre de 2000
No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nas precedentes Dilixencias Previas do Procedemento Abreviado que á marxe se referencia, contra o/os acusado/s, CÁNDIDO no recurso no que son parte como apelante/s o mencionado acusado e da outra como apelado/s GONZALO ISAAC e o Ministerio Fiscal; e foi Relator o Maxistrado D. JOSE JUAN quen expresa o criterio da Sala.
ANTECEDENTES DE FEITO.
Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida.
PRIMEIRO. Coa data de 1 de xuñio del 2000 o Xuíz do PENAL N° L PONTEVEDRA dictou sentencia nos autos orixinais de onde o presente rolo dimana, a declaración de Feitos Probados da cal, literalmente, di:
"Que sobre las 10,30 horas del día 5 de setiembre de 1998, el acusado GANDIDO, mayor de edad y sin antecedentes penales, se encontraba en la Isla de Cortegada donde efectuaba labores de vigilancia y molesto por la presencia de una perra en dicha isla disparó contra el animal causándole la muerte. La perra que acompañaba a sus dueños Gonzalo Isaac y Luis quienes estaban visitando un vivero en la Isla, se trataba de una "Husky siberiana" hembra apta para la cría, de ocho meses de edad, valorada en 90.000 pts.""
SEGUNDO. No devandito Xulgado dictouse sentencia, a resolución da cal di:
"DICTAME. "Que debo absolver y absuelvo libremente a GANDIDO del delito de tenencia de armas del art. 564-1-1° del Código Penal del que venía acusado y debo condenar y condeno al citado como responsable en concepto de autor de un delito de daños del art. 263 del Código Penal a la pena de MULTA DE DOCE MESES con una couta diaria de 1.000 pts.(e total 360.000 pts) que abonará en cuatro plazos mensuales iguales, estableciéndose una responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas impagadas y debiendo indemnizar a Gonzalo Isaac y Luis en la cantidad de 90.000 pts, las costas se imponen expresamente al acusado."
TERCEIRO. Notificada a devandita sentencia ás partes, por GANDIDO interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento ó establecido no artigo 795-5ª da L.A. Cr solicitando no seu escrito o recorrente a revogación, e pola parte apelada e polo Ministerio Fiscal solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.
II. FUNDAMENTOS XURÍDICOS.
PRIMEIRO. O recurso de apelación formulado fronte á sentencia da instancia básase no alegado de ata tres motivos impugnatorios: erro na apreciación da proba; falla da toda apreciación da proba documental consistente nas tres fotografías e os dous planos cartográficos achegados polo propio acusado-recorrente ós autos; e infracción da constitucional presunción de inocencia con expresa cita, a tal efecto, do artigo 24.2 da Constitución Española.
Pois ben, malia formulárense os alegados impugnatorios de tal separado xeito, non existe o máis mínimo inconveniente no seu conxunto tratamento dada a notoria relación que posúen todos eles e que, en realidade, xiran arredor da diferente avaliación que o acusado pretende obter dos mesmos medios probatorios que á Maxistrada-Xuíz a quo a levaron ó dictado do pronunciamento condenatorio agora recorrido.
SEGUNDO. O testemuño do propio prexudicado Gonzalo Isaac e, en menor medida, o do seu irmán Luis e a súa nai María del Pilar, así como fundamentalmente, o das testemuñas Enrique, e Francisco Javier, nun todo resultou coincidente no esencial: foi o acusado Cándido o que, con arma de fogo, disparando contra a cadela propiedade dos irmáns Jueguen ocasionou a morte do animal.
Os detalles relativos ás contradiccións que se pretenden atopar entre as declaracións das devanditas testemuñas de cargo, así como as circunstancias relativas ás configuracións topográficas do lugar no que se desenrolaron os feitos e puideron ser vistos polos que en autos declararon carecen da máis mínima relevancia por amosárense ben nimias as supostas contradiccións, e carentes de toda xustificación as conclusións que se pretendían tirar da documental achegada polo acusado no mesmo acto da vista oral celebrada na instancia.
Comezando por isto último, ben se pode resumir que se algo teñen acreditado as fotografías é precisamente a posibilidade que as nomeadas testemuñas Enrique e Francisco Javier tiveron de ollar os feitos e decatarse de que o autor dos disparos que causaron a morte da cadela non era outro que o suposto vixiante da illa de Cortegada, o acusado Cándido. Mentres que as dúbidas relativas ás distancias que separaban ás persoas que testemuñaron entre si e con relación ó lugar dos feitos, ó punto exacto donde caeu a cadela e a ergeu, xa morta, Gonzalo, os obxectos que portaba o propio acusado, etc, por periféricos e carentes de toda virtualidade para poderen afectar ó notorio contido incriminatorio das declaracións xa aludidas non afectan á claridade e contundencia coa que todos eles teñen concluido: foi o acusado o que lle disparou á cadela ata causarlle a morte.
E por iso que, sen necesidade de pararse xa noutros particulares tales como que o acusado nun principio non lembraba a hora e despois pospoñías ata outra máis convinte coa súa exculpación, así como a extrañeza que causa que fose capaz de escoitar voces na illa mais non así os disparos efectuados, non cabe senón asumir os atinados argumentos xurídicos explicitados pola Xulgadora a quo na súa sentencia e, xa que Togo, confirmar esta en tódolos seus extremos.
TERCEIRO. Impóñense as Gustas da presente instancia á parte recorrente por mor do rexeitamento da súa apelación.
En atención a todo o exposto e no exercicio da potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos confire .
DECIDIMOS
Que, desestimando o recurso de apelación interposto por CANDIDO debemos confirmar y confirmamos a sentencia de data 1 de xuño del 2000, procedente do XULGADO DO PENAL N° 1 PONTEVEDRA, en Autos de P.A. n° 119/99, impoñendolle ó apelante as custas procesais desta alzada.
